Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3241229 - Bases para a Ensinanza e a Aprendizaxe de Línguas (Módulo Específico Lingua e Lit. Castelá, Ling. e Lit. Galega) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 5.00
  • Total: 5.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 15.00
  • Clase Interactiva Seminario: 20.00
  • Horas de Titorías: 5.00
  • Total: 40.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Lingüística Xeral
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
ZAS VARELA, MARIA LUZ.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Introducir ao alumnado nos principais fundamentos e teorías que sustentan o ensino e aprendizaxe de linguas.
    2. Propiciar no alumnado unha reflexión crítica sobre os conceptos de lingua, competencia plurilingüe e competencia intercultural.
    3. Familiarizar ao alumnado coas orientacións do ensino de linguas que emanan das directrices e documentos europeos.
    4. Fomentar a colaboración didáctica e de traballo cooperativo no ensino e aprendizaxe de linguas.
    5. Orientar cara a elaboración de proxectos interlingüísticos para o ensino secundario.

    Contidos
    Tema 1. O proceso de adquisición de linguas.
    1.1. Linguas primeiras e linguas engadidas.
    1.2. A adquisición da L1 fronte á aprendizaxe da L2: semellanzas e diferenzas.

    Tema 2. Enfoques e correntes metodolóxicas no ensino de linguas.
    2.1. Evolución histórica dos métodos e enfoques no ensino de idiomas.
    2.2. Métodos tradicionais: método gramática-tradución, métodos estruturais, método audiolingual ou audiolingüístico,
    2.3. Os enfoques comunicativos actuais: o ensino comunicativo da lingua, o ensino baseado en tarefas.

    Tema 3. Pautas e instrumentos para o ensino e aprendizaxe de linguas.
    3.1.O Marco común europeo de referencia para as linguas. A competencia comunicativa: competencia lingüística, sociolingüística e pragmática. Os niveis de referencia.
    3.2. O Portfolio europeo das linguas. Ferramenta para promover o plurilingüismo e a conciencia intercultural.

    Tema 4. Desenvolvemento da competencia plurilingüe e intercultural nas aulas de lingua.
    4.1. Desenvolvemento da competencia plurilingüe e intercultural nas aulas de lingua.
    4.2. Aproximacións plurais á aprendizaxe das linguas. Marco de referencia para as aproximacións plurais (CARAP).
    4.3. A didáctica da intercomprensión na educación lingüística. Conceptos e plataformas para o seu desenvolvemento (EUROCOM).
    4.4. O tratamento integrado das linguas no sistema educativo (CLIL/AICLE) Aspectos lingüísticos e críticos sobre os Proxectos interlingüísticos.

    Seminarios interactivos
    Nos seminarios interactivos desenvolveranse actividades e traballos de xeito colaborativo, recollerán aspectos diversos do programa de contidos, cunha metodoloxía baseada no debate e na interacción.
    Para o tema 1: exercicicios cunha selección de textos nos que se expoñan diferentes enfoques sobre a adquisición e aprendizaxe das linguas, así como os conceptos de linguas primeiras e linguas engadidas.
    No tema 2: desenvolveranse actividades con materiais didácticos para o ensino de linguas co obxectivo de someter a unha reflexión crítica os diferentes enfoques metodolóxicos empregados nos mesmos.
    Para o tema 3: actividades de reflexión crítica e exposición sobre diferentes aspectos do MCER e o Portfolio. Farase fincapé nas competencias.
    No tema 4: Actividades de reflexión crítica sobre as linguas en contacto nos proxectos interlingüísticos e o no tratamento integrado das linguas. Práctica na plataforma GALANET para o desenvolvemento da intercomprensión

    Bibliografía básica e complementaria
    Andrade, A. I. e Pinho, S (2010): Línguas e Educaçao: práticas e percursos de trabalho colaborativo,Aveiro, Universidade de Aveiro.

    Baker, C. (1997): Fundamentos de Educación Bilingüe y Bilingüismo. Cátedra: Madrid.

    Candelier, M. (cood.) (2007): CARAP. Cadre de Référence pour les Approches Plurielles des Langues et des Cultures, Conseil de l'Europe/Centre Européen pour les Langues Vivants.

    Cassany, Daniel (2006): El Portfolio Europeo de las Lenguas y sus aplicaciones en el aula. Madrid: Ministerio de Educación.

    Conde, Gisela (2006): “El Portfolio Europeo de las Lenguas: el proyecto europeo y su desarrollo en España”, Carabela 57, pp. 143-154.

    Consello de Europa (2001): Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación. Publicación en liña: http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Marco_textoI.pdf (Xunta de Galicia, 2006).

    Cummins, J. (2002): Lenguaje, poder y pedagogía. Madrid: Ediciones Morata.

    Díaz García, M. Teresa; Mas Álvarez, Inmaculada e Zas Varela, Luz (2009): Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas. A Coruña: tresCtres.

    Doughty, C. J. & M. H. Long (2003): The handbook of second language acquisition. Oxford: Blackwell.

    Hernández, A. (2007): El trabajo en equipo del profesorado. 14 ideas clave, Barcelona, Graó.

    Lomas, Carlos (1999): Cómo enseñar a hacer cosas con las palabras. Teoría y práctica de la educación lingüística. Barcelona: Paidós. 2ª edición correxida e actualizada.

    Lorenzo, F.; Trujillo, F. e Vez, J. M. (2011): Educación bilingüe. Integración de contenidos y segundas lenguas, Madrid, Síntesis.
    Martín Peris, E. (2004): “¿Qué significa trabajar en clase con tareas comunicativas?”. redELE, N.º0. Dispoñible en liña: http://www.mepsyd.es/redele/revista/martin.shtml

    Palacios Martínez, Ignacio M. (dir.) (2007): Diccionario de enseñanza y aprendizaje de lenguas. Madrid. enclave-ELE.

    Palacios Martínez, Ignacio M. (2008). “O Portfolio Europeo das Linguas: reflexións e ideas para a súa posta en práctica na aula”, en T. Díaz García, I. Mas Álvarez e L. Zas Varela (coord.), Integración lingüística e inmigración. Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, pp. 117-136.

    Pastor Cesteros, Susana (2004): Aprendizaje de segundas lenguas. Lingüística aplicada a la enseñanza de idiomas. Alicante: Universidad de Alicante.

    Richards, J. C. & T. S. Rogers (2001): Enfoques y métodos en la enseñanza de idiomas. Madrid: Cambridge University Press.

    Sánchez Lobato, J. y Santos Gargallo, I (2004): Vademecum para la formación de profesores. Enseñar Español como segunda lengua (L”)/lengua extranjera (LE). Madrid. SGEL.

    San Isidro Agrelo, Fco. Xabier (2009): CLIL: Integrando linguas “A través” do Currículo. Santiago de Compostela. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Publicación en liña: http://www.edu.xunta.es/contidos/rede_linguas/files/CLIL%2009%20WEB.pdf

    Trujillo Sáez, Fernando (2005):”En torno a la interculturalidad: reflexiones sobre cultura y comunicación para la didáctica de la lengua”. Porta Linguarum 4, xuño, 2005, pp. 23-39.

    Trujillo Sáez, Fernando (2007): “Enseñar nuevas lenguas en la escuela: L1, L2, LE…NL”. Revista de Educación, 3543, mayo-agosto, 2007, pp. 71-91. Dispoñible en liña: http://www.revistaeducacion.mec.es/re343/re343_04.pdf

    Vez, José Manuel (2000): Fundamentos lingüísticos en la enseñanza de lenguas extranjeras. Barcelona: Ariel.

    Vez, José Manuel (2009): "Multilingual education in Europe: policy developments", Porta Linguarum, 12, pp. 7-29.

    Competencias
    - Coñecer o corpo de contidos didácticos ao redor dos procesos de ensino e aprendizaxe de linguas.
    - Adquirir estratexias para promover a autoaprendizaxe e autonomía dos estudantes.
    - Promover o traballo colaborativo con diversos profesionais da educación de cara a enriquecer a formación do alumnado.
    - Coñecer contextos e situacións nas que se desenvolven e aplican o ensino e aprendizaxe das linguas.
    - Coñecer o deselvolvemento de aspectos teórico-prácticos do ensino e aprendizaxe das linguas.
    - Fomentar un clima que facilite a reflexión e a aprendizaxe e poña en valor as diversas aportacións do alumnado.
    - Coñecer e ser capaz de aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito do ensino de linguas.
    - Empregar recursos bibliográficos e ferramentas de búsqueda de recursos.
    - Potenciar a capacidade para o traballo cooperativo e pluridisciplinar.

    Metodoloxía da ensinanza
    As explicacións dos contidos do programa serán realizados nas sesión expositivas da materia e irán encamiñadas a facilitar a aprendizaxe. A información recibida directamente na clase pódese converter en coñecemento e ser sometida a debate na dinámina das sesión seminario.
    Será imprescindible sustentar os contidos proporcionados na aula mediante a consulta de fontes bibliográficas específicas para cada tema. A autoaprendizaxe e a lectura selectiva segundo as pautas marcadas para cada apartado dos temas fornece os mecanismos de autoaprendizaxe e reflexión crítica. A posta en práctica dos conceptos é imprescindible para asentar e madurar a preparación na materia mediante a realización dos exercicios propostos.

    Sistema de evaluación
    A avaliación será continua, o 60% da nota final corresponde ás actividades e traballos realizados e programados nas sesións de seminario, o 40% restante corresponderá ao exame de toda a materia, que versará sobre os contidos das sesións expositivas e as lecturas obrigatorias. Este exame realizarase na data fixada pola Secretaría do Centro.
    O alumnado debe ter en conta que a asistencia as clases expositivas e aos seminarios interactivos é obrigatoria. Os estudantes poderán xustificar a ausencia dun 10% de faltas como máximo, neste caso, deberán realizar algún traballo complementario que será indicado polos docentes da materia.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Sesións expositiva presenciais: 13 horas presencias+26 horas non presenciais
    Sesións interactivas: 12 horas presenciais+24 horas non presenciais
    Sesións de avaliación continua (preparación carpeta de traballos): 9,5 horas non presenciais
    Sesión avaliación presencial: 3 horas
    TOTAL HORAS: 62,5