P3241220 - Filosofía e Educación II (Módulo Específico Filosofía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.00
- Total: 4.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 4.00
- Total: 32.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
- Áreas: Antropoloxía Social
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1) Familiarizar ós estudantes cos enfoques actuais da Filosofía e coas súas achegas no eido educativo
2) Dar a coñecer os valores da educación como camiño para acadar unha formación integral da persoa
3) Concienciar ós estudantes coa importancia da dignidade, da axioloxía e dos Dereitos Humanos no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
4) Fundamentar dende o punto de vista ético-filosófico a Educación para a Cidadanía.
5) Dar a coñecer os principais elementos curriculares da Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos
6) Presentar as materias de Filosofía no bacharelato: análise lexislativo e descrición.
ContidosA) Historia da Filosofía 2º Bacharelato
1) Presentación e análise da lexislación.
2) Estudo descritivo da materia.
B) Filosofía e Cidadanía, 1º Bacharelato.
1) Presentación e análise da lexislación.
2) Estudo descritivo da materia.
C) EDUCACIÓN ÉTICO-CÍVICA, 4º Eso.
1) Presentación e análise da lexislación.
2) Estudo descritivo da materia.
D) EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA e os Dereitos Humanos. 2º Eso.
1) Presentación e análise da lexislación.
2) Estudo descritivo da materia.
Bibliografía básica e complementariaA) Historia da Filosofía 2º Bacharelato
Bibliografía básica
- Decreto 126/2008, do 19 de xuño polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia DOG, Luns, 23 de xuño de 2008)
- Orde do 25 de xuño de 2008 (DOG, Venres, 27 de xuño de 2008)
- Real Decreto 1892/2008, do 14 de novembro, polo que se regulan as condicións para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e os procedementos de admisión ás universidades españolas (BOE do 24 de novembro de 2008): se aplicará para o acceso ao curso 2011-2012.
Bibliografía complementaria:
Historia da filosofía 2º, Henrique Pérez Sotelo, Baía.
Historia da Filosofía 2º Bacharelato (2009), Oliveira Malvar, Mercedes; Alonso Rodríguez, Ana María; García Castro, Xesús; Pérez Fernández, Ángel; Rodríguez de Rávena, Ricardo; Vázquez Freire, Miguel.
ISBN:978-84-9782-552-8
HISTORIA DA FILOSOFIA. 2. BACHARELATO, Por: RIVAS. M., Edición: 01, Fecha Publ.: 01-JUN-03
ISBN: 8448138287 - EAN: 9788448138288.
B) A FILOSOFÍA I NO CURRÍCULO DE BACHARELATO
Bibliografía básica
- Decreto 126/2008, do 19 de xuño polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia DOG, Luns, 23 de xuño de 2008)
- Orde do 25 de xuño de 2008 (DOG, Venres, 27 de xuño de 2008)
- Bibliografía complementaria:
Filosofía e Cidadanía, 1º Bacharelato (2008), Oliveira Malvar, Mercedes; Alonso Rodríguez, Ana María; García, Xesús E.; Pérez Fernández, Ángel; Rodríguez de Rávena, Ricardo; Vázquez Freire, Miguel.
ISBN:978-84-9782-815-4
Filosofía Filosofía e cidadanía 1 Galego Moises Lozano Paz, Modesto López B. e outros Mac Graw-Hill 978-84-481-6997-8, 2008
C) EDUCACIÓN ÉTICO-CÍVICA, 4º Eso.
Bibliografía básica
Real Decreto 1631/2006. de 29 de decembro por el que se establecen las enseñanzas mínimas correspondientes a la educación secundaria obligatoria (BOE de 5 de enero de 2007.
Decreto 133/2007, de 5 de xullo, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade autónoma de Galicia (DOG nº 136, de 13 de xullo de 2007).
Orde de 6 de setembro de 2007 pola que se desenvolve a implantación da ESO na Comunidade Autónoma de Galicia.
Bibliografía complementaria:
Ética e Educación para a cidadanía 4º ESO (2008), García, Xesús E.; Garea Traba, Eva; Oliveira Malvar, Mercedes; Rodríguez de Rávena, Ricardo; Vázquez Freire, Miguel. ISBN:978-84-9782-788-1
EDUCACION ETICO CIVICA. 4 . ESO, Por: ABAD PASCUAL. JUAN JOSE, Edición: 01
Fecha Publ.: 01-FEB-08, ISBN: 844816265X - EAN: 9788448162658, Idioma: ESP.
D) EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA e os Dereitos Humanos, 2º Eso.
Bibliografía básica
Real Decreto 1631/2006. de 29 de dIciembre por el que se establecen las enseñanzas mínimas correspondientes a la educación secundaria obligatoria (BOE de 5 de enero de 2007.
Decreto 133/2007, de 5 de xullo, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade autónoma de Galicia (DOG nº 136, de 13 de xullo de 2007).
Orde de 6 de setembro de 2007 pola que se desenvolve a implantación da ESO na Comunidade Autónoma de Galicia.
Bibliografía complementaria:
Educación para a Cidadanía Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos Galego Carme Alfaro e outros Ediciones del Serbal 978-84-7628-537-4 2008
Educación para a cidadanía 2º ESO (2008), García, Xesús E.; Garea Traba, Eva; Oliveira Malvar, Mercedes; Rodríguez de Rávena, Ricardo; Vázquez Freire, Miguel. ISBN:978-84-9782-750
EDUCACION PARA LA CIUDADANIA. ESO, Por: ABAD. JUAN JOSE, Edición: 01, Fecha Publ.: 01-APR-07,l, ISBN: 8448149920 - EAN: 9788448149925.
Competencias- Coñecemento dos obxectivos e contidos da materia.
- Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar, reflexionar e deliberar en termos éticos e axiolóxicos, formulando xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas cos coñecementos adquiridos.
- Que na súa actividade profesional e actuación persoal difundan e apliquen os principios de respecto e a promoción dos Dereitos Fundamentais, a igualdade entre as persoas, o desenvolvemento e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
-Estar en condicións de aprender a aprender e ensinar os coñecementos adquiridos no Máster e os que estean directa ou indirectamente relacionados.
- Contribución a adquisición das competencias social e cidadán que promove a Educación para a Cidadanía
- Coñecemento da legislación e dos problemas peculiares relativos á docencia da filosofía no ensino secundario.
Metodoloxía da ensinanza -Clases teóricas: exposición maxistral, aberta a intervencións e debate.
-Clases prácticas: con participación activa e protagonista de alumnas e alumnos.
Sistema de evaluación1) Asistencia e participación nas sesións
2) Comentario de textos e documentos
3) Exposición dun traballo en grupo (que posteriormente será entregado por escrito)
Tempo de estudo e traballo persoal50 horas
Recomendacións para o estudo da materia- Coñecemento instrumental da lingua galega e doutras linguas europeas.
- Manexo de bases de datos e outras ferramentas accesibles a través de internet para a busca de información
- Manexo dos programas informáticos de tratamento de textos para a presentación dos traballos, e dos específicos para as presentacións audiovisuais.