Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3241108 - Traballo Fin de Máster (Traballo Fin de Máster) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 450.00
  • Horas de Titorías: 1350.00
  • Total: 1800.0

Outros Datos

  • Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Filoloxía Galega, Filoloxía Francesa e Italiana, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Latín e Grego, Latín e Grego, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filosofía e Antropoloxía Social, Filosofía e Antropoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Física da Materia Condensada, Historia Medieval e Moderna, Xeografía, Análise Matemática, Álxebra, Xeometría e Topoloxía, Historia Contemporánea e de América , Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Experimentais, Lóxica e Filosofía Moral, Lingua Española, Fisioloxía Vexetal, Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Francesa, Lingüística Xeral, Filoloxía Grega, Filoloxía Latina, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filosofía, Antropoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Física da Materia Condensada, Historia Moderna, Análise Xeográfica Rexional, Análise Matemática, Álxebra, Xeometría e Topoloxía, Historia Contemporánea, Didáctica da Lingua e a Literatura , Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica da Matemática, Filosofía Moral, Lingua Española, Fisioloxía Vexetal, Filoloxía Inglesa
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
AGRA PARDIÑAS, Ma JESUS.NON
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL.NON
BUELA PIEDRA, MARIA DEL PILAR.NON
Cabo Villaverde, Francisco J.NON
CACHAFEIRO CHAMOSA, LUIS CARLOS.NON
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN.NON
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA.NON
CID MANZANO, RAMON.NON
Conde Tarrio, German.NON
COUCE SANTALLA, ANA ISABEL.NON
CRIADO BOADO, CECILIA.NON
DE CARLOS VILLAMARIN, HELENA ROSA.NON
DIAZ DE BUSTAMANTE, JOAQUIN MARIA.NON
Fernández Blanco, María Teresa.NON
FERNANDEZ TILVE, Ma DOLORES.NON
FERNANDEZ VAZQUEZ, JOSE RAMON.NON
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN.NON
GARCIA TOBIO, ALFONSO.NON
GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL.NON
GILLANDERS ., CAROL JEAN.NON
GOMEZ NOVOA, Ma DEL CARMEN.NON
JIMENEZ ALEIXANDRE, MARIA PILAR.NON
LABRAÑA BARRERO, PEDRO ANTONIO.NON
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN.NON
LOPEZ FACAL, RAMON VICENTE.NON
LOPEZ SANDEZ, MARIA.NON
MACIA ARCE, JOSE CARLOS.NON
MARTIN VELASCO, MARIA JOSE.NON
MENDEZ LOIS, MARIA JOSE.NON
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN.NON
MOREIRA ARINCON, REMIGIO.NON
NOGUEIRA PEREZ, MIGUEL ANGEL.NON
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL.NON
Pardo Perez, Juan Carlos.NON
Portela Lopez, Cecilia Maria.NON
Rio Corbacho, Maria Pilar.NON
RODRIGUEZ MAYO, FRANCISCO MANUEL.NON
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR.NON
Segura Iglesias, Antonio.NON
SERNA MASIA, ISABEL.NON
Silva Valdivia, Benito.NON
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE.NON
VARGAS CALLEJAS, GERMAN.SI
ZAS VARELA, MARIA LUZ.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O Traballo de fin de máster (TFM) consiste na elaboración e defensa dun traballo académico que sintetice o conxunto de competencias desenvolvidas no Mestrado e no que se integren aprendizaxes dos seus módulos formativos -singularmente do Prácticum- e un traballo de investigación ligado ao exercicio docente na especialidade correspondente.

    Os seus obxectivos son:
    1.- Introducirse na investigación educativa identificando temas relevantes, contextos ou poboacións susceptibles de estudo e metodoloxías axeitadas para a súa indagación.
    2.- Utilizar estratexias de busca e selección de información e facer un uso apropiado da mesma.
    3.- Integrar os saberes derivados das ciencias da educación na interpretación das temáticas ou realidades analizadas.
    4.- Redactar textos académicos correctos, coherentes e adecuados, e facendo uso dos formalismos que lles son propios.
    5.- Realizar presentacións orais facendo un bo uso dos recursos expositivos e argumentativos da lingua, así como dos apoios electrónicos ou multimedia pertinentes.
    6.- Entender o estudo, a reflexión e a investigación educativa como estímulo e como garantía de mellora no exercicio profesional.
    Contidos
    1.- Identificación de temas de investigación educativa, de contextos de análise e de metodoloxías.
    2.- Selección / elaboración e utilización de instrumentos ou estratexias para o estudo de temáticas ou problemáticas educativas concretas.
    3.- Uso de fontes bibliográficas, electrónicas ou doutro tipo para extraer a información requirida.
    4.- Interpretación dos datos obtidos á luz dos saberes educativos e doutros estudos sobre temáticas similares.
    5.- Elaboración de textos académicos con atención ás características discursivas e aos requisitos formais (citas bibliográficas, etc.) que os definen.
    6.- Coñecemento e utilización dos recursos orais, electrónicos ou multimedia axeitados para a exposición e defensa pública do traballo.
    Bibliografía básica e complementaria
    A bibliografía utilizada quedará determinada polo propio TFM, polas orientacións do director/a do mesmo e pola busca bibliográfica do alumnado.
    Competencias
    Competencias xerais:
    - Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensinanza e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
    - Participar na avaliación, investigación e na innovación dos procesos de ensinanza e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación.

    Competencias específicas:
    - Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
    - Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
    - Analizar criticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación, utilizando indicadores de calidade.
    - Identificar os problemas relativos á ensinanza e aprendizaxe das materias da especialización e formular alternativas e solucións.

    Competencias específicas asociadas ao Practicum:
    - Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente.
    - Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.

    Competencias transversais:
    - Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o aceso por Internet.
    - Xestionar de forma axeitada o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.

    Metodoloxía da ensinanza
    Na elaboración e defensa do Traballo de fin de máster distínguense varias fases. A súa explicación detallada aparece na Guía do TFM que se entregará e explicará oportunamente ao alumnado e que aparece na páxina web.
    Todo o proceso será orientado polo director/a do TFM, de acordo coas indicacións que se establecen na dita Guía.

    Esas fases e as tarefas asociadas a cada unha son, de maneira sintética, as seguintes:
    1.- Fase de preparación:
    - Asignación do profesor/a do Máster que se encargará da titorización e dirección.
    - Selección do tema, problema ou suposto no que se vai centrar o traballo.
    - Planificación: selección da metodoloxía, poboación, corpus..., e do soporte bibliográfico ou das fontes de información que proceda.
    2.- Fase de elaboración:
    - Indagación sobre o tema, suposto ou problema educativo: busca de información bibliográfica, aplicación de instrumentos de indagación, etc.
    - Tratamento e análise da información obtida, relación con outros traballos previos, etc.
    - Textualización de acordo coa estrutura e os requisitos formais propios dun traballo académico.
    3.- Fase de defensa:
    - Preparación: elaboración de guión da presentación e dos apoios tecnolóxicos necesarios.
    - Presentación e defensa diante da comisión avaliadora.

    Sistema de evaluación
    As Comisións de avaliación emitirán a cualificación obtida por cada TFM, que será a media aritmética das emitidas polos seus tres membros, utilizando unha escala de 0 a 10.
    As Comisións avaliadoras que consideren que algún TFM con cualificación superior a 9 é merecedor de Matrícula de Honra deberán presentar unha proposta na coordinación do Máster. Se o número de traballos propostos é igual ou inferior ao autorizado, a distinción concederáselles a todos; se é superior, a asignación farase de acordo cos criterios establecidos pola Comisión Académica do Máster.

    Os criterios básicos para a avaliación dos traballos serán os seguintes:
    - Rigor na textualización: cumprimento dos apartados sinalados na "Guía do TFM", utilización dos estándares de citación bibliográfica, coherencia e cohesión na organización discursiva, e corrección e adecuación lingüística.
    - Calidade do contido: Relevancia, dificultade e orixinalidade da temática elixida, nivel e profundidade no seu tratamento, calidade e pertinencia do marco teórico, dos apoios bibliográficos, da metodoloxía empregada, etc.
    - Relación coas competencias formativas do Máster e contribución á mellora da práctica docente, á calidade da educación e ao coñecemento científico ou profesional no tópico tratado.
    - Presentación e defensa: claridade e precisión da presentación, uso de medios e tecnoloxías adecuados, resposta e aclaracións ao membros da Comisión.
    Estes criterios ponderarán de maneira equitativa na cualificación final, pero esixirase unha puntuación mínima en todos eles.

    Os TFM deberán ser orixinais e non poderán reproducir total nin parcialmente outros traballos sen citalos adecuadamente. O uso fraudulento de información implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O TFM é unha materia de 6 ECTS (150 horas), que se distribúen en sesións de traballo presencial co director/a do TFM ao longo de todo o proceso e de traballo individual do alumnado organizado arredor das fases e tarefas que se indican no apartado "Metodoloxía de ensinanza" deste Programa.


    Recomendacións para o estudo da materia
    A metodoloxía de traballo que se utilizará demanda:
    - A implicación directa do alumnado na súa propia aprendizaxe.
    - Unha comunicación e coordinación ben pautada co director/a do TFM.
    - Unha planificación temporal rigorosa e o compromiso co seu cumprimento.


    Observacións
    Para presentar o TFM é necesario ter superados todos os demais créditos do Máster.
    A matrícula dá dereito a unha convocatoria, podendo escoller os estudantes entre a de xullo e a de setembro. Haberá tamén unha convocatoria a finais do primeiro semestre (febreiro), pero só para alumnado de cursos anteriores e que só teña esta materia pendente.