P3091207 - Persoas Maiores, Memoria Comunitaria e Patrimonio Educativo (Módulo V: Problemas Emerxentes e Alternativas Educativas-Sociais nas Comunidades nun Mundo Globalizado) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaOBXECTIVO XERAL DO MÁSTER NO QUE PARTICIPA A MATERIA
- Adquirir por parte do alumnado unha formación avanzada de carácter especializado e multidisciplinar para promover a súa iniciación en tarefas investigadoras que culminen na realización e defensa dunha tese de doutoramento.
OBXECTIVOS DO MÓDULO NOS QUE PARTICIPA A MATERIA
1. Coñecer e valorar as experiencias educativas auspiciadas polos emigrantes nos seus lugares de procedencia ao longo da historia
2. Recuperar e dotar de novas funcionalidades o patrimonio arquitectónico escolar financiado polos ausentes.
3. Suscitar alternativas encamiñadas á reconversión das antigas escolas de americanos en centros de interpretación da cultura emigrante de maneira zonificada.
4. Promover a musealización da arquitectura escolar dos emigrantes, transformando os seus inmobles en núcleos expositivos de estudo, recuperación e difusión da cultura xerada polos galegos do exterior.
5. Formular programas dirixidos a dinamizar culturalmente e favorecer o desenvolvemento daquelas áreas territoriais que no seu día resultaron afectadas pola emigración e dispoñen de infraestruturas útiles para a implementación dos mesmos, servindo de núcleos vertebradores da comunidade veciñal.
6. Involucrar no funcionamento destes centros a todo o colectivo social e de forma moi particular ás persoas maiores, como depositarias da memoria e a tradición grupal, as cales actuarán ademais de guías para cantos pretendan internarse e profundar no coñecemento dos acervos locais.
7. Propender ao funcionamento en rede dos centros habilitados para favorecer a xeración de sinerxías entre eles.
8. Fomentar a extrapolación da experiencia a outros territorios, tratando de establecer comunicación con outros grupos investigadores e mediadores sociais interesados no tema.
9. Comprender os fundamentos científicos da educación permanente e os principios teóricos e de acción en relación cos procesos de avellentamento.
10. Identificar e interpretar as transformacións e cambios que se están a producir no contexto da poboación que implican novas formas de interesarse pola formación ao longo da vida.
Contidos1. Xénese e desenvolvemento da intervención escolar dos emigrantes galegos.
2. As escolas de americanos como expresión xenuína das actuacións escolares dos emigrantes transoceánicos a prol do incremento e a modernización da oferta educativa das súas localidades de orixe.
3. Declive e reorientación funcional dos centros escolares fundados pola emigración galega.
4. Unha aposta de presente con futuro: a reconversión das escolas de americanos en centros de interpretación da cultura emigrante de forma territorializada. Museoloxía, museografía, propostas expositivas e núcleos dinamizadores.
5. Funcionando en Rede: articulación reticular de alcance galego dos centros de interpretación da cultura emigrante a escala local.
6. Ampliación e difusión do modelo a outras áreas territoriais cunha tradición emigrante análoga na esfera escolar.
7. Pedagoxía Gerontolóxica: análise e intervención co colectivo de maiores: dimensión biolóxica (saúde); psicolóxica e social. Contexto de acción socioeducativa: obxectivos básicos, ámbitos de intervención.
8. Áreas e ámbitos de desenvolvemento da Xerontoloxía educativa: educación e persoas maiores.
9. Educación “sobre” e para o “avellentamento”.
10. Programas e actividades socioculturais para o colectivo das persoas maiores: propostas nas áreas de actividades ocuparcionais; na área social e da cidadanía, no desenvolvemento físico-psíquico; na área formativa-cultural.
Bibliografía básica e complementariaÁlvarez, C. (1991): Indianos y arquitectura en Asturias (1870-1930). Oviedo, Colegio Oficial de Aparejadores y Arquitéctos Técnicos de Asturias.
Barreiro, X. R. (1993): Galicia. Historia contemporánea. Enseñanza y cultura. T. VI. A Coruña, Hércules de Ediciones.
Belanger, P.(2004): Análisis transnacional de las políticas de educación y formación de adultos. Editorial "M". B. Aires.
II Asamblea Mundial del envejecimiento” en Revista Española de Geriatría y Gerontología. N.º 36 (3). pp. 123-126.
Cabano, I. e outros (1991): ‘El Pasatiempo’. O capricho dun indiano. Sada, Ediciós do Castro.
Cagiao, P. e Peña, V. (com.) (2008): Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega – Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.
Castrillo, B. (1926): El aporte de los ‘indianos’ a la instrucción pública, a la beneficencia y al progreso en general de España y su historia hecha en La Prensa de Buenos Aires. Oviedo, Tip. Región.
Costa, A. (1989): Escolas e Mestres. A educación en Galicia: da Restauración á Segunda República. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.
_____ (2004): Historia da educación e da cultura en Galicia (séculos IV-XX). Vigo, Edicións Xerais.
Cuenca, C. e outros (2003): Escuelas de indianos y emigrantes en Asturias. Gijón, Trea.
Federighi, P. y otros (1992): La organización local de la Educación de Adultos. Ed. Popular. Madrid.
Federighi. P. (Coord.): (2001): Glosario de Educación de Personas Adultas en Europa. Diálogos. Barcelona.
Fernandez Ballesteros, R.(2001): “II Asamblea Mundial del envejecimiento” en Revista Española de Geriatría y Gerontología. Nº 36(3). pp. 123-126.
Fernandez Ballesteros. R. (2001 JABONERO, M.- LOPEZ, I.- NIEVES, R.(1999): Formación de adultos. Editorial Síntesis. Madrid
Freire, P.- Macedo, D.(1989): Alfabetización. Lectura de la palabra y lectura de la realidad. Paidós. Barcelona.
Garcia Carrasco, J. (Coord.): (1997): Educación de adultos. Ariel. Barcelona.
Graça, O. e Louro, M. (coord.) (2009): Escolas Conde de Ferreira. Marco Histórico da Instrução Pública em Portugal. Sesimbra, Assembleia Municipal de Sesimbra.
Gutierrez Martin, A. (2003): Alfabetización digital. Gedisa. Madrid.
Herrero Gomez, M.- Caston Boyer, F. (2003): Las políticas sociales en las sociedades complejas. Ariel. Barcelona.
Jabonero, M.- Lopez, I.- Nieves, R.(1999): Formación de adultos. Editorial Síntesis. Madrid.
JUNTA DE CASTILLA Y LEON (1997): Legislación sobre educación de adultos (1857-1996). Valladolid.
Longworth. N. (2003): El aprendizaje a lo largo de la vida. Paidos. Barcelona
Longworth. N. (2005): El aprendizaje a lo largo de la vida en la práctica. Paidós. Barcelona.
Lopez-Barajas, E.- Sarrate, Ma. L.(2002): La educación de personas adultas. Dykinson. Madrid
Malheiro, X. M. (2006): As escolas dos emigrantes e o pensamento pedagóxico: Ignacio Ares de Parga e Antón Alonso Ríos. Sada, Ediciós do Castro.
M.E.C. (1986). Libro Blanco de Educación de Adultos. Madrid.
Medina Fernandez, O.(1997): Modelos de Educación de personas adultas. El Roure. Barcelona
Montero Alcaide, A.(2000): Educación de adultos: fundamentación, estructura, curriculo y desarrollo normativo en Andalucía. Ediciones Algibe. Málaga.
Núñez, X. M. (1998): Emigrantes, caciques e indianos. O influxo sociopolítico da emigración transoceánica en Galicia (1900-1930). Vigo, Edicións Xerais.
Obelleiro, L. (2007): As escolas de fundación en Galicia. Unha necesidade social de alfabetización. Vigo, Edicións A Nosa Terra.
Peña, V. (1991): Éxodo, organización comunitaria e intervención escolar. La impronta educativa de la emigración transoceánica en Galicia. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2 vols.
_____ (1995):"As Sociedades Galegas de Instrucción: proxecto educativo e realizacións escolares". Estudios Migratorios. Nº 1, decembro, pp. 8-83.
_____(1995-1996): “Cuatro siglos de intervención escolar de de los gallegos de América en la Galicia escindida”. Historia de la Educación, 14-15, pp. 301-332.
_____ (1999): "Los emigrantes transoceánicos como agentes de modernización educativa en el norte peninsular". En La educación en España a examen (1898-1998). Zaragoza. MEC-CSIC-Diputación de Zaragoza, pp. 213-246.
_____ (2000): “As Escolas de Americanos en Galicia: proxectos e realizacións na comarca de Ferrolterra”. Cátedra, 7, pp. 217-273.
_____ (2002): "As escolas que viñeron de alén mar (Galicia, ss. XVII-XXI). Algunhas réplicas dende terras lusas. História (Porto). III Série, vol 3, pp. 245-262.
_____ (2008): “Educar: el compromiso de la añoranza fecunda. Entre la filantropía docente de los indianos y la obra escolarizadora de las Sociedades de Instrucción (ss. XVI-XXI)”. En LIÑARES, X. A. (coord.): Ciudadanos españoles en el mundo. Situación actual y recorrido histórico. Vigo, Grupo España Exterior, pp. 55-102.
_____ (2008): “Declive, recuperación patrimonial y musealización de las escuelas de emigrantes en Galicia”. En Juan, V. (ed.): Museos Pedagógicos. La memoria recuperada. Huesca, Museo Pedagógico de Aragón, pp. 321-336.
_____ (dir.) (1998): Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago, C.C.G. (CD-ROM e soporte impreso).
_____ (dir.) (2004): Os museos da educación en Internet. Santiago de Compostela, Museo Pedagóxico de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Pereira, M.ª C. (1988): La labor educativa iberoamericana y la creación de las escuelas Pro-Valle Miñor a prinicipios del siglo XX. Madrid, Editorial de la Universidad Complutense.
Requejo Osorio, A. (Coord.)(1994): Política de educación de Adultos. Torculo Edicións .Santiago de Compostela
Requejo Osorio, A. (2003): Educación permanente y Educación de adultos. Ariel. Barcelona.
Requejo Osorio, A (2006): "Educación de adultos e a distancia" en XUNTA DE GALICIA: Informe do Consello Escolar (2002-2005). Santiago de Compostela. pp.315-338.
Requejo Osorio, A.- (2006): “Políticas y estrategias en la Unión Europea” en Lopez- Barajas, E. - : Estrategias de formación en el siglo XXI.- Editorial Ariel. Barcelona. pp. 117-137 y “Perspectiva mundial de la Educación Permanente”.pp.139-159.
Saez Carreras, J.- Palazon Romero, F.(Coord.)(1994): La educación de adultos:¿una nueva profesión?: Nau Llibres.Valencia
Sanz F. (Coord.) (1995) La formación en Educación de personas adultas. UNED. Madrid (3 Vol.)
Sanz F. (Coord.)(2002): La educación de personas adultas entre dos siglos: historia pasada y desafíos de futuro. M.E.C -UNED. Madrid
Suárez, M. E outros (coord.) (2007): Memoria da escola. Cultura material e testemuños da nosa historia educativa contemporánea. Vigo, Edicións Xerais.
XUNTA DE GALICIA (1999): Normativa básica sobre implantación das ensinanzas de educación de persoas adultas. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Santiago de Compostela.
Zapater, M. (2007): Escuelas de indianos en La Rioja. Logroño, Instituto de Estudios Riojanos.
VV. AA. (2009): El patrimonio Histórico-Educativo y la enseñanza de la Historia de la Educación. Cuadernos de Historia de la Educación. Nº 6, SEDHE.
Revista Interuniversitaria Historia de la Educación. Salamanca, 1982-2011.
Revista Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación. Galicia 1997-2011.
REFERENCIAS ELECTRÓNICAS
- As escolas da emigración: http://consellodacultura.org/escolas/
- Sociedad Española de Historia de la Educación (SEDHE): http://www.sc.ehu.es/sfwsedhe/
- Sociedad Española para el Estudio del Patrimonio Histórico-Educativo (SEPHE): http://www.institucional.us.es/paginasephe/
- Guide International de la Recherche en Histoire de l’éducation:
http://www.inrp.fr/she/guide/index.htm
CompetenciasCOMPETENCIAS XERAIS DO MÁSTER ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
- Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo.
- Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
- Posuír e facer uso das habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo principalmente autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS XERAIS DO MÓDULO E ESPECÍFICAS DO MÁSTER ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
1. Apreciar a importancia e o impacto da emigración na área educativa en Galicia.
2. Discernir o rol que cumpriron as escolas de americanos na Galicia do seu tempo e as innovacións que introduciron.
3. Suxerir alternativas de novos usos ante o ocaso das funciones que estes establecementos desempeñaron tradicionalmente.
4. Identificar e pormenorizar as tarefas que poden exercer os centros de interpretación da cultural escolar nos tempos actuais.
5. Recoñecer a emigración como fenómeno cultural e dilucidar os seus compoñentes e manifestacións.
6. Recadar a información necesaria para a reconversión das escolas de americanos en centros de interpretación da cultura emigrante.
7. Determinar os medios e recursos indispensables para a implantación dunha rede galega de centros de interpretación da cultura emigrante.
8. Indagar as posibilidades de extensión do modelo anterior a outras zonas de España e Portugal que presenten semellanzas coa realidade galega nesta materia na súa xenealoxía e actualidade.
9. Desenvolver os principios básicos da Animación sociocultural coas persoas de idade en relación a iniciativas de: preparación para a xubilación, promoción específica de centros e aulas de cultura, xeración de programas de calidade, etc.
COMPETENCIAS PARTICULARES ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
A) Constatar a incidencia educativa da emigración en certas zonas de Galicia ao longo da historia por medio da realización de sondaxes concretas.
B) Deseñar programas específicos para actualizar a funcionalidade social das escolas de americanos en Galicia.
C) Formular estratexias para revalorizar as realizacións culturais promovidas polos emigrantes e fomentar a súa difusión tanto dentro como fóra dos respectivos espazos xeradores ou receptores.
D) Propiciar experiencias que contribúan ao desenvolvemento e a promoción comunitarios, partindo das realizacións e o legado cultural da emigración de maneira comarcalizada.
E) Trazar circuítos de visitas guiadas aos enclaves con valor patrimonial procedente do legado educativo e cultural transferido pola emigración.
F) Elaborar contidos para producir aplicacións multimedia que sirvan de apoio e promoción das contribucións educativas e culturais xeradas polas xentes do éxodo.
G) Idear propostas para a implicación comunitaria nas iniciativas de posta en valor e promoción da cultura emigrante.
H) Fomentar a participación e o compromiso das institucións educativas e as súas comunidades humanas coa potenciación das novas experiencias de posta en valor e difusión das creacións culturais da emigración a escala local.
Metodoloxía da ensinanza A análise, o desenvolvemento e a presentación na aula dos contidos que conforman o temario desta materia serán unha tarefa compartida de xeito colaborativo polo profesor e o alumnado. O profesor nas clases expositivas centrarase preferentemente nos aspectos nucleares de cada enunciado ou unidade didáctica e na resolución dos problemas suscitados. Os estudantes, coa oportuna orientación do profesor, nas sesións interactivas e nas titorías en grupos reducidos afondarán en cuestións concretas que non fosen abordadas máis que dun xeito moi xenérico na exposición deste e sexan susceptibles de tratamento e estudo desde os soportes bibliográfico-documentais pertinentes. Profesor e alumnado debaterán nas sesións de clases interactivas sobre os contidos analizados e expostos por cada un deles, procurando rematar os coloquios coa formulación das oportunas conclusións. As exposicións do profesor terán como complemento substantivo sesións de traballo con soporte en textos, documentos e informes de investigación. Estes materiais seranlles entregados periodicamente aos estudantes –ou suxerida a localización pola súa parte– para a conseguinte lectura, exame e estudo individualizado e en pequenos grupos e o posterior coloquio na aula.
Durante as titorías obrigatorias, o profesor dará pautas específicas ao alumnado, ben individualmente ou ben en grupos reducidos, para unha satisfactoria execución dos traballos de curso, unha optimización da metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe e un reforzo integral do proceso instrutivo.
Sistema de evaluaciónAs cualificacións dos estudantes basearanse na avaliación continua do seu rendemento académico e nos resultados que obteñan na realización dunha proba final. A avaliación continua efectuarase mediante recensións bibliografico-documentais, traballos monográficos de iniciación á investigación, estudos de campo de enfoque etnohistórico e comentarios de textos de distinta natureza e tipoloxía, tomando en consideración ademais a participación nas tarefas de aula e a concorrencia ás titorías. A proba final poderá consistir na análise crítica dun breve informe de investigación, na elaboración dun deseño ou proxecto orixinal ou nun comentario de textos con preguntas complementarias. As actividades realizadas de forma continua terán un peso ponderado non inferior ao 60% da puntuación global. Pola súa banda, a proba final non superará o 40% da cualificación obtida en conxunto.
Tempo de estudo e traballo persoalClases expositivas 9 horas
Clases interactivas 12 horas
Titorías obrigatorias 3 horas
Actividades (traballos, comentarios, etc.) 51 horas
Traballo total do alumno 75 horas
Recomendacións para o estudo da materiaPara un adecuado seguimento e comprensión da materia estímase de suma importancia a concorrencia regular e a participación individual e grupal nas sesións de clase expositiva e interactiva que se programen, debendo executar os estudantes as tarefas encomendadas en cada caso. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias e recapituladoras sobre as cales se sustentará a dinámica de traballo. Sendo así, a participación require o estudo, que como tarefa persoal ha de preceder e suceder ao labor na clase, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario, por medio dos cales se poderán atinxir os obxectivos formulados e adquirir as competencias previstas, o que se fará patente a través dos correspondentes exercicios e das oportunas probas de control.
Será indispensable manter comunicacións periódicas regulares co responsable docente da materia nos horarios de titorías estipulados, para recibir as orientacións oportunas e formularlle as dúbidas que se poidan suscitar no proceso de estudo e de iniciación ás tarefas investigadoras.