Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3241232 - Didáctica da Língua e a Literatura para a Educación Secundaria (Módulo Específico Lingua e Lit. Castelá, Ling. e Lit. Galega) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
  • Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Silva Valdivia, Benito.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer os fundamentos epistemolóxicos, psicopedagóxicos e sociolóxicos da área de lingua e literatura na educación secundaria. extraendo as consecuencias que corresponda para a práctica didáctica.

    - Reflexionar sobre as capacidades lingüísticas e literarias que se deben desenvolver na Educación Secundaria e sobre o enfoque pedagóxico-didáctico máis axeitado.

    - Analizar, debater e tomar postura sobre os principais tópicos da área de lingua e literatura na educación secundaria: coñecemento do código e dominio do uso, a educación literaria, o traballo coa oralidade, os condicionantes sociolingüísticos, etc.

    - Analizar e valorar recursos e procedementos para o ensino da lingua e da literatura e para a avaliación dos coñecementos lingüísticos e literarios na educación secundaria.

    - Deseñar propostas de ensino-aprendizaxe fundamentadas no tratamento integrado de linguas para situacións hipotéticas, defendelas e presentalas diante do grupo-aula.


    Contidos
    Para a consecución dos anteriores obxectivos, desenvolveranse unha serie de contidos relacionados cos seguintes núcleos temáticos:

    1. A lingua e a literatura na Educación Secundaria. Análise dos DCB das áreas de Lingua Galega e Literatura e de Lingua Castelá e Literatura.

    2. Papel da gramática e do coñecemento do código no desenvolvemento da competencia comunicativa.

    3. Ensino da literatura e desenvolvemento da competencia literaria na Educación Secundaria.

    4. A avaliación na área de lingua e literatura: procedementos e criterios.

    5. Recursos didácticos nas áreas de Lingua Galega e Literatura e de Lingua Castelá e Literatura: busca, análise e valoración.

    6. Factores sociolingüísticos no ensino da lingua galega e da lingua castelá en Galicia: actitudes, manifestacións de contacto entre os códigos, etc.

    7. Elaboración de propostas didácticas para algún nivel da Educación Secundaria que integren as áreas de Lingua Galega e Literatura e de Lingua Castelá e Literatura.

    Bibliografía básica e complementaria
    (Por razóns de espazo, só se inclúen publicacións periódicas. Nas sesións de clase facilitaranse referencias impresas e en soportes electrónicos de carácter xeral e sobre cada tema en concreto)

    ARTICLES de Didàctica de la Llengua i de la Literatura, Editorial Graó, Barcelona.
    AULA de innovación educativa, Editorial Graó, Barcelona
    CL&E, Comunicación, Lenguaje y Educación, EDISA, Madrid.
    CLIJ, Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil, Editorial Fontalba, Barcelona.
    Cuadernos de Pedagogía, Editorial Fontalba, Barcelona.
    Revista Galega de Educación, Nova Escola Galega.
    Revista Galega do Ensino, Xunta de Galicia.
    TEXTOS de Didáctica de la Lengua y de la Literatura, Editorial Graó, Barcelona

    Competencias
    Recóllense as que figuran na memoria do Máster, que se corresponden coas que aparecían na Orde ministerial que o regula.
    • Coñecer o corpo de coñecementos didácticos relacionados cos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
    • Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
    • Contextualizar o currículo que se vaia implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo.
    • Coñecer a historia e o desenvolvemento recente das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
    • Coñecer contextos e situacións nas que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
    • Coñecer o desenvolvemento teórico-práctico do ensino e aprendizaxe das materias correspondentes.
    • Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
    • Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
    • Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
    • Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
    • Identificar os problemas relativos ao ensino e aprendizaxe das materias da especialización e formular alternativas e solucións.
    • Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.

    Metodoloxía da ensinanza
    Preténdese unha metodoloxía didáctica baseada fundamentalmente na participación e na cooperación, de maneira que as aprendizaxes se produzan a partir da análise crítica de documentos, do contraste de ideas e argumentos, e da valoración compartida de informacións, recursos e estratexias didácticas. Nesta perspectiva, combinaranse exposicións por parte do profesor con traballos de ampliación realizados en pequeno grupo polos estudantes e debates en gran grupo sobre os distintos tópicos do programa.

    A distribución do horario en sesións expositivas e interactivas entenderase de forma flexible, pero permitirá utilizar dúas metodoloxías complementarias:
    a) As sesións expositivas utilizaranse para establecer pautas sobre o desenvolvemento didáctico da propia materia e para facilitar a información básica relacionada con cada tema.
    b) As sesións interactivas servirán para adesenvolver máis polo miúdo os contidos e para contrastar ideas e tomar postura persoal sobre os mesmos. Para iso, organizados en pequenos grupos, os estudantes deberán afondar nos distintos temas e guiar a súa discusión en gran grupo.
    A maiores, ao longo das sesións interactivas iranse construíndo baixo a orientación do profesor propostas de ensinanza que se presentarán nas últimas sesións do curso.

    Sistema de evaluación
    Atendendo aos obxectivos e á metodoloxía didáctica propostos, na avaliación das aprendizaxes utilizaranse os seguintes referentes: a participación nas sesións de clase, o traballo en grupo sobre o tema do programa e sobre a proposta de ensinanza, e unha proba final individual.

    Os criterios que se utilizarán en cada un son:
    - A dinámica de aula valorarase a partir da asistencia e participación, e da calidade das achegas.
    - No desenvolvemento do tema do programa atenderase ao rigor na elaboración, á calidade na presentación oral e escrita, e ao fomento e resolución do debate.
    - Na proposta didáctica teranse en conta os criterios sinalados na epígrafe anterior amais da adecuación ao contexto e nivel educativo.
    - A proba final individual servirá para medir o dominio de conceptos básicos, a capacidade para interpretar ou resolver supostos educativos relacionados coa área e a madurez reflexiva.

    Cada un destes compoñentes da avaliación ponderará un 25% na cualificación final, pero para superar a materia deberase conseguir puntuación en todos eles.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O horario presencial da materia é de 42 h. e dentro del realizaranse as exposicións do profesor, as presentación dos traballos realizados polos estudantes e os debates en gran grupo.

    Fóra deste horario, os estudantes deberán elaborar e redactar o traballo temático e a proposta didáctica que lles corresponda.