P3241230 - A Língua e a Literatura como Saberes Educativos (Módulo Específico Lingua e Lit. Castelá, Ling. e Lit. Galega) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega, Lingua Española
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Lingua Española
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia• Valorar o significado das linguas primeiras e engadidas, así como das súas literaturas e do valor da lectura, na formación dos cidadáns.
• Analizar o papel que se lles asignou historicamente a estes saberes no ensino en xeral e, especialmente, no ensino secundario.
Contidos1. Revisión dos saberes lingüísticos e literarios na historia escolar dende o século XVIII.
2. O concepto de alfabetización no século XX e retos experimentados na transición ao século XXI.
3. Como nos ensinaron a ler. Novas propostas.
4. O canon literario. A Literatura xuvenil.
Bibliografía básica e complementariaBjörk, Lennart e Ingegerd Blomstand (2001), La escritura en la enseñanza secundaria. Los procesos del pensar y del escribir, Edición ao coidado de Carlos Lomas e Amparo Tusón, Barcelona, Graò (Biblioteca de textos, 151) (Primeira edición sueca de 1994).
Bombini, Gustavo (2006), Reinventar la enseñanza de la lengua y la literatura, Bos Aires, Libros del Zorzal (Formación docente, 1).
Camps, Anna (Coord.) (2001), El aula como espacio de investigación y reflexión. Investigaciones en didáctica de la lengua, Barcelona, Graò (Biblioteca de textos, 162).
Camps, Anna e Felipe Zayas (Coords.) (2006), Secuencias didácticas para aprender gramática, Barcelona, Graò (Serie Didáctica de la lengua y de la literatura, 221).
Casas, A. (coord. 2004.), Elementos de crítica literaria, Vigo: Xerais.
Cassany, Daniel, Marta Luna e Glòria Sanz (2002), Enseñar lengua, Barcelona, Graò (Serie Didáctica de la lengua y de la literatura, 117).
Díaz García, Teresa, Inmaculada Mas Álvarez e Luz Zas Varela (Coords.) (2008), Integración lingüística e inmigración, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela.
Díaz García, Teresa, Inmaculada Mas Álvarez e Luz Zas Varela (Coords.) (2009), Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas, Santiago de Compostela, TresCtres (Nós-outros, ).
Eco, U. (2001/2002). “Sobre algunas funciones de la literatura”, in Sobre Literatura, Barcelona: RqueR Ediciones.
Fernández Ramírez, Salvador (1941), La enseñanza de la gramática y de la literatura, Madrid, Espasa-Calpe. (Reeditado por Arco/Libros, 1985).
Fowler, A.(1988). “Género y canon literario”. In M. A. Garrido Gallardo (ed.) Teoría de los géneros literarios, Madrid: Arco/Libros, pp. 95-127, traducción del artigo “Genre and the Literary Canon” publicado en New Literary History, 11, 1979, pp. 97-119.
García Rivera, Gloria (1995), Didáctica de la literatura para la Enseñanza Primaria y Secundaria, Madrid, Akal.
García, Gloria (2007), "Lenguas e identidades en mundos hispanohablantes. Desde una posición plurilingüe y minoritaria", en M. Lacorte (ed.), Lingüistica aplicada del español. Madrid: Arco/Libros, pp. 377-400.
González Nieto, Luis (1994), "Enseñar lengua en la educación secundaria", Textos de didáctica de la lengua y la literatura, nº 1 (exemplar dedicado a Enseñar lengua), pp. 27-42.
Lomas, Carlos (Coord.) (1996), La educación lingüística y literaria en la enseñanza secundaria, Barcelona, Horsori Editorial (Cuadernos de Formación del Profesorado, 1).
Lomas, Carlos (Comp.) (2002), El aprendizaje de la comunicación en las aulas, Barcelona, Paidós.
Lomas, Carlos (2004), "Los libros de texto y las prácticas de la educación lingüística", Textos de didáctica de la lengua y la literatura, nº 36, pp. 15-32.
Lomas, Carlos (Coord.) (2008), Textos literarios y contextos escolares. La escuela en la literatura y la literatura en la escuela, Barcelona, Graò (Biblioteca de textos, 249).
Lomas, Carlos e María José Fernández Pavés (1999), Educación secundaria: el área de Lengua castellana y literatura, Xunta de Galicia.
Mendoza Fillola, Antonio, Amando López Valero e Eloy Martos Núñez (1996), Didáctica de la Lengua para la Enseñanza Primaria y Secundaria, Madrid, Akal.
Mendoza Fillola, A.(2002:21-38). “La Renovación del canon escolar. La integración de la Literatura infantil y juvenil en la formación literaria”. In Mª C. Hoyos Ragel e outros. El reto de la lectura en el siglo XXI, Granada: Grupo editorial Universitario, Universidad de Granada, CD-ROM.
Mendoza Fillola, A. (2005). “La educación literaria desde la Literatura Infantil y Juvenil”. In Mª C. Utanda Higueras, P. C. Cerrillo Torremocha, J. García Padrino, Literatura infantil y educación literaria, Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla la Mancha, col. Estudios, pp. 35-65.
Núñez Ruiz, G. e M. C. Fernández-Figares (2005). Cómo nos enseñaron a leer, estudios preliminar de Juan Carlos Rodríguez, Madrid: Akal ediciones, col. Akal Universitaria.
Pablo, Eladio de (1999), "Bases teórica y pedagógicas para la práctica teatral en la enseñanza secundaria", Textos de didáctica de la lengua y la literatura, nº 19, pp. 45-56.
Requejo Pagés, Juan Luis (2003), "Por una didáctica de las habilidades orales en la educación secundaria obligatoria", Textos de didáctica de la lengua y la literatura, nº 32, 2003 (Exemplar dedicado o ensino da lingua en Latinoamérica), pp. 69-87.
Zapico Alonso, Lourdes (2006), "'De Aula en Aula': tareas de ESO para la enseñanza del español como lengua vehicular a alumnos inmigrantes", redELE, revista electrónica de didáctica / español lengua extranjera, nº 6, febreiro
OUTRAS FONTES BIBLIOGRÁFICAS: historias literarias, monografías específicas, revistas, diccionarios, enciclopedias, repertorios bibliográficos, web, portais, etc. daranse na clase e serán obxecto de comentarios.
CompetenciasCompetencias xerais
• Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á Lingua e Literatura ao longo da historia.
• Buscar, obter, procesar e comunicar información, transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe da lingua e da literatura.
• Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo da vida profesional.
Competencias específicas
• Coñecer o valor formativo e cultural das materias de Lingua e Literatura.
• Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
• Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias de Lingua e Literatura e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica delas.
Competencias transversais
• Empregar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo os de carácter electrónico.
• Xestionar o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles de xeito eficiente.
• Potenciar a capacidade para o traballo cooperativo e pluridisciplinar.
Metodoloxía da ensinanza Cunha presencialidade de 20 horas de clase, a dedicación será de 10 horas para sesións teórico-expositivas e 10 horas para clases de carácter interactivo. Repartiráse o horario entre os temas relacionados coa área de Lingua (temas 1 e 2), e a de Literatura (temas 3 e 4). Nas sesións expositivas promoverase o contraste de perspectivas.
Sistema de evaluaciónDarase preferencia á avaliación continuada a partir das actividades realizadas ao longo das semanas de clase: un traballo escrito*, discusións nas sesións interactivas ou exposicións realizadas na aula. Valorarase a participación activa nas aulas, nos debates, a claridade dos traballos que se realicen, estética e deseño, recursos empregados e estrutura. A estas actividades corresponderá un 55% da cualificación final, mentres que o 45% restante resultará da avaliación dun exame final que se realizará na data fixada pola organización do Máster.
Traballo ……………………………........ 3,5
Asistencia e participación ………… 2
Exame …………………….......………….4,5
* Traballo escrito: Memoria de Vida, máximo 10 páxinas, incluído índice e anexos.
Título: O ensino da Lingua e Literatura no Ensino Secundario e no Bacharelato desde a perspectiva do aprendiz
Volvo aos meus anos da Secundaria, penso nun curso concreto e na materia de lingua e literatura castelá, ou lingua e literatura galega, ou latín, ou grego... Unha vez seleccionado ese contexto dispóñome a rescatar a información seguinte:
• Nome do Centro
• Tipo de centro
• Área xeográfica
• Curso
• Profesor/-a
• Idade
• Libro de texto
• Libros de lectura obrigatoria
• Libros de lectura opcional
• Recursos e medios didácticos dispoñibles dentro da aula
• Metodoloxía do profesor/a
• Actividades realizadas dentro da aula
• Actividades realizadas fóra da aula
• Interacción co profesor/-a da materia na aula
• Interacción cos compañeiros/as nesa materia
• Coordinación con outras materias de linguas
• Avaliación
• Aspectos que se avaliaban e valor que se lle daba a cada un destes aspectos
• Recuperación
• Biblioteca do Centro
• Plan lector
• ¿Qué impresión gardo desa asignatura nese curso?
o que máis me gustaba nesa clase
o que menos me gustaba
• De ser eu o profesor/a faría exactamente igual ou que cousas cambiaría? ¿por qué?
Tempo de estudo e traballo persoal Entre 40 e 50 horas, entre o tempo presencial na clase, a redacción do traballo, as lecturas e o tempo de preparación e realización do exame.
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia ás clases é obrigatoria. Acéptase a ausencia xustificada do 10% como é habitual en calquera sector do ensino.