P3241205 - Didáctica da Bioloxía e da Xeoloxía na Educación Secundaria (Módulo Específico Ciencias Experimentais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
- Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo central da asignatura é responder á cuestión ¿Como ensinar bioloxía e xeoloxía de forma que se favoreza o desenvolvemento das competencias básicas, en particular da competencia científica? Noutras palabras, como ensinar bioloxía e xeoloxía de forma que se promova a construcción de coñecementos, destrezas e actitudes, e a capacidade de poñelos en práctica de forma integrada, aplicándoos en contextos e situacións diversos.
Pode desglosarse no desenvolvemento destas capacidades:
- Ser capaz de deseñar actividades de aprendizaxe que supoñan a participación do alumnado en prácticas científicas, como construír modelos ou usar probas.
- Ser capaz de formular problemas auténticos para traballar nas clases de bioloxía, xeoloxía e ciencias da natureza en secundaria (ESO e Bacharelato), relativos, por exemplo, aos seres vivos e a organización celular, aos procesos de nutrición, á orixe do relevo, o tempo en xeoloxía e os cambios xeolóxicos, aos ecosistemas, a herencia biolóxica e a evolución, e a tectónica de placas ou as causas dos procesos internos.
- Ser capaz de identificar distintos problemas de aprendizaxe relevantes en situacións reais ou simuladas, e estratexias docentes que pretenden resolvelos.
- Ser capaz de modificar prácticas e actividades convencionais e transformalas en problemas que demanden participación activa do alumnado, que favorezan o desenvolvemento de destrezas traballadas nas prácticas de laboratorio e nas saídas ao campo.
- Ser capaz de utilizar diferentes fenómenos, sucesos, seres vivos ou obxectos naturais do entorno como recurso e motivación para o traballo na aula.
- Ser capaz de identificar dimensións do traballo científico, modelos teóricos e métodos en exemplos da historia da ciencia, e integrar unha imaxe contemporánea do traballo científico no ensino.
ContidosContidos: Programa da materia (clases interactivas e expositivas)
Tema 1 MODELOS TEÓRICOS E MÉTODOS DE INVESTIGACIÓN EN BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
Modelos e teorías, exemplos das grandes preguntas das ciencias da vida: ¿É esencialmente distinta a materia viva da inerte? ¿Como se orixinou a vida? ¿Como se orixinaron as especies?
Modelos e teorías, exemplos das grandes preguntas das ciencias da Terra: ¿Como se orixinou o relevo? ¿os procesos xeolóxicos actuais son iguais aos pasados? ¿A que se debe a dinámica de continentes e océanos?
Métodos de investigación: Métodos compartidos e específicos; explicación histórica, pluralismo causal; actualismo; principios de superposición e sucesión; prediccións e retrodicción. Papel das teorías. Análise de casos históricos.
Tema 2 O DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CIENTÍFICAS
A competencia científica: capacidade de poñer en práctica o aprendido; as tres dimensións da competencia científica: identificación de problemas, construcción e uso de modelos, uso de probas.
A construcción, uso revisión e avaliaciónde modelos: exemplos en ecoloxía, xenética, procesos internos e externos.
O uso de probas para avaliar o coñecemento, a argumentación: papel das probas, criterios para avaliar probas, elementos dos argumentos. Actividades sobre uso de probas.
Integración do uso de probas e da construcción de modelos: estratexias docentes para favorecer o desenvolvemento destas competencias.
Tema 3 A APRENDIZAXE DAS CIENCIAS, CONSTRUCCIÓN E USO DE COÑECEMENTOS
A construcción de coñecementos e o seu uso: aprendizaxe situada; modelos e conceptos como ferramentas; pensar con conceptos científicos
Linguaxe e aprendizaxe das ciencias: construcción de significados; aprender a ler, analizar e redactar textos científicos.
O desenvolvemento de destrezas: participación do alumnado en prácticas científicas. Técnicas, destrezas e estratexias. Procedementos en bioloxía e xeoloxía, clasificación, seriación, observación, interpretación de mapas e cortes xeolóxicos; representación de datos; imaxes e diagramas.
Dimensións afectivas na aprendizaxe: o desenvolvemento de actitudes e valores; actitudes cara á natureza e cara á investigación científica; ensino das ciencias e formación da cidadanía.
Tema 4 DIFICULTADES DE APRENDIZAXE NAS CIENCIAS
Dificultades na transferencia de conceptos: ideas alternativas en Bioloxía e Xeoloxía; cambio conceptual.
Problemas no desenvolvemento de destrezas: a necesidade de aprendelas practicándoas.
Actitudes e interese polas ciencias: como promover a motivación e o interese polas ciencias; o desenvolvemento de actitudes, conexión coa educación ambiental e a educación para a saúde.
Tema 5 INDAGACIÓN, RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS E TRABALLO EXPERIMENTAL
A práctica científica e a indagación nas clases de bioloxía e xeoloxía en Secundaria: indagacións, proxectos de investigación do alumnado, prácticas científicas na aula e no laboratorio. Continuum de indagación.
Traballos prácticos: obxectivos; tipos; traballos abertos e fechados.
Problemas auténticos: deseño de problemas e investigacións na aula e nos traballos prácticos
O traballo de campo en Secundaria: Recursos en Galicia.
Tema 6 BIOLOXÍA E XEOLOXÍA NO CONTEXTO SOCIAL
Contexto social da Ciencia: a investigación e o seu impacto social; biotecnoloxía e a súa imaxe; determinismo; enfermidades emerxentes; dimensións científicas, sociais e éticas.
Educación Ambiental: o traballo a favor do medio no ensino das ciencias da vida e da terra
Ciencia e xénero: coeducación na aula; outras historias da ciencia, papel do coñecemento etnobotánico tradicional en comunidades orixinarias.
As cuestións socio-científicas: traballo na aula con cuestións de incidencia social.
Tema 7 MODELOS DE ENSINO E ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN NA AULA
O modelo constructivista: papel do profesorado e do alumnado; protagonismo da aprendizaxe polo alumnado.
As explicacións do profesorado nas clases de ciencias: comunicación, transformacións do discurso.
Estratexias para aprender a aprender: Mapas conceptuais e bases de orientación
A transposición didáctica e o contrato didáctico: da ciencia das disciplinas á ciencia escolar.
Programa actividades nas clases interactivas
Prácticas de laboratorio e campo
1 ¿Que ocorre nesta reacción? Investigando a acción dos enzimas
2 Traballo de campo: saída
3 ¿A quen pertence esta mostra? Observación co microscopio
4 Interpretación de mapas e cortes xeolóxicos
5 ¿Que minerais son estes? ¿Que rocha é mellor?
6 Deseño de investigacións con pequenos animais
Análise e resolución de problemas
- Casos históricos: F. Redi e a aparición de ‘vermes’ na carne; Semmelweis e a orixe das enfermidades infecciosas; A idade da Terra; modelos de orixe do relevo
- Actividades de modelización
- Actividades de uso de probas.
- Análise de artigos orixinais de investigación
- Análise de respostas do alumnado e identificación de ideas alternativas
- Xogos de simulación
- Debates sobre cuestións socio-científicas
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Parte do curso seguirá estes textos
• Cañal, P. (Ed.) 2011 Didáctica de la Biología y la Geología. Barcelona: Graó (para o alumnado que se prepara para ser docente de Bioloxía e Xeoloxía)
• Caamaño, A. (Ed.) 2011 Didáctica de la Física y la Química. Barcelona: Graó (para o alumnado que se prepara para ser docente de Física e Química)
Restante bibliografía básica
• Banet E. 2001 Los procesos de nutrición humana. Síntesis, Madrid.
• Delibes de Castro, M. 2001 Vida: la Naturaleza en peligro. Temas de Hoy, Madrid.
• Giordan A. (coord) 1988 Conceptos de Biología. Barcelona, Labor / MEC.
• Jiménez Aleixandre M.P. 1996 Dubidar para Aprender. Vigo, Xerais.
• Jiménez Aleixandre M.P. (2010) 10 Ideas Clave: competencias en argumentación y uso de pruebas. Barcelona: Graó.
• Jiménez Aleixandre M.P., Caamaño, A. Oñorbe, A., Pedrinaci, E. y de Pro, A. 2003 Enseñar Ciencias. Barcelona: Graó
• Jiménez Aleixandre, M. P., Gallástegui Otero, J. R., Eirexas Santamaría, F. y Puig Mauriz, B. (2009) Actividades para traballar o uso de probas e a argumentación en ciencias. Santiago de Compostela: Danú. Descargable en www.rodausc.eu
• Ogborn J., Kress G., Martins I. e McGillicuddy K. 1998 Formas de explicar: la enseñanza de las ciencias en Secundaria. Madrid, Santillana, Aula XXI
• Osborne R. e Freyberg P. 1991 El aprendizaje de las Ciencias. Las implicaciones de la Ciencia de los alumnos. Madrid, Narcea.
• Pedrinaci, E. 2001 Los procesos geológicos internos. Madrid: Síntesis
• Puig, B., Bravo Torija, B. y Jiménez Aleixandre, M. P. (2012). Argumentación na aula: Dúas unidades didácticas. Santiago de Compostela: Danú (descargable en www.rodausc.eu)
• Sanmartí, N. 2002 Didáctica de las Ciencias en la Educación Secundaria Obligatoria. Madrid: Síntesis.
• Sanmartí, N. 2007 10 Ideas clave: Evaluar para aprender. Barcelona: Graó.
• Virgili, C. 2003 Lyell. El fin de los mitos geológicos. Madrid: Nivola
• Revista Alambique: Monográficos nº 16 Aprendizaje de la Biología, 1998, Nº 18 Dinámica interna terrestre, 1998; nº 20 Ecosistemas, 1999, nº 22, Las Rocas y sus orígenes, 1999; nº 25, 2000 Biotecnología, nº 27, La Tierra como sistema, 2001; nº 32, 2002, Evolución; nº 62, 2009, Darwin y la Evolución; nº 63, 2010 Argumentación; Hacia la competencia científica nº 70; 2012; Enseñar qué es la ciencia, nº 72, 2012; Hacer unidades didácticas, nº 74, 2013. Revistas: Enseñanza de las Ciencias, Enseñanza de las Ciencias de la Tierra, Boletín de ENCIGA
Bibliografía complementaria
• Anguita, F. 1988 Origen e Historia de la Tierra. Madrid: Rueda.
• del Carmen L. (coord) 1997 La Enseñanza y el Aprendizaje de las Ciencias de la Naturaleza en la Educación Secundaria. Barcelona, ICE U.B. / Horsori.
• Bermúdez de Castro, J. et al 2004 Hijos de un tiempo perdido. Barcelona: Crítica.
• Díaz de Bustamante J. y Jiménez Aleixandre M.P. 1998 Indagación en las clases prácticas de Biología. El uso del microscopio. En Banet y de Pro (eds) Investigación e innovación en la Enseñanza de las Ciencias. Murcia, DM.
• Pozo J.I. y Gómez Crespo M.A. 1998 Aprender y enseñar Ciencia. Madrid, Morata
• Latour B. y Woolgar S. 1995 La vida en el laboratorio. La construcción de hechos científicos. Madrid, Alianza.
• Lemke J. 1997 Aprender a hablar ciencia: lenguaje, aprendizaje y valores. Barcelona, Paidós.
• Lewontin, R. C., Rose, S. y Kamin, L. J. (1987) No está en los genes. Racismo, Genética e Ideología. Barcelona: Crítica.
• McNeill, K. e Krajcik, J. (2012). Supporting Grade 5-8 Students in Constructing Explanations in Science. Boston, MA: Pearson
• Perales Palacios J. 2000 Resolución de Problemas. Síntesis, Madrid.
• Perales Palacios J. e Cañal de León P. 2000 Didáctica de las Ciencias Experimentales. Marfil, Alcoy.
• Riechmann, J. 2000 Cultivos y alimentos transgénicos. Una guía crítica. Madrid: Los libros de la catarata.
• Sober E. 1996 Filosofía de la Biología. Madrid, Alianza.
• Shiva, V. (2003) Cosecha robada. El secuestro del suministro mundial de alimentos. Barcelona, Paidós.
• Velázquez de Castro F. y Fernández M.C. 1998 Temas de Educación Ambiental en las Ciencias de la Vida. Madrid, Narcea.
CompetenciasCompetencias
Que as e os estudiantes sexan capaces de:
Xerais
- CG2. Coñecer o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
- CG8. Desenvolver estratexias para estimular o esforzo do alumnado e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros e desenvolver destrezas de pensamento e decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
- CG17. Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu desenvolvemento profesional.
- CG18. Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a entornos educativos novos ou pouco coñecidos.
Específicas asociadas ao módulo xenérico
- CE-G1. Coñecer as características do alumnado, os seus contextos sociais e motivacións.
- CE-G13. Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e as súas implicacións educativas.
Específicas asociadas ao módulo específico
- CE-E2. Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
- CE-E4. Coñecer contextos e situacións nos que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
- CE-E5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
- CE-E6. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
- CE-E7. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
- CE-E8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudantes.
- CE-E9. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino e aprendizaxe.
- CE-E12. Analizar criticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidad.
Transversais:
- CT-1. Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
- CT-3. Potenciar a capacidade para o traballo en entornos cooperativos e pluridisciplinarios.
Metodoloxía da ensinanza Baséase na participación do alumnado e o seu protagonismo na aprendizaxe. Empregaráse a resolución de problemas relacionados coas competencias científicas, os conceptos e modelos de bioloxía e xeoloxía e coas dificultades de aprendizaxe en Secundaria. Esta metodoloxía pretende a participación activa do alumnado, constituíndo un modelo para a súa futura actuación como docentes. Emprégase unha variedade de recursos: audiovisuais, xogos de simulación, problemas, estudos de caso, análise de textos e artigos; experiencias de laboratorio e o propio entorno. O alumnado, coa orientación da profesora, analisará criticamente casos históricos de descubrimentos e materiais didácticos; realizará mapas conceptuais; deseñará problemas e actividades didácticas.
Ao estar centrada nunha metodoloxia práctica, é indispensable a asistencia á clase, pois a realizacion, posta en común e avaliacion conxunta de exercicios e tarefas é dificilmente substituida polo traballo individual.
Os contidos da parte interactiva forman parte integral da materia. Establecerase comunicación co alumnado a través da aula virtual, onde estarán os materiais e presentacións powerpoint utilizados na clase.
Sistema de evaluaciónValorarase o nivel de competencia adquirido polos estudiantes, relativo á súa implicación na docencia da bioloxía e xeoloxía en secundaria. O obxectivo central da mesma é responder á cuestión ¿Como ensinar bioloxía e xeoloxía de forma que se favoreza o desenvolvemento das competencias básicas, en particular da competencia científica? Pode desglosarse nas seguintes capacidades avaliadas
- deseño de actividades de aprendizaxe que supoñan a participación do alumnado en prácticas científicas como construír modelos ou usar probas, e que teñan en conta os problemas que se plantexan nas clases de bioloxía, xeoloxía e ciencias da natureza.
- formulación de problemas auténticos para traballar en clase, relativos aos bloques de contido das materias de bioloxía e xeoloxía.
- identificación de problemas de aprendizaxe relevantes en relación co ensino da bioloxía e da xeoloxía en secundaria en situacións reais ou simuladas, e estratexias docentes que pretenden resolvelos.
- modificación de prácticas e actividades convencionais transformándoas en problemas que demanden participación activa do alumnado, que favorezan o desenvolvemento de destrezas traballadas nas prácticas de laboratorio e nas saídas ao campo.
- utilización de diferentes fenómenos, sucesos, seres vivos ou obxectos naturais do entorno como recurso e motivación para o traballo na aula.
- identificación das dimensións do traballo científico, modelos teóricos e métodos en exemplos da historia da ciencia, e integrar unha imaxe contemporánea do traballo científico no ensino.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
A avaliación comprobará o desenvolvemento efectivo das competencias
a. Avaliación continua: asistencia e participación activa nas actividades individuais e en pequeno grupo desenvolvidas na aula; asistencia a prácticas de laboratorio e á saída e informe escrito das mesmas. Realización escrita de informes e análises. Contribución á nota final: 40%
b. Proba final sobre os contidos correspondentes á programación das partes expositiva e interactiva, incluindo resolución de supostos prácticos. Contribución á nota final: 60%
Os estudantes que non desenvolvan algún destes apartados serán cualificados como “Non presentado”
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial do alumnado: total 42 horas
- Clases expositivas: 18 horas.
- Clases interactivas: 24 horas.
- Titorías: 6
Traballo persoal do alumnado (non presencial): total 102 horas
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
- Elaboración e escrita de exercicios, análises, conclusións ou outros traballos derivados da materia: 20 horas
- - Programación, experimentación, preparación debates, etc: 14
- Actividades na biblioteca, lecturas recomendadas, búsquedas bibliográficas: 15 horas.
- Realización do exame: 3 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendacións para o estudo da materia
Recoméndase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe.
Observacións Os materiais – por exemplo guións das sesións interactivas- e resumos das presentacións da profesora, etc., estarán no campus virtual