P3241107 - Prácticum 2 (Prácticum) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 8.00
- Total: 8.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 304.00
- Total: 304.0
Outros Datos
- Tipo: Prácticum Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Filoloxía Galega, Filoloxía Francesa e Italiana, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Latín e Grego, Latín e Grego, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filosofía e Antropoloxía Social, Filosofía e Antropoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Física da Materia Condensada, Historia Medieval e Moderna, Xeografía, Análise Matemática, Álxebra, Xeometría e Topoloxía, Historia Contemporánea e de América , Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Experimentais, Lóxica e Filosofía Moral, Lingua Española, Fisioloxía Vexetal, Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Francesa, Lingüística Xeral, Filoloxía Grega, Filoloxía Latina, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filosofía, Antropoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Física da Materia Condensada, Historia Moderna, Análise Xeográfica Rexional, Análise Matemática, Álxebra, Xeometría e Topoloxía, Historia Contemporánea, Didáctica da Lingua e a Literatura , Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica da Matemática, Filosofía Moral, Lingua Española, Fisioloxía Vexetal, Filoloxía Inglesa
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
| Nome | Coordinador |
|---|
| ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL. | NON |
| BUELA PIEDRA, MARIA DEL PILAR. | NON |
| Cabo Villaverde, Francisco J. | NON |
| CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA. | NON |
| CID MANZANO, RAMON. | NON |
| CRIADO BOADO, CECILIA. | NON |
| DE CARLOS VILLAMARIN, HELENA ROSA. | NON |
| GARCIA TOBIO, ALFONSO. | NON |
| JIMENEZ ALEIXANDRE, MARIA PILAR. | NON |
| LERANOZ IGLESIAS, MARTIN. | NON |
| LOPEZ FACAL, RAMON VICENTE. | NON |
| MARTIN VELASCO, MARIA JOSE. | NON |
| Pardo Perez, Juan Carlos. | NON |
| Portela Lopez, Cecilia Maria. | NON |
| Rio Corbacho, Maria Pilar. | NON |
| SANCHEZ RODRIGUEZ, RAMON. | SI |
| SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR. | NON |
| SERNA MASIA, ISABEL. | NON |
| Silva Valdivia, Benito. | NON |
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo /CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | NON | NON |
| Grupo /TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO Prácticum 1 e o Prácticum 2 son dúas materias complementarias situadas en distintos momentos do Máster pero que se desenvolven nos mesmos centros escolares, se xestionan a través de mecanismos e figuras practicamente idénticas e mesmo teñen ámbitos formativos en parte comúns. Isto fai que para a orientación do alumnado exista unha única Guía Didáctica na que se recolle de forma integrada toda a información relacionada co Prácticum.
Con todo, o feito de que no Plan de estudos se conciban como materias distintas obriga a que se presenten programas independentes, o que leva a que se reiteren algúns aspectos comúns, que son os que garanten a continuidade entre os dous períodos formativos, a carón doutros máis claramente específicos ou singulares. No que se refire ao Prácticum 2, estes últimos están relacionados coa observación, interpretación e intervención en tarefas educativas desde a perspectiva da especialidade do estudante, tal como se indica deseguido.
Valor do Prácticum 2: 8 créditos ECTS.
OBXECTIVOS
- Avanzar no coñecemento do alumnado mediante a observación, a análise e a interpretación dos seus comportamentos e actitudes.
- Observar e interpretar situacións que se producen na vida escolar, tanto desde a perspectiva de centro como desde a de aula ou especialidade.
- Aproximarse ás funcións e responsabilidades educativas nivel de área, módulo ou especialidade, mediante a colaboración co titor/a/ nas súas funcións profesionais.
- Planificar, desenvolver e avaliar co asesoramento do titor/a un proceso de intervención educativa no ámbito da especialidade.
- Reflexionar sobre a propia práctica para adoptar medidas de mellora.
ContidosCONTIDOS
- O departamento da especialidade: configuración, funcións, recursos...
- A área, especialidade ou departamento na vida do centro e na formación dos estudantes.
- A programación docente da área ou especialidade / O plan de actividades do departamento de orientación.
- O profesorado: dinámicas e inquedanzas profesionais, concepción da materia, área ou especialidade.
- O alumnado: clima relacional, características ou problemáticas, resposta a dinámicas de ensino-aprendizaxe na materia, área ou módulo.
- A aula como ámbito de interacción: metodoloxías dominantes, recursos que se utilizan, relación docente-discentes…
- A planificación didáctica na área ou especialidade / a planificación de accións no departamento de orientación: criterios, fundamentos, aspectos a ter en conta.
- A intervención docente ou de orientación: desenvolvemento e aplicación da planificación, avaliación do proceso e dos resultados.
Bibliografía básica e complementariaSó se inclúen referencias de carácter xeral; as específicas serán facilitadas polos titores da especialidade
Castro, M.M., et al. (2011): La escuela en la comunidad, la comunidad en la escuela. Barcelona: Graó.
Coll, C. (coord.) (2010) Desarrollo, aprendizaje y enseñanza en la educación secundaria. MEC/Graó
Elliot, J. (1994): La investigación-acción en educación. Madrid: Morata.
Feito, R. (coord.) (2010) Sociología de la educación secundaria. MEC/Graó
Fernández, M. e Terrén, E. (coords) (2008): Repensando la organización escolar: crisis de legitimidad y nuevos desarrollos. Madrid: Akal.
Fernández, M., Souto X.M., Rodríguez, R. (2005): La Sociedad del conocimiento: democracia y cultura, los retos de la institución educativa. Barcelona: Octaedro.
Freire, P. (2003): El grito manso. B. Aires: S. XXI
García, A. (coord.) (2006): Participación de las familias en la vida escolar: acciones y estrategias. Madrid: MEC/Instituto Superior de Formación del Profesorado.
González, M., Fuentes, E. (2011). El Practicum en el aprendizaje de la profesión docente. Revista de Educación, 354, 47-70.
Imbernón, F. (coord.) (2010) Procesos y contextos educativos en la educación secundaria. MEC/Graó
Meirieu, Ph. (2006): Carta a un joven profesor. Grao: Barcelona.
Meirieu, Ph. (2007): Frankenstein educador. Barcelona: Laertes.
Pérez, A. (coord.) (2012) Aprender a enseñar en la práctica: procesos de innovación y prácticas de formación en la educación secundaria. MEC/Graó
Perrenoud, Ph. (2004): Desarrollar la práctica reflexiva en el oficio de enseñar. Profesionalización y razón pedagógica. Barcelona: Graó.
Pozo, J.I. (et al.) (2006: Nuevas formas de pensar la enseñanza y el aprendizaje. Las concepciones de propesores y alumnos. Barcelona: Graó.
Puelles, M. de (2006): Problemas actuales de política educativa. Madrid: Morata.
Russell, T. (2012): “Cambios paradigmáticos en la formación de profesores: Peligros, trampas y la promesa no cumplida del profesional reflexivo”. En Encounters/Encuentros/Rencontres on Education Vol. 13, 2012, 71 – 91. http://library.queensu.ca/ojs/index.php/encounters/article/view/4426/4517
Santos, M. (2009) Escuelas para la democracia. Wolters Kluwer España.
Santos, M.A. (ed.). (2009): Políticas educativas y compromiso social. El progreso de la equidad y la calidad. Madrid: Octaedro. http://www.octaedro.com/pdf/16035.pdf
Schön, D.A. (1987): Educating the Reflective Practitioner: Toward a New Design for Teaching and Learning in the Professions. San Francisco: Jossey-Bass (Trad. española: La formación del profesional reflexivo. Barcelona: Paidós. 1992.
Tiana, A. (2011): Un nuevo código deontológico para la profesión docente. En CEE Participación Educativa, 16, marzo 2011, pp. 39-48. Accesible en http://www.mecd.gob.es/revista-cee/pdf/n16-tiana-ferrer.pdf
Trillo, F. e Sanjurjo, L (2008). Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica. Rosario: HomoSapiens.
Zabalza, M. (2006). El Practicum y la formación del profesorado: balance y propuestas para las nuevas titulaciones. En J.M. Escudero y A. Luís Gómez (Eds.). La formación del profesorado y la mejora de la educación. Barcelona, Octaedro, 311-334.
Zeichner, K. (2010): La formación del profesorado y la lucha por la justicia social. Madrid: Morata.
CompetenciasO Prácticum constitúe un compoñente central no plan de estudos e asume a función de servir de elemento vertebrador das distintas materias que configuran o currículum do Máster. A través del o alumnado terá ocasión de desenvolver, nun contexto institucional e laboral real, o coñecemento na acción e sobre a acción que precisa como futuro docente, ao mesmo tempo que lle debe servir como un espazo para a socialización profesional.
O carácter formativo do Prácticum xira arredor de dous eixos:
- Articular a teoría e a práctica, mediante a activación dos coñecementos adquiridos nas distintas materias do Máster para resolver situacións concretas.
- Reflexionar sobre a acción, interpretando, valorando e reformulando alternativas educativas para desenvolver de xeito crítico e consciente as súas capacidades profesionais.
Esta característica de transferencia, aplicación e reflexión sobre a formación recibida fai que o Prácticum contribúa á adquisición e desenvolvemento da maioría das competencias recollidas no título do Máster, pero son específicas do mesmo as seguintes:
a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias correspondentes á especialización.
b) Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente.
c) Dominar as destrezas e habilidades sociais precisas para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
d) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión baseada na práctica.
e) Para a formación profesional, coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas.
f) Respecto á orientación educativa, exercitarse na avaliación psicopedagóxica, o asesoramento a outros profesionais da educación, aos estudantes e ás familias.
Metodoloxía da ensinanza No desenvolvemento do Practicum 2, tomando como fundamento a formación recibida nas materias do módulo específico, prevese a realización dun conxunto de tarefas e actividades de observación, análise, planificación, intervención e reflexión crítica que permitan a aproximación á especialidade educativa de cada estudante e á adquisición de competencias para exercer como docente dunha materia / área determinada ou para desenvolver as tarefas de orientación educativa. Complementariamente debe servir tamén para afondar na vida docente mediante a participación en tarefas colectivas de carácter curricular e extracurricular.
Máis en concreto, durante o Prácticum 2 o alumno/a realizará actividades de:
- Observación e análise do proceso de ensino-aprendizaxe na aula ou das actividades do departamento de Orientación.
- Colaboración co titor/a en actividades propias da especialidade (docencia ou orientación)
- Deseño e planificación dunha proposta didáctica ou de orientación.
- Desenvolvemento da intervención didáctica ou de orientación.
- Participación noutras actividades do centro ou departamento.
- Análise e reflexión persoal sobre as prácticas desenvolvidas.
- Elaboración da memoria
Atendendo ao carácter de experiencia de aprendizaxe guiada, o alumnado en prácticas contará con dous profesores/as de referencia que orientarán e supervisarán o desenvolvemento do Practicum 2: un titor/a na universidade e un titor/a no centro de secundaria, que será o mesmo do Prácticum 1.
No desenvolvemento prevense diversos tipos de sesións de traballo con estes dous titores:
- Sesións presenciais na universidade e no centro de secundaria para recibir a información inicial xeral por parte das coordinacións na universidade e no centro.
- Sesións de titoría en grupo cos titores/as de referencia e sesións de titoría persoal para planificar o período de prácticas, as actividades a desenvolver, recibir orientación concretas sobre o proceso formativo, resolver dúbidas, recoller suxestións, valorar a experiencia, a memoria elaborada, etc.
Os titores na universidade realizarán, como mínimo, dúas sesións formativas cos seus titorados: unha previa á incorporación ao centro de prácticas e outra ao rematar esa estadía.
O alumnado en prácticas cumprirá co horario escolar do seu titor/a e someterase ao código deontolóxico do profesorado en exercicio.
Sistema de evaluaciónA avaliación do Prácticum 2 realizarase de maneira compartida polo titor do centro de secundaria e polo da universidade, ponderando a cualificación de cada un ao 50%. O titor da universidade será o responsable de facer públicas as cualificacións finais, fixar as datas de revisión das mesmas, atender as posibles reclamacións e cubrir e asinar as actas.
O titor de secundaria valorará os aspectos que se recollen no Informe de avaliación que figurará na Guía do Prácticum emitindo a cualificación numérica resultante e engadindo os comentarios que considere. Dado que o alumno ten que cumprir cun horario semellante ao do seu titor durante todo o período de prácticas, calquera desvío significativo desta obriga debe ser penalizado na cualificación final. Se o incumprimento superase un terzo do horario, o alumno será considerado “non presentado”.
O titor universitario fará a súa avaliación a partir das tarefas formativas realizadas nas sesións de traballo co alumnado e da revisión da memoria de prácticas segundo os criterios especificados na Guía do Prácticum. O formato, extensión e apartados que debe ofrecer a memoria recóllense tamén na dita Guía.
Tempo de estudo e traballo persoalOs 8 créditos ECTS de que consta o Prácticum 2 distribuiranse orientativamente do seguinte xeito:
- Observación e análise do proceso de ensino-aprendizaxe na aula ou das actividades do departamento de Orientación. 20 h.
- Colaboración co titor/a en actividades propias da especialidade 25 h.
- Deseño e planificación da proposta didáctica ou de orientación 35 h.
- Desenvolvemento da intervención didáctica ou de orientación 25 h.
- Participación noutras actividades do centro ou departamento 20 h.
- Análise e reflexión persoal sobre as prácticas desenvolvidas 20 h.
- Elaboración da memoria 35 h.
- Preparación, seguimento e avaliación do Prácticum co titor/a e co coordinador/a de secundaria 10 h.
- Preparación, seguimento e avaliación do Prácticum co titor/a da universidade 10 h.
Recomendacións para o estudo da materiaPara un bo aproveitamento do Prácticum, é necesario que se manteña unha boa comunicación entre as distintas figuras que participan nel: o alumnado, o titor/a da universidade, o titor/a de secundaria e o coordinador/a no centro de secundaria.
O alumno en prácticas deberá atender as tarefas acordadas cos seus titores, cumprir co horario do titor de secundaria e respectar a normativa de convivencia e utilización do centro e os seus recursos.
Na experiencia de prácticas o alumno debe observar, planificar e intervir, aproveitando as suxestións e orientación do seu titor e tratando de interpretar a realidade educativa á luz dos fundamentos teóricos das outras materias do Máster.