Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3091202 - Educación e Cidadanía na Historia Europea (Módulo III: Educación para a Cidadanía e Diversidade Cultural) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DIAZ BALADO, ALICIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Afondar no estudo de textos clásicos do pensamento pedagóxico e analizar as relacións entre educación, democracia e cidadanía
    Contidos
    1- Educación e cidadanía na Grecia clásica, a partir dos textos de Platón e Aristóteles.

    -Platón: A República. Textos comentados
    -Aristóteles: A Política. Textos comentados

    2- A educación cívica e o movemento da Ilustración. Textos de Rousseau e Condorcet.

    -J.-J. Rousseau: Emilio ou da educación
    -M.-J. Condorcet: Informe sobre a organización xeral da instrucción pública

    3- Educación, democracia e cidadanía nos séculos XIX e XX
    -K. Marx/F. Engels: Textos sobre educación e ensino
    -J. Dewey: Democracia e educación



    As contribucións de K. Marx, F. Engels e J. Dewey á historia da educación e da cidadanía, correspondentes aos séculos XIX e XX, deberán ser amplíados polo alumnado de forma complementaria, á marxe das sesións marcadas na docencia da materia.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    Aristóteles (2005). Política. Madrid: Tecnos.
    Barreiro, H.; Peña, V. (Coords.) (1993). Historia da Educación. Textos Comentados. Santiago de Compostela: USC.
    Condorcet, M.-J. (1990). Informe y Proyecto de decreto sobre la organización general de la instrucción pública. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces.
    Rousseau, J.J. (1990). Emilio. Madrid: EDAF.

    Bibliografía complementaria

    Barreiro, H. (1982). "Notas sobre el comentario de textos en Historia de la Educación. (Una aproximación didáctica)". Perspectivas Pedagógicas, 50 (pp. 309-320).

    Barreiro, H. (1987). "La educación como cuestión de estado: de Platón a la Ilustración francesa". Historia de la Educación, 6 (xaneiro-decembro), (pp. 161-169).

    Barreiro, H. (1996). Educación e construcción nacional en Rousseau: Arredor do "Emilio" e das "Consideracións sobre o goberno de Polonia". Trabe de Ouro, 25 (pp. 27-36).

    Dewey, J. (1978). Democracia y educación. Buenos Aires: Losada.

    Dolle, J.-M. (1973). Politique et pedágogie: Diderot et les problems de l´education. París: Librairie Philosophique.

    Luzuriaga, L. (1994). Historia de la educación y de la pedagogía (reimp.). Buenos Aires: Losada.

    Luzuriaga, L. (1968). Antología Pedagógica. Buenos Aires: Losada.

    Marx, K.; Engels, F. (1978). Textos sobre educación y enseñanza. Madrid: Alberto Corazón.

    V.V.A.A. (1994). Historia de la educación en España y América. La educación en la España contemporánea (1789-1985). Madrid: Fundación Santa María.

    Platón (1991). La República. Universitat de Valéncia.
    Competencias
    Dominar recursos en orde ao coñecemento histórico da cultura europea do noso tempo.

    Trátase de que o alumnado acade recursos sobre o coñecemento histórico da cultura europea, dende as súas orixes ata o noso tempo.

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
    Preténdese perfeccionar as habelencias dos estudantes para que acaden un bó nivel técnico na investigación histórico-educativa na súa vertente empírica e aplicada.

    Metodoloxía da ensinanza
    A análise, o desenvolvemento e a presentación na aula dos contidos que conforman o temario desta materia serán unha tarefa compartida de xeito colaborativo polo profesor e o alumnado. Os profesores nas clases expositivas centrarase preferentemente nos aspectos nucleares de cada enunciado ou unidade didáctica e na resolución dos problemas suscitados. Os estudantes, coa oportuna orientación dos profesores, nas sesións interactivas e nas titorías en grupos reducidos afondarán en cuestións concretas que non fosen abordadas máis que dun xeito moi xenérico na exposición deste e sexan susceptibles de tratamento e estudo desde os soportes bibliográfico-documentais pertinentes. Profesores e alumnado debaterán nas sesións de clases interactivas sobre os contidos analizados e expostos por cada un deles, procurando rematar os coloquios coa formulación das oportunas conclusións. As exposicións dos profesores terán como complemento substantivo sesións de traballo con soporte en textos, documentos e informes de investigación. Estes materiais seranlles entregados periodicamente aos estudantes –ou suxerida a localización pola súa parte– para a conseguinte lectura, exame e estudo individualizado e en pequenos grupos e o posterior coloquio na aula.
    Durante as titorías obrigatorias, os profesores darán pautas específicas ao alumnado, ben individualmente ou ben en grupos reducidos, para unha satisfactoria execución dos traballos de curso, unha optimización da metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe e un reforzo integral do proceso instrutivo.
    Sistema de evaluación
    As cualificacións dos estudantes basearanse na avaliación continua do seu rendemento académico e nos resultados que obteñan na realización dunha proba final.
    A avaliación continua efectuarase mediante recensións bibliografico-documentais, traballos monográficos de iniciación á investigación e comentarios de textos de distinta natureza e tipoloxía, tomando en consideración ademais a participación nas tarefas de aula e a concorrencia ás titorías.
    A proba final poderá consistir na análise crítica dun breve informe de investigación, na elaboración dun deseño ou proxecto orixinal ou nun comentario de textos con preguntas complementarias.

    As actividades realizadas de forma continua terán un peso ponderado non inferior ao 40% da puntuación global. Pola súa banda, a proba final non superará o 60% da cualificación obtida en conxunto. Lémbrase que
    calquera traballo copiado e polo tanto non orixinal, suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Para un adecuado seguimento e comprensión da materia estímase de suma importancia a concorrencia regular e a participación individual e grupal nas sesións de clase expositiva e interactiva que se programen, debendo executar os estudantes as tarefas encomendadas en cada caso. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias e recapituladoras sobre as cales se sustentará a dinámica de traballo. Sendo así, a participación require o estudo, que como tarefa persoal ha de preceder e suceder ao labor na clase, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario, por medio dos cales se poderán atinxir os obxectivos formulados e adquirir as competencias previstas, o que se fará patente a través dos correspondentes exercicios e das oportunas probas de control.
    Será indispensable manter comunicacións periódicas regulares co responsable docente da materia nos horarios de titorías estipulados, para recibir as orientacións oportunas e formularlle as dúbidas que se poidan suscitar no proceso de estudo e de iniciación ás tarefas investigadoras.

    Observacións
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, ter en conta as seguintes indicacións, relacionadas coa responsabilidade medioambiental:

    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.