P3241210 - Deseño, Planificación e Avaliación de Propostas Didácticas en Matemáticas na Educación Secundaria (Módulo Específico Matemáticas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
- Áreas: Didáctica da Matemática
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEstudar e elaborar deseños de propostas didácticas para o ensino/aprendizaxe das matemáticas na educación secundaria e a súa planificación e avaliación.
Contidos- O currículo oficial de matemáticas, a súa estrutura e dimensións.
- Modelo de deseño, planificación e avaliación: contidos e obxectivos. Estratexias de instrución: as actividades e recursos de aprendizaxe. Estratexias de avaliación: avaliación da aprendizaxe e do método.
- Análise de propostas didácticas. Deseño, planificación e avaliación dunha proposta para o ensino das Matemáticas.
Bibliografía básica e complementariaa) Básica
CHEVALLARD,Y, BOSCH, M. y GASCÓN, J. (1997). Estudiar Matemáticas: el eslabón perdido entre enseñanza y aprendizaje. Barcelona. ICE-Horsori.
NCTM (2000). Principios y estándares para la Educación Matemática. Sevilla. (Traducción: SAEM Thales 2003).
RICO, L., et al. (1996). Bases teóricas del curriculo de Matemáticas en Educación Secundaria. Madrid. Síntesis.
RICO, L. et al. (1997. La educación matemática en la enseñanza secundaria. Barcelona. ICE-Horsori.
GIMÉNEZ, J. (1997). Evaluación en Matemáticas. Madrid. Síntesis.
XUNTA DE GALICIA. Curriculum oficial de ESO. DOG. 13/07/2007. pág. 12144 y siguientes. Curriculum oficial de Bachillerato. DOG.13/06/2008. Páx.12328 y siguientes.
b)Complementaria:
PÓLYA, G. (1945). How to solve it. Princeton University Press. Traducción al castellano: (1986). Cómo plantear y resolver problemas. México. Trillas.
• Libros de texto de E.S.O, de Matematicas I e II, Matemáticas aplicadas ás CCSS I e II de Bacharelato.
Revistas:
BOLETÍN DAS CIENCIAS. Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA).
SUMA. Federación de profesores de Matemáticas. Análisis didáctico. Recursos en el Aula de Matemáticas.
UNO. Barcelona. Graó. Análisis didáctico. Formación de Profesores.
CompetenciasXerais
Que os estudantes sexan capaces de:
- CG3. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das correspondentes ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
- CG5. Contextualizar o currículo que se vaia a implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo.
- CG7. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sostible.
- CG9. Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia no aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos.
- CG18. Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a contornas educativas novos ou pouco coñecidas.
Específicas asociadas ao módulo específico
Que os estudantes sexan capaces de:
- CE-E5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
- CE-E8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
- CE-E9. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
- CE-E10. Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
- CE-E11. Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
- CE-E12. Analizar de xeito crítico o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas consistirán basicamente en leccións impartidas polo profesor, dedicadas á presentación do seu marco teórico, conceptual e metodolóxico. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudo de casos, a análise de proxectos e a resolución de problemas. Todas as tarefas do alumno (estudo, traballos, uso de computador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas...) serán orientadas polo profesor tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa materia.
Sistema de evaluaciónA avaliación cinguirase á comprobación do desenvolvemento efectivo das competencias.
a. Avaliación continua: farase por medio de controis escritos, traballos entregados, participación do estudante no aula e no laboratorio, titorías ou outros medios.
b. Exame final.
Contribución de cada apartado á cualificación final:
- Apartado a: 40%
- Apartado b: 60%
Os estudantes que non desenvolvan algún dos apartados, serán cualificados como Non Presentado.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial do alumnado: 24 h
- Horas expositivas: 9
- Horas interactivas: 12
- Horas de titoría: 3
Traballo non presencial do alumnado: 51h
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 25h.
- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos derivados da
materia: 13h.
- Actividades en biblioteca, lecturas recomendadas, procuras
bibliográficas: 10h.
- Realización de examen: 3h.
Recomendacións para o estudo da materiaAconséllasae a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe.