Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3091211 - A Conciliación dos Tempos Educativos e Sociais (Módulo V: Problemas Emerxentes e Alternativas Educativas-Sociais nas Comunidades nun Mundo Globalizado) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Caballo Villar, Maria Belen.NON
CARIDE GOMEZ, ANTONIO.SI
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    a) Situar aos estudantes na complexidade do discurso conceptual, temático e teórico que caracteriza na sociedade contemporánea aos tempos educativos, no conxunto dos tempos sociais; poñendo de releve as súas implica¬cións para a investigación educativa e social

    b) Identificar problemáticas específicas suscitadas nas coordenadas temporais da educación (dimensións macro e micro), inferindo alternativas que permitan afrontar a súa resolución con criterios innovadores, aplicados á planificación, xestión-administración e avaliación de procesos educativos, con especial énfase no lecer e na vida cotiá.

    c) Establecer liñas de reflexión teórica e metodo¬lóxica referidos á conciliación dos tempos educativos e sociais na sociedade rede, promovendo unha análise plural e multidimensional das súas realidades e das alternativas que se adoptan en diferentes contextos sociais e institucionais, fundamentalmente nas súas perspectivas sociopolítica e pedagóxica.

    Contidos
    1. Os discursos do tempo na sociedade rede: do tempo físico-biolóxico ao tempo social

    2. Os tempos educativos: encadres dunha realidade complexa e multidimensional na
    investigación socioeducativa

    - o tempo como ámbito de estudo: cantidade, calidade e distribución.

    - perspectivas na análise científico-social: cronopsicobiolóxica, histórica, comparada,
    psicopedagóxica, económica, etc.

    3. A Planificación, administración e xestión dos tempos educativos e formativos: Concepcións e
    principios organizativos

    - Estruturas e unidades temporais: do calendario á sesión de aula.

    - Identidade e diversidade de tempos: sociedade, centro educativo, profesores,
    alumnos, etc.

    - Perspectiva socio-política e normativa dos tempos escolares.

    4. A conciliación dos tempos educativos e sociais: problemáticas específicas e alternativas na
    sociedade contemporánea

    5. A educación do ocio na vida cotiá

    - Tempos libres e tempos de lecer na sociedade contemporánea: aproximación
    conceptual, análise e implicacións político-lexislativas, socioeconómicas e educativas.

    - A educación do ocio nos procesos de desenvolvemento humano e comunitario.

    - Profesionalización e investigación en ocio.

    Bibliografía básica e complementaria
    Alberdi, C. E. e outros (2007): Gestión del tiempo y evolución de los usos del tiempo. Madrid: Visionnet.

    Aragón, J., Cánovas, A. e Rocha, F. (2005): Las políticas de conciliación de la vida laboral y familiar en las Comunidades Autónomas. Madrid: Cinca.

    Arbor: Ciencia, pensamiento y cultura (2012). Monográfico: Reflexiones sobre el ocio en el siglo XXI, vol. 188, nº 754. Coordinado por M. Cuenca (2012)

    Caballo, M. B. e Fraguela, R. (coords., 2005): A acción municipal no tempo libre. A Coruña: Deputación da Coruña.

    Cardús, S. (2003): Propostes d’intervenció per a la conciliació d’horaris familiars, es- colars i laborals: informe final. Barcelona: Generalitat de Catalunya-Departament de Benestar i Familia.

    Educación Social. Revista de Intervención Socioeducativa (2011) Monográfico: “Tiempos educativos y sociales”, nº 47, coordinado por J. A. Caride e M. B. Caballo.

    Cavet, A. (2011) : Rythmes scolaires: pour une dynamique nouvelle des temps éducatifs . Dossier d’actualité de la VST, n° 60
    En:http://www.inrp.fr/vst/LettreVST/60-fevrier-2011.php

    Csikszentmihalyi, M.; Cuenca, M.; Buarque, C.; Trigo, V. E outros (2001): Ocio y desarrollo. Potencialidades del ocio para el desarrollo humano. Bilbao: Universidad de Deusto.

    Cuadernos de Pedagogía (2005): Monográfico “Los tiempos del tiempo educativo”, nº 349.

    Cuenca, M. (2004): Pedagogía del Ocio: modelos y propuestas. Bilbao: Universidad de Deusto.

    Cuenca, M. e Aguilar, E. (eds.): (2009): El tiempo del Ocio: transformaciones y riesgos en la sociedad apresurada. Bilbao: Universidad de Deusto.

    Durán, M.A. (2007): El valor del tiempo: ¿cuántas horas te faltan al día?. Madrid: Espasa.

    Durán, M. A. e Rogero, J. (2009) La investigación sobre el uso del tiempo.Madrid: CIS.

    Educar em Revista (2012). Monográfico “O valor do tempo em educação: Jornadas escolares ampliadas, Educação Integral e outras experiências”, vol. 45, nº 3.
    En: http://ojs.c3sl.ufpr.br/ojs2/index.php/educar/issue/view/1276

    Gimeno, J. (2008): El valor del tiempo educativo. Madrid: Morata.

    Margalef, L. (2001): El tiempo escolar: más alla de los horarios. ¿Tiempo curricular: tiempo de cambio?. Bordón, 2, (53), 243-250.

    Monteagudo, M. J. (ed.): (2008): La experiencia de ocio: una mirada científica desde los Estudios de Ocio. Bilbao: Universidad de Deusto.

    Morán, M. C. e Varela, L. (2011): Percepciones del profesorado de educación primaria sobre la conciliación de los tiempos escolares y familiares. XII Congreso Internacional de Teoría de la Educación (CITE)
    En: http://www.cite2011.com/Comunicaciones/Familias/171.pdf

    Mückenberger, U. (2007): Metrónomo de la vida cotidiana. Prácticas del tiempo de la ciudad en Europa. Gijón (Asturias): Ediciones Trea.

    Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria (2012). Monográfico: “Tiempos educativos, tiempos de ocio”, nº 20 (tercera época).

    Prieto, C. (ed.): (2007): Trabajo, género y tiempo social. Madrid: Editorial Hacer-UCM.

    Sánchez, E. (2011). Conciliar per educar. (Col. Informes Breus, 34). Barcelona: Fundación Jaume Bofill.

    Sintes, E. (2012). A les tres a casa? L’impacte social i educatiu de la jornada escolar contínua. (Col. Informes Breus, 40). Barcelona: Fundación Jaume Bofill.
    En: http://www.fbofill.cat/intra/fbofill/documents/publicacions/565-doc.pdf

    Villota, P. de (ed., 2008): Conciliación de la vida profesional y familiar. Madrid: Síntesis.

    Revistas dixitais e páxinas web de interese
    Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria
    http://www.uned.es/pedagogiasocial.revistainteruniversitaria

    Res.Revista de Educación Social
    http://www.eduso.net

    Comisión Nacional para la racionalización de los horarios
    http://www.horariosenespana.es/index.php?module=ini

    Usos dels temps. Ajuntament de Barcelona.
    http://w110.bcn.cat/portal/site/UsosDelTemps?lang=es_ES

    Socidad Iberoamericana de Pedagogía Social
    http://sips-es.blogspot.com


    Competencias
    Competencias xerais

    Instrumentais
    a. Capacidade de análise e síntese.
    b. Capacidade de organización e planificación.
    c. Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións
    d. Capacidade e utilización e aplicación das TIC na investigación educativa e xestión da
    información

    Sistémicas
    e. Capacidade para adaptarse a novos ámbitos e contornos de aprendizaxe, aplicando os
    coñecementos adquiridos.
    f. Fomento da iniciativa e espírito emprendedor
    g. Capacidade para implicarse nos procesos de formación permanentemente tanto autónomos e
    autodirixidos como compartidos.
    h. Capacidade para asumir as responsabilidades sociais e éticas derivadas da emisión de xuizos
    e aplicación dos coñecementos profesionais.

    Interpersoais
    i. Capacidade para integrarse e comunicarse en equipos multidisciplinares de investigación.
    j. Capacidade de crítica e autocrítica.
    k.Capacidade para comunicar as propias conclusións a públicos especializados ou non de modo
    claro e sen ambigüidades.

    Competencias específicas

    l. Capacidade para interpretar e argumentar o conflito social arredor das dinámicas temporais e
    incardinar nel a relevancia dos tempos educativos.
    m. Capacidade de análise e avaliación de políticas e estratexias orientadas á xestión dos
    tempos sociais e educativos: conciliación, unidades temporais escolares, medidas
    lexislativas, et.
    n. Capacidade de aplicación das perspectivas de análise científico-social xerados desde diversas
    disciplinas (pedagoxía, historia, socioloxía, psicoloxía, et.) aos tempos educativos e sociais
    como problema de estudo e investigación.
    o. Capacidade para desenvolver un discurso complexo e crítico en torno aos tempos educativos
    e sociais, aplicando as estratexias metodolóxicas básicas para a investigación nesta temática.
    p. Capacidade para identificar, seleccionar e compilar información teórica, metodolóxica e
    experiencial relacionada co binomio tempos - educación.
    q. Capacidade para concretar na realidade social deseños de investigación centrados no estudo
    dos tempos educativos e sociais, aplicando as claves achegadas na materia.

    Metodoloxía da ensinanza
    Nas indicacións metodolóxicas xerais do master contémplanse clases de pizarra orientadas á exposición de contidos e á resolución de problemas, e sublíñase a necesidade de procurar unha implicación activa do alumno. Asemade, sinálase que todas as tarefas dos estudantes serán orientadas polo profesorado nas sesións de titoría de grupo reducido.

    No que se refire á materia A conciliación dos tempos educativos e sociais, en coherencia con estas indicacións e cos obxectivos descritos, promoverase un proceso metodolóxico que teña en conta principios como os de contextualización, flexibilidade, análise-reflexión crítica e participación.

    Xa que logo, desenvolverase mediante a exposición teórica e a explicación por parte dos profesores implicados dos contidos referidos no programa do seminario, así como a análise dos distintos documentos que conforman o dossier documental que se entrega. Como recurso metodolóxico básico, tamén se activarán diferentes dinámicas que posibiliten a participación e o diálogo dos estudantes sobre a temática abordada, así como incentivar a busca de información, a análise e a avaliación de diferentes traballos de investigación realizados en torno a esta temática, procurando en todo momento axustar os contidos do seminario aos intereses investigadores dos alumnos.

    A aprendizaxe terá lugar a través de tres vías fundamentais:

    -A implicación dos alumnos e alumnas nas sesións de aula, construíndo o coñecemento en base ao debate argumentado que se desenvolverá nas sesións de clase.

    - As lecturas –individuais e colectivas– que os estudantes realicen dos documentos do dossier, así como dalgunhas referencias recomendadas en función do interese de cada alumno no marco do tema traballado.

    - A elaboración dun traballo individual que cada estudante pode centrar na liña temática do seminario que máis se axuste aos seus intereses, e do que deberá realizar unha defensa pública na aula.



    Sistema de evaluación
    Actividades
    Seguindo a normativa xeral de avaliación continua contemplado no Master, establécense as seguintes actividades e criterios de avaliación:

    a) Asistencia e participación activa nas sesións de clase.
    b) Lectura de documentos e referencias bibliográficas que se irán encomendando nas sesións correspondentes.
    c) Realización das actividades previstas no desenvolvemento das sesións de aula.
    d) Realización dun traballo monográfico (unha ou dúas persoas) arredor dalgún dos seguintes tópicos:
    − Identificación e proposición de liñas de investigación arredor dos tempos educativos e sociais, concretando unha delas no deseño dun proxecto de investigación educativa.
    − Avaliación dunha investigación realizada sobre calquera dimensión ou perspectiva temática-metodolóxica relacionada cos tempos educativos e sociais, aberta á posibilidade dun estudo comparado entre dúas ou máis investigacións relativas a esta temática.
    − Redacción dun ensaio científico que tome como referencia algún/s dos debates e actuacións suscitados na sociedade contemporánea respecto dunha maior e mellor conciliación dos tempos persoais e sociais, cun enfoque que poña énfase nas súas connotacións educativas ou pedagóxicas.
    − Elaboración dun informe no que se recolla unha selección e avaliación de materiais e recursos (audiovisuais, bibliográficos, virtuais, espaciais...) vinculados á temática obxecto de estudo, suxerindo as posibilidades de explotación nos ámbitos da formación e investigación.
    − Elaboración de cronogramas que concreten a visión global das temporalidades da infancia e/ou adultos, en sentido diacrónico ou sincrónico, cunha perspectiva avaliativa e/ ou comparativa.

    e) Exame sobre os contidos da materia

    Criterios
    Actividades a) e b) como requisitos para proceder á avaliación
    Actividade c)………………..: 15% cualificación
    Actividade d)………………..: 85% cualificación

    Excepcionalmente -e tras a súa xustificación documental-, para o alumnado que non realice o desenvolvemento planificado da materia (asistencia mínima ao 80% das sesións de cada seminario e realización de todas as prácticas de aula), aplicaranse os seguintes criterios de avaliación:
    Actividade d)………………..: 50% cualificación
    Actividade e)………………..: 50% cualificación

    Para o cómputo da cualificación final é preciso obter unha puntuación mínima de 5 (en escala 10) tanto no apartado d) como no e).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Seguindo as indicacións recollidas na memoria do máster, estímase que por cada crédito cursado nesta materia serán precisas dez horas de estudo e traballo persoal por parte do estudante. As quince horas restantes, repártense entre a docencia presencial e as titorías grupais e/ou individuais (5 horas)
    Recomendacións para o estudo da materia
    Aconséllase un traballo continuado na materia, recomendándose prioritariamente:

    - Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da materia nos seus diversos apartados.

    - Manter unha vinculación continuada cos ritmos que se deriven dos procesos de ensinanza e aprendizaxe promovidos nos seminarios da materia, e nas diferentes modalidades de sesións de traballo.

    - Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requerimentos desta materia cos das demais do master.

    - Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións, xa sexan recomendadas polo profesorado de cada Seminario, ou persoalmente seleccionadas a través de buscas documentais en diversos formatos, arredor do tema obxecto de estudo.

    - Facer uso das titorías como un dereito dos estudiantes asociado a unha mellora significativa das posibilidades de aprendizaxe e da personalización do proceso educativo atendendo a diferenzas de intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.

    Observacións
    A materia organiza a súa temática arredor de tres bloques de contido que responden ás seguintes denominacións:

    - Seminario 1 Planificación, administración e xestión dos tempos educativos.

    - Seminario 2 Perspectiva socio-política e normativa dos tempos escolares

    - Seminario 3 A educación do ocio na vida cotiá da sociedade rede

    RESPONSABILIDADE AMBIENTAL NA ELABORACIÓN DE TRABALLOS
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.