Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3241216 - Ciencias Sociais e Educación II (Módulo Específico Ciencias Sociais, Xeografía e Historia) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.00
  • Total: 4.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 4.00
  • Total: 32.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Medieval e Moderna, Xeografía
  • Áreas: Historia Moderna, Análise Xeográfica Rexional
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DURAN VILLA, FRANCISCO RAMON.NON
SAAVEDRA VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Coñecementos, destrezas e actitudes relevantes desde a perspectiva do ensino da Xeografía.
    2. Considerar o valor aplicado á perspectiva educativa dos coñecementos adquiridos nos seus estudios de Licenciatura ou Grado.
    3. Desenvolver coñecementos técnicos, destrezas e estratexias destinados á súa aplicación nas aulas na busca dun acercamento aos intereses e curiosidades dos seus futuros alumnos aplicando procedementos deseñados dende as Ciencias Sociais e as Humanidades.
    4. Afondar na reflexión acerca do valor e das posibilidades utilitarias da Historia para os intereses dos cidadáns de hoxe e de mañá..
    5. Reflexionar nos valores positivos das novas tecnoloxías no campo da Historia e no contexto educativo e de ensino/aprendizaxe.

    Contidos
    HISTORIA

    Clases expositivas

    Programa

    I. A situación actual dos estudos históricos: entre a renovación e a crise
    a) O interese da historia e o papel do historiador na sociedade do século XXI
    b) As novas perspectivas da investigación histórica: obxectos de estudo, fontes e metodoloxía
    c) A interrelación entre a historia académica e a historia escolar

    II. A “nova historia” e a súa aplicación ao currículo da ESO
    a) A innovación no deseño dos obxectivos e no desenvolvemento das competencias
    b) A actualización de contidos: posibilidades, limitacións e problemas aos que se enfronta o profesor

    III. Innovación e tradición no currículo de Bacharelato: entre o marco normativo e as necesidades de renovación
    a) Os condicionantes de partida: o currículo oficial e a selectividade
    b) As posibilidades de cambio: novos enfoques a vellos problemas, novos protagonistas e novos intereses da historia

    Clases interactivas

    Os/as alumnos/as poderán traballar sobre algunha das estratexias previamente sinaladas en base aos currículos vixentes na secundaria obrigatoria e no bacharelato en Galicia

    XEOGRAFIA

    Clases expositivas

    1.- As múltiples xeografías e as suas implicacións nos procesos de ensino-aprendizaxe.
    2.- Os procesos espaciais e rexionais: diferenciación-desigualdade e territorio-rexión.
    3..- Globalización e xeografía: a xeografía dos problemas relevantes.

    Clases interactivas

    Os procesos de ensino aprendizaxe da Xeografía nos curricula de secundaria obligatoria e bacharelato en Galicia.
    Bibliografía básica e complementaria
    HISTORIA

    - Manuel ABILIO RABANAL Y Federico LARA PEINADO: Comentario de textos históricos (Madrid, Cátedra. 1997)
    - Julio ARÓSTEGUI y otros: Enseñar historia. Nuevas propuestas (Barcelona, Laia, 1989)
    - James W. BOTKIN, Mahdi ELMANDIRA, Mircea MALITZA: Aprender, horizonte sin límites. Informe al Club de Roma (Madrid, Santillana, 1979)
    - Ludwig von BERTALANFFY: Teoría general de los sistemas. Fundamentos, desarrollo, aplicaciones México, F.C.E., 1975)
    - Ludwig von BERTALANFFY: Perspectivas en la Teoría general de Sistemas: Estudios científico-filosóficos (Madrid, Alianza, 1979)
    - Leslie BUTTON: Acción tutorial con grupos (Salamanca, Anaya, 1978)
    - Gianna di CARO: Insegnare storia. La disciplina, l’apprendimento, il metodo (Milano, FrancoAngeli, 1992)
    - Suzanne CITRON: Ensinar a História hoje. A memoria perdida e reencontrada (Lisboa, Livros Horizonte, 1990)
    - Umberto ECO: Los límites de la interpretación (Barcelona, Lumen, 1992)
    - Javier FERNÁNDEZ SEBASTIÁN: Cine e historia en el aula (Madrid, Akal, 1989)
    - Marc FERRO: Cine e historia (Barcelona, Gustavo Gili, 1980)
    - Marc FERRO: Cómo se cuenta la historia a los niños en el mundo entero (México, F.C.E., 2008, 2ª ed.)
    - Marc FERRO: El cine, una visión de la historia (Madrid, Akal, 2008)
    - Marc FERRO: El siglo XX explicado a los jóvenes (Barcelona, Paidós, 2008)
    - Michèle LAGNY: Cine e historia. Problemas y métodos en la investigación cinematográfica (Barcelona, Bosch, 1997)
    - Joseph Carles LAÍNEZ: Construcción metafórica y análisis fílmico (Valencia, Alfons el Magnànim, 2003)
    - Enrique MARTÍNEZ RUIZ y Consuelo MAQUEDA ABREU: La Historia y las Ciencias Humanas. Didáctica y técnicas de estudio (Madrid, Istmo, 1989)
    - Jean-Claude MICHÉA: La escuela de la ignorancia y sus condiciones modernas (Madrid, Acuarela, 2002)
    - José Enrique MONTERDE: Cine, historia y enseñanza (Barcelona, Laia, 1986)
    - José Enrique MONTERDE, Marta SELVA MASOLIVER y ANNA SOLÀ ARGUIMBAU: La representación cinematográfica de la historia (Madrid, Akal, 2001)
    - Marcel PACAUT: Guide de l’étudiant en Histoire Médiévale (París, P.U.F., 1968)
    - Juan de PABLOS PONS: Cine y enseñanza. Variables estructurales del cine didáctico y su interacción con algunas características de los alumnos (Madrid, Ministerio de Educación, 1986)
    - Josette POINSSAC-NIEL: La tecnología en la enseñanza de la historia (Barcelona, Oikos-Tau, 1977)
    - Joaquim ROMAGUERA y Esteve RIAMBAU eds.: La Historia y el Cine (Barcelona, Fontamara, 1983)
    - José María ROMÁN, Gonzalo MUSITU, Estanislao PASTOR y otros: Métodos activos para enseñanzas medias y universitarias (Madrid, Cincel, 1980)
    - Salustiano SÁNCHEZ PRIETO: ¿Y qué es la historia? Reflexiones epistemológicas para profesores de Secundaria (Madrid, Siglo XXI; 1995)



    XEOGRAFIA

    Antonio Luis GARCIA y José Antonio JJIMENEZ (2006): Los Principios científico-didácticos (PCD): nuevo modelo para la enseñanza de la geografía y de la historia : (fundamentos teóricos). Granada, Universidad de Granada.

    Raquel Gurevich (2005): Sociedades y territorios en tiempos contemporáneos : una introducción a la enseñanza de la geografía. Buenos Aires, Fondo de CulturaPublicación Buenos Aires : Fondo de Cultura Económica, 2005

    José ORTEGA. (2000): Los horizontes de la Geografía. Barcelona, Ariel.

    LEXISLACIÓN

    - Decreto sobre uso do galego en Ciencias Sociais (28/6/2007) (http://www.xunta.es/Dog/Dog2007.nsf/FichaContenido/22B3A?OpenDocument)
    - Decreto currículo ESO (5/7/2007) (http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/29EFE?OpenDocument).
    - Decreto currículo Bachalerato (19/6/2008) (http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/29EFE?OpenDocument).



    Competencias
    HISTORIA

    COMPETENCIAS XERAIS

    (CG1) Aprender a utilizar de maneira flexible os coñecementos adquiridos en función dun futuro labor docente.
    (CG2) Familiarizarse con estratexias didácticas interactivas que faciliten e favorezan a empatía e comprensión polos escolares das utilidades e valor dos coñecementos a impartir
    (CG3) Combinar adecuadamente coñecemento e referencias bibliográficas coa praxe educativa e o traballo reflexivo e crítico acerca da eficacia do labor desenvolvida.

    AS COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ASOCIADAS AO MÓDULO ESPECÍFICO (CE-E):

    (CE-E1) Analizar as posibilidades didácticas da Xeografía, a Historia e as Ciencias Sociais no nivel da educación secundaria.
    (CE-E2) Aplicar esas análises ao desenvolvemento de aspectos dos temarios.
    (CE-E3) Asumir estas áreas dp saber como coñecementos en constante e continua evolución para poder transmitir unha imaxen dinámica das mesmas.
    (CE-E4) Planificar as secuencias que facilitarían a súa introducción e mellor comprensión na actividade docente.e nas tarefas individuais e de grupo.

    COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT):

    (CT-1) Unha praxe adaptada aos usos da pluridisciplinariedade e da interdisciplinariedade facilitaría a consecución dos obxectivos a plasmar.
    (CT-2) A experiencia do traballo en grupo facilitaría unha posibilidade máis interactiva para o traballo do profesor e serviría para a súa aplicación ás tarefas de clase.
    (CT-3) Na “primeira idade informática” os usos didácticos da mesma e, en particular os referidos á aprendizaxe da Xeografía, a Historia e as Ciencias Sociais é unha aposta obrigada para un profesorado adaptado ás esixencias do seu tempo.

    XEOGRAFÍA

    COMPETENCIAS XERAIS

    (CG1) Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente.
    (CG2) Coñecer o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.

    AB) COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ASOCIADAS Ao MÓDULO ESPECÍFICO (CE-E):

    (CE-E1) Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
    (CE-E2) Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
    (CE-E3) Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
    (CE-E4) Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares

    COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT):

    (CT-1) Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet



    Metodoloxía da ensinanza
    HISTORIA

    1. O ensino a desenvolver terá un carácter básicamente aplicado e favorecerá á actitude participativa como corresponde a unha aprendizaxe que se quere operativa nas futuras actividades profesorais dos alumnos e alumnas do master.
    2. A interactividade será unha das esixencias fundamentais na planificación e desenvolvemento das actividades tanto as lectivas como as prácticas e aplicadas.
    3. O espacio das mesmas poderá ser o da aula ou calquera outro que facilite a integración do alumnado na experiencia.

    XEOGRAFÍA

    Combinación clases expositivas e interactivas, compaxinando nestas últimas a docencia en aula normal e na especializada.
    Sistema de evaluación
    HISTORIA

    A cualificación corresponderá nun 60% o traballo desenrolado durante o periodo lectivo mediante a participación nas clases interactivas e a realización de traballos prácticos en grupo. O 40% restante corresponderá a un traballo individual a entregar na data do examen. O alumnado que non acade un mínimo dun 5 nas probas desenroladas durante as clases terá que realizar unha proba teórica na data oficial.

    2. XEOGRAFÍA

    Seguimento do traballo na aula e cualificación dos traballos prácticos propostos, que estarán adaptados á titulación do estudantado.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    HISTORIA

    Sendo o traballo do alumnado para superar a materia de 102 horas, 61 delas lle corresponderían á parte da Historia divididas entre 40 de lectura e 20 de escritura e redacción da experiencia.

    XEOGRAFÍA

    Traballo do alumnado: 102 horas para superar a materia.
    Recomendacións para o estudo da materia
    HISTORIA

    1. Planificar adecuadamente o traballo práctico individual para evitar sobreesforzos de última hora.

    2. Consulta efectiva da bibliografía recomendada e da lexislación de aplicación na materia.

    3. Búsqueda de información en monografías e revistas especializadas para ampliar e profundizar nas explicacions ofrecidas na clase.




    XEOGRAFÍA

    1)Traballo continuado ao longo do período de aulas.
    2) Realización inmediata das actividades prácticas que se propoñan