P3241105 - Educación, Sociedade e Política Educativa (Módulo Xenérico) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.50
- Total: 3.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 10.50
- Clase Interactiva Seminario: 14.00
- Horas de Titorías: 3.50
- Total: 28.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEducación, sociedade e política educativa, é unha materia obrigatoria do módulo xenérico no Master en Profesorado de Educación Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela, cunha carga lectiva de 3,5 créditos, adscrita ao Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social.
O exercicio da profesión docente require dunha materia destas características que achegue unha dimensión pedagóxica de base na formación inicial do futuro profesorado de Educación Secundaria, Bacharelato, FP e ensinanzas artísticas, introducíndoos na análise e comprensión crítica da educación e os procesos en que se desenvolve; das relacións entre educación e sociedade, e a súa concreción en propostas de política educativa que acompañan ao cambio social e ás novas necesidades que del se derivan.
Considerando as finalidades indicadas e os referentes que deben definir a formación inicial dos ensinantes no marco universitario, os OBXECTIVOS a conseguir nesta materia oriéntanse a:
- Adquirir e dominar os elementos terminolóxicos e conceptuais básicos da Teoría e Historia da Educación e a Pedagoxía Social, en relación co exercicio docente nas institucións educativas.
- Desenvolver a capacidade de análise e conciencia crítica respecto das prácticas educativas e das relacións establecidas entre o sistema educativo e o sistema social.
- Analizar teórica e comprensivamente a realidade institucional e social do sistema educativo español, e máis particularmente da súa concreción en Galicia.
- Potenciar e exercitar capacidades básicas para o exercicio docente, tales como observación, reflexión e síntese, traballo en equipo, comunicación, investigación e pensamento crítico.
ContidosOs contidos da materia organízanse arredor dos tres seguintes bloques:
1. EDUCACIÓN E SOCIEDADE
1.1 Teoría da educación: fundamentos, conceptos e procesos educativos
1.2 Socialización e educación: O proceso de socialización; axentes e contextos educativos;
funcións sociais da educación.
1.3 O pensamento pedagóxico: Enfoques e perspectivas críticas na renovación educativa
2.CAMBIO SOCIAL E POLÍTICA EDUCATIVA
2.1 Política e lexislación educativa en España e Galicia; os procesos de reforma e a evolución do sistema educativo.
2.2 A educación secundaria: finalidades e estrutura.
2.3 Cuestiones críticas na política educativa actual.
3. A EDUCACIÓN EN VALORES , UN MODELO DE INCLUSIÓN E ATENCIÓN Á DIVERSIDADE PERSOAL, CULTURAL E SOCIAL
3.1 A transversalidade no curriculum escolar
3.2 Educación inclusiva
3.3 Ámbitos e prácticas da educación en valores.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Ayuste, A. et al (2005), Planteamientos de la Pedagogía Crítica: comunicar y transformar. Barcelona, Graó.
Colom, A.J. e Núñez, L (2001): Teoría de la educación. Madrid, Síntesis.
Costa, A. (2009): A construción do coñecemento pedagóxico. Antecedentes e desenvolvementos no século XX, Santiago de Compostela: ICE/Universidade de Santiago de Compostela.
Feito, R(coord.) (2010). Sociología de la educación secundaria. Barcelona, MEC/Graó.
Freire, P. (2003): El grito manso. Buenos Aires, S. XXI.
Freire, P. (2006): Pedagogía de la autonomía. Saberes necesarios para la práctica educativa. Madrid, Siglo XXI.
Meirieu, P. (2006). Carta a un joven profesor. Por qué enseñar hoy. Barcelona, Laertes.
Meirieu, P. (2007): Frankenstein educador. Barcelona, Laertes.
Núñez , L. e Romero, C. (2008). Pensar la educación: conceptos y opciones fundamentales. Madrid, Pirámide.
VV.AA. (2011). Educación, valores y democracia. Revista de Educación (nº extraordinario)
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
AA.VV. (2005): Grandes pensadores. Historia del pensamiento pedagógico occidental. Buenos Aires, Papers Editores.
Arbués, et al. (2012). La competencia social y cívica: guía didáctica: educación secundaria. Pamplona, Universidad de Navarra.
Aubert, A., Duque, E., Fisas, M., Valls, R. (2004). Dialogar y transformar. Pedagogía crítica del siglo XXI. Barcelona, Graó.
Bárcena, F. (2005): La experiencia reflexiva en educación: Barcelona, Paidós.
Bartolomé, M. e Cabrera, F. (coord.) (2007): Construcción de una ciudadanía intercultural y responsable. Guía para el profesorado de secundaria. Madrid, CIDE-MEC.
Bauman, Z. (2008): Los retos de la educación en la modernidad líquida. Barcelona: Gedisa.
Benedicto, J. e Morán, M.L. (2003): Aprendiendo a ser ciudadanos. Madrid, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales/INJUVE.
Bernstein, B. (1990): Poder, educación y conciencia. Sociología de la transmisión cultural. Barcelona, El Roure.
Bolívar, A. (2007): Educación para la ciudadanía. Algo más que una asignatura. Barcelona, Graó.
Camps, V. (2007): Educar para la ciudadanía. Sevilla, Fundación ECOEM.
Capitán, A. (1988): Historia del pensamiento pedagógico en España, Madrid, Dykinson.
Díaz de la Guardia Bueno, E. (1988): Evolución u desarrollo de la enseñanza media en España 1875-1930. Un conflicto pedagógico-político, Madrid, MEC.
Caride, J. A. (Coord.) (2009): Los derechos humanos en la educación y la cultura. Santa Fe, Argentina, Homo Sapiens Ediciones.
Carr, W. e Kemmis, S. (1988): Teoría crítica de la enseñanza. Barcelona, Martínez Roca.
Carreño, M. (2002): Teorías e instituciones contemporáneas de educación. Madrid: Sintesis.
Castells, M. et al. (1994): Nuevas perspectivas críticas en educación. Barcelona, Paidós.
Castillo i Carbonell, M. (coord.) (2006): Cómo evitar el fracaso escolar en Secundaria. Madrid, CIDE-MEC.
CIDE (2006): La equidad en la educación. Análisis temático. España. Informe Nacional. Madrid, CIDEMEC.
CIDE (2009): Informe del Sistema Educativo Español 2009. Madrid, IFIIE.
Coll, C. (coord.) (2010). Desarrollo, aprendizaje y enseñanza en la educación secundaria. Barcelona, MEC/Graó.
Colom, A.J. e Rincón, J: C. (2007): Educación, república y nueva ciudadanía. Valencia, Tirant lo Blanch.
Consejo Escolar del Estado (2009): Informe sobre el estado y situación del sistema educativo. Curso 2007-2008. Madrid: MEC.
Costa, A. (2004): Historia da educación e da cultura en Galicia. Vigo, Xerais
Delors, J. (1997): La educación encierra un tesoro. Madrid, Santillana/UNESCO.
EURYDICE (2004): Temas clave de la educación en Europa. Vol. 3: La profesión docente en Europa: perfil, tendencias e intereses. Luxemburgo, Oficina de Publicaciones Oficiales de las Comunidades Europeas.
Fernández, M. (2006): A escola e a comunidade : unha relación cambiante. En Revista galega de educación.N. 36 (2006); p. 8-17.
Fernández, M. e Terrén, E (coords.)(2008): Repensando la organización escolar: crisis de legitimidad y nuevos desarrollos. Madrid, Akal.
Fernández, M; Mena, L; Riviere, J. (2010): Fracaso y abandono escolar en España. Barcelona, Obra Social la Caixa.
Flecha, R. e Larena, R. (2008): Comunidades de aprendizaje. Sevilla: Fundación ECOEM
Forest, C. García, F. (2006). Comunicación cooperativa entre la familia y la escuela: una guía para promover la colaboración entre profesores y padres. Valencia, Nau Llibres.
Freire, P. (1990): La naturaleza política de la educación. Cultura, poder y liberación. Madrid, Paidós/MEC.
Freire, P. (1997). A la sombra de este árbol. Barcelona: El Roure.
García Garrido, J.L. (2006): La máquina del a educación. Preguntas y respuestas sobre el sistema educativo. Barcelona, Ariel.
Giroux, H.A. (1990): Los profesores como intelectuales. Hacia una pedagogía crítica del aprendizaje. Barcelona, Paidós/MEC.
Guerrero, A. (1996): Manual de Sociología de la Educación. Madrid, Síntesis.
Hernández, F. e Sancho, J.M. (1998): Para enseñar no basta con saber la asignatura. Barcelona, Laia.
Imbernón, F (coord.) (2010). Procesos y contextos educativos en la educación secundaria. Barcelona, MEC/Graó.
Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación. BOE nº 106, de 4 de maio de 2006.
Martínez, M. e Bujons, C. (coord.) (2001): Un lugar llamado escuela: en la sociedad de la información y de la diversidad. Barcelona, Ariel.
MEC (2011): Las cifras de la educación en España. Estadísticas e indicadores. Edición 2011. Madrid, MEC.
MEC (2011): Objetivos educativos españoles y europeos. Estrategia educación y formación 2020. Informe español 2010-2011. Madrid, Instituto de Evaluación-MEC.
MEC (2011): Panorama de la educación. Indicadores de la OCDE 2011. Informe español. Madrid, Instituto de Evaluación-MEC.
Morillas, M.D. (2006): Competencias para la ciudadanía. Madrid, CIDE-MEC.
Morin, E. (1999): Los siete saberes necesarios para la educación del futuro. París, UNESCO.
Muñoz. J. M. (coord.)(2011).Temas relevantes en teoría de la educación. Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca.
Naval, C. y Herrero, M. (eds.) (2006): Educación y ciudadanía en una sociedad democrática. Madrid, Encuentro.
Ossenbach, G. (Coord.) (2011): Corrientes e instituciones educativas contemporáneas. Madrid, UNED Editorial.
Palacios Bañuelos, L. (1988): Instituto-Escuela. Historia de una renovación educativa, Madrid, MEC.
Pérez Galán, M. (1988): La enseñanza en la Segunda República, Madrid, Mondadori.
Pozo, M. del M. (2004): Teorías e Instituciones Contemporáneas de la Educación, Madrid, Biblioteca Nueva.
Puelles, M. de (2006): Problemas actuales de política educativa. Madrid, Morata.
Revista de educación nº 350 (monográfico). La formación de profesores de educación secundaria.
Santos M.A. e Lorenzo, M. (2003): Inmigración e acción educativa en Galicia. Vigo, Xerais.
Santos M.A. e Lorenzo, M. (2008): A Educación para a Cidadanía e os profesores: visión e desafío. Vigo, Xerais.
Tonucci, F. (2007): FRATO: 40 años con ojos de niño. Barcelona: Graó.
Tonucci, F. (2008): La maquinaria escolar. Madrid: Centro de Documentación Crítica.
Varela, J. (2007): Las reformas educativas a debate (1982-2006), Madrid, Morata.
Viñao Frago, A. (1982): Política y educación en los orígenes de la España contemporánea.
Viñao Frago, A. (2004): Escuela para todos. Educación y modernidad en la España del siglo XX, Madrid, Marcial Pons.
Zeichner, K (2010). La formación del profesorado y la lucha por la justicia social. Madrid, Morata.
CompetenciasCOMPETENCIAS XERAIS
- Contextualizar o currículo que se vaia implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo. (CX5)
- Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadá e ao respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sustentable. (CX7)
- Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribúan a facer do centro un lugar de participación e cultura na contorna no que está situado. (CX10)
- Coñecer a normativa e organización institucional do sistema educativo e modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros de ensino. (CX13)
- Coñecer e analizar as características históricas da profesión docente, a súa situación actual, perspectivas e interrelación coa realidade social de cada época. (CX14)
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
- Identificar as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións. (CE-XEN1)
- Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país. (CE- XEN 6)
- Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá. (CE- XEN 8)
- Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia. (CE-XEN 9)
- Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade. (CE-XEN 10)
- Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación. (CE-XEN 11)
- Adquirir habilidades sociais na relación e orientación familiar. (CE-XEN 12)
- Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e as súas implicacións educativas. (CE-XEN 13)
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
- Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet. (CT-1)
- Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións. (CT-2)
- Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarios. (CT-3)
- Fortalecer as facultades comunicativas e docentes dos futuros Mestres.
Metodoloxía da ensinanza O conxunto de procedementos propostos e desenvolvidos para lograr os obxectivos da materia de "Educación, Sociedade e Política Educativa" centrarase nos principios pedagóxicos da participación, discusión crítica, aprendizaxe autónoma e cuestionamento das realidades educativas e sociais.
Dende unha óptica teórica, metodoloxicamente, o desenvolvemento dos contidos fundaméntase na perspectiva da complexidade, que esixe situar os contidos no contexto das múltiples realidades sociais e, tamén, relacionar os devanditos coñecementos cos saberes xerados nas disciplinas e ciencias que fundamentan a materia: Teoría da Educación, Historia da Educación, Pedagoxía Social, Socioloxía da educación e Antropoloxía da educación, coñecementos que no seu conxunto facilitan a explicación e comprensión profunda e contextualizada do proceso educativo.
Tomando en conta os principios da materia, desenvolveranse as seguintes actividades:
-Sesións expositivas
-Sesións interactivas (actividades prácticas, debates, dinámicas de grupo, simulacións, comentarios de lecturas, material audiovisual…)
-Titorías individuais e grupais
-Visitas-estudo a institución/recursos educativos vinculados coa materia
-Traballo persoal do alumnado que require tanto a lectura reflexiva e crítica dos materiais de referencia e a busca de novas achegas, como a participación activa no desenvolvemento das sesións.
Sistema de evaluación A tarefa avaliadora será integral, continua e formativa. Aplicarase a actividades individuais e grupais, en función das diversas tarefas de ensinanza e aprendizaxe propostas durante o desenvolvemento da materia.
A avaliación dos estudantes centrarase no proceso e os resultados, tomándose como referencia os seguintes criterios de avaliación:
a. habilidades docentes básicas (capacidade de traballo en equipo, sistematicidade e organización, claridade expositiva, capacidade de comunicación, empatía)
b. dominio dos contidos da materia (calidade de coñecementos, argumentación, capacidade de elaboración e relación conceptual)
ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
a. Asistencia e implicación nas sesións de clases (expositivas, interactivas e titoría).
b. Realización dun traballo en equipo arredor de tópicos específicos dos Bloques de Contido que o profesor ou profesora sinalará en cada grupo.
c. Prácticas de aula (individuais ou grupais): discusión crítica de lecturas, audivisuais…, comentarios de texto, simulacións, reflexiones sobre as realidades educativas…
d. Proba específica de avaliación que tomará en conta todos os contidos impartidos na materia.
VALORACIÓN NUMÉRICA
- Actividade a requisito para proceder á avaliación
- Actividade b 25% cualificación
- Actividade c 30% cualificación
- Actividade d 45% cualificación
Tempo de estudo e traballo persoalSeguindo as indicacións recollidas na memoria do Master, estímase que cada crédito cursado nesta materia require dezasete horas de estudo e traballo persoal por parte das e dos estudante, seis horas de docencia presencial e dúas horas de titorías grupais e/ou individuais.
Recomendacións para o estudo da materiaAconséllase un traballo continuado na materia, recomendándose prioritariamente:
- Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da materia.
- Manter unha vinculación continuada cos ritmos que se deriven dos procesos de ensinanza e aprendizaxe promovidos na da materia, e nas diferentes modalidades de sesións de traballo.
- Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requerimentos desta materia cos das demais do master.
- Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións, xa sexan recomendadas polo profesorado, ou persoalmente seleccionadas a través de buscas documentais en diversos formatos, arredor do tema obxecto de estudo.
-Facer uso das titorías como un dereito dos estudiantes asociado a unha mellora significativa das posibilidades de aprendizaxe e da personalización do proceso educativo atendendo a diferenzas de intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
ObservaciónsTITORÍA
Grupos de Santiago: realizaranse nos despachos do/a profesor/a na facultade de Ciencias da Educación no Campus Vida.
Grupos de Lugo: realizaranse nos despachos do/a profesor/a na Facultade de Formación do Profesorado.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL NA ELABORACIÓN DE TRABALLOS
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.