P3241218 - Aprendizaxe e Ensinanza de Xeografía e Ciencias Sociais (Módulo Específico Ciencias Sociais, Xeografía e Historia) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
- Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaOBXECTIVO XERAL:
Presentarlle ao estudante do Máster os aspectos máis relevantes dos procesos de ensino-aprendizaxe da xeografía na educación secundaria.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
- Familiarizar aos futuros profesores coas ideas e teorías que permitan cuestionar as prácticas docentes de "sentido común" no ensino da xeografía e das ciencias sociais, e fomentar hábitos de reflexión que conduzan a un cambio didáctico.
- Coñecer o proceso de conformación da xeografía como disciplina escolar.
- Analizar criticamente os contidos que forman parte dos currículos de xeografía e ciencias sociais na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato, identificando os enfoques disciplinares e didácticos que os inspiran.
- Coñecer e reflexionar sobre as peculiaridades e especificidades propias do proceso de ensino-aprendizaxe da xeografía e as ciencias sociais: dificultades de aprendizaxe; estratexias, materiais e recursos para o ensino-aprendizaxe; sentido e instrumentos para a avaliación.
- Analizar e valorar materiais e textos escolares para o ensino-aprendizaxe da xeografía e das ciencias sociais, utilizando criterios rigorosos e congruentes cos resultados da investigación didáctica neste campo.
- Coñecer o potencial educativo dos diferentes recursos didácticos utilizados no proceso de ensino-aprendizaxe da xeografía e das ciencias sociais, e ser quen de formular propostas educativas concretas que contemplen o uso de diferentes recursos.
- Analizar criticamente prácticas e instrumentos de avaliación de xeografía e ciencias sociais e propoñer alternativas para unha avaliación formativa e integrada no proceso de ensino-aprendizaxe.
ContidosMódulo 1.- A XEOGRAFÍA COMO DISCIPLINA ESCOLAR.
1. As relacións entre a xeografía científica e a xeografía escolar.
2. Para que teñen que aprender xeografía os estudantes de educación secundaria?
Módulo 2.- OS ESTUDANTES DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E AS DIFICULTADES DA APRENDIZAXE DOS CONTIDOS XEOGRÁFICOS.
1. Currículo e competencias básicas: un instrumento para a integración dos contidos escolares.
2. Que xeografía teñen que aprender os estudantes de educación secundaria?
3. Que dificultades de aprendizaxe presentan estes contidos para os estudantes de educación secundaria?
Módulo 3.- MATERIAIS E RECURSOS PARA O ENSINO-APRENDIZAXE DA XEOGRAFÍA.
1. Libros de texto: discurso, gráficos e mapas temáticos.
2. Recursos para unha aprendizaxe significativa da xeografía: mapas conceptuais.
3. Situacións didácticas baseadas na simulación.
4. Problematización dos contidos xeográficos.
5. Desenvolvemento das habilidades cartográficas.
Módulo 4.- A AVALIACIÓN DAS APRENDIZAXES DE XEOGRAFÍA.
1. Como debemos entender a avaliación das aprendizaxes xeográficas?
2. Criterios e instrumentos de avaliación da xeografía na educación secundaria.
Bibliografía básica e complementariaBailey, P. (1981): Didáctica de la Geografía. Madrid, Cincel-Kapelusz.
Benejam, P. e Pagès, J. (coords.) (1997): Enseñar y aprender Ciencias Sociales, Geografía e Historia en la Educación Secundaria. Barcelona, ICE de la Universidad de Barcelona / Horsori.
Friera Suárez, F. (1995): Didáctica de las ciencias sociales: geografía e historia. Madrid, Ediciones de la Torre.
García Ruiz, A. L. (coord.) (1997): Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia en la enseñanza secundaria. Granada, Grupo Editorial Universitario.
Liceras Ruiz, A. (1997): Las dificultades en el aprendizaje de las ciencias sociales. Una perspectiva psicodidáctica. Granada, Grupo Editorial Universitario.
Moreno Jiménez, A. e Marrón Gaite, Mª J. (eds.) (1995): Enseñar Geografía. De la teoría a la práctica. Madrid, Síntesis.
Río Barja, F. J. (1981): Didáctica da Xeografía. Vigo, Galaxia.
Rodríguez Lestegás, F. (2002): Concebir la geografía escolar desde una nueva perspectiva: una disciplina al servicio de la cultura escolar. Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, 33, pp. 173-186.
Souto González, X. M. (1998): Didáctica de la Geografía. Problemas sociales y conocimiento del medio. Barcelona, Ediciones del Serbal.
CompetenciasCOMPETENCIAS XERAIS
• (CG1) Coñecer os contidos curriculares de xeografía e ciencias sociais.
• (CG2) Coñecer o corpo de coñecementos didácticos en relación cos procesos de ensino e aprendizaxe da xeografía e das ciencias sociais.
• (CG3) Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias do ensino da xeografía e das ciencias sociais, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
• (CG4) Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe da xeografía e das ciencias sociais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ASOCIADAS AO MÓDULO ESPECÍFICO
• (CE-E5) Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e aprendizaxe da xeografía e das ciencias sociais.
• (CE-E6) Transformar os currículos de xeografía e ciencias sociais en programas de actividades e de traballo.
• (CE-E7) Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos para as materias de xeografía e ciencias sociais.
• (CE-E8) Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
• (CE-E9) Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
• (CE-E10) Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
• (CT-1) Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
• (CT-3) Potenciar a capacidade para o traballo en contornos cooperativos e pluridisciplinares.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas consistirán basicamente en leccións impartidas polo profesor, dedicadas á presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudo de casos, a análise de proxectos e a resolución de problemas. Todas as tarefas do alumno (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polo profesor tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa materia.
Sistema de evaluaciónCon carácter xeral, a avaliación cinguirase á comprobación do desenvolvemento efectivo das competencias. Especificamente, a cualificación de cada alumno obterase mediante avaliación continua e a realización dun exame final.
AVALIACIÓN CONTINUA
- Asistencia e participación nas actividades da aula, realización de traballos, participación en debates, exposicións orais. Ponderación: 50%
EXAME FINAL
- Estudo de casos, análise de proxectos, resolución de problemas, síntese dalgún aspecto esencial da materia. Ponderación: 50%
Tempo de estudo e traballo persoalHoras de traballo presencial na aula: 48
Horas de traballo persoal do estudante: 102