Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3091203 - Educación en Valores: Sociedade Civil e Desenvolvemento Cívico (Módulo III: Educación para a Cidadanía e Diversidade Cultural) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER.SI
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO.NON
TOURIÑAN LOPEZ, JOSE MANUEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    •Analizar as claves pedagóxicas de explicación, interpretación e comprensión da formación para o desenvolvemento cívico e para a construción da cidadanía.
    •Estar en condicións de formular indicadores de calidade e equidad nas políticas de cidadanía e integración, a nivel xeral e local.
    •Comprender os fundamentos científicos da educación de adultos (E.A.) e a natureza dos seus principios teóricos dada a importancia que se outorga á formación continua na sociedade actual.
    •Analizar o proceso e situación particular da formación continua nos seus diferentes ámbitos educativos (formal, non formal e informal)


    Contidos
    CONTIDOS:
    1. O desenvolvemento cívico como coñecemento pedagóxico: cualificación, especificación e sentido de responsabilidade compartida e derivada no desenvolvemento cívico. Transformar a información en coñecemento e o coñecemento en educación.
    2. A educación en valores: o permanente e o cambiante. Carácter e sentido da educación como base do seu significado.
    3. Posibilidade e necesidade da educación en valores. Coñecer, estimar, elixir, realizar e sentir o valor.
    4. A sociedade civil como axente moral e o desenvolvemento cívico como obxectivo: a actitude intercultural como exercicio de educación en valores.
    5. A relación educativa: convivencia, conflito e mediación. O reto da liberdade comprometida cos principios de educación

    Bibliografía básica e complementaria
    MORÍN, E. y Otros (2002) Desafíos de la mundialización. Cuadernos de la Fundación M. Botín (2) Observatorio de análisis y tendencias. Santander.
    Olveira Olveira, Mª E. (1999c): A familia como transmisora da identidade de orixe: A emigración española a Francia. Santiago de Compostela: Consellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude.
    Olveira Olveira, Mª E. (2000): Interculturalismo en Europa: El referente de las segundas generaciones españolas en Francia. Revista Española de Pedagogía, 216, 341-357.
    Olveira Olveira, Mª E. y Otros (2003): Emigración, interculturalismo y legitimación cultural. Las Sociedades Gallegas en el Exterior. Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía e Educación (8), 9-20.
    PÉREZ DÍAZ, V. (1997) La esfera pública y la sociedad civil. Madrid, Taurus.
    REBOUL, O. (1972). ¿Transformar la sociedad? ¿Transformar la educación?. Madrid, Narcea.
    REQUEJO, A. (2003) Educación permanente y de adultos. Madrid, Ariel.
    TOURIÑÁN, J. M. (2008) Posibilidad y necesidad de la educación en valores, en J. M. Touriñán, Educación en valores, educación intercultural y formación para la convivencia pacífica. A Coruña, Netbiblo, cap. 2
    TOURIÑÁN, J. M. (2012) Desarrollo cívico, sentido intercultural de la educación y convivencia cualificada y especificada.A Coruña, Netbiblo.
    TOURIÑÁN, J. M. (2010). Familia, escuela y sociedad civil. Agentes de educación intercultural. Revista de Investigación en Educación, (7), 7-36.
    UNESCO (1997) Nuestra diversidad creativa. Informe de la comisión mundial de cultura y desarrollo. París. Unesco.

    Competencias
    COMPETENCIAS ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
    1. Identificar competencias sociais e interculturais en perspectiva local e global.
    2. Avaliar programas de educación intercultural e de educación para a cidadanía.
    3. Avaliar a consistencia dun programa de implementación dirixido á integración de familias inmigrantes.
    4. Formular indicadores de calidade e equidade nas políticas de cidadanía e integración, a nivel xeral e local.
    5. Identificar as características do sector particular da formación continua de persoas adultas.
    6. Usar experiencias axiolóxicas sobre os contextos pedagóxicos tendentes á construción da cidadanía

    Metodoloxía da ensinanza
    Seguiranse as directrices xerais de master. De xeito particular nestes seminarios realizaranse actividades teóricas e prácticas dentro e fóra do aula virtual. Contémplase a posibilidade de traballos de carácter temático e conceptual.
    A metodoloxía docente combina diferentes elementos centrados na cultura da aprendizaxe e o ensino: clases teóricas participativas, Prácticas de Aula, Traballos autónomos de carácter monográfico individuais e grupales, tutorización do proceso de ensino-aprendizaxe, etc., propiciando en todo momento o compromiso coa aprendizaxe significativa.
    Dado o carácter virtual desta materia,contemplaránse as actividades anteriores en relación a súa posibilidade de realización en modalidade de espacio e tempo asincrónico.
    Sistema de evaluación
    A avaliación estará centrada nos traballos realizados e poderá implicar unha proba teórica achega do contido.
    Adistribución do peso da calificación nos seminarios será de 60% para a actividade diaria e traballos e 40% para a proba teórica.
    Á súa vez, a cualificación final na materia será a media aritmética da cualificación dos seminarios, ponderada en función do número de créditos asignados a cada seminario.
    Se se dese o caso de insuficiencia na materia no resultado final, os alumnos poderán realizar unha proba de recuperación de carácter escrito sobre os contidos dos documentos de estudo dos seminarios que afectan á insuficiencia.
    Observación xeral:
    Ao comezo de cada seminario entregaranse as directrices específicas, detallando as posibles actividades así como o soporte documental de base.
    Este Programa está sometido ás disposicións legais vixentes e aos acordos axustados a dereito que sobre normas de disciplina académica establezan os órganos de goberno da universidade de Santiago de Compostela.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Titorías obrigatorias 6 horas
    Actividades (traballos, comentarios, etc.) 102horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para un adecuado seguimento e comprensión da materia estímase de suma importancia a concorrencia regular e a participación individual e grupal nas sesións de clase expositiva e interactiva que se programen, debendo executar os estudantes as tarefas encomendadas en cada caso. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias e recapituladoras sobre as cales se sustentará a dinámica de traballo. Sendo así, a participación require o estudo, que como tarefa persoal ha de preceder e suceder ao labor na clase, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario, por medio dos cales se poderán atinxir os obxectivos formulados e adquirir as competencias previstas, o que se fará patente a través dos correspondentes exercicios e das oportunas probas de control.
    Será indispensable manter comunicacións periódicas regulares co responsable docente da materia nos horarios de titorías estipulados, para recibir as orientacións oportunas e formularlle as dúbidas que se poidan suscitar no proceso de estudo e de iniciación ás tarefas investigadoras.

    Observacións
    O máster denominado EDUCACIÓN, DIVERSIDADE CULTURAL E DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO é o resultado da actualización do programa de doutoramento con Mención de Calidade (MCD2005-00235) ?Teoría e Historia da Educación? adaptado á normativa establecida no marco do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).
    Este máster ten unha orientación investigadora de carácter propedéutico para acceder ao programa de doutoramento EDUCACIÓN, CULTURA DE SUSTENTABILIDAD E DESENVOLVEMENTO.
    Os seus contidos están relacionados coas liñas de investigación que veñen desenvolvendo os grupos do Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social.
    O obxectivo xeral do máster EDUCACIÓN, DIVERSIDADE CULTURAL E DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO é adquirir unha formación avanzada de carácter especializado e multidisciplinar para promover a súa iniciación en tarefas investigadoras que culminen na realización e defensa dunha tese doutoral.