Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3241215 - Ciencias Sociais e Educación I (Módulo Específico Ciencias Sociais, Xeografía e Historia) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.00
  • Total: 4.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 4.00
  • Total: 32.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Contemporánea e de América
  • Áreas: Historia Contemporánea
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A perspectiva dende a que están deseñados os cursos de secundaria, supoñen en moitos casos a necesidade de ter unha formación moito máis ampla do que un alumno universitario adquiriu na titulación académica de procedencia. Os obxectivos xenéricos formulados para definir esta materia indican que con ela se pretende complementar a formación disciplinar que os estudantes do Máster xa adquiriron nos Graos correspondentes, coa finalidade de que adquiran agora novos coñecementos, destrezas e actitudes relevantes desde a perspectiva do ensino das Ciencias Sociais e Humanidades. Non se limitará pois a unha formación teórica, senón que teoría e práctica van ser inseparables nas actividades que se desenvolvan.

    En particular, no currículo do ensino secundario das Ciencias Sociais ocupan un lugar moi destacado os contidos asociados ao estudo do mundo contemporáneo nas súas diferentes dimensións. Esta materia terá como obxectivo achegar ao estudante aos contidos máis actuais que se están debatendo no estudo dese ámbito, especialmente dende a perspectiva da historia, aínda que sempre cunha forte carga de transdisciplinariedade con outras ciencias sociais. O social como obxecto de ensino debe ser entendido dende unha perspectiva multidisciplinar e tamén comparativa. Faise necesario, ademais, ter presente que no caso do mundo contemporáneo, está moi viva a relación entre o que se estuda e diversas cuestións de actualidade. Neste sentido, a materia pretende axudar aos estudantes a ter as chaves fundamentais para poder abordar a complexidade do mundo contemporáneo no seu papel de futuros profesores de secundaria.

    Contidos
    1. Fundamentos teóricos: debates epistemolóxicos en Ciencias Sociais
    - Os grandes paradigmas do positivismo
    - Estudos culturais e novos obxectos de estudo
    - Xiro lingüístico e postmodernismo
    - O novo xiro social e material
    2. Contidos preceptivos: currículo e materiais no ensino secundario
    - Breve historia do ensino das ciencias sociais
    - Os contidos sociais preceptivos: o currículo de Ciencias Sociais en perspectiva comparada
    - Manuais e materiais de apoio ao ensino das Ciencias Sociais
    - Ensino secundario das Ciencias Sociais, medios de comunicación e Internet
    3. Cuestións vivas no estudo do mundo contemporáneo en Ciencias Sociais, I: Cidadanía e Dereitos Humanos
    - Estudos de cidadanía e conceptos de democracia: ensino e práctica nas aulas
    - O dereito a reclamar dereitos: acción colectiva e movementos sociais
    - A linguaxe dos dereitos e a destrución da cidadanía: como aproximarse en secundaria ás dúas caras da humanidade, dereitos humanos e violencia/xenocidio
    - Memoria e historia: facer presente nas aulas o debate nos medios académicos e nos medios de comunicación
    4. Cuestións vivas no ensino do mundo contemporáneo en Ciencias Sociais, II: economía, sociedade e medio ambiente
    - Os modelos económicos cos que analizamos o mundo contemporáneo: da linguaxe hexemónica á linguaxe crítica nas aulas
    - Sociedade: identidades e xénero, interculturalidade e inmigración, debates nos medios e no ensino
    - Perspectiva ambiental e novas tendencias ante a crise ecolóxica global: as aulas e a conciencia do cambio climático
    - Coñecemos máis ou coñecemos mellor? Información e Tecnoloxías da Información e da Comunicación. Aproximacións ao tema para o ensino secundario.


    Contidos formativos mínimos

    Comprender os principais debates epistemolóxicos en Ciencias Sociais e saber como estar ao día neles, con idea de verter as novas perspectivas no ensino secundario
    Analizar criticamente o currículo obrigatorio no ensino secundario das Ciencias Sociais e explorar fórmulas para levar a práctica os grandes obxectivos que presenta
    Achegar as cuestións vivas no estudo das ciencias sociais ás aulas de secundaria
    Desenvolver unha visión crítica sobre o mundo contemporáneo dende a perspectiva interdisciplinaria das ciencias sociais e ser quen de levala aos estudantes de secundaria
    Integrar as Tecnoloxías da Información e da Comunicación no ensino das ciencias sociais en secundaria dende unha perspectiva crítica

    Bibliografía básica e complementaria
    a) Bibliografía Básica
    Anderson, B. S. e Zinsser, J., Historia de las mujeres, Barcelona, Crítica, 2009
    Benejam, P. y Pagès, J. (coord.), Enseñar y aprender ciencias sociales, geografía e historia en la educación secundaria, Barcelona, Horsori-ICE de la Universitat de Barcelona, 1997
    Caballero Oliver, J. e Moreno Hernández, E., Nuestro mundo, ciencias sociales, geografía e historia, Educación Secundaria de Adultos, Sevilla, MAD, 2008
    Capel Sáez, H. et al., El libro de geografía en España, 1880-1939, Madrid, CSIC, 1988
    Cruz Solís, I. de la, Enseñar historia del arte: una propuesta didáctica para primaria y secundaria, Madrid, CCS, 2009
    Cuesta Fernández, R., Clío en las aulas: la enseñanza de la historia en España entre reformas, ilusiones y rutinas, Madrid, Akal, 1998
    Fontana, J., Introducción al estudio de la historia, Barcelona, Crítica, 1999
    Friera, F., Didáctica de las Ciencias Sociales: Geografía e Historia, madrid, De la Torre, 1995
    Giroux, H., La escuela y la lucha por la ciudadanía, Madrid, Siglo XXI, 1995
    Hernández Cardona, F. X., Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, Barcelona, Graó, 2002
    López Facal, R., «La práctica de la evaluación aplicada al Área de Ciencias Sociales en la Enseñanza Secundaria», en Salmerón Pérez, H. (ed.), Evaluación Educativa, Granada, Grupo Editorial Universitario, 1997
    López Facal, R., La enseñanza de la historia más allá del nacionalismo, Carreras y Forcadell (eds), Usos Públicos de la Historia. Madrid, Marcial Pons/PUZ, 2003
    López Facal, R., «Història, educació i identitat europea», L’Avenç, 287, 2004, pp 24-31
    Maestro, P, «Epistemología histórica y enseñanza», Ayer nº 12, 1993, pp. 135-181
    Pérez P. et al. (coord.), ¿Cómo abordar los problemas ambientales y sociales desde el aula? Proyecto GEA-CLÍO, Valencia, Nau Llibres, 1997
    Rozada Martínez, J. M., Formarse como Profesor, Madrid, Akal, 1997
    Souto González, X.M., Didáctica de la geografía. Problemas sociales y conocimiento del medio, Barcelona, Ediciones del Serbal, 1999
    Travé, G. (1999). La economía y su didáctica en la educación obligatoria. Sevilla. Diada
    Trepat, C. A. e Comes, P., El tiempo y el espacio en la didáctica de las ciencias sociales, Barcelona, Graó, ICE de la Universidad de Barcelona, 1998

    b) Bibliografía Complementaria
    Beck, U., The Reinvention of politics: rethinking modernity in the global social order, Cambridge, Polity Press, 1997
    Browning, C.R., Aquellos hombres grises. El Batallón 101 y la Solución Final en Polonia, Barcelona, Edhasa, 2002
    Burucúa, J. E., Historia y ambivalencia. Ensayos sobre arte, Buenos Aires, Biblos, 2006
    Casanova, J. (coord.), Morir, matar, sobrevivir. La violencia en la ditadura de Franco, Barcelona, Crítica, 2002.
    Casquette, J., Política, cultura y movimientos sociales, Bilbao, Bakeaz, 1998
    Chalk, F e Jonassohn, K., The History and Sociology of Genocide. Analysis and Case Studies, New Haven, Yale University Press, 1990
    Cohen, J. L. e Arato, A, Sociedad civil y teoría política, México, Fondo de Cultura Económica, 2000
    Crosby, A., Imperialismo ecológico, la expansión biológica de Europa (900-1900), Barcelona, Crítica, 1988
    Crossley, N., Intersubjectivity: The Fabric of Social becoming, Londres, SAGE, 1996
    Cruz, R. y Pérez Ledesma, M. (eds.), Cultura y movilización en la España Contemporánea, Madrid, Alianza Editorial, 1997
    Dahrendorf, R., La cuadratura del círculo, México, Fondo de Cultura Económica, 1996
    Feierstein, D., El genocidio como práctica social. Entre el nazismo y la experiencia argentina, Buenos Aires, Fondo de Cultura Económica, 2007
    Foucault, M., Genealogía del Racismo, Buenos Aires, Altamira, 1996
    Feyerabend, P. K., Contra el método, Barcelona, Ediciones Folio, 2002
    Goldhagen, D. J., Los Verdugos voluntarios de Hitler : los alemanes corrientes y el holocausto, Madrid, Taurus, 1997
    Habermas, J., Identidades nacionales y postnacionales, Madrid, Tecnos, 1989
    - Más allá del estado nacional, Trotta, Madrid, 1997
    Heater, D., What is citizenship?, Cambridge, Cambridge Polity Press, 1999
    Held, D. (ed.), Political Theory Today, Cambridge, Polity Press, 1995.
    Huntington, S.P., La tercera ola. La democratización a finales del siglo XX, Barcelona, Paidós, 1994
    Kiernan, B., Blood and soil: a world history of genocide and extermination from Sparta to Darfur, New Haven, Yale University Press, 2007
    Kuhn, T., La estructura de las revoluciones científicas, México, Fondo de Cultura Económica, 1977
    Kymlicka, W., Ciudadanía multicultural, Barcelona, Paidós, 1996
    Markoff, J., Olas de democracia: movimientos sociales y cambio político, Madrid, Tecnos, 1998
    Marshall, T. H. e Bottomore, T., Ciudadanía y clase social, Madrid, Alianza Editorial, 1998
    McAdam, D., McCarthy, J. e Zald M. N. (eds.), Movimientos sociales: perspectivas comparadas, Madrid. Istmo, 1999
    Miguez Macho, A., O que fixemos en Galicia. Ensaio sobre o concepto de práctica xenocida, Ourense, Difusora de Artes e Ideas, 2009
    Miguez Macho, A., Xenocidio e represión franquista en Galicia, Santiago de Compostela, Lóstrego, 2009
    Milgram, S., Obediencia a la autoridad : un punto de vista experimental, Bilbao, Desclée de Brouwer, D.L. 1998 [1974]
    Morant, I. (dir.), Historia de las mujeres en España y América Latina, Madrid, Cátedra, 2005
    Pérez Ledesma, M. (comp.), Ciudadanía y democracia, Madrid, Pablo Iglesias, 2000
    Popper, K. R., The Logic of Scientific Discovery, New York, Harper & Row, 1968
    Scott, J. C., Weapons of the weak: everyday forms of peasant resistence, New Haven, Yale University Press, Cop., 1985
    Tarrow, S., El poder en movimiento. Los movimientos sociales, la acción colectiva y la política, Madrid, Alianza Editorial, 1997
    Tarrow, S., El nuevo activismo trasnacional, Barcelona, Hacer, 2005
    Tilly, C., Tilly, L. e Tilly, R., El siglo rebelde, 1830-1930, Zaragoza, Prensas Universitarias de Zaragoza, 1997
    Tilly, C., Los movimientos sociales, 1768-2008: desde sus orígenes a Facebook, Barcelona, Crítica, 2008
    Traverso, E., La violencia nazi. Una genealogía europea, Buenos Aires, Fondo de Cultura Económica, 2002
    Traverso, E., El pasado: instrucciones de uso. Historia, memoria, política, Madrid, Marcial Pons, 2007
    Vallespín Oña, F., El Futuro de la política, Madrid, Taurus, 2000

    c) Revistas de didáctica das ciencias sociais
    Revistas españolas:
    Aula Historia Social (Fundación Historia Soial, UNED-Valéncia)
    Con-Ciencia Social (Fedicaria-Diada Ed., Sevilla)
    Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales (Universidada de València)
    Enseñanza de las Ciencias Soiales (ICE de UAB y UB, Barcelona)
    Íber (Ed. Graó, Barcelona)

    Revistas europeas:
    Le Cartable de Clio (Revue suisse sur les didactiques de l’histoire. Ed. Antipodes)
    Mundus (Revista di didattica della storia. Palumbo Ed.)
    Teaching History (Journal of the Historical Association, UK)

    Competencias
    a) Competencias da titulación ás que contribúe a materia de Ciencias Sociais e Educación (I):

    • Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
    • Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe.
    • Coñecer e aplicar recursos e estratexias

    b) Competencias específicas da materia de Ciencias Sociais e Educación (I):

    • Coñecer o valor formativo e cultural da historia, a economía, e outras ciencias sociais no ensino secundario e na cidadanía en xeral.
    • Coñecer os contidos da historia, a economía, a educación para a cidadanía e das ciencias sociais no seu conxunto, que se cursan no ensino secundario obrigatorio e post-obrigatorio.

    c) Competencias transversais de Ciencias Sociais e Educación (I):

    • Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, en rede ou noutros soportes materiais.

    Metodoloxía da ensinanza
    O desenvolvemento da materia estrutúrase en sesións de clase expositivas e interactivas. Dado que nesta materia o grupo de alumnos está limitado a 20 para ambos tipos de docencia e que, ademais, porque se concibe a docencia de maneira holística, como un todo inseparable de ensino-aprendizaxe, de teoría e práctica, non existirá unha diferenza ríxida na docencia entre ambas categorías.

    Combinaranse, por tanto, a dimensión expositiva da docencia (explicación de temas por parte do
    docente) e a dimensión interactiva, actividades prácticas. Neste último caso, proporcionaranse materiais para o traballo na aula en distintos formatos, que servirán de base de comentarios e reflexións colectivas. Por outra banda, o traballo persoal do estudante consistirá fundamentalmente na realización das lecturas e traballos propostos, así como a participación activa nas clases expositivas e interactiva.

    A asistencia á clase do estudante considérase fundamental para o seguimento da materia.

    Sistema de evaluación
    - Realizarase un exame final sobre os contidos da materia
    - Pedirase un traballo final obrigatorio sobre algún dos contidos do programa, axeitado ao perfil dos estudantes

    A cualificación final da materia calcularase ponderando:
    • 60% da cualificación corresponderá ás actividades realizadas durante o período lectivo. intervencións orais na aula, traballos en grupo, informes, resolución de problemas...
    • 40% da cualificación corresponderá a un traballo específico individual que se solicitará e ao preceptivo exame final

    Para superar a materia o alumno deberá obter polo menos un 30% da cualificación prevista en cada un dos apartados. O alumno ou alumna que non acredite unha participación regular nas actividades programadas durante o período lectivo, ou que non se presente ao exame final non poderá ser cualificado positivamente.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Cálculo de Horas:

    Clases expositivas (teórico-prácticas) 10 Estudio autónomo individual ou en grupo 26
    Clases interactivas (teórico-prácticas, 26 Actividades individuais ou de grupo 26
    Titorías en grupo (voluntarias) Preparación de debates, presentacións 8
    Lecturas e buscas bibliográficas 4
    Total horas traballo presencial na aula 36 Total horas traballo persoal do alumnado 68

    Preparación das actividades para aula
    As actividades que se realicen na aula ou, no seu caso, fóra dela, implicarán ben unha preparación previa ou ben un traballo posterior de síntese e valoración que será realizado individualmente ou en pequenos grupos de 3/4 alumnos.
    = 26 horas/curso
    Estudo preparación de traballo e exames:
    Exercicios de avaliación de adquisición de coñecementos
    = 26 horas/curso
    Realización dun exame:
    Na programación do máster establécese a obrigatoriedade de realizar un exercicio final de avaliación de adquisición de coñecementos
    = 2horas/curso
    Asistencia a titorías:
    = voluntaria

    Recomendacións para o estudo da materia
    O enfoque que se pretende é fundamentalmente práctico, polo que resulta imprescindible a participación activa nas actividades que se desenvolvan na aula, pero para iso resulta necesario ter realizado previamente as lecturas que se recomendan e os materiais que se poñerán a disposición do estudante.