P3241222 - Aprendizaxe e Ensinanza da Filosofía: Historia (Módulo Específico Filosofía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
- Áreas: Filosofía
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia• Promover unha reflexión sobre os paradigmas didácticos implícitos nas prácticas docentes tradicionais do ensino da filosofía, e fomentar hábitos que conduzan á súa transformación crítica e cualificación didáctica.
• Coñecer o proceso de conformación da materia temática de filosofía no currículo escolar nos contextos internacional e español, e emitir opinións fundadas sobre os debates a que ten dado lugar no pasado e na actualidade.
• Analizar de forma crítica os contidos que forman parte dos currículos de Filosofía e Cidadanía no Bacharelato, identificando os modelos didácticos que os inspiran.
• Coñecer, revisar e tomar posturas fundadas sobre os grandes aspectos específicos do ensino da filosofía no marco das ciencias sociais: metas educativas, competencias específicas, selección de contidos, estratexias e recursos de ensino e criterios e instrumentos de avaliación.
• Analizar e valorar materiais e textos escolares para o ensino da filosofía utilizando criterios rigorosos e congruentes cos resultados da investigación didáctica neste campo.
• Coñecer o potencial educativo dos diferentes recursos didácticos utilizados no ensino filosofía, e ser capaces de formular propostas educativas concretas que contemplen o uso de diferentes recursos.
Contidos1. O lugar da filosofía no ensino. Xustificación da presenza de contidos filosóficos no currículo xeral.
2. As relacións entre filosofía e didáctica: a especificidade da didáctica filosófica.
3. A filosofía como disciplina escolar. Orixes e evolución. Reformas educativas e debates sobre a filosofía no sistema escolar. Panorama actual.
4. Os contidos curriculares da materia de Historia da Filosofía.
Filosofía antiga.
-As orixes da filosofía.
* O paso do mito ao logos.
* Os primeiros intentos de explicación racional: os presocráticos.
-Sócrates e Platón.
* A ilustración ateniense: os sofistas e Sócrates.
* Realidade e coñecemento desde a teoría das ideas.
* O ser humano e a sociedade.
-Aristóteles.
* A teoría da natureza.
* A ética e a política.
-Período helenístico e as escolas helenísticas.
Filosofía medieval e renacentista.
-O contacto entre filosofía e relixión cristiá: Santo Agostiño de Hipona e San Tomé de Aquino.
* A relación entre razón e fe.
* A lei natural.
-O Humanismo e o renacemento como tránsito á modernidade.
* A revolución científica.
* A xénese do Estado moderno.
Filosofía moderna.
-O racionalismo e o empirismo: Descartes, Locke e Hume.
* Descartes: a evidencia do eu como criterio de certeza e punto de partida dun sistema dedutivo do saber.
* A teoría do coñecemento empirista fronte ao racionalismo: o fenomenismo e a crítica da idea de causa en Hume.
* Locke e a teoría do contrato social.
-A ilustración: o idealismo transcendental de Kant.
* A crítica da razón como síntese de racionalismo e empirismo.
* O formalismo moral.
Filosofía contemporánea.
-Marx: a crítica do capitalismo.
* Crítica ao idealismo e materialismo anterior: o concepto de alienación.
* O materialismo histórico.
-Nietzsche: a crise da razón ilustrada.
* A crítica dos valores da cultura occidental: o nihilismo.
* A vontade de poder e o superhome.
-A filosofía analítica e outras correntes filosóficas do século XX.
-A filosofía en España.
-O pensamento galego.
5. Materiais e recursos para o ensino da filosofía. Os libros de texto e os materiais escolares. Recursos para o ensino da filosofía: as conferencias, os debates, as saídas escolares, as exposicións, a arte, os museos, o cine, internet…
Bibliografía básica e complementariaArbaizar Gil, Benito, Historia da filosofía para a Selectividade, Noia (A Coruña) : Toxosoutos, D.L. 2010
Grupo Enxergo de Didáctica da Filosofía, O Comentario de texto : textos da selectividade, comentario e explicacións, Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 1999.
Calquera manual de Historia da Filosofía de 2º BAC.
CompetenciasEsta materia debe contribuír ao desenvolvemento de certas competencias xerais, específicas e transversais que forman parte do proxecto formativo da titulación e que se sinalan de seguido:
a) Competencias xerais:
–Coñecer os contidos curriculares das materias de filosofía
–Coñecer os resultados máis destacados da investigación didáctica sobre os procesos de ensino e aprendizaxe da filosofía.
–Planificar, desenvolver e avaliar propostas de ensino e aprendizaxe, utilizando metodoloxías de traballo que faciliten a adquisición das competencias propias das materias de filosofía, así como outras compartidas coas demais materias e áreas da Educación Secundaria.
–Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia) procedente de distintas fontes, materias e disciplinas e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe da filosofía, transformada en coñecemento argumentado e cualificada crítica e didacticamente.
b) Competencias específicas
–Coñecer os aspectos teóricos e prácticos sobre o ensino e a aprendizaxe da filosofía no bacharelato.
–Transformar os currículos de filosofía en propostas de ensino e programas de actividades.
–Adquirir criterios de selección, elaboración e avaliación de materiais educativos para as materias de filosofía.
–Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as opinións e achegas dos estudantes.
–Integrar os materiais audiovisuais e multimedia no proceso de ensino e aprendizaxe.
–Coñecer e utilizar procedementos de avaliación que se ocupen non só dos resultados da aprendizaxe dos estudantes senón tamén do deseño e do proceso de ensino.
c) Competencias transversais
–Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluído o acceso a Internet
–Potenciar a capacidade de traballo en contornos cooperativos e interdisciplinares
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía de traballo inspírase nos métodos interactivos e dialóxicos, que parten da base de que a aprendizaxe é un proceso individual pero mediado por factores sociais e grupais, e que a interacción e o diálogo son fundamentais na incorporación de novas ideas e na adquisición de novos significados.
O desenvolvemento da materia combinará clases expositivas con outras interactivas e coas actividades de titorías personalizadas. As clases expositivas utilizaranse para presentar por parte do profesor os grandes núcleos teóricos da materia e suxerir as vías para profundar en cada un deles. As clases interactivas demandarán máis o traballo autónomo e a implicación dos estudantes para analizar casos, discutir documentos, resolver problemas, organizar debates, etc. As sesións de titoría utilizaranse para orientar e facer seguimento das tarefas, traballos, lecturas, exposicións, etc. que realicen os estudantes, así como para resolver as dificultades que se presenten.
Sistema de evaluaciónOs traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Observacións
ASISTENCIA A CLASE
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
Na avaliación da materia teranse en conta dous elementos que terán un peso idéntico na avaliación final.
Por unha parte, a asistencia e participación nas actividades da aula, concretada na realización dunha unidade didáctica realizada coa materia, que terá un peso do 50% e que será enviada por correo electrónico.
Por outra, unha proba final na que os estudantes deberán demostrar as competencias para, a valoración e discusión de propostas de ensino da materia, análise de documentos, síntese dalgún aspecto relevante da materia, resolución de problemas, estudo de casos, etc.; terá un peso do 50% da avaliación final.
Tempo de estudo e traballo persoal6 créditos ECTS