Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3241106 - Prácticum 1 (Prácticum) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.00
  • Total: 4.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 306.00
  • Total: 306.0

Outros Datos

  • Tipo: Prácticum Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Filoloxía Galega, Filoloxía Francesa e Italiana, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Latín e Grego, Latín e Grego, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filosofía e Antropoloxía Social, Filosofía e Antropoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Física da Materia Condensada, Historia Medieval e Moderna, Xeografía, Análise Matemática, Álxebra, Xeometría e Topoloxía, Historia Contemporánea e de América , Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Experimentais, Lóxica e Filosofía Moral, Lingua Española, Fisioloxía Vexetal, Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Francesa, Lingüística Xeral, Filoloxía Grega, Filoloxía Latina, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filosofía, Antropoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Física da Materia Condensada, Historia Moderna, Análise Xeográfica Rexional, Análise Matemática, Álxebra, Xeometría e Topoloxía, Historia Contemporánea, Didáctica da Lingua e a Literatura , Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica da Matemática, Filosofía Moral, Lingua Española, Fisioloxía Vexetal, Filoloxía Inglesa
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN.NON
FERNANDEZ MORANTE, M. DEL CARMEN.NON
FERNANDEZ TILVE, Ma DOLORES.SI
GARCIA TOBIO, ALFONSO.NON
MENDEZ LOIS, MARIA JOSE.NON
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN.NON
Pardo Perez, Juan Carlos.NON
PORTO UCHA, ANGEL SERAFIN.NON
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE.NON
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA.NON
VARGAS CALLEJAS, GERMAN.NON
ZABALZA BERAZA, MIGUEL ANGEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O Prácticum 1 e o Prácticum 2 son dúas materias complementarias situadas en distintos momentos do Máster pero que se desenvolven nos mesmos centros escolares, se xestionan a través de mecanismos e figuras practicamente idénticas e mesmo teñen ámbitos formativos en parte comúns. Isto fai que para a orientación do alumnado exista unha única Guía Didáctica na que se recolle de forma integrada toda a información relacionada co Prácticum.
    Con todo, o feito de que no Plan de estudos se conciban como materias distintas obriga a que se presenten programas independentes, o que leva a que se reiteren algúns aspectos comúns, que son os que garanten a continuidade entre os dous períodos formativos, a carón doutros máis claramente específicos ou singulares. No que se refire ao Prácticum 1, estes últimos están relacionados coa observación, análise e interpretación da organización e das dinámicas xerais do centro escolar e dos distintos compoñentes que integran a comunidade educativa, tal como se indica deseguido.
    Valor do Prácticum 1: 4 créditos ECTS.

    OBXECTIVOS:
    - Coñecer as características do centro educativo, así como a súa estrutura organizativa e funcional.
    - Analizar o contexto socioeconómico e cultural no que se insire o centro, a súa relación con institucións ou entidades extraescolares e a súa implicación en dinámicas da contorna.
    - Avanzar no coñecemento do alumnado mediante a observación, a análise e a interpretación dos seus comportamentos e actitudes.
    - Observar e interpretar situacións que se producen na vida escolar, tanto desde a perspectiva de centro como desde a de aula ou especialidade.
    - Aproximarse ás funcións e responsabilidades educativas a nivel de centro.

    Contidos
    CONTIDOS
    - O centro educativo: infraestruturas e recursos, órganos de goberno e xestión, departamentos, comisións, ensinanzas impartidas
    - Organización da vida escolar e da docencia: PEC, PCC, PAT, Proxecto lingüístico de centro, Plan de convivencia, Plan lector…
    - Actividades de innovación educativa: desenvolvemento de proxectos, participación en programas, redes, etc.
    - O centro e a contorna: participación das familias, relacións coa administración local e con asociacións ou institucións externas ao centro.
    - O departamento da especialidade: organización, funcións, actuacións específicas..
    - O profesorado: clima relacional, tarefas docentes e de xestión…
    - O alumnado: clima relacional, resposta a dinámicas de ensino-aprendizaxe...
    - A aula como ámbito de interacción: distribución do espazo, agrupamentos, relación docente-discentes.


    Bibliografía básica e complementaria
    Castro, M.M., et al. (2011): La escuela en la comunidad, la comunidad en la escuela. Barcelona: Graó.
    Coll, C. (coord.) (2010) Desarrollo, aprendizaje y enseñanza en la educación secundaria. MEC/Graó
    Elliot, J. (1994): La investigación-acción en educación. Madrid: Morata.
    Feito, R. (coord.) (2010) Sociología de la educación secundaria. MEC/Graó
    Fernández, M. e Terrén, E. (coords) (2008): Repensando la organización escolar: crisis de legitimidad y nuevos desarrollos. Madrid: Akal.
    Fernández, M., Souto X.M., Rodríguez, R. (2005): La Sociedad del conocimiento: democracia y cultura, los retos de la institución educativa. Barcelona: Octaedro.
    Freire, P. (2003): El grito manso. B. Aires: S. XXI
    García, A. (coord.) (2006): Participación de las familias en la vida escolar: acciones y estrategias. Madrid: MEC/Instituto Superior de Formación del Profesorado.
    González, M., Fuentes, E. (2011). El Practicum en el aprendizaje de la profesión docente. Revista de Educación, 354, 47-70.
    Imbernón, F. (coord.) (2010) Procesos y contextos educativos en la educación secundaria. MEC/Graó
    Meirieu, Ph. (2006): Carta a un joven profesor. Grao: Barcelona.
    Meirieu, Ph. (2007): Frankenstein educador. Barcelona: Laertes.
    Pérez, A. (coord.) (2012) Aprender a enseñar en la práctica: procesos de innovación y prácticas de formación en la educación secundaria. MEC/Graó
    Perrenoud, Ph. (2004): Desarrollar la práctica reflexiva en el oficio de enseñar. Profesionalización y razón pedagógica. Barcelona: Graó.
    Pozo, J.I. (et al.) (2006: Nuevas formas de pensar la enseñanza y el aprendizaje. Las concepciones de profesores y alumnos. Barcelona: Graó.
    Puelles, M. de (2006): Problemas actuales de política educativa. Madrid: Morata.
    Russell, T. (2012): “Cambios paradigmáticos en la formación de profesores: Peligros, trampas y la promesa no cumplida del profesional reflexivo”. En Encounters/Encuentros/Rencontres on Education Vol. 13, 2012, 71 – 91. http://library.queensu.ca/ojs/index.php/encounters/article/view/4426/4517
    Santos, M. (2009) Escuelas para la democracia. Wolters Kluwer España.
    Santos, M.A. (ed.). (2009): Políticas educativas y compromiso social. El progreso de la equidad y la calidad. Madrid: Octaedro. http://www.octaedro.com/pdf/16035.pdf
    Schön, D.A. (1987): Educating the Reflective Practitioner: Toward a New Design for Teaching and Learning in the Professions. San Francisco: Jossey-Bass (Trad. española: La formación del profesional reflexivo. Barcelona: Paidós. 1992.
    Tiana, A. (2011): Un nuevo código deontológico para la profesión docente. En CEE Participación Educativa, 16, marzo 2011, pp. 39-48. Accesible en http://www.mecd.gob.es/revista-cee/pdf/n16-tiana-ferrer.pdf
    Trillo, F. e Sanjurjo, L (2008). Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica. Rosario: HomoSapiens.
    Zabalza, M. (2006). El Practicum y la formación del profesorado: balance y propuestas para las nuevas titulaciones. En J.M. Escudero y A. Luís Gómez (Eds.). La formación del profesorado y la mejora de la educación. Barcelona, Octaedro, 311-334.
    Zeichner, K. (2010): La formación del profesorado y la lucha por la justicia social. Madrid: Morata.

    Competencias
    O Prácticum constitúe un compoñente central no plan de estudos e asume a función de servir de elemento vertebrador das distintas materias que configuran o currículum do Máster. A través del o alumnado terá ocasión de desenvolver, nun contexto institucional e laboral real, o coñecemento na acción e sobre a acción que precisa como futuro docente, ao mesmo tempo que lle debe servir como un espazo para a socialización profesional.

    O carácter formativo do Prácticum xira arredor de dous eixos:
    - Articular a teoría e a práctica, mediante a activación dos coñecementos adquiridos nas distintas materias do Máster para resolver situacións concretas.
    - Reflexionar sobre a acción, interpretando, valorando e reformulando alternativas educativas para desenvolver de xeito crítico e consciente as súas capacidades profesionais.

    Esta característica de transferencia, aplicación e reflexión sobre a formación recibida fai que o Prácticum contribúa á adquisición e desenvolvemento da maioría das competencias recollidas no título do Máster, pero son específicas do mesmo as seguintes:
    a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias correspondentes á especialización.
    b) Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente.
    c) Dominar as destrezas e habilidades sociais precisas para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
    d) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión baseada na práctica.
    e) Para a formación profesional, coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas.
    f) Respecto á orientación educativa, exercitarse na avaliación psicopedagóxica, o asesoramento a outros profesionais da educación, aos estudantes e ás familias.

    Metodoloxía da ensinanza
    No desenvolvemento do Practicum 1, tomando como fundamento a formación recibida nas materias do módulo xenérico, prevese a realización dun conxunto de tarefas e actividades de observación, busca de informacións, análise e reflexión que permitan a aproximación ao coñecemento, interpretación e valoración da organización e funcionamento dun centro de educación secundaria.
    Máis en concreto, durante o Prácticum 1 o alumno/a realizará actividades de:
    - Contextualización socioeconómica e cultural do contorno do centro educativo e das familias do alumnado.
    - Coñecemento da organización xeral, órganos colexiados e estruturas participativas.
    - Análise da documentación do centro.
    - Observación, participación e análise da vida e clima escolar, e das actividades docentes e discentes de carácter xeral.
    - Análise e reflexión persoal sobre as prácticas desenvolvidas.
    - Elaboración da memoria
    Atendendo ao carácter de experiencia de aprendizaxe guiada, o alumnado en prácticas contará con dous profesores/as de referencia que orientarán e supervisarán o desenvolvemento do Practicum 1: un titor/a na universidade e un titor/a no centro de secundaria.
    No desenvolvemento prevense diversos tipos de sesións de traballo con estes dous titores:
    - Sesións presenciais na universidade e no centro de secundaria para recibir a información inicial xeral por parte das coordinacións na universidade e no centro.
    - Sesións de titoría en grupo cos titores/as de referencia e sesións de titoría persoal para planificar o período de prácticas, as actividades a desenvolver, recibir orientación concretas sobre o proceso formativo, resolver dúbidas, recoller suxestións, valorar a experiencia, a memoria elaborada, etc.
    Os titores na universidade realizarán, como mínimo, dúas sesións formativas cos seus titorados: unha previa á incorporación ao centro de prácticas e outra ao rematar esa estadía.
    O alumnado en prácticas cumprirá co horario escolar do seu titor/a e someterase ao código deontolóxico do profesorado en exercicio.

    Sistema de evaluación
    A avaliación do Prácticum 1 realizarase de maneira compartida polo titor do centro de secundaria e polo da universidade, ponderando a cualificación de cada un ao 50%. O titor da universidade será o responsable de facer públicas as cualificacións finais, fixar as datas de revisión das mesmas, atender as posibles reclamacións e cubrir e asinar as actas.
    O titor de secundaria valorará os aspectos que se recollen no Informe de avaliación que figurará na Guía do Prácticum, emitindo a cualificación numérica resultante e engadindo os comentarios que considere. Dado que o alumno ten que cumprir cun horario semellante ao do seu titor durante todo o período de prácticas, calquera desvío significativo desta obriga debe ser penalizado na cualificación final. Se o incumprimento superase un terzo do horario, o alumno será considerado “non presentado”.
    O titor universitario fará a súa avaliación a partir das tarefas formativas realizadas nas sesións de traballo co alumnado e da revisión da memoria de prácticas segundo os criterios especificados na Guía do Prácticum. O formato, extensión e apartados que debe presentar a memoria recóllense tamén na dita Guía.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Os 4 créditos ECTS de que consta o Prácticum 1 distribuiranse orientativamente do seguinte xeito:
    - Coñecemento da organización e da documentación do centro: 25 h.
    - Observación e análise da vida do centro, do clima escolar, das actividades docentes ou do departamento de orientación, segundo corresponda, etc.: 25 h.
    - Participación noutras reunións ou actividades diversas do centro: 10 h.
    - Análise e reflexión persoal sobre as prácticas desenvolvidas: 10 h.
    - Elaboración da memoria: 20 h.
    - Preparación, seguimento e avaliación do Prácticum cos titor/a e co coordinador/a de secundaria: 5 h.
    - Preparación, seguimento e avaliación do Prácticum co titor/a da universidade: 5 h.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Para un bo aproveitamento do Prácticum, é necesario que se manteña unha boa comunicación entre as distintas figuras que participan nel: o alumnado, o titor/a da universidade, o titor/a de secundaria e o coordinador/a no centro de secundaria.
    O alumno en prácticas deberá atender as tarefas acordadas cos seus titores, cumprir co horario do titor de secundaria e respectar a normativa de convivencia e utilización do centro e os seus recursos.
    Na experiencia de prácticas o alumno debe observar, planificar e intervir, aproveitando as suxestións e orientación do seu titor e tratando de interpretar a realidade educativa á luz dos fundamentos teóricos das outras materias do Máster.

    Observacións
    O Prácticum 1 computa como 4 créditos ECTS