P3241204 - Didáctica da Física e da Química na Educación Secundaria (Módulo Específico Ciencias Experimentais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
- Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaObxectivos da materia
Coñecer e reflexionar sobre os aspectos máis relevantes do ensino da Física e da Química nos distintos niveis da educación secundaria.
Contidos1. Modelos teóricos e metodoloxías de investigación en Física e Química.
Modelos e teorías.
Métodos de investigación en Física e Química.
2. A aprendizaxe da Física e da Química: construción e uso de coñecementos.
A construción de coñecementos e o seu uso.
A linguaxe na aprendizaxe das ciencias.
O desenvolvemento de destrezas en Física e Química.
Dimensións afectivas na aprendizaxe das ciencias.
3. Dificultades de aprendizaxe e transferencia de coñecementos na Física e a Química.
Dificultades na transferencia de conceptos. Ideas alternativas e cambio conceptual.
Problemas no desenvolvemento de destrezas.
Actitudes e interese polas ciencias.
4. O desenvolvemento das competencias científicas.
A competencia científica.
Construción, uso, revisión e avaliación de modelos.
A argumentación en ciencias.
Estratexias docentes para o logro destas competencias
5. Indagación: Resolución de problemas e traballo experimental en Física e en Química.
A práctica científica nas clases de Física e Química.
Os traballos prácticos: obxectivos e tipos.
Os problemas auténticos en Física e Química.
6. Modelos de ensino e estratexias de intervención.
O modelo construtivista.
As explicacións do profesorado nas clases de ciencias.
Estratexias para aprender a aprender
7. O ensino da en Física e da Química no contexto social.
O contexto social da ciencia.
Educación Ambiental.
O traballo na aula con cuestións de incidencia social.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica.
1. Acevedo Díaz, J.A. (2004). “Reflexiones sobre las finalidades de la enseñanza de las ciencias: educación científica para la ciudadanía”. Revista Eureka sobre Enseñanza y Divulgación de las Ciencias. 1 (1), 3-16.
2. Acevedo Díaz, J.A. (2005). TIMSS y PISA. “Dos proyectos internacionales de evaluación del aprendizaje escolar en ciencias”. Revista Eureka, 2(3), 282-301.
3. Caamaño, A.(Ed.) (2010). Didáctica da Física e da Química. Barcelona: Graó.
4. Cañal, P. (Ed.) 2010 Didáctica de la Biología y la Geología. Barcelona: Graó
5. Carmen, Luis del (1997). La enseñanza y el aprendizaje de las ciencias de la Naturaleza en la Educación Secundaria. ICE de la UBA/HORSORI.
6. Cid R. (2006). “As dificultades de aprendizaxe. Avaliación da aprendizaxe de contidos básicos en ciencias na ESO en Galicia”. Colección investigación educativa 16 ,131-166 (ICE – USC).
7. Cid R. (2006). “Outros estudos no ámbito estatal e internacional. Avaliación da aprendizaxe de contidos básicos en ciencias na ESO en Galicia”. Colección investigación educativa 16, 33-56 (ICE – USC). Santiago.
8. Domínguez J.M. (2003) “El uso de modelos en la enseñanza-aprendizaje de la física”. Alambique. Didáctica de las Ciencias Experimentales, nº. 35, 53-59.
9. Driver R., Guesne E. e Tiberghien E. (Eds.), "Ideas científicas en la infancia y la adolescencia". 1989, MEC-Morata, Madrid.
10. Furió C., e outros. (2000) “La enseñanza y el aprendizaje del conocimiento químico”, en F. Perales Palacios, P. Cañal de León (Eds.): Didáctica de las Ciencias Experimentales, Ed. Marfil, Alcoy.
11. Gallástegui J.R., e Jiménez Aleixandre M.P. (2008) “Actividades sobre uso de probas e competencias científicas”. Boletín das Ciencias, Ano 21, Nº. 66,, pp. 163-165
12. Gallástegui J.R., Otero J. (2008). “Podemos avaliar a calidade das preguntas do alumnado?” Boletín das ciencias, , Ano 21, 66, 195-197
13. Furió C. (2001) “Finalidades de la Enseñanza de las Ciencias en la Secundaria Obligatoria. ¿Alfabetización Científica o Preparación Propedéutica?” Enseñanza de las Ciencias, 19 (3), 365-376.
14. Gil Pérez D., et al (2005) “¿Cómo promover el interés por la cultura científica?” UNESCO.
15. Jiménez Aleixandre M.P.(Coord), et al.( 2003) “Enseñar Ciencias”. Barcelona: Graó.
16. Martinez Losada C., e outros. (2009). “¿En qué medida cambian las ideas de los futuros docentes de Secundaria sobre qué y cómo enseñar, después de un proceso de formación?” Revista de educación, 349, 269-294
17. Pozo J.I. e Gómez Crespo M.A. (1998). “Aprender y enseñar Ciencia”. Madrid, Morata.
18. Sanmartí, N. (2002). “Didactica de las Ciencias en la Educacion Secundaria Obligatoria”. Síntesis.
19. Shayer, M. e Adey, Ph. (1986). La Ciencia de Enseñar Ciencias, Madrid: Narcea.
Bibliografía complementaria:
- Textos de Física e de Química.
- Revistas especializadas: Alambique, Boletín das Ciencias, Enseñanza de las Ciencias, Eureka, Revista Electrónica de Enseñanza de las Ciencias Latinoamerican Journal of Physics Education, Physics Education , Journal of Chemical Education, Internacional Journal of Science Education, Journal Research in Science Teaching, Research in Science Education, Revista de Educación, Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, Science Education.
CompetenciasXerais
- CG2. Coñecer o corpo de coñecementos didácticos arredor dos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
- CG8. Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por se mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
- CG17. Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenvolvemento profesional.
- CG18. Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a medios educativos novos ou pouco coñecidos.
Específicas asociadas ao módulo xenérico
Que os estudantes sexan capaces de:
- CE CE-G1. Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
- CE CE-G13. Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e as súas implicacións educativas.
Específicas asociadas ao módulo específico
Que os estudantes sexan capaces de:
- CE CE-E2. Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
- CE CE-E4. Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
- CE CE-E5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
- CE CE-E6. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
- CE CE-E7. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
- CE CE-E8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
- CE CE-E9. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
- CE CE-E12. Analizar criticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
Transversais:
Que os estudantes sexan capaces de:
- CT-1. Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
- CT-3. Potenciar a capacidade para o traballo en medios cooperativos e pluridisciplinarios.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e o seu protagonismo na aprendizaxe. As clases expositivas consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte do profesor. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudo de casos, a análise de proxectos, de textos e artigos, a resolución de problemas e as experiencias de laboratorio. Todas as tarefas do alumno (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polo profesor tanto na aula coma nas sesións de titoría. Nestas atenderase os estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionados coa materia.
Ao ser unha metodoloxía práctica é indispensable a asistencia a clase.
Sistema de evaluaciónA avaliación cinguirase á comprobación do desenvolvemento efectivo das competencias.
a. Avaliación continua: asistencia e participación nas actividades propostas. Farase por medio de controis escritos, traballos entregados, participación do estudante na aula e no laboratorio, titorías ou outros medios. Contribución á nota final: 40%
b. Exame final sobre os contidos correspondentes á programación das partes expositivas e interactiva. Contribución á nota final: 60%
Os estudantes que non desenvolvan algún dos apartados, serán cualificados como Non Presentado.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA.............................................. Horas
Clases expositivas en grupo grande............................................ 18
Clases interactivas en grupo mediano e aula normal
(seminarios, exposicións, debates)/
Clases interactivas en grupo mediano e aula especializada
(informática, laboratorio, observatorio...) .................................... 24
Titorías en grupo mediano / Titorías en grupo pequeno.................. 6
Total horas traballo presencial na aula do alumno ou alumna......... 48
---------------------------------------------------------------------------------------
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO............................................. Horas
Estudio autónomo individual ou en grupo .................................... 50
Escritura de exercizos, conclusións ou outros traballos
derivados da materia. /
Programación/experimentación u outros traballos con medios
técnicos (ordenador, laboratorio, recollida de datos, …) ................. 25
Preparación de debates, presentacións orais ou similar.................. 10
Actividades en biblioteca, lecturas recomendadas, búsquedas
bibliográficas ............................................................................ 17
Total horas traballo persoal do alumno ou alumna ...................... 102
---------------------------------------------------------------------------------------
- Realización de exame: 3 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase o uso da bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado no súa propia aprendizaxe.