P3241219 - Filosofía e Educación I (Módulo Específico Filosofía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.00
- Total: 4.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 4.00
- Total: 32.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social, Lóxica e Filosofía Moral
- Áreas: Filosofía, Filosofía Moral
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1.- Transmitir os contidos fundamentais, mediante a explicación dos temas do programa.
2.- Ensinar a traballar, mediante a leitura, o debate e o comentario de textos.
3.- Alentar o diálogo, promover o debate, animar á reflexión, mediante a participación nas explicacións e os comentarios.
4.- Preparar para a docencia da filosofía:
1. Fomentando as capacidades expositivas, argumentativas, discursivas e dialóxicas.
2. Fomentado as capacidades críticas e construtivas.
3. Fomentando o sentimento e o xuízo morais.
4. Propiciando as tomadas de postura ante temas filosófica e moralmente relevantes.
5. Capacitando para o exercicio profesional, utilizando materiais, medios e recursos diversos.
6. Capacitando para a elaboración de materiais didácticos e para o aproveitamento de recursos xa existentes.
Contidos1. Estatuto epistemolóxico da Filosofía.
1.1. A Filosofía e a Ciencia
1.2. A Filosofía e as Artes
1.3. A utilidade da Filosofía
BIBLIOGRAFÍA:
-ORTEGA Y GASSET, J: Qué es filosofía (epílogo).
-RORTY, R: Contingencia, ironía y solidaridad (eapítulo 2).
-GUISÁN, E.: De la útil inutilidad de la Filosofía. Discurso Inaugural de Apertura del Curso 2005-2006 de la Universidad de Santiago de Compostela.
2. Valor social da Filosofía.
2.1. As grandes correntes filosóficas e políticas e a súa incidencia no decurso histórico.
. conservadorismo
. liberalismo
. socialismo
. comunismo
BIBLIOGRAFÍA:
-RUSSELL, B.: Ideales políticos (capítulo final).
3. Educación para a cidadanía.
3.1. A democracia e os seus límites.
3.2. Da cidadanía nacional ao cosmopolitismo.
BIBLIOGRAFÍA:
-GUISÁN, E.: Ética sin religión. Para una educación cívica laica (capítulos “Ética para demócratas” e “Ética para la ciudadanía”).
4. Culturas relixiosas.
Bibliografía básica e complementaria-Antiseri, Dario: Cómo se razona en filosofía. Por qué y cómo enseñar historia de la filosofía, Unión Editorial, Madrid, 2013.
-Comte-Sponville, André: La filosofía. Qué es y cómo se practica, Paidós, Barcelona, 2012.
-Fernández Liria, Carlos: ¿Para qué servimos los filósofos?, Los libros de la catarata, Madrid, 2012.
-García Morente, Manuel: Símbolos del pensador. Filosofía y pedagogía (Seguido de un ensayo de Juan José García Norro), Ediciones Encuentro, Madrid, 2012.
-Guisán, Esperanza: De la útil inutilidad de la Filosofía. Discurso Inaugural de Apertura del Curso 2005-2006, Universidad de Santiago de Compostela, 2005.
-Guisán, Esperanza: Ética sin religión. Para una educación cívica laica, Alianza, Madrid, 2009.
-Martínez Quintanar, Miguel & Regueiro Tenreiro, Manuel: Ser cidadán, Galinova, A Coruña 2011; Saber convivir, Galinova, A Coruña, 2011.
-Nussbaum, Martha C.: Sin fines de lucro. Por qué la democracia necesita de las humanidades, Katz Editores, Madrid, 2010.
-Ortega y Gasset, José: ¿Qué es filosofía?, Revista de Occidente en Alianza Editorial, Madrid, 1988.
-Rorty, Richard: Contingencia, ironía y solidaridad, Paidós, Barcelona, 2001.
-Russell, Bertrand: Ideales políticos, Técnos, Madrid, 2009.
-Vattimo, Gianni: Vocación y responsabilidad del filósofo, Herder editorial, Barcelona, 2012.
CompetenciasA) Específicas:
1.- Adquisición dos coñecementos propios da materia.
2.- Aprendizaxe das técnicas de estudo e docencia correspondentes.
3.- Desenvolvemento das capacidades de lectura, interpretación, diálogo e debate razoados e construtivos, orientadas á docencia da filosofía.
4.- Aprendizaxe de procedementos e emprego de recursos para a docencia da filosofía.
B) Xerais:
1.- Mellora da comunicación verbal e escrita.
2.- Desenvolvemento do sentido ético, potenciando a auto-consciencia moral e avivando a sensibilidade social ético-política.
Metodoloxía da ensinanza 1.- Docencia expositiva: explicación dos temas do programa polo profesor, aberta á participación, o confronto e o debate.
2.- Docencia interactiva: realización de prácticas consistentes en debates e comentarios de temas/textos escollidos, orientados polo profesor.
3.- Tutorias: consulta e seguimento singularizados ao dispor do/a aluno/a.
Sistema de evaluaciónA avaliación será continua e conxunta da teoría e a práctica, mediante exercicios.
1) Cada exercicio poderá receber a cualificación de 0 a 1 punto, téndose en conta a participación oral e a realización escrita.
2) Para superar a materia será necesario obter a puntuación de +5, dun total posíbel de 10 puntos.
3) Para poder presentarse ao exame final será necesario ter realizado o 60% dos exercicios.
4) A superación da materia por medio da avaliación continua exclúe a posibilidade de presentarse ao exame final.
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de traballo: 100h (4 ECTS)
Tempo de docencia presencial: 32h
Tempo de estudo cuadrimestral: 68h
Recomendacións para o estudo da materia1) Leitura previa ás aulas, e releitura posterior, dos textos dos temas.
2) Asistencia e participación nas aulas.
3) Preparación dos temas marcados seguindo as pautas indicadas.
4) Consulta de dúbidas nas aulas ou en tutorías.