P3091201 - Políticas Educativas, Inmigración e Benestar Social (Módulo II: As Políticas Educativas e Culturais nos Procesos de Desenvolvemento) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaDe acordo co Módulo no que se inscribe esta materia, o que se pretende é que os estudantes poidan coñecer e valorar desde distintos enfoques temáticos e metodolóxicos a influenza das políticas educativas e culturais nos procesos de desenvolvemento, incluindo cuestións chaves relacionadas coas reformas educativas e o benestar social.
Neste sentido, e tomando como referencia os obxectivos xerais do módulo, os específicos desta materia son:
1.Promover unha adecuada fundamentación do sentido e significados da política educativa
2.Analizar con capacidade crítica teorías e enfoques de política educativa e social vinculados á inmigración
3.Coñecer as bases teórico-metodolóxicas dos programas de intervención socio-educativa en contextos de diversidade cultural.
4.Coñecer desde as Ciencias da Educación os fundamentos das políticas sociais e a súa incidencia no benestar social.
5.Establecer as bases dun programa de avaliación de políticas socio-educativas neste campo de estudo.
6.Interpretar os programas socioeducativos e o seu deseño como unha tarefa compartida que concreta unha visión global de intervención nun territorio, comunidade ou grupo.
Seminario 1: Política educativa e proceso de reforma en educación (2 créditos)
Obxectivos
- Recoñecer o papel das políticas educativas nos procesos de desenvolvemento social
- Analizar as políticas educativas como un sistema de actuación das autoridades educativas
- Valorar as liñas estratéxicas de configuración das reformas educativas
- Tomar en consideración crítica as grandes cuestións das políticas educativas
- Analizar o alcance e consecuencias de determinados exercicios de reforma educativa.
Seminario 2: Políticas socio-educativas para a xestión da inmigración (2 créditos)
Obxectivos
-Analizar teorías e enfoques de política educativa e social vinculados á inmigración
-Desenvolver a capacidade crítica dos estudantes en relación coas políticas socio-educativas cuxo eixo é a xestión da inmigración
-Estabelecer as bases dun programa de avaliación de políticas socio-educativas neste campo de estudo
Seminario 3: A educación no marco das políticas e ámbitos de benestar social (2 créditos)
Obxectivos
- Coñecer desde as Ciencias da Educación os fundamentos das políticas sociais e o seu incidente no benestar social.
- Relacionar os procesos de desenvolvemento comunitario coa organización do modelo de benestar social
- Capacitar para o coñecemento e análise crítico dos políticos de desenvolvemento e a súa relación coas políticas sociais.
- Xerar debate e promocionar o coñecemento de experiencias de desenvolvemento comunitario a través da Educación Social.
ContidosA materia está articulada en tres seminarios, cuxo desenvolvemento temático contempla os seguintes contidos xerais:
-Política educativa e procesos de reforma en educación
-Políticas socio-educativas para a xestión da inmigración
-A educación no marco das políticas e ámbitos de benestar social
Seminario 1: Política educativa e procesos de reforma en educación (2 créditos)
l.Os elementos constituíntes da política educativa.
2.As grandes cuestións das políticas educativas
3.Estado, partidos políticos e políticas educativas
4.Administración pública e política educativa: goberno e administraciónda educación
5.A avaliación das políticas educativas
6.Reformas da educación e desenvolvemento social
Seminario 2: Políticas socio-educativas para a xestión da inmigración (2 créditos)
1.A inmigración en Europa.O desafío normativo na Unión e nos Estados
2.Políticas Sociais e Educativas para a xestión da inmigración
3.O Plan de Cidadanía e Integración en España
4.Inmigración e educación en España.As políticas e a igualdade de oportunidades
5.A inmigración en Galicia.Avaliación de programas socio-educativos
Seminario 3: A educación no marco das políticas e ámbitos de benestar social (2 créditos)
1.As políticas de desenvolvemento en e para o benestar social.
2.A relación multicausal e complexa entre políticas de desenvolvemento e o logro de mellores condicións de vida.
3.A Educación como política de benestar social.
4.As políticas de benestar social nos ámbitos municipais.
5.O comunitarismo como principio para a construcción do proxecto da ‘boa sociedade’.
Bibliografía básica e complementariaAja, E.; Montilla, J.A.; e Roig, E. (coords.) (2006) Las Comunidades Autónomas y la inmigración, Tirant lo Blanch, Valencia.
Aldecoa, F. e Sobrino, J.M. (coords.): Migraciones y desarrollo, Marcial Pons, Madrid.
Ariño Villaroya, A. (2005) Las encrucijadas de la diversidad cultural, CIS, Madrid.
Aubarell, G. e Zapata, R. (eds.) (2004): Inmigración y procesos de cambio, Icaria, Barcelona.
Birsl, U. e Solé, C. (2004) Migraciones e interculturalidad en Gran Bretaña, España y Alemania, Anthropos, Barcelona.
Caride, J.A.; Pereira, O. e Vargas, G. (2007): Educação e Desenvolvimento Comunitario Local. Perspectivas Pedagógicas e Sociais da Sustentabilidade. Porto: Profidições.
CERI/OCDE (1995), Análisis del panormama educativo, Madrid, Mundi Prensa/OCDE (serie).
Costa Rico, A. (2009), A construción do coñecemento pedagógico. Antecedentes e desenvolvementos no século XX, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela
Delors, J. (Dir.) (1996), La educación encierra un tesoro, Madrid, Santillana/UNESCO.
Escolano Benito, A. (2002), La educación en la España contemporánea. Políticas educativas, escolarización y culturas pedagógicas, Madrid, Biblioteca Nueva.
Etzioni, A. (2001): La Tercera Vía hacia una buena sociedad. Propuestas desde el comunitarismo. Madrid, Trotta.
Feito, R. (2006). Otra escuela es posible. Madrid: Siglo XXI.
Iyanga Pendi, A. (2006). Política educativa. Naturaleza, historia, dimensiones y componentes culturales. Valencia: Nau Llibres.
Jiménez, J. (2009). El sistema educativo. Biblioteca básica. Barcelona: Wolters Kluwer.
Jones, K. et. Alii/ Colectivo Baltasar Gracian (2009). La escuela en Europa occidental. El nuevo orden y sus adversarios. Alzira (Valencia): Germania.
López Martín, R. (2000): Fundamentos políticos de la Educación Social. Madrid: Síntesis.
López Sala, A. Mª (2004): Inmigrantes y Estados: la respuesta política ante la cuestión migratoria, Anthropos, Barcelona.
Ministerio de Educación/Consejo Escolar del Estado, Informe sobre el estado y situación del sistema educativo (serie anual continua desde 1986 hasta el presente), Madrid.
Molina, I. (2001), Conceptos fundamentales de Ciencia Política, Madrid, Alianza Editorial.
Pedró, F. e Puig, I. (1999), Las reformas educativas. Una perspectiva política y comparada, Barcelona, Paidós.
Puelles Benítez, M. de (2006). Problemas actuales de política educativa. Madrid: Morata.
Santos Rego, M.A. (2008). Las familias inmigrantes en la escuela. ¿Cómo avanzar en su integración desde una perspectiva socioeducativa? En J. García Roca e J. Lacomba (eds.) La inmigración en la sociedad española, Barcelona, Edicións Bellaterra, 483-505.
Santos Rego, M. (Ed.) (2009). Políticas educativas y compromiso social. El progreso de la equidad y la igualdad. Barcelona: Octaedro.
Santos Rego, M.A. e Guillaumín, A. (eds.)(2006) Avances en complejidad y educación. Teoría y práctica, Editorial Octaedro, Barcelona.
Santos Rego, M.A. e Lorenzo Moledo, M. (2003): Inmigración e acción educativa en Galicia, Edicións Xerais de Galicia, Vigo.
Santos Rego, M.A. e Pérez, S. (2001): “Intercultural education in the European Union: the Spanish Case”, en C.A. Grant e J. Lei (eds.), Global constructions of multicultural education,
Lawrence Erlbaum Associates, Mahwah, N.J., 239-270.
Solé, C. e Izquierdo, A. (eds.) (2005): Integraciones diferenciadas: migraciones en Cataluña, Galicia y Andalucía, Anthropos, Barcelona.
UNESCO (1993), Informe mundial sobre la educación, Madrid, Santillana/UNESCO (serie).
Xunta de Galicia/ Consello Escolar de Galicia (2006), Evolución e estado actual do sistema educativo en Galicia. Cursos 2002-2005, Santiago de Compostela.
Xunta de Galicia/ Consello Escolar de Galicia (2006). Evolución e estado actual do sistema educativo en Galicia. Cursos 2002-2005. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Zapata-Barrero, R. (coord.) (2009): Políticas y gobernabilidad de la inmigración en España, Barcelona, Ariel.
Competencias-Adquirir e dominar os elementos terminolóxicos e conceptuais correspondentes á política educativa e aos seus modelos.
-Coñecer e comprender os cambios fundamentais nas políticas educativas asociados aos fluxos migratorios.
-Estar en condicións de avaliar a relación entre educación, inmigración e benestar social nos países europeos.
-Ser capaz de establecer indicadores socio-educativos na xestión da inmigración.
-Coñecer e analizar importantes hitos lexislativos na materia.
-Análise de políticas de benestar social desde a complexidade.
-Razoamento crítico sobre políticas de benestar e calidade de vida.
-Comunicación con rigor nos escritos e nos debates de aula.
Específicas Seminario 1.Política educativa e proceso de reforma en educación
-Adquirir e dominar coñecementos teóricos e recursos metodolóxicos para o estudo dos diversos compoñentes operacionais da política educativa e das súas reformas.
-Coñecer o desenvolvemento histórico contemporáneo da política educativa en España, tendo en conta os diversos procesos de renovación e de reforma educativa, así como a súa interrelación con outros procesos e transformacións socio-políticas.
-Desenvolver aspectos e destrezas de análise dos fenómenos, programas e condutas de política educativa, servíndonos do aparello conceptual, dos modelos e das liñas estratéxicas de desenvolvemento das políticas educativas.
Específicas Seminario 2.Políticas socio-educativas para a xestión da inmigración
-Ser capaz de establecer pautas de planificación no marco das políticas socio- educativas relacionadas coa inmigración.
-Adquirir os coñecementos que permitan unha avaliación crítica destas políticas.
-Estar en condicións de comparar riscos fundamentais nas políticas socio-educativas a propósito da xestión da inmigración.
Específicas Seminario 3: Benestar social e educación nos procesos de desenvolvemento comunitario
-Coñecemento e manexo de conceptos complexos (políticas de desenvolvemento, políticas de benestar social, educación social).
-Análise das relacións entre políticas de desenvolvemento e benestar social.
-Comprensión da educación como fenómeno complexo con intencionalidade política.
-Capacidade para a identificación de experiencias locais de desenvolvemento e análise das accións educativas e políticas de benestar social que nelas se integran.
Metodoloxía da ensinanza Tratará de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, dentro e fóra da aula, nos planos individual e colectivo, valorizando os principios de: contextualización, flexibilidade, participación, actividade e aprendizaxe baseada na propia experiencia do alumno.
A tal fin, proferiranse múltiples iniciativas e procesos metodolóxico-didácticos que, no fundamental, se concretan en:
-Sesións expositivas por parte do profesorado e/ou dos alumnos, relativas a contidos de natureza teórica-conceptual e metodolóxica, determinados no Programa.
-Realización de sesións de orientación monográfica relativas aos contidos da materia, con especial incidencia nos puntos que se determinen.
-Sesións tipo "forum" (vídeo, libro, disco…) que tomen como referencia problemáticas específicas.
-Dinámicas de traballo grupal, dentro e fóra da aula, a partir da presentación anticipada de textos para a súa lectura, de documentos audiovisuais (vídeo-conferencias, vídeos didácticos, experiencias...), de casos prácticos, etc. poñendo especial énfase na súa abordaxe teórica, metodolóxica e/ou empírica.
-Realización de distintas actividades de implicación e participación continuada nos contidos da materia: lectura e comentario crítico de textos, estudo de casos, redacción de ensaios, consulta e análise de páxinas Web ou doutros soportes mediáticos.
-Realización de titorías individuais e grupais que posibiliten o desenvolvemento teórico-práctico da materia, así como a orientación dos traballos que se leven a cabo ao longo das sesións do Módulo.
As clases expositivas permitirán a presentación docente das chaves informativas e dos contidos básicos en relación cos contidos programados, así como o prover dunha primeira orientación sobre as posibles liñas de indagación e de afondamento a desenvolver polos e polas estudantes.Os tempos formativos de grupo interactivo e de titoría individual permitirán sintetizar e clarificar a información básica, seleccionar conceptos e/ou tópicos relevantes, responder a inquedanzas de formación e contribuír á “construción” dun coñecemento crítico e comprensivo da acción socioeducativa en contextos familiares e comunitarios, da diversidade cultural e dos dereitos humanos.
Sistema de evaluaciónTodas as actividades propostas, individuais e/ou colectivas serán avaliadas, de forma que o sistema de avaliación da aprendizaxe poda ser definido en función das seguintes características: formativo, continuo, cooperativo e integral. Como tal, afectará aos obxectivos formulados, aos contidos tratados, á metodoloxía e actividades desenvolvidas polo profesorado e os estudiantes, aos recursos didácticos, e ás competencias e destrezas procuradas.
Esta concepción e práctica avaliativa suporá que os estudantes han de elaborar e entregar distintos traballos escritos, que terán unha formulación diversificada, segundo a dinámica de clase que os propicie ou a temática que aborden. Poderán realizarse individualmente e/ou en pequenos grupos.
A iso deberá engadirse unha participación activa nas sesións de aula e nas titorías, que deberá ser un claro reflexo das aprendizaxes (coñecementos, competencias, destrezas, etc.) que adquira o estudante na súa formación académica e investigadora.
ObservaciónsA complexidade conceptual, teórica e aplicada que caracteriza a materia, en función dos seus obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma por parte dos estudantes, procurando desde o inicio unha implicación-participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan, moitas delas orientadas á avaliación. En particular, recoméndase:
- Realizar e presentar nos prazos que se determinen as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e grupal, concretada nos traballos escritos que se indiquen.Trátase, en síntese, de manter unha vinculación continuada cos ritmos que se deriven dos procesos de ensino-aprendizaxe promovidos na materia e nas sesións de aula.
- Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia cos das demais; por exemplo: nas lecturas a realizar para a elaboración dos traballos que deban ou poidan ser presentados (preceptiva ou optativamente), na composición e desenvolvemento dos grupos de traballo, na lectura anticipada de textos a comentar en determinadas sesións de clase, na consulta e valoración de materiais ou recursos (páxinas Web, revistas, informes…), etc.
- Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións (entre as que podemos destacar as Revistas especializadas) que sexan recomendadas polo profesorado, favorecendo unha comprensión globalizada dos contidos da materia e dos seus significados para a formación no Máster.
- Facer uso das titorías -xa sexa a nivel individual ou colectivo, en pequenos grupos- como un dereito dos estudantes asociado a unha mellora significativa das súas posibilidades de aprendizaxe, personalizando as súas opcións metodolóxicas e pedagóxicas cunha perspectiva diferencial e diferenciadora segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.