Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3091205 - Xénero e Educación Social (Módulo V: Problemas Emerxentes e Alternativas Educativas-Sociais nas Comunidades nun Mundo Globalizado) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GRADAILLE PERNAS, RITA.SI
IGLESIAS DA CUNHA, MARIA LUCIA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A presenza da materia de ‘Xénero e Educación Social’ no Máster de Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario, comporta un desafío para os distintos profesionais da Educación que se orienten cara ó deseño de actuacións socioeducativas desde unha perspectiva de xénero. Neste sentido, abordar a diferenciación social do xénero feminino e do masculino como problemática emerxente implica un compromiso no desenvolvemento de traballos de investigación capaces de ofrecer –ou de analizar en profundidade– alternativas educativas que transformen á sociedade.
    Os obxectivos da materia responden á necesaria aproximación conceptual e metodolóxica para o fomento de investigación sobre xénero e educación social.

    Así, podemos destacar os seguintes:

    - Coñecer e reflexionar sobre a construción social das identidades de xénero.
    - Coñecer e analizar os diferentes contextos de acción educativo-social que promoven a igualdade de oportunidades entre o xénero feminino e o masculino.
    - Identificar e coñecer os diferentes profesionais que deseñan e implementan os Plans de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes.
    - Analizar –desde unha perspectiva crítica e reflexiva– o enfoque educativo das políticas de igualdade e do desenvolvemento profesional dos Axentes de Igualdade de Oportunidades.
    - Dotar de elementos conceptuais, metodolóxicos e instrumentais para a investigar desde una perspectiva de xénero.

    Contidos
    1.Construción social da identidade de xénero
    1.1.Identidade de Xénero como construción social a través de axencias educativas.
    1.1.1. Diferenzas no comportamento en función dos roles de xénero
    1.1.2. Os estereotipos de xénero.
    1.1.3. Mecanismos sociais de discriminación. Discriminación directa e indirecta

    2.Desigualdade de xénero en función de diferentes indicadores:
    2.1. A educación
    2.2. O emprego e o mercado laboral
    2.3. A Conciliación da Vida Persoal, Familiar e Laboral.
    2.4. O ocio feminino
    2.5. Os Procesos de Empoderamento
    2.6. A Violencia de Xénero.
    2.7. Outras manifestacións: uso da linguaxe sexista, publicidade...

    3. Actuacións sociais e políticas en torno á Igualdade de Xénero
    3.1. As Políticas de Igualdade de Oportunidades
    3.2. Lexislación específica
    3.3. Perspectiva ou Enfoque de xénero.
    3.4. Accións positivas.
    3.5. Mainstreaming ou Transversalidade de Xénero.
    3.6. Os Plans de Igualdade de Oportunidades na Administración e nas empresas.
    3.7. Evolución das Políticas de Igualdade de Oportunidades.


    Bibliografía básica e complementaria
    Básica:

    Bustelo, M. e Lombardo, E. (Eds.) (2007): Políticas de igualdad en España y en Europa. Madrid: Cátedra.
    Cobo, R. (Ed.) (2008): Educar en la ciudadanía. Perspectivas feministas. Madrid: Los Libros de la Catarata.
    Gradaílle Pernas, R. (2005): Educación e socialización da muller na Galicia rural. Sada (A Coruña): Edicións do Castro.
    Iglesias da Cunha, L. e Jato Seijas, E. (2007): La profesión de Agente de Igualdad de Oportunidades en los diferentes contextos de la Educación Social. Educación Social. 35. 99-112.
    Jato Seijas, E. e Iglesias da Cunha, L. (Coords.) (2003): Xénero e Educación Social. Santiago de Compostela: Laiovento.


    Bibliografía complementaria

    Blanco, N. (Coord.) (2001): Educar en Femenino y en Masculino. Madrid: Akal.
    Esteve Zarazaga, J.M. e Vera Vila, J. (Coords.) (2006): Educación social e Igualdad de Género. Málaga: Ayuntamiento de Málaga.
    Fariña Busto, M.J.; Mayobre Rodríguez, P.; Suárez Briones, B. (Coords.) (2007): O reto da igualdade. Feminismo, xénero, universidade. Vigo: Universidade de Vigo.
    Fernández Rodríguez, M.A. e Fernández Saavedra, A.G. (2009): Género, políticas públicas e intervención social. Análisis de las políticas sobre drogas y sobre la educación para el desarrollo. Oviedo: KRK Ediciones.
    Grown, C. (2008): Indicators and Indexes of Gender Inequality: What do they measure and what do they miss? Mayra Buviníc et al. (Eds.), Equality for Women. Where Do We Stand on Millennium Development Goal 3? Washington DC: The World Bank. 93-145.
    Instituto de la Mujer (2006): Recursos Didácticos y Proyectos de Organismos de Igualdad y Administraciones Educativas. Educación en igualdad de oportunidades entre los sexos. Madrid: Instituto de la Mujer. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
    Rodríguez Martínez, C. (Comp.) (2006): Género y currículo. Aportaciones del género al estudio y práctica del currículo. Madrid: Akal.
    Vigara Tauste, A. M. (Dir.) (2009): De igualdad y diferencias: diez estudios de género. Madrid: Huerga y Fierro.

    Páxinas web de interese:
    http://www.inmujer.es/
    http://www.gencat.cat/icdona/
    http://www.mujeresenred.net
    Competencias
    Busca de información e documentación:

    o Sobre a desigualdade de xénero como problema social.
    o Sobre políticas de igualdade de oportunidades.
    o Sobre a profesionalización dos Axentes de Igualdade de Oportunidades.

    Procedemento metodolóxico:

    o Definición de problemas de investigación relacionados coa diferenciación de xénero.
    o Elaboración de instrumentos de observación e entrevista para investigar sobre xénero e educación social.
    "Análise de propostas educativas en procesos de desenvolvemento comunitario para a igualdade de oportunidades".
    "Busca de iniciativas locais en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes".
    o Manexo de datos e construción de indicadores de desigualdade de xénero.

    Procesos de comunicación social e científica:

    o Contraste de opinións, relatos e reflexións persoais sobre a construcción social das identidades de xénero e a tarefa profesional en Ciencias da Educación orientada a implementar políticas de igualdade.
    o Participación activa en redes sociais e profesionais relacionadas coa temática do xénero e a educación social.
    o Redacción dun informe breve con fundamentos teóricos, empíricos e analíticos sobre unha realidade educativo-social relacionada coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

    Metodoloxía da ensinanza
    Esta materia comprenderá tódolos ámbitos de práctica docente-discente: lectura e análise de textos, elaboración de contidos, exposición de temas polas profesoras e/ou alumnos/as, redacción de traballos, participación en debates a modo de seminarios, foros, etc. Neste sentido, desenvolveranse múltiples iniciativas e procesos metodolóxico-didácticos que dean conta dos contidos referidos no programa, así como a análise de distintos documentos que conforman a bibliografía básica e complementaria.

    Impulsaranse diferentes dinámicas –tanto individuais como grupais– que posibiliten a participación e incentiven o diálogo das persoas matriculadas neste curso. Aboradrase, a través de distintas estratexias metodolóxicas, a temática da materia. Entre outras, podemos destacar o estudo de casos, a observación e a entrevista, procurando en todo momento axustar os contidos do seminario aos intereses investigadores do alumnado.

    Sistema de evaluación
    A avaliación que deseñamos defínese en función das seguintes características: formativa, continua, cooperativa e integral. Como tal responderá aos obxectivos, aos contidos, á metodoloxía e ás actividades desenvolvidas por parte das profesoras e do alumnado. Neste sentido, aínda que algunhas actividades teñan un carácter grupal, a avaliación terá un carácter individual.

    A avaliación desta materia contémplase como resultante da integración das dinámicas e procesos de traballo que se articulen para o desenvolvemento das diferentes actividades programadas.

    - Asistencia e participación activa nas sesións de aula.
    - Lectura dos documentos indicados como básicos, así como dalgunhas referencias recomendadas en función do interese de cada estudante no marco do tema traballado.
    - Realización individual dun traballo escrito sobre unha das temáticas que se relacionan de seguido:
    a. Entrevista en profundidade a unha persoa singular para a reconstrución da súa historia de vida.
    b. Descrición e análise de indicadores de desigualdade de xénero.

    Para a valoración do traballo escrito teranse en conta os seguintes criterios:
    - A construción dun pensamento propio.
    - A integración de lecturas cruzadas que permitan contrastar as ideas e os argumentos expostos tanto nas exposicións teóricas da clase como nos documentos que se indican na bibliografía recomendada na materia.
    Recomendacións para o estudo da materia
    De cara a un maior aproveitamento da materia, fanse as seguintes recomendacións para o estudo:

    - Asistir con regularidade ás sesións de clase e participar activamente no desenvolvemento das diferentes dinámicas que se promovan.
    - Tomar anotacións nas sesións de exposición teórica de contidos.
    - Realizar lecturas críticas, analíticas e reflexivas dos diferentes documentos recomendados na materia, así como de libros e/ou publicacións complementarias.
    - Realizar os traballos –individuais e grupais– que se encarguen oportunamente nas diferentes sesións de clase.