P3091204 - Problemática Pedagóxica e Antropolóxica da Cultura (Módulo IV: A Educación no Desenvolvemento Comunitario Local: Enfoques Teóricos, Iniciativas e Experiencias Prácticas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Analizar a relevancia pedagóxica dos distintos enfoques que se teñen centrado no estudo e análise da evolución e a configuración das sociedades.
- Estudar, entre outros, o materialismo cultural como fundamento epistemolóxico, descifrando as súas peculiaridades e a súa relevancia pedagóxica.
- Afondar na relevancia pedagóxica e nas implicacións socio-educativas que se derivan do paso da cultura lexítima á convivencia intercultural.
- Valorar a importancia da antropoloxía da cultura e da educación na configuración do saber pedagóxico.
Contidos1. A Importancia pedagóxica da antropoloxía da cultura
2. O materialismo cultural: implicacións socio-educativas.
3. A cultura como sistema de valores e como orientación da vida
4. Obxectivación e lexitimación da cultura. Imposición e control da cultura lexítima.
5. Os procesos de asimilación e aculturación. Relativismo cultural e etnocentrismo cultural.
6. Da cultura lexítima á convivencia intercultural: implicacións socio-educativas.
Bibliografía básica e complementariaABDALLAH-PRETCEILLE, M. (2001). La educación intercultural. Barcelona: Idea Books.
BANKS, J. (ed.) (2004). Handbook of research on multicultural education. Macmillan: New York.
BARTOLOMÉ, M. (coord.)(2002). Identidad y ciudadanía. Un reto a la educación intercultural. Narcea: Madrid.
BOURDIEU, P. (1997). Razones prácticas: sobre la teoría de la acción. Barcelona: Anagrama
- (2000). Cuestiones de sociología. Madrid: Akal.
BOURDIEU, P. e PASSERON, J.C. (1981). La Reproducción: elementos para una teoría del sistema de enseñanza. Barcelona: Laia.
BOURDIEU, P. e WACQUANT, L. (2005). Una invitación a la sociología reflexiva. Buenos Aires: Siglo XXI.
__(2001). Las Argucias de la razón imperialista. Barcelona: Paidós.
BOURDIEU, P. ET AL. (1999). The Weight of the world: social suffering in contemporary society. Stanford: Stanford University Press.
COELHO, E. (2006). Enseñar y aprender en escuelas multiculturales. Una aproximación integrada. ICE/UB-Horsori: Barcelona.
FRANZÉ, J. (2004). ¿Qué es la política? : tres respuestas: Aristóteles, Weber y Schmitt. Madrid: Catarata.
LEVI-STRAUS, C. (1968). Antropología estructural, Buenos Aires: Eudeba.
HARRIS, M. (1987). El materialismo cultural. Madrid: Alianza Editorial.
- (1987) Caníbales y reyes, Madrid: Alianza Editorial.
- (1993). Jefes, cabecillas y abusones. Madrid: Alianza Editorial
- (1998). Bueno para comer. Alianza Editorial: Madrid.
- (1995): Nuestra especie. Madrid: Alianza Editorial.
- (1998) Antropología cultural. Madrid: Alianza Editorial.
MALGESINI, G. e GIMÉNEZ, C. (2000). Guía de conceptos sobre migraciones, racismo e interculturalidad.Madrid: Catarata.
MEAD, M. (1972). Educación y cultura. Buenos Aires: Paidós.
SANTOS REGO, M.A. (ed.) (1994). Teoría y práctica de la educación intercultural. Barcelona: PPU.
SANTOS REGO, M.A. (2000). A pedagoxía dos valores en Galicia. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
WEBER, M.: Os conceptos de “inculcación” e “lexitimidade” da cultura en toda a súa obra.
VARA COOMONTE, A.: (2004): “Universo simbólico” en Diccionario de Sociología, Madrid, ESIC Editorial.
* A profesora recomendará outras referencias bibliográficas segundo os diferentes bloques temáticos que compoñen a materia.
Competencias- Valorar a importancia pedagóxica da consideración antropolóxica da cultura
- Analizar os presupostos teórico-metodolóxicos do materialismo cultural
- Analizar a importancia do sistema de valores na dinámica cultural e no cambio social.
- Comprender a importancia do feito de lexitimidade que acompaña á dimensión cultural
- Valorar as consecuencias da lexitimidade na convivencia intercultural
Metodoloxía da ensinanza Proponse unha metodoloxía que tratará de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, dentro e fóra da aula, nos planos individual e colectivo:
-Sesións expositivas por parte da profesora relativas aos contidos de natureza teórica-conceptual determinados no Programa.
-Realización de sesións de orientación monográfica a través das cales se relacionarán os contidos teórico-conceptuais da materia cos intereses investigadores do alumnado.
- Dinámicas de traballo grupal, dentro e fóra da aula, a partir da presentación anticipada de textos para a súa lectura, de documentos audiovisuais, casos prácticos,…
-Realización de distintas actividades que esixirán a implicación e participación continuada nos contidos da materia: lectura e comentario crítico de textos, redacción de ensaios, consulta e análise de páxinas web,…
-Realización de titorías individuais e grupais que posibiliten a orientación dos traballos que leven a cabo ao longo das sesións.
Sistema de evaluaciónTodas as actividades propostas, individuais e/ou colectivas serán avaliadas.
Se a profesora o considera necesario, realizarase unha proba escrita sobre os contidos de natureza teórica-conceptual estudados na materia.
O conxunto das actividades realizadas na aula e fóra da mesma serán avaliadas e computarán para a nota final na materia.
Cada alumno/a deberá elaborar un traballo monográfico de iniciación á investigación cuxa temática se acordará previamente coa profesora.
Valorarase positivamente a implicación do alumnado no desenvolvemento dos temas propostos, o interese amosado nas distintas sesións, e o traballo realizado tanto dentro como fóra da aula. Por suposto, a asistencia á clase é obrigatoria e condición imprescindible para superar a materia.
Os alumnos repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.
Tempo de estudo e traballo persoalClases expositivas: 9 horas
Clases interactivas: 12 horas
Titorías obrigatorias: 3 horas
Actividades: 51 horas
Traballo total do alumno/a: 75 horas
Recomendacións para o estudo da materiaA USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.