Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3241103 - Educación e Línguas en Galicia (Módulo Xenérico) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 2.00
  • Total: 2.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 16.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Didáctica da Lingua e a Literatura
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
HERMIDA GULIAS, MARIA DO CARME.NON
Silva Valdivia, Benito.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_03OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_04OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Educación e Linguas en Galicia, incluída como materia común no Máster pretende introducir o futuro profesorado nos factores sociolingüísticos, psicopedagóxicos e lexislativos que condicionan a práctica educativa nun contexto con dúas linguas oficiais.
    De xeito máis específico, os seus obxectivos son os seguintes:
    - Valorar a diversidade lingüística como patrimonio colectivo da humanidade e os esforzos individuais e institucionais para conservala.
    - Tomar conciencia dos factores sociolingüísticos e psicopedagóxicos que se deben ter en conta nun sistema escolar con varias linguas e coñecer os principais modelos de ensino bilingüe ou plurilingüe.
    - Coñecer os principais indicadores da situación sociolingüística de Galicia e o seu reflexo no ámbito escolar.
    - Coñecer e valorar o modelo lingüístico escolar de Galicia e os aspectos fundamentais da lexislación que o regula.
    - Comprender a transcendencia da planificación lingüística no sistema educativo galego e ser quen de participar con criterio na elaboración do Proxecto Lingüístico de Centro.

    Contidos
    Co propósito de asentar os conceptos e as informacións básicas neste eido temático, pero buscando a súa aplicación a tarefas de planificación lingüística escolar, os contidos organízanse nos seguintes apartados:
    - Unidade e diversidade lingüística nun mundo global. A Unión Europea e as linguas. Dimensión social e educativa do plurilingüismo.
    - A planificación lingüística escolar en contextos plurilingües. Modelos de ensino bilingüe ou plurilingüe.
    - A situación sociolingüística de Galicia: indicadores cuantitativos e cualitativos da súa evolución nas últimas décadas.
    - As linguas no sistema educativo galego: lexislación e modelo lingüístico. Modelos lingüísticos noutras comunidades con dúas linguas oficiais.
    - O papel dos centros na planificación lingüística: os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e o Proxecto Lingüístico de Centro.

    Bibliografía básica e complementaria
    Arnau, J. (et al.) (1992): La educación bilingüe, Barcelona, ICE-Horsori.
    Baker, C. (1997): Fundamentos de educación bilingüe y bilingüismo, Madrid, Cátedra.
    Consello de Europa: “Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias”. www.galego.org/lexislacion/europea/carta.html
    Cummins, J.: “La hipótesis de la interdependencia lingüística y desarrollo educativo de los niños bilingües”, en Infancia y Aprendizaje, 21, pp.37-68.
    Fernández Paz, A., Lorenzo Suárez. A., Ramallo, F. (2007): A planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.
    Huguet, A. / Madariaga, J.M. (2005): Fundamentos de educación bilingüe, Bilbao, Universidad País Vasco.
    Lorenzo, F. (2005): “Políticas lingüísticas europeas: claves de la planificación y aprendizaje de lenguas en la UE”. En Cultura y Educación, 17 (3), pp. 253-263.
    Lorenzo Suárez, A. (2008): “A situación sociolingüística do galego: unha lectura”. Grial, nº 179, pp. 19-31.
    Méndez López, I. e Sánchez Pérez, A. (eds.) (2007): Lingua e Idade – III Xornadas sobre Lingua e Usos. A Coruña, Universidade da Coruña.
    Monteagudo, H. (ed.) (2012): Linguas, sociedade e política. Un debate multidisciplinar. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega.
    Monteagudo, H. e Lorenzo, A. (dirs.) (2005): A sociedade galega e o idioma: evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003). Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega.
    Observatorio da Cultura Galega (2011): O idioma galego na sociedade. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega. http://www.consellodacultura.org/mediateca/documento.php?id=1785
    Observatorio da Cultura Galega (2012): A(s) lingua(s) a debate. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega. http://www.consellodacultura.org/mediateca/documento.php?id=1790
    Perera, J. (ed.) (2003): Plurilingüisme i educació: els reptes del segle XXI, Barcelona, ICE de l’ Universitat de Barcelona.
    Ruiz Bikandi, U. (2012): "El plurilingüismo visto desde los documentos europeos. una mirada crítica". En Textos de didáctica de la lengua y la literatura nº 60, pp. 65-76.
    Siguán, M. (2004): Bilingüismo y lenguas en contacto, Madrid, Alianza Editorial.
    Silva Valdivia, B. (2008): “Lingua e escola en Galicia. Balance e propostas de futuro”. Grial nº 179, pp. 48-59.
    Vila, I., Siqués, C., Roig, T. (2006): Llengua, escola i inmigració: un debat obert. Barcelona, Graó.
    VV. AA. (2003): O desafío da diversidade lingüística. Grial – Revista Galega de Cultura, nº 160, pp. 18-70.
    Wurm, S. A. (ed.) (2001): Atlas de las lenguas del mundo en peligro de desaparición. París, Unesco.
    Xunta de Galicia (2004): Plan xeral de normalización da lingua galega. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.
    Xunta de Galicia: Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, DOG de 25 de maio de 2010.
    Competencias
    Recóllense as que figuran na memoria do Máster, que se corresponden coas que aparecían na Orde ministerial que o regula. Dada a singularidade desta materia, débense entender simplemente na dimensión de traballo escolar coas linguas en contextos multilingües.
    • (CG3) Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
    • (CG13) Coñecer a normativa e a organización institucional do sistema educativo e dos modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros de ensino.
    • (CG16) Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
    • (CE-G8) Promover accións de educación emocional, en valores e en formación cidadá.
    • (CE-G9) Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
    • (CE-G13) Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e das súas implicacións educativas.

    Metodoloxía da ensinanza
    No desenvolvemento desta materia tratarase de combinar tres principios metodolóxicos: a exposición, para facilitar os conceptos ou informacións básicas, a interacción profesor-alumno e entre estudantes para contrastar opinións, e o traballo con documentos para asentar aprendizaxes.
    De acordo co esquema organizativo previsto no Máster, as sesións de clase funcionarán en formato expositivo e interactivo. As primeiras utilizaranse para establecer pautas sobre o desenvolvemento didáctico da propia materia (obxectivos, metodoloxía de traballo, sistema de avaliación, etc.), para facilitar a información necesaria e para contrastar ideas sobre as cuestións nucleares do programa. As sesións interactivas servirán para analizar documentos ou casos prácticos, para elaborar propostas referidas a situacións hipotéticas e para discutir cuestións máis específicas.
    Fóra das sesións de clase o alumnado realizará algunhas tarefas de ampliación de coñecementos ou de aplicación que serán convenientemente orientadas polos docentes.

    Sistema de evaluación
    A avaliación das aprendizaxes estará guiada polos obxectivos e polas competencias recollidas neste programa e deberá permitir medir o seu grao de consecución.
    Para obter esa información utilizaranse os seguintes instrumentos: a participación nas sesións de clase, as tarefas ou traballos que se encarguen e un exame individual. A ponderación de cada un na cualificación final será a seguinte:
    - Participación: 20%
    - Traballos: 40%
    - Exame: 40%
    En todo caso, para superar a materia deberase conseguir puntuación nos tres apartados.
    Para a segunda oportunidade haberá que facer novamente os traballos (50%) e o exame final (50%).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O valor curricular da materia é de 2 créditos ECTS, o que se traduce en 50 horas de dedicación do estudante. Destas, 14 son horas presenciais en grupo de clase e o resto estarán ocupadas na realización de traballos, na orientación dos mesmos en sesións de titoría individual ou grupal e en actividades de avaliación.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Á parte da asistencia regular á clase (obrigatoria de acordo coa normativa do Máster) e da revisión dos materiais que se faciliten, recoméndase a participación activa nos debates de clase como procedemento básico de autoaprendizaxe e tamén de contribución á aprendizaxe dos demais.