Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3241201 - A Ciencia e a súa Metodoloxía para Profesorado de Educación Secundaria (Módulo Específico Ciencias Experimentais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Física da Materia Condensada, Análise Matemática, Álxebra
  • Áreas: Física da Materia Condensada, Análise Matemática, Álxebra
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Franco Fernández, Leoncio.NON
Rodríguez López, Rosana.SI
TORRON CASAL, CAROLINA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coñecer e reflexionar sobre a natureza e estrutura da ciencia e sobre o traballo científico.

    Contidos
    • Evolución histórica das ciencias da vida, da natureza e das matemáticas. Grandes ideas.

    Docencia Presencial:
    Horas expositivas / interactivas: 4 / 7

    Actividades de aprendizaxe autónomo:
    Horas estudo / traballos / preparación de debates ou presentacións / lecturas: 8 / 4 / 2 / 6
    Titoría: 1


    • Obstáculos e erros xurdidos no desenvolvemento da ciencia.

    Docencia Presencial:
    Horas expositivas / interactivas: 2 / 2

    Actividades de aprendizaxe autónomo:
    Horas estudo / traballos / preparación de debates ou presentacións / lecturas: 5 / 2 / 1 / 3
    Titoría: 0.5


    • Orixe do método científico. O método científico aplicado ás ciencias experimentais.
    Docencia Presencial:
    Horas expositivas / interactivas: 2 / 2

    Actividades de aprendizaxe autónomo:
    Horas estudo / traballos / preparación de debates ou presentacións / lecturas: 5 / 3 / 1 / 4
    Titoría: 1

    • Ciencia, sociedade e tecnoloxía.

    Docencia Presencial:
    Horas expositivas / interactivas: 1 / 1

    Actividades de aprendizaxe autónomo:
    Horas estudo / traballos / preparación de debates ou presentacións / lecturas: 3 / 1 / 1 / 2
    Titoría: 0.5






    Bibliografía básica e complementaria
    • Patricia R. Backer. What is the scientific method?
    http://www.engr.sjsu.edu/pabacker/scientific_method.htm

    • Bryan H. Bunch, Alexander Hellemans. The history of science and technology: a browser's guide to the great discoveries, inventions, and the people who made them, from the dawn of time to today. Houghton Mifflin, 2004.


    • Robert E. MacGinn. Science, technology and society. Prentice Hall, 1991.


    • James R. Newman. ¿Qué es la ciencia? Aguilar, 1962.

    • Héctor G. Riveros, Lucía Rosas. El método científico aplicado a las ciencias experimentales.
    Trillas, 1982.

    • René Taton. Historia general de las ciencias. 5 tomos. Destino, 1972.

    • Ciencia: Conocimiento Para Todos.
    http://www.project2061.org/esp/publications/

    • Avances en el Conocimiento Científico.
    http://www.project2061.org/esp/publications/

    • http://www.gobiernodecanarias.org/educacion/3/Usrn/fundoro/web_fcohc/006_biblioteca/bases_datos.htm
    Competencias
    (CG4) Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
    (CG16) Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
    (CG17) Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenvolvemento profesional.
    (CE-G13) Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e as súas implicacións educativas.
    (CE-E1) Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
    (CE-E3) Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
    (CE-E8) Fomentar un clima que facilite o aprendizaxe e poña en valor as achegas do alumnado.
    (CE-E9) Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
    (CT-1) Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
    (CT-3) Potenciar a capacidade para o traballo en contornos cooperativos e pluridisciplinares.

    Metodoloxía da ensinanza
    O traballo na aula nas clases expositivas consiste, fundamentalmente, en docencia impartida polo profesorado. As veces, o modelo achegarase ao da lección maxistral, as veces procurarase a implicación de todo o alumnado na discusión das cuestións suscitadas.
    Na docencia presencial nas clases interactivas preténdese unha maior participación activa do alumnado. Poderá ter formatos diversos, ás veces abordaranse cuestións preparadas polo alumnado, non explicadas previamente; ás veces adicarase á discusión monográfica de cuestións de difícil comprensión. En xeral, terá unha orientación máis práctica que as sesións expositivas.
    Eventualmente, demandarase a entrega por escrito dalgunhas actividades, ou do resumo ou comentario dalgunha lectura proposta.
    As titorías en grupos moi reducidos dedicaranse, de forma individual ou en grupos, a resolver as dúbidas e dificultades particulares que vaian xurdindo, e ao seguimento individualizado de cada estudante.
    Todas as tarefas do alumnado (estudos, traballos, uso de plataformas, proxectos, lecturas, exposicións,...) serán orientadas polo profesorado.

    Sistema de evaluación
    Primeira Convocatoria (Xaneiro):

    Haberá un dobre método de avaliación: a avaliación puntual, mediante unha proba final escrita, o exame, fixado no calendario da universidade, de realización obrigatoria (terá un peso do 60%); e a avaliación continuada, realizada ao longo do curso, baseada principalmente na participación de cada estudante na aula, a realización de controles escritos, traballos entregados, titorías e outros medios. A avaliación continuada terá un peso do 40%.


    Para o cómputo da cualificación final (F) terase en conta a avaliación continua (C) e a cualificación do exame final (E) e aplicarase a seguinte fórmula:

    F=max (E, 0.4*C+0.6*E)

    A puntuación mínima para superar a materia será un 5 (sobre un máximo de 10).

    Segunda Convocatoria (Xullo):

    Consérvase a puntuación (C) obtida na avaliación continua da primeira convocatoria de febreiro e realizarase unha nova proba final escrita (E).

    Para o cálculo da cualificación final (F) terase en conta a avaliación continua (C) e a cualificación do exame final (E) e aplicarase a seguinte fórmula:

    F=max (E, 0.25*C+0.75*E)


    Considérase “presentado” un alumno en calquera das convocatorias, cando se presente ao exame final ou realice o 75% das actividades programadas na avaliación continua.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
    Clases expositivas en grupo grande: 9
    Clases interactivas en grupo reducido en aula normal (seminarios, debates, exposicións, …): 12
    Clases interactivas en grupo reducido en aula especializada (informática, laboratorio, prácticas de campo, …): --
    Titorías en grupo reducido: --
    Titorías en grupo moi reducido: 3
    Outras sesións co profesorado. Especificar: --
    Total horas traballo presencial: 24

    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
    Estudo autónomo individual ou en grupo: 21
    Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos derivados da materia:10
    Programación/experimentación ou outros traballos con medios técnicos (ordenador, laboratorio, recollida de datos, …): --
    Preparación de debates, presentacións orais ou similar: 5
    Actividades en biblioteca, lecturas recomendadas, buscas bibliográficas: 15
    Outras tarefas propostas polo profesorado. Especificar: --
    Total horas traballo persoal: 51

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia a clase e participación nas actividades propostas.
    Observacións
    Coñecementos previos dos estudantes: Ter o título de Licenciado ou Graduado nalgunha das seguintes titulacións:
    Matemáticas, Bioloxía, Xeoloxía, Física, Química, Farmacia, Enxeñaría ou algunha relacionada coa especialidade do Máster.

    Existirá un curso virtual de apoio á docencia desta materia na USC.