Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3241217 - Aprendizaxe e Ensinanza de Historia e Ciencias Sociais (Módulo Específico Ciencias Sociais, Xeografía e Historia) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
  • Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
     Familiarizar aos futuros profesores coas ideas e teorías que permitan cuestionar as prácticas docentes de “sentido común” no ensino da historia e das ciencias sociais, e fomentar hábitos de reflexión que conduzan a un cambio didáctico.
     Coñecer o proceso de conformación da historia como disciplina escolar nos contextos internacional e español, e emitir opinións fundadas sobre os debates a que ten dado lugar no pasado e na actualidade.
     Analizar de forma crítica os contidos que forman parte dos currículos de historia e ciencias sociais no Ensino Secundario Obrigatorio e no Bacharelato, identificando os enfoques disciplinares e didácticos que os inspiran.
     Coñecer, revisar e tomar posturas fundadas sobre os grandes aspectos específicos do ensino da historia e as ciencias sociais: metas educativas, selección de contidos, estratexias e recursos de ensino e criterios e instrumentos de avaliación.
     Analizar e valorar materiais e textos escolares para o ensino da historia e das ciencias sociais utilizando criterios rigorosos e congruentes cos resultados da investigación didáctica neste campo.
     Coñecer o potencial educativo dos diferentes recursos didácticos utilizados no ensino da historia e das ciencias sociais, e ser capaces de formular propostas educativas concretas que contemplen o uso de diferentes recursos.

    Contidos
    1. A historia como disciplina escolar. Orixes e evolución. Reformas educativas e debates sobre a historia no sistema escolar. Panorama actual.
    2. Os contidos escolares da historia. O coñecemento escolar e a súa relación co coñecemento académico en historia. Os diferentes tipos de contidos escolares en historia. As competencias como instrumento de integración dos diferentes contidos.
    3. Os estudantes de Educación Secundaria e a aprendizaxe da historia. As achegas da psicoloxía cognitiva e da didáctica sobre a aprendizaxe da historia na infancia e na adolescencia. Dificultades específicas da aprendizaxe da historia: os conceptos específicos, a temporalidade, a causalidade, a interpretación das fontes históricas…
    4. Materiais e recursos para o ensino da historia e as ciencias sociais. Os libros de texto e os materiais escolares. Recursos para o ensino da historia: as fontes históricas, as saídas escolares, os museos e arquivos, o cine, internet…
    5. A avaliación en historia e ciencias sociais. A avaliación das aprendizaxes dos estudantes: criterios e instrumentos. A avaliación do proceso de ensino e do traballo do profesor: criterios e instrumentos.

    Bibliografía básica e complementaria
    ARMAS, X., (coord.) (1994). Ensinar e aprender Historia na Educación Secundaria. Santiago: ICE Univ. de Santiago.
    ARMAS, X., (coord.) (2002). Ensinar historia de Galicia. Aspectos historiográficos e didácticos. Santiago: ICE Univ. de Santiago.
    ÁVILA, R.M.; LÓPEZ ATXURRA, R. y FERNÁNDEZ DE LA REA, E. (eds.) (2007). Las competencias profesionales para la enseñanza y aprendizaje de las ciencias sociales ante el reto europeo y la globalización. Bilbao: Asociación Universitaria de Profesorado de Didáctica de las Ciencias Sociales.
    BENEJAM, P. et al. (2002). Las ciencias sociales: concepciones y procedimientos. Barcelona: Graó.
    BENEJAM, P. e PAGÈS, J. (coords.) (1997). Enseñar y aprender Ciencias Sociales, Geografía e Historia en la Educación Secundaria. Barclona: ICE-Horsori.
    BOYD, C. (2000). Historia patria: política, historia e identidad nacional en España, 1875-1975. Barcelona: Pomares Corredor.
    CARRERAS, J. J., FORCADELL, C. (eds.) (2003). Usos públicos de la historia. Madrid: Marcial Pons.
    CARRETERO, M., VOSS, F. (eds.) (1994). Cognitive and instructional processes in history and the social sciences. Hillsdale: LEA.
    CUESTA, R. (1997). Sociogénesis de una disciplina escolar, la historia. Barcelona: Pomares Corredor.
    GONZÁLEZ MUÑOZ, Mª. C. (1996). La enseñanza de la Historia en el nivel medio. Situación, tendencias e innovaciones. Madrid: Marcial Pons.
    Grupo VALLADOLID (1994). La comprensión de la Historia por los adolescentes. Valladolid: ICE Univ. de Valladolid.
    HERNÁNDEZ, F.X. (2002). Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia. Barcelona: Graó.
    LICERAS, A. (1997). Las dificultades en el aprendizaje de las Ciencias Sociales. Una perspectiva psicodidáctica. Granada: Grupo Editorial Universitario.
    PÉREZ GARZÓN, J. S. et al. (2000). La gestión de la memoria: la historia de España al servicio del poder. Barcelona: Crítica.
    STERARNS, P., SEIXAS, P., WINEMBURG, S. (Eds.) (2000). Knowing, Teaching and Learning History. National and International Perspectives. New York/London: Universtiy Press.
    TREPAT, C., C0MES, P. (1998). El tiempo y el espacio en la didáctica de las ciencias sociales. Barcelona: ICE/Graó.
    VALLS, R. (2007). Historiografía escolar española: siglos XIX-XXI. Madrid: UNED
    VV. AA. (1998). Historia y sistema educativo. Ayer, nº 30.
    VV.AA. (2001). Las ciencias sociales en Internet. Mérida: Junta de Extremadura.
    XUNTA DE GALICIA (2007). Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se establece o currículo da ESO na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 13 de xullo).
    XUNTA DE GALICIA (2008). Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 23 de xuño)
    http://www.ub.es/histodidactica/articulos.htm (web da UB sobre ensino das ciencias sociais)
    http://www.didactica-ciencias-sociales.org/ (web da Asociación de Profesorado de Didáctica de las Ciencias Sociales)
    http://clio.rediris.es/index.html (web do Proyecto Clio sobre materiais didácticos de historia)

    Competencias
    Esta materia debe contribuír ao desenvolvemento de certas competencias xerais, específicas e transversais que forman parte do proxecto formativo da titulación e que se sinalan de seguido:
    a) Competencias xerais:
    – Coñecer os contidos curriculares de historia e ciencias sociais.
    – Coñecer os resultados máis destacados da investigación didáctica sobre os procesos de ensino e aprendizaxe da historia e as ciencias sociais.
    – Planificar, desenvolver e avaliar propostas de ensino e aprendizaxe, utilizando metodoloxías de traballo que faciliten a adquisición das competencias propias das materias de historia e ciencias sociais, así como outras compartidas coas demais materias e áreas da Educación Secundaria.
    – Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe da historia e das ciencias sociais.
    b) Competencias específicas
    – Coñecer os aspectos teóricos e prácticos sobre o ensino e a aprendizaxe da historia e as ciencias sociais.
    – Transformar os currículos de historia e ciencias sociais en propostas de ensino e programas de actividades.
    – Adquirir criterios de selección, elaboración e avaliación de materiais educativos para as materias de historia e ciencias sociais.
    – Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as opinións e achegas dos estudantes.
    – Integrar os materiais audiovisuais e multimedia no proceso de ensino e aprendizaxe.
    – Coñecer e utilizar procedementos de avaliación que se ocupan non só dos resultados da aprendizaxe dos estudantes senón tamén do deseño e do proceso de ensino.
    c) Competencias transversais
    – Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluído o acceso a Internet
    – Potenciar a capacidade de traballo en contornos cooperativos e interdisciplinares

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía de traballo inspírase nos métodos interactivos e dialóxicos, que parten da base de que a aprendizaxe é un proceso individual pero mediado por factores sociais e grupais, e que a interacción e o diálogo son fundamentais na incorporación de novas ideas e na adquisición de novos significados.
    O desenvolvemento da materia combinará clases expositivas con outras interactivas e coas actividades de titorías personalizadas. As clases expositivas utilizaranse para presentar por parte do profesor os grandes núcleos teóricos da materia e suxerir as vías para profundar en cada un deles. As clases interactivas demandarán máis o traballo autónomo e a implicación dos estudantes para analizar casos, discutir documentos, resolver problemas, organizar debates, etc. As sesións de titoría utilizaranse para orientar e facer seguimento das tarefas, traballos, lecturas, exposicións, etc. que realicen os estudantes, así como para resolver as dificultades que se presenten.

    Sistema de evaluación
    Na avaliación da materia teranse en conta dous elementos que terán un peso idéntico na avaliación final. Por unha parte, a asistencia e participación nas actividades da aula, realización de traballos, participación en debates, exposicións orais, etc., que terá un peso do 50%. Por outra, unha proba final na que os estudantes deberán demostrar as competencias para, a valoración e discusión de propostas de ensino da materia, análise de documentos, síntese dalgún aspecto relevante da materia, resolución de problemas, estudo de casos, etc.; terá un peso do 50% da avaliación final.
    Tempo de estudo e traballo persoal

    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas
    Clases expositivas 15
    Clases interactivas (seminarios, debates, exposicións,…prácticas) 24
    Titorías en grupo pequeño e mediano 9
    Total horas trabajo presencial en el aula 48

    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO Horas
    Estudo autónomo, individual ou en grupo 40
    Elaboración de informes, resolución de problemas, deseño de propostas de ensino, etc. 40
    Preparación e participación en debates, presentacións orais, etc. 15
    Lecturas recomendadas, búsquedas bibliográficas, outras tarefas 7
    Total horas trabajo personal del alumno 102

    * Durante o curso 2009-2010 o tempo de traballo presencial e de traballo personalizado do alumnado quedará reducido a un 65% do total, segundo se desprende das instrucións ministeriais e dos propios acordos da USC.