Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3091209 - Educación Social e Políticas Culturais (Módulo II: As Políticas Educativas e Culturais nos Procesos de Desenvolvemento) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Caballo Villar, Maria Belen.SI
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    a) Analizar propostas de política cultural de iniciativa pública e privada, valorando o alcance e finalidade do seu contido en termos de desenvolvemento persoal, grupal e comunitario dos territorios/institucións en que se enmarcan.

    b) Aproximarse ao marco conceptual de análise das administracións locais e as súas políticas educativas e culturais.

    c) Afondar no estudo das posibilidades legais, políticas e profesionais que as administracións locais presentan para a acción educativa e cultural, incidindo no seu potencial como ámbito de investigación.

    d) Xerar espírito de investigación e capacidade crítica arredor destas temáticas.

    Contidos
    1. As políticas culturais como expresión de conceptos, significados e accións no desenvolvemento da comunidade.

    2. A Animación Sociocultural, estratexia e soporte da autonomía e desenvolvemento endóxeno.

    3. A participación social como condición e finalidade da Animación Sociocultural e o Desenvolvemento Comunitario.

    4. A administración local como escenario de acción para políticas educativas e culturais coa cidadanía. Aproximación ao seu marco conceptual, legal, profesional e de investigación.

    5. O movemento de Cidades Educadoras: orixe, supostos, limitacións e potencialidades. Unha aproximación desde a análise de experiencias e investigacións.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    Axenda 21 da Cultura. Un compromiso das cidades e os gobernos locais para o desenvolvemento cultural. http://www. agenda21delacultura.net/
    Bosch., E. (2008, ed.). Educación y vida urbana: 20 años de Ciudades Educadoras. Madrid: Santillana
    Caride, J.A. (2005): La animación sociocultural y el desarrollo comunitario como educación social. En Revista de Educación, 336, pp. 73-88.
    Carta de ciudades educadoras. http://www.bcn.cat/edcities/aice/adjunts/Carta%20Ciudades%20Educadoras%20%202004.pdf
    Guillet, J.C. (2006): La animación en la comunidad. Un modelo de animación socioeducativa. Barcelona: Graó.

    Bibliografía complementaria

    Ander-Egg, E. (2008): La ciudad educadora como forma de fortalecimiento de la democracia y de una ciudadanía activa y convivencial. Córdoba (Argentina): Editorial Brujas.
    Blanco, I. e Gomá, R. (2002, coords.): Gobiernos locales y redes participativas. Barcelona: Ariel.
    Borja, J. (2003): La ciudad conquistada. Madrid: Alianza.
    Caballo, M.B. (coord., 2009): O Eixo Atlántico: un territorio educador, unha comunidade educativa. Vigo: Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.
    Caballo, M.B. e Rodríguez-Abella, X.M. (2011, coords.): Concellos e educación. Monográfico Revista Galega de Educación, nº 49.
    Calvo, A. (2006): La Animación Sociocultural: una estrategia educativa para la participación. Madrid: Alianza.
    Caride, J.A. et al.(2000) Educación social y políticas culturales. Santiago de Compostela: Tórculo Edicións.
    Casacuberta, D., Rubio, N., Serra, L. (coords) (2011) Acción cultural y desarrollo comunitario.
    Barcelona: Graó

    Cid, X.M. e Peres, A. (eds.). (2007): Educación Social, Animación Sociocultural y Desarrollo Comunitario. Vigo: Univ. de Vigo/ Univ. Trás-os-Montes e Alto Douro/SIPS.
    FEMP (2008) Guía del concejal de educación. Manual de consulta para gobernantes y técnicos. Madrid: Federación Español ade Municipios y Provincias.
    FEMP (2009) Guía para la evaluación de las políticas culturales locales http://www.femp.es
    Lage, X., Trabada, X.E., Fernández, M (2011) A situación sociocultural dos concellos galegos de menos de 50.000 habitantes: II Mapa cultural de Galicia. Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega.
    Manito, F. (2008). Planificación estratégica de la cultura en España. Madrid: Fundación Autor
    Merino, A e Plana, J. (2007): La ciudad educa. Aportaciones para una política educativa local. Barcelona: Ediciones del Serbal.
    Pascual, J. (2005): Sobre o contexto, os contidos e os desafíos da Axenda 21 da cultura. En Actas Interea 2004. A formación na acción cultural local. A Coruña: Deputación Provincial, pp. 12-37.
    Pérez, M., Caballo, M.B. e Montero, P. (coords. 2006): Asociacionismo e participación cidadá: análise e propostas. A Coruña: Deputación da Coruña.
    Pose, H. (2006): La cultura en las ciudades. Un quehacer cívico-social. Barcelona: Graó.
    Soler, P. (2012) La animación sociocultural. Una estrategia para el desarrollo y el empoderamiento de comunidades. Barcelona: UOC.
    Tonucci, F. (2004): La ciudad de los niños: un nuevo modo de pensar la ciudad. Madrid: Fundación Germán Sánchez RuiPérez.


    Revistas dixitais e páxinas web de interese
    Interea Visual
    http://www.usc.es/sepa/gl/intereavisual.htm

    Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria
    http://www.uned.es/pedagogiasocial.revistainteruniversitaria

    Res.Revista de Educación Social
    http://www.eduso.net

    Asociación Internacional de Cidades Educadoras
    http://www.edcities.org

    Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social
    http://sips-es.blogspot.com

    Federación española de municipios y provincias
    http://www.femp.es

    Federación galega de municipios e provincias
    http://www.fegamp.org

    Consello da Cultura Galega
    http://consellodacultura.org/

    Observatorio da Cultura Galega
    http://observatorio.consellodacultura.org/

    Competencias
    Competencias xerais

    Instrumentais
    a. Capacidade de análise e síntese.
    b. Capacidade de organización e planificación.
    c. Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións
    d. Capacidade, utilización e aplicación das TIC na investigación educativa e xestión da información

    Sistémicas
    e. Capacidade para adaptarse a novos ámbitos e contornos de aprendizaxe, aplicando os coñecementos adquiridos.
    f. Fomento da iniciativa e espírito emprendedor
    g. Capacidade para implicarse nos procesos de formación permanentemente tanto autónomos e autodirixidos como compartidos.
    h. Capacidade para asumir as responsabilidades sociais e éticas derivadas da emisión de xuizos e aplicación dos coñecementos profesionais.

    Interpersoais
    i. Capacidade para integrarse e comunicarse en equipos multidisciplinares de investigación.
    j. Capacidade de crítica e autocrítica.
    k. Capacidade para comunicar as propias conclusións a públicos especializados ou non de modo claro e sen ambigüidades.


    Competencias específicas

    l. Capacidade de análise e valoración de diversos modelos de política cultural e educativa desenvolvidos no marco da administración local e da iniciativa privada.
    m. Capacidade para planificar, favorecer e acompañar estruturas e procesos participativos de acción e animación sociocultural congruentes coa perspectiva do desenvolvemento integral das persoas e comunidades en que se insertan.
    n. Capacidade de deseñar proxectos de investigación centrados no estudo da Educación Social e as Políticas Culturais e Educativas.
    o. Capacidade de busca e selección documental en diversos soportes en relación ao tema obxecto de estudo.

    Metodoloxía da ensinanza
    Nas indicacións metodolóxicas xerais do master contémplanse clases de pizarra orientadas á exposición de contidos e á resolución de problemas, e sublíñase a necesidade de procurar unha implicación activa do alumno. Asemade, sinálase que todas as tarefas dos estudantes serán orientadas polo profesorado nas sesións de titoría de grupo reducido.

    Na materia Educación social e políticas culturais, en coherencia con estas indicacións e cos obxectivos descritos, promoverase un proceso metodolóxico que teña en conta principios como os de contextualización, flexibilidade, análise-reflexión crítica e participación.

    Concretarase na exposición teórica e a explicación por parte das profesoras dos contidos referidos no programa do seminario, así como a análise dos distintos documentos que conforman o dossier documental que se entrega. Como recurso metodolóxico básico, tamén se activarán diferentes dinámicas que posibiliten a participación e o diálogo dos estudantes sobre a temática abordada, así como incentivar a busca de información, a análise e a avaliación de diferentes traballos de investigación realizados en torno a esta temática, procurando en todo momento axustar os contidos do seminario aos intereses investigadores dos alumnos.

    A aprendizaxe terá lugar a través de tres vías fundamentais:

    - A implicación dos alumnos e alumnas nas sesións de aula, construíndo o coñecemento en base ao debate argumentado que se desenvolverá nas sesións de clase.

    - As lecturas –individuais e colectivas– que os estudantes realicen dos documentos do dossier, así como dalgunhas referencias recomendadas en función do interese de cada alumno no marco do tema traballado.

    - A elaboración dun traballo individual que cada estudante pode centrar na liña temática do seminario que máis se axuste aos seus intereses, e do que deberá realizar unha defensa pública na aula.


    Sistema de evaluación
    Seguindo a normativa xeral de avaliación continua fixada no Mestrado, na materia Educación social e políticas culturais establécense as seguintes actividades e criterios:

    a. Asistencia e implicación nas sesións de clase e de titoría
    b. Lectura do dossier documental da materia, así como doutras referencias bibliográficas que se podan encomendar no desenvolvemento da mesma.
    c. Realización das actividades previstas no desenvolvemento das sesións de aula.
    d. Realización dun traballo (individual ou dúas persoas) no que se deberán identificar contidos e reflexións arredor de todos os descritores básicos da materia (administración local-políticas culturais-animación sociocultural-axenda 21 da cultura-cidade educadora), arredor dalgún dos seguintes tópicos,.
    - Identificación e proposta de liñas de investigación arredor das políticas culturais e/ou educativas no marco da administración local, concretando unha delas no deseño dun proxecto de investigación educativa.
    - Avaliación dunha investigación realizada sobre calquera dimensión ou perspectiva temática-metodolóxica relacionada coas políticas culturais e/ou educativas, aberta á posibilidade dun estudo comparado entre dúas ou máis investigacións relativas a esta temática.
    - Avaliación dunha iniciativa municipal arredor das políticas culturais e/ou educativas, atendendo ás claves teórico-prácticas nas que se enmarca a materia arriba sinaladas.
    - Elaboración dun informe no que se recolla unha selección e avaliación de materiais e recursos (audiovisuais, bibliográficos, virtuais, espaciais...) vinculados á temática obxecto de estudo, suxerindo as posibilidades de explotación nos ámbitos da formación e investigación.
    e. Realización do exame final da materia


    Criterios
    • Actividades a, b requisitos para proceder á avaliación
    • Actividade c 15% cualificación
    • Actividade d 85% cualificación

    Excepcionalmente -e tras a súa xustificación documental-, para o alumnado que non realice o desenvolvemento planificado da materia (asistencia mínima ao 80% das sesións de cada seminario e realización de todas as prácticas de aula), aplicaranse os seguintes criterios de avaliación:

    • Actividades a-b requisitos para proceder á avaliación
    • Actividade d 50% cualificación
    • Actividade e 50% cualificación

    Para proceder ao cómputo da cualificación final é preciso obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 nos apartados d-e.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Seguindo as indicacións recollidas na memoria do máster, estímase que por cada crédito cursado nesta materia serán precisas dez horas de estudo e traballo persoal por parte do estudante. Das quince horas restantes, dez serán de docencia presencial e cinco de titorías grupais e/ou individuais.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Aconséllase un traballo continuado na materia, recomendándose prioritariamente:

    - Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da materia nos seus diversos apartados.
    - Manter unha vinculación continuada cos ritmos que se deriven dos procesos de ensinanza e aprendizaxe promovidos nos seminarios da materia, e nas diferentes modalidades de sesións de traballo.
    - Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requerimentos desta materia cos das demais do master.
    - Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións, xa sexan recomendadas polo profesorado de cada Seminario, ou persoalmente seleccionadas a través de buscas documentais en diversos formatos, arredor do tema obxecto de estudo.
    - Facer uso das titorías como un dereito dos estudiantes asociado a unha mellora significativa das posibilidades de aprendizaxe e da personalización do proceso educativo atendendo a diferenzas de intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.



    Observacións
    Esta materia optativa de tres créditos, enmarcada no módulo "As políticas educativas e culturais nos procesos de desenvolvemento" (módulo II), consta dos seguintes seminarios:
    - Educación social, políticas culturais e animación sociocultural
    - A acción educativa e cultural nas Administracións Locais
    - Cidades educadoras e sociedade educativa



    RESPONSABILIDADE AMBIENTAL NA ELABORACIÓN DE TRABALLOS
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.