P3241223 - Innovación Docente e Iniciación á Investigación Educativa en Ciencias Sociais e Humanidades (Módulo Específico Ciencias Sociais, Xeografía e Historia) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
- Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo central da materia é identificar as liñas máis relevantes de investigación e innovación nas didácticas das Ciencias Sociais e as Humanidades, e desenvolver a competencia de participar nelas. Pode desglosarse no desenvolvemento destas capacidades:
Ser capaz de identificar as liñas máis relevantes de investigación e innovación sobre a aprendizaxe e o ensino das ciencias sociais e as humanidades, identificar os problemas que abordan e os seus marcos teóricos de referencia.
Ser capaz de realizar unha procura bibliográfica sobre un problema ou cuestión, tanto nas revistas máis relevantes de cada área, como nas bases de datos educativas.
Ser capaz de acreditar unha competencia básica no uso de recursos para a investigación e innovación, tanto bibliográficos como electrónicos.
Ser capaz de propoñer cuestións a estudar, preguntas de investigación sobre problemas da aprendizaxe das ciencias sociais, xeografía, historia e humanidades.
Ser capaz de identificar distintas perspectivas metodolóxicas para a investigación en didáctica das ciencias e da matemática e de recoñecer a súa posta en práctica en estudos publicados.
Ser capaz de analizar traballos de investigación e innovación, e valoralos aplicando criterios contrastables.
Ser capaz de deseñar ou adaptar un proxecto de investigación ou innovación a pequena escala.
Ser capaz de seleccionar e analizar datos, e extraer conclusións a partir deles.
Ser capaz de comunicar, tanto oralmente como por escrito, as súas análises, reflexións, deseños ou resultados, utilizando os xéneros adecuados á comunicación nas comunidades académica e docente.
ContidosPrograma da materia (clases interactivas e expositivas)
1. Investigación e innovación en didáctica das ciencias sociais
Obxectivos dos estudos educativos ¿para que? ¿Que é “investigación”? ¿Que problemas son relevantes? ¿que é innovación? Relacións entre ambas.
Coherencia entre as preguntas estudadas, o deseño e os métodos de investigación
Fundamentación teórica e revisión da literatura: as preguntas de investigación e as propostas de innovación fanse desde un marco teórico determinado.
A investigación como proceso de construcción do coñecemento ¿ten unhas fases?
2. Liñas relevantes de investigación e innovación en didáctica das ciencias sociais
Investigacións sobre a aprendizaxe das ciencias sociais: estudos sobre o desenvolvemento cognitivo e o pensamento formal (anos 70-80); ideas alternativas e cambio conceptual (finais dos 80); Discursos na aula e procesos de construcción (anos ’90); argumentación e uso de probas e o desenvolvemento de competencias e as progresiones de aprendizaxe (a partir do 2000).
A cognición situada e as comunidades de aprendizaxe
Innovacións no ensino das ciencias sociais
Enculturación e problemas sociais relevantes
3. Revistas, bases de datos e outros recursos en didáctica de ciencias sociais
Revistas de didáctica das ciencias sociais: Enseñanza de las Ciencias; Íber; Enseñanza de las Ciencias Sociales, Enseñanza de las Ciencias Sociales y Experimentales, Con-Ciencia Social
Bases de datos internacionais: ERIC
Bases de datos nacionais ou latinoamericanas: DICE, IN-RECS, Latindex. Criterios de inclusión e búsqueda.
Outros recursos bibliográficos e electrónicos.
4. Enfoques teóricos e metodolóxicos na investigación
Investigación básica e investigación aplicada
Especificidade das ciencias sociais: teorías, utilización de probas e fontes para o coñecemento social
Métodos cuantitativos e cualitativos, obxectivos, complementariedade. Estudos de productos e de procesos. Validez e fiabilidade.
5. A comunicación da investigación e da innovación: escribir artigos
A comunicación como parte do proceso de investigación: obxectivos
Comunicación en público: como realizar una presentación
Comunicarse co alumnado de secundaria
Como escribir un artigo de investigación ou de innovación: estructura canónica, rexistros
O proceso de revisión e publicación
Programa actividades nas clases interactivas
Análise de artigos de investigación e innovación en didácticas das Ciencias Sociais
Realización de búsquedas bibliográficas en bases de datos
Realización de búsquedas de recursos bibliográficos e da rede para a investigación e a innovación
Prácticas con ferramentas estatísticas
Recensión de artigos
Realización de propostas de problemas a investigar e deseños para levalos a cabo.
Realización e valoración dalgunha saída de estudo.
Bibliografía básica e complementariaA. Investigación educativa en xeral
COHEN, L. e MANION, L. (2002) Métodos de investigación educativa. Madrid: La Muralla.
ELLIOTT, J. (2000). El cambio educativo desde la investigación-acción. Madrid: Morata.
GIROUX, H. A. (1997). Los profesores como intelectuales: hacia una pedagogía crítica del aprendizaje. Barcelona: Paidós.
GOETZ, J. P. e LECOMPTE, M. D. (1988) Etnografía y diseño cualitativo en investigación educativa. Madrid: Morata.
IMBERNÓN, F., coord. (2005). Vivencias de maestros y maestras. Compartir desde la práctica educativa. Barcelona: Graó.
MCKERNAN, J. (2001) Investigación-acción y curriculum. Madrid: Morata
Novak, J. D. e Gowin, D. B. (1988) Aprendiendo a aprender. Barcelona: Martínez Roca (capítulo 8).
STENHOUSE, L. (2004). La investigación como base de la enseñanza. Madrid: Morata
B. Innovación e investigación no ensino das ciencias sociais
ALBACETE, C. e outros (2000). Enseñar y aprender la democracia. Madrid: Síntesis
ARMAS, X. (1998). A Innovación educativa en Galicia na educación secundaria (1990-1996). Santiago: Universidade.
ÁVILA, R. Mª (2001). Historia del Arte. Enseñanza y profesores. Sevilla: Diada.
BATLLORI, R., CASAS, M. (2000). El conflicto y la diferenciación. Conceptos clave en la enseñanza de las ciencias sociales. Lleida: Milenio.
BENEJAM, P. e PAGÈS, J. (coords.) (1997). Enseñar y aprender Ciencias Sociales, Geografía e Historia en la Educación Secundaria. Barclona: ICE-Horsori.
CARBONELL, J. (2001). La aventura de innovar. Madrid: Morata.
CARRETERO, M., POZO, J.I., e ASENSIO, M. (comps.) (1989) La enseñanza de las ciencias sociales. Madrid: Visor
CUESTA, R. (1998). Clío en las aulas. La enseñanza de la Historia en España entre reformas, ilusiones y rutinas. Madrid: Akal.
GALINDO, R. (1997). La Enseñanza de la historia en educación secundaria : una perspectiva desde el profesorado que la imparte. Sevilla: Algaida.
GARCÍA PÉREZ, F. F. (2003). Las ideas de los alumnos y la enseñanza del medio urbano: La relevancia educativa de las concepciones sobre la ciudad. Sevilla: Diada.
GONZÁLEZ MUÑOZ, Mª. C. (1996). La enseñanza de la Historia en el nivel medio. Situación, tendencias e innovaciones. Madrid: Marcial Pons.
LUIS GÓMEZ, A. (2000). La enseñanza de la Historia ayer y hoy. Sevilla: Díada.
MERCHAN, J. (2005). Enseñanza, examen y control: profesores y alumnos en la clase de historia. Barcelona: Octaedro.
MURPHY, J (2011) Más de 100 ideas para enseñar historia en educación primaria y secundaria, Barcelona, Graó
PAGÈS, J. (1997). Líneas de investigación en didáctica de las ciencias sociales. En P. BENEJAM e J. PAGÈS (coords.). Enseñar y aprender Ciencias Sociales, Geografía e Historia en la Educación Secundaria. Barclona: ICE-Horsori.
PAGÈS, J., ESTEPA, J., TRAVÉ, G., eds. (2000). Modelos, contenidos y experiencias en la formación del profesorado de Ciencias Sociales. Huelva: Universidad.
PRATS, J. (2002). Hacia una definición de la investigación en didáctica de las ciencias sociales. Enseñanza de las Ciencias Sociales. 1, 81-89.
ROZADA MARTÍNEZ, J. Mª (1997). Formarse como profesor. Ciencias Sociales, Primaria y Secundaria Obligatoria. Madrid: Akal.
VALLS, R., LÓPEZ SERRANO, A., eds. (2002.). La dimensión europea e intercultural en al enseñanza de las ciencias sociales. Madrid: Síntesis.
C. Revistas de Didáctica de las Ciencias Sociales con contidos íntegros on line:
Clase de Historia: http://www.claseshistoria.com/revista/historial.html
Clío & Asociados (Argentina): http://bibliotecavirtual.unl.edu.ar:8180/publicaciones/handle/1/2413
Con-Ciencia Social: http://www.fedicaria.org/quees_conc_social.htm
Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales: http://centros.uv.es/web/departamentos/D90/valenciano/
Didácticas Especificas: http://www.didacticasespecificas.com/ES/index.php
Enseñanza de las Ciencias Sociales (revista de investigación): http://161.116.7.34/publicacions01/revistes.htm
Iber (acceso só a abstracts: suscripción de pago para contidos completos): http://iber.grao.com/revistas/presentacion.asp?ID=10
Proyecto Clío: http://clio.rediris.es/
Teoría y didáctica de las CC sociales (Universidad de los Andes, Venezuela): http://www.saber.ula.ve/gitdcs/
CompetenciasXerais
Participar na avaliación, investigación e innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación.
Planificar, desenvolver e avaliar propostas de ensino e aprendizaxe, utilizando metodoloxías de traballo que faciliten a adquisición das competencias propias das materias de historia e ciencias sociais, así como outras compartidas coas demais materias e áreas da Educación Secundaria
Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe da historia e das ciencias sociais
Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes
Participar na avaliación, investigación e innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa
Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación
Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenvolvemento profesional
Específicas(asociadas ao módulo específico)
Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito das ciencias sociais.
Analizar criticamente a profesión docente e as boas prácticas, utilizando indicadores de calidade
Identificar os problemas relativos á ensinanza e á aprendizaxe das ciencias sociais e formular alternativas e solucións
Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación
Adquirir criterios de selección, elaboración e avaliación de materiais educativos para as ciencias sociais
Transversais:
Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
Potenciar a capacidade de traballo en contornos cooperativos e interdisciplinares
Metodoloxía da ensinanza Baséase na participación do alumnado e o seu protagonismo na aprendizaxe en todas as clases, incluso as que pretenden a presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia. Empregaráse o estudo de casos, a análise de proxectos e a resolución de problemas relacionados coa investigación e a innovación sobre o ensino e a aprendizaxe das Ciencias Sociais en Secundaria. Esta metodoloxía pretende a participación activa do alumnado, constituíndo un modelo para a súa futura actuación como docentes. Emprégase unha variedade de recursos: audiovisuais, informáticos, problemas, estudos de caso, análise de textos e artigos, prácticas de campo.
Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso do computador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas) serán orientadas. O alumnado, coa orientación do profesor, analizará criticamente artigos e proxectos didácticos; realizará propostas de investigación e innovación; levará a cabo procuras en bases de datos.
Ao estar centrada nunha metodoloxia práctica, é indispensable a asistencia á clase, pois a realizacion, posta en común e avaliación conxunta de exercicios e tarefas é dificilmente substituida polo traballo individual.
Os contidos da parte interactiva forman parte integral da materia. Establecerase comunicación co alumnado a través da aula virtual, onde estarán os materiais e presentacións utilizados na aula. Nas sesións de titoría atenderase ao alumnado para resolver as cuestións relacionadas coa materia.
Sistema de evaluaciónA avaliación comprobará o desenvolvemento efectivo das competencias
a. Elaboración dunha proposta de proxecto persoal de investigación ou de innovación e presentación oral do incluso, utilizando o TIC. Contribución á nota final: 40%.
b. Avaliación continua: asistencia e participación activa nas actividades individuais e en pequeno grupo desenvolvidas na aula; asistencia ás sesións interactivas. Realización escrita de informes e análises. Contribución á nota final: 45%. Cada alumno contará cun portafolio no que se recollerán todas as actividades que realice (incluído a proposta de proxecto).
c. Proba final sobre os contidos da materia tanto da parte expositiva como interactiva, incluindo resolución de supostos prácticos. Contribución á nota final: 15%
Cada estudiante contará cunha carpeta ou portafolio onde se arquivarán todos os documentos relacionados con esta materia que xenere durante o curso (actividades práctivas, recensións, presentación e esquemas utilizados para as exposicións na aula, etc.), e que poderá consultar nas sesión de titoría. Aqueles que teñan una cualificación global superior a 6 no seu portafolio (no conxunto das actividades realizadas) poderán ser eximidos da proba escrita, sendo nese caso cualificados coa nota do portafolio.
Os estudantes que non desenvolvan algún destes apartados serán cualificados como Non presentado
Tempo de estudo e traballo persoalCURSO 2011-2012 Tempo de estudos e traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia
Traballo presencial do alumnado: total 48 horas
Clases expositivas: 15
Clases interactivas (seminarios, debates, exposicións,…prácticas): 24
Titorías en grupo pequeño e mediano: 9
Total horas traballo presencial na aula: 48
Traballo persoal do alumnado (non presencial): total 102 horas
Estudo autónomo, individual ou en grupo: 40
Elaboración de informes, resolución de problemas, deseño de propostas de ensino, etc.: 40
Preparación e participación en debates, presentacións orais, etc.: 15
Lecturas recomendadas, búsquedas bibliográficas, outras tarefas: 7
Total horas trabajo personal del alumno: 102
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe.