Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3241101 - Didáctica, Currículo e Organización Escolar (Módulo Xenérico) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 13.50
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 4.50
  • Total: 36.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ MORANTE, M. DEL CARMEN.NON
FERNANDEZ TILVE, Ma DOLORES.NON
PORTO UCHA, ANGEL SERAFIN.NON
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE.SI
ZABALZA BERAZA, MIGUEL ANGEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_04OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_03OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Situar ao alumno no núcleo do proceso de ensino-aprendizaxe desde unha perspectiva
    curricular que lle capacite para: “Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe
    potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas
    ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes así como a orientación das
    mesmas, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro”
    (Orden ECI/3858/2007, de 27 de Decembro).
    Baixo esas premisas, a materia procura especificamente os seguintes obxectivos:
    1. - Facilitar o coñecemento dos conceptos e a terminoloxía básica da didáctica, da literatura especializada sobre o campo e dos debates actuais no ámbito profesional docente.
    2.- Favorecer a comprensión das relacións existentes entre os modelos de aprendizaxe, o contexto escolar e as opcións didácticas utilizadas na acción docente.
    3. - Promover o recoñecemento, análises e atención ás características diferenciais do alumnado, según o seu desenvolvemento evolutivo, contextos familiares, sociais e culturais de referencia en tanto que factores que condicionan a aprendizaxe e deben ser tidos en conta, por tanto, polas propostas docentes.
    4.- Recoñecer o funcionamento e dinámicas propias dos centros de secundaria e as condicións organizativas que fan posible a colaboración con outros profesionais do ámbito educativo e o desenvolvemento dun ensino de calidade.
    5.- Coñecer los compoñentes básicos das metodoloxías didácticas e do uso didáctico das TIC no ensino secundario.
    6.- Propiciar unha formación cultural, persoal, ética e social axeitada á educación integral dos adolescentes.
    7.- Potenciar o uso dos procesos de investigación na aula como base do seu desenvolvemento profesional.

    Contidos
    1.-Deseño e Desenvolvemento do currículo: Concepto de curriculum. O curriculum na
    Secundaria: ODecreto de curriculum. Do Proxecto Curricular de Centro á Programación de aula.
    A singularidade das dos etapas: 12/16 y 16/18.
    A especificidade da ESO, a ESPO e outras ensinanzas
    2.- Modelos de ensino e métodoloxía didáctica: A comprensión da aprendizaxe
    na aula. O ensino centrado no estudante. O clima de aula e a interacción didáctica.A avaliación formadora e formativa.
    A innovación educativa.
    3.- Os materiais curriculares e as TIC como recurso didáctico: O deseño, selección e uso de medios
    e materiais didácticos. As TIC no centro escolar.
    4.- A participación e a xestión nos centros de secundaria: O clima institucional. O proxecto
    educativo de centro. A inserción do centro no medio social e cultural. A toma de decisións nos
    centros escolares. O traballo colaborativo e colexiado fronte á individualización. Acoordinación intra e
    interdepartamental. A dimensión burocrático-administrativa da xestión académica. O liderazgo
    instructivo e as funcións directivas. A participación da Comunidade Educativa. A implicación das
    familias. A resolución de conflitos.
    5.- A avaliación da calidade educativa e o desenvolvemento institucional e profesional de centros e
    profesores: Modelos de avaliación da calidade de centros e profesores.
    O proceso de socialización profesional.O debate sobre as competencias. Análise crítica das funcións
    docentes. A formación en servizo.

    Bibliografía básica e complementaria
    Delors, J. (1996). La educación encierra un tesoro. Madrid: Santillana/UNESCO
    Estebaranz, A. (2000). Construyendo el cambio: perspectivas y propuestas de innovación educativa. Sevilla: Universidad.
    Fernández Tilve, M.D. (2000). Las modalidades de formación del profesorado en ejercicio. Granada: Grupo Editorial Universitario.
    Fernández Tilve, M.D. y Malvar Méndez. M.L. (2006). Proyecto educativo de centro, programación de aula, unidad didáctica, adaptación curricular individualizada. Tareas indispensables en la labor docente. Ejemplificaciones. Santiago de Compostela: Tórculo.
    Fernández Tilve, M.D. y Malvar Méndez, M.L. (2009). A programación de aula no marco da LOE: unha ferramenta ao servizo das tarefas docentes. Innovación educativa, 19, 171-184.
    Gimeno Sacristán, J. e Pérez Gómez, A. (1992): Comprender y transformar la enseñanza. Madrid. Morata
    Perrenoud, Ph. (2004). Diez nuevas competencias para enseñar: invitación al viaje. Barcelona: Graó
    Rosales, C. (2009). Didáctica: Innovación en la enseñanza. Santiago: Andavira
    Sanjurjo, L. e Rodríguez, X. (2003): Volver a pensar la clase. Las formas básicas de enseñar. Rosario: HomoSapiens.
    Torrego, J. (Coord., 2008). El plan de convivencia. Fundamentos y recursos para su elaboración y desarrollo. Madrid: Alianza
    Trillo, F. e Sanjurjo, L (2008): Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica. Rosario: HomoSapiens.
    Trillo, F. (2005): Competencias docentes y evaluación auténtica. En Perspectiva Educacional, 45, 85-102.

    DOCUMENTOS
    Delors, J. (1996). De la educación básica a la universidad. En Delors, J., La educación encierra un tesoro. Madrid: Santillana/UNESCO
    Esteve, J. M. (2002). Los profesores y la calidad de la educación ante la crisis de la reforma educativa. En Fundación Hogar del Empleado. Informe educativo 2002. Madrid: Santillana
    Hargreaves, A. (2003). Replantear el cambio educativo: Ampliar y profundizar la búsqueda del éxito. En Hargreaves, A. Replantear el cambio educativo. Buenos Aires: Amorrotu
    Santos, M. (2009). La escuela que aprende. En Santos, M. (Coord.). Escuelas para la democracia. Madrid: Kluwer

    Competencias
    Ao finalizar esta materia o estudante será capaz de:
    (CG2) Coñecer ocorpo de coñecementos didácticos en torno aos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
    (CG3) Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
    (CG5) Contextualizar o currículo a implantar nun centro docente participando naa planificación colectiva do mesmo.
    (CG6) Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupais como persoalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes.
    (CG7) Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadán e o respecto aos dereitos humáns que
    faciliten a vida en sociedade, á toma de decisións e á construción dun futuro sostible.
    (CG8) Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
    (CG9) Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos
    (CG12) Participar na avaliación, investigación e a innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións y as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación.
    (CG16) Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.

    Metodoloxía da ensinanza
    O desenvolvemento desta materia, seguindo a dinámica xeral do master, estará dividido en sesións expositivas e interactivas, para o que articulará diversas opcións metodolóxicas:
    1. Método expositivo, para a transmisión de coñecementos
    2. Estudio de casos, mediante a análise de prácticas reais ou simuladas de ensino- aprendizaxe
    3. Aprendizaxe orientado a proxectos para aplicar o coñecemento á solución de problemas
    Máis pormenorizadamente, se procurará a persoalización do coñecemento mediante a interpelación das novas ideas e conceptos desde a experiencia persoal de cada estudante; especialmente nas sesións interactivas nas que se requirirá unha participación activa e argumentada no debate.

    Sistema de evaluación
    Establecida a obligatoriedade da asistencia ás actividades de aula, para emitir un xuízo de valor sobre o logro das competencias se estimará ponderadamente a participación dos estudantes na aula (10%), a realización do traballo ou traballos de curso (40%) e o resultado logrado no exame ou probas realizadas ao longo do curso (50%).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades formativas con seu contido en horas do alumno:
    TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNADO:
    - Clases expositivas: 13,5 h.
    - Clases interactivas: 18 h.
    - Titorías co profesor, 4 h.
    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
    Estudio autónomo individual: 25 h.
    Lecturas a realizar fora da aula: 20 h.
    Realización de traballos da materia: 20 h
    Preparación de debates, ou exposicións, búsqueda bibliográfica. 10