Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3241221 - Aprendizaxe e Ensinanza da Filosofía: Temática (Módulo Específico Filosofía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
  • Áreas: Filosofía
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
SANCHEZ RODRIGUEZ, RAMON.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    • Promover unha reflexión sobre os paradigmas didácticos implícitos nas prácticas docentes tradicionais do ensino da filosofía, e fomentar hábitos que conduzan á súa transformación crítica e cualificación didáctica.
    • Coñecer o proceso de conformación da materia temática de filosofía no currículo escolar nos contextos internacional e español, e emitir opinións fundadas sobre os debates a que ten dado lugar no pasado e na actualidade.
    • Analizar de forma crítica os contidos que forman parte dos currículos de Filosofía e Cidadanía no Bacharelato, identificando os modelos didácticos que os inspiran.
    • Coñecer, revisar e tomar posturas fundadas sobre os grandes aspectos específicos do ensino da filosofía no marco das ciencias sociais: metas educativas, competencias específicas, selección de contidos, estratexias e recursos de ensino e criterios e instrumentos de avaliación.
    • Analizar e valorar materiais e textos escolares para o ensino da filosofía utilizando criterios rigorosos e congruentes cos resultados da investigación didáctica neste campo.
    • Coñecer o potencial educativo dos diferentes recursos didácticos utilizados no ensino filosofía, e ser capaces de formular propostas educativas concretas que contemplen o uso de diferentes recursos.

    Contidos
    1. O lugar da filosofía no ensino. Xustificación da presenza de contidos filosóficos no currículo xeral.
    2. As relacións entre filosofía e didáctica: a especificidade da didáctica filosófica.
    3. A filosofía como disciplina escolar. Orixes e evolución. Reformas educativas e debates sobre a filosofía no sistema escolar. Panorama actual.
    4. Os contidos curriculares da materia de Filosofía e Cidadanía. O coñecemento escolar e a súa relación co coñecemento académico en filosofía e nas ciencias sociais en xeral.
    5. Caracterización, desenvolvemento e avaliación das competencias filosóficas en calidade de competencias básicas.
    6. Os estudantes de Bacharelato e a aprendizaxe da filosofía. As achegas da psicoloxía cognitiva e da didáctica para facilitar a aprendizaxe da filosofía na adolescencia.
    7. Materiais e recursos para o ensino da filosofía. Os libros de texto e os materiais escolares. Recursos para o ensino da filosofía: as conferencias, os debates, as saídas escolares, as exposicións, a arte, os museos, o cine, internet…
    8. A avaliación en filosofía:procesos de aprendizaxe e ensino, estratexias e técnicas de avaliación.

    Bibliografía básica e complementaria
    AA.VV. (1999a). Enseñar filosofía hoy. Madrid: Santillana.
    AA.VV. (1999b). La enseñanza de la filosofía hoy. íber. Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, Vl, 20, abril-mayo-junio.
    ADORNO, T. (1998). Educación para la emancipación. Madrid: Moraia.
    ÁLVAREZ, J. (2001). Evaluar para conocer, examinar para excluir. Madrid: Morata.
    ARNAIZ, G. (2007). Evolución de los talleres filosóficos: de la filosofía para niños a las nuevas prácticas filosóficas. Filoeduc. Consultado (18/05/2010) en:
    www.filoeduc.org/childphilo/n5/GabrielArnaiz.pdf .
    ARROYO, J. y BOLÍVAR, A. (1996). Orientaciones bibliográficas sobre la enseñanza de la Filosofía en secundaria. Paideia, 34, 109-132.
    BARBERA, E. (2000). Avaluació de l’ensenyament, avaluació de l’aprenentatge. Barcelona: Edebé.
    BONVECCHIO, M. (2006). Evaluación de los aprendizajes. Buenos Aires: Novedades Educativas.
    BRENIFIER, O. (2005). E/ diálogo en clase. Santa Cruz de Tenerife: Ediciones Idea. Colección Praxis.
    BRENIFIER, O. et al. (2002). L’Etat et la société, Saint-Germain-du-Puy: NathanNUEF. [Tradución en español: El Estado y la sociedad, Laberinto (Aprendiendo a Filosofar, 6), 2006].
    CARR, W. e KEMMIS, S. (1988). Teoría crítica de la enseñanza. Barcelona: Martínez Roca.
    CASSIRER, E. (1977). Antropología filosófica. México: FCE.
    CELMAN, S. (1998). yEs posible mejorar la evaluación y transformarla en herramienta de conocimiento?. En La evaluación de los aprendizajes en el debate didáctico contemporáneo. Buenos Aires: Paidós (pp. 35-66).
    GIMENO, P. (1995). Teoría crítica de la educación. Madrid: UNED.
    GÓMEZ PIN, V. (2005), El hombre, un animal singular. Madrid: Esfera de Los Libros.
    IBAR, M. (2002). Manual genera/de evaluación. Barcelona: Octaedro.
    JIMÉNEZ ALEIXANDRE, M.P. (2010). 10 ideas-clave. Competencias en argumentos y uso de pruebas. Barcelona: Graó.
    LIPMAN, M., SHARP, A.M. E OSCANYAN, F.O. (1992). La filosofía en el aula. Madrid: Ediciones de la Torre.
    MARINA, J.A. y BERNABEU, R. (2007). Competencia social y ciudadana. Madrid: Alianza.
    MARTENS, E. (1993). ¿Qué significa felicidad/ Valencia: Universidad de Valencia. Servicio de Publicaciones.
    MARTÍNEZ MARZOA, F. (1974). Historia de la Filosofía. Madrid: Istmo.
    MUÑOZ, J. (2010). Prohibido pensar. Barcelona: Octaedro.
    NOVAK, J. y GOWIN, D. (1988). Aprendiendo a aprender. Barcelona: Martínez Roca.
    OBIOLS, G. e RABOSSI, E. (coords.) (2000). La enseñanza de la filosofía en debate. Buenos Aires: Novedades Educativas.
    PELLICER, C. y ORTEGA, M. (2009). La evaluación de las competencias básicas. Madrid: PPC.
    PERRENOUD, P. (2004). Desarrollar la práctica reflexiva en el oficio de enseñar. Barcelona: Graó.
    PIMIENTA, J.H. (2008). Evaluación de los aprendizajes. Madrid: Pearson.
    PIZARRO, F. (1996). Aprender a razonar. México: Alhambra.
    REVENGA, A. (1997). Filosofía y didáctica: una relación intrínsecamente constitutiva. Tesis doctoral inédita. Universidad de Barcelona.
    REVENGA, A. (2005). Pensar la filosofía desde su mediación didáctica. Diálogo Filosófico, 61, 83-112.
    RORTY, R. (2007). Una ética para laicos. Buenos Aires: Katz.
    RUSS, J. (2001). Los métodos de la filosofía. Madrid: Síntesis.
    SALINAS, D. (2002). ¡Mañana examen! La evaluación: entre la teoría y la realidad. Barcelona: Graó.
    SANTOS GUERRA, M.A. (2003). Una flecha en la diana. La evaluación como aprendizaje. Madrid: Narcea.
    SANZ DE ACEDO, M.L. (2010). Competencias cognitivas en educación superior. Madrid: Narcea.
    SARBACH, A. (2005). ¿Qué pasa en la clase de filosofía? Hacia una didáctica narrativa y de investigación. Tesis doctoral. Universidad de Barcelona.
    SHAW, l. (2003). La evaluación cualitativa. Barcelona: Paidós.
    STUFFLEBEAM, D.L. e SHINKFIELD, A.J. (1987). Evaluación sistemática: guía teórica y práctica. Madrid: Paidós-MEC.
    TEJEDOR, C. (1984). Didáctica de la filosofía. Perspectivas y materiales. Madrid: SM.
    TODOREV, T. (2008). La vida en común. Ensayo de antropología general. Madrid: Taurus.
    TOZZI, M. (1999). Penser par soi-meme: initiation a la philosophie. Lyon: Evo. Chronique sociale.
    VALERA, F.J. (1992). De cuerpo presente. Barcelona: Gedisa.
    ZIZEK, S. (2006). Arriesgar lo imposible. Madrid: Trotta.

    Recursos na rede:
    www.ilgiardinodeipensieri.eu (web de didáctica da filosofía a cargo de Mario Trombino)
    www.acireph.org (web da ACIREPh)
    http://www.cibernous.com (sitio de recursos de filosofía, dirixido por Elena Diez de La Cortina Montemayor)
    http://www.lacavernadeplaton.com/ (web de filosofía de Luis Fernández-Castañeda Belda)
    http://www.filopolis.net (web de Llorenç Vallmajó Riera de filosofía para non iniciados
    http://personales.ya.com/enxergo/ntics (as NTIC na aula de filosofia)
    www.philotozzi (sitio de Michel Tozzi)
    www.crdp-montpellier.fr/ressources/agora (revista Agora)
    http://www.filosofía.org (buscador de temas de filosofía)
    www.aprenderapensar.net (Aprender a pensar)
    www.eurydice.org (información sobre sistemas e políticas educativas en Europa)
    www.movilizacioneducativa.net (Movilización educativa)
    www.cinemaencurs.org (Cinema en curs. Proxecto educativo do Departamento de Educación da Generalitat)
    http://doctormostaza.blogspot.com/ (blog dedicado ao cine e a filosofia)
    www.eduteka.org/comenedit.php3?ComEdlD=0010 (deseño e uso de webquest)
    http://recursos.cnice.mec.es/media/ (web de recursos do MEC)
    http://mediateca.educa.madrid.org/ (web mediateca do Departamento de Educación da Comunidade de Madrid)
    www.proyecto-atlantida.net (Proyecto Atlántida)
    www.grupembolic.com/gruppub.htm (web do Grup Embolic de Valencia)

    Competencias
    Esta materia debe contribuír ao desenvolvemento de certas competencias xerais, específicas e transversais que forman parte do proxecto formativo da titulación e que se sinalan de seguido:

    a) Competencias xerais:
    – Coñecer os contidos curriculares das materias de filosofía
    – Coñecer os resultados máis destacados da investigación didáctica sobre os procesos de ensino e aprendizaxe da filosofía.
    – Planificar, desenvolver e avaliar propostas de ensino e aprendizaxe, utilizando metodoloxías de traballo que faciliten a adquisición das competencias propias das materias de filosofía, así como outras compartidas coas demais materias e áreas da Educación Secundaria.
    – Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia) procedente de distintas fontes, materias e disciplinas e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe da filosofía, transformada en coñecemento argumentado e cualificada crítica e didacticamente.

    b) Competencias específicas
    – Coñecer os aspectos teóricos e prácticos sobre o ensino e a aprendizaxe da filosofía no bacharelato.
    – Transformar os currículos de filosofía en propostas de ensino e programas de actividades.
    – Adquirir criterios de selección, elaboración e avaliación de materiais educativos para as materias de filosofía.
    – Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as opinións e achegas dos estudantes.
    – Integrar os materiais audiovisuais e multimedia no proceso de ensino e aprendizaxe.
    – Coñecer e utilizar procedementos de avaliación que se ocupen non só dos resultados da aprendizaxe dos estudantes senón tamén do deseño e do proceso de ensino.

    c) Competencias transversais
    – Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluído o acceso a Internet
    – Potenciar a capacidade de traballo en contornos cooperativos e interdisciplinares

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía de traballo inspírase nos métodos interactivos e dialóxicos, que parten da base de que a aprendizaxe é un proceso individual pero mediado por factores sociais e grupais, e que a interacción e o diálogo son fundamentais na incorporación de novas ideas e na adquisición de novos significados.
    O desenvolvemento da materia combinará clases expositivas con outras interactivas e coas actividades de titorías personalizadas. As clases expositivas utilizaranse para presentar por parte do profesor os grandes núcleos teóricos da materia e suxerir as vías para profundar en cada un deles. As clases interactivas demandarán máis o traballo autónomo e a implicación dos estudantes para analizar casos, discutir documentos, resolver problemas, organizar debates, etc. As sesións de titoría utilizaranse para orientar e facer seguimento das tarefas, traballos, lecturas, exposicións, etc. que realicen os estudantes, así como para resolver as dificultades que se presenten.

    Sistema de evaluación
    Na avaliación da materia teranse en conta dous elementos que terán un peso idéntico na avaliación final. Por unha parte, a asistencia e participación nas actividades da aula, realización de traballos, participación en debates, exposicións orais, etc., que terá un peso do 50%. Por outra, unha proba final na que os estudantes deberán demostrar as competencias para, a valoración e discusión de propostas de ensino da materia, análise de documentos
    síntese dalgún aspecto relevante da materia, resolución de problemas, estudo de casos, etc.; terá un peso do 50% da avaliación final.