Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3241233 - Didáctica da Língua e a Literatura Galega para a Educación Secundaria (Módulo Específico Lingua e Lit. Castelá, Ling. e Lit. Galega) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
  • Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
BUELA PIEDRA, MARIA DEL PILAR.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Reflexionar sobre os condicionantes específicos do ensino da lingua e da literatura galega, especialmente aquelas que inciden máis directamente na práctica da aula (situación social da lingua, recursos dos que se poden dispor, etc.)

    A oralidade e a escritura dentro da aula de Lingua e literatura galega: a comunicación de contidos, procedementos e actitudes ao alumnado

    A planificación da área de lingua e literatura galegas na ESO e Bacharelato, tendo en conta os condicionantes de tempo, espazo, recursos existentes nos centros, actividades alternativas que se poden ofrecer de carácter extraescolar ou complementario

    Deseño de unidades didácticas específicas da área de lingua e literatura galegas: obxectivos, contidos, secuenciación, metodoloxía, recursos e avaliación

    Coñecer os principais recursos que están ao dispor en distintos formatos e fontes para facilitar o traballo na aula.

    Reflexionar criticamente e con criterios didácticos e pedagóxicos sobre a conveniencia ou non destes recursos, a súa utilidade, o momento en que se deben aplicar e as posibles formas de aplicalos

    Atención á diversidade na aula: detección de casos e posibles solucións (reforzos e adaptacións curriculares)



    Contidos
    A aula: un espazo de comunicación. O papel do profesor/a e do alumno/a

    A comprensión e produción de textos orais e escritos en lingua galega: os seus posibles tratamentos na aula

    Recursos bibliográficos, audiovisuais e informáticos para traballar na aula con esta materia. Valoración crítica dos mesmos

    Elaboración de actividades didácticas para a materia de lingua e literatura galegas

    Elaboración de recursos propios unha vez fixados os obxectivos que se perseguen e os contidos que se queren impartir.

    Deseño de unidades didácticas específicas da área de lingua e literatura galegas: obxectivos, contidos, secuenciación, metodoloxía, recursos e avaliación

    A avaliación das aprendizaxes: os criterios de avaliación e os instrumentos de avaliación

    A transversalidade e o tratamento de contidos transversais nas aulas de lingua e literatura galegas

    As Tecnoloxías da Información e a Comunicación na materia de lingua e literatura galegas

    A biblioteca escolar

    Bibliografía básica e complementaria
    Alonso, Encina (1994): ¿Cómo ser profesor/a y querer seguir siéndolo?, Madrid: Edelsa
    Álvarez Núñez, Q. (1999): La comunicación relacional y la interacción profesor-alumno, Granada: Grupo Editorial Universitario
    Arto, A. (2008): Comunicar en educación: training para la promoción de las habilidades socio-relacionales, Madrid: CCS
    Barberá, E. (2000): El constructivismo en la práctica, Barcelona: ed.Grao
    Benetti, G., Casellato, M. e Messori, G.(2004): Más que palabras. Literatura por tareas, Barcelona: ed. Difusión
    Binaburo Iturbide, J.A. e Gijón Puerta, J. (2007): Cómo elaborar unidades didácticas en la enseñanza secundaria, Sevilla: ECOEM
    Cal, A. (2006): Este camiño que fixemos xuntos,Vigo: Galaxia
    Camps, A. (2003): Secuencias didácticas para aprender a escribir, Barcelona: Grao
    Camps, A. e Zayas, F. (coords.) (2006): Secuencias didácticas para aprender gramática, Barcelona: Grao
    Cerezo Arriaza, M. (1994): Texto, contexto y situación. Guía para el desarrollo de las competencias textuales y discursivas, Barcelona: Octaedro
    Chamorro,M., Da Silva, I. e Núñez, X. (2008), Aula de galego 1, Xunta de Galicia
    Chamorro,M., Da Silva, I. e Núñez, X. (2008), Aula de galego 4, Xunta de Galicia
    Consellería de Educación e O.U (2009): Diversidade e inclusión. Revista Galega de Educación, nº 43
    Consellería de Educación e O.U.(2007): Competencia dixital e ferramentas TIC. Revista Galega de Educación, nº 38
    Consellería de Educación e O.U. (2008):Competencia plurilingüe. Revista Galega do Ensino, nº53
    Consello de Europa (2005): Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación, Xunta de Galicia
    Cortés Moreno, Maximiano (2000): Guía para el profesor de idiomas, Barcelona: Octaedro
    Cortizo Nieto, X.(2002):Educadores na nova sociedade, Santiago de Compostela: Consellería de Educación
    Freinet, C.(1997): Técnicas Freinet de escola moderna, Vigo: Xerais
    García Padrino, J. e Medina Padilla, A. (dirs.) (1988): Didáctica de la lengua y literatura, Madrid: Síntesis
    González Nieto, L. (2001): Teoría lingüística y enseñanza de la lengua (Lingüística para profesores), Madrid: Cátedra
    Harguindey, H. e Pazos, X.M. (1995): Estilo de exercicios, para exercicios de estilo, Vigo: ed.Xerais
    Jorba, J. et al. (eds.) (2000): Hablar y escribir para aprender: uso de la lengua em situación de enseñanza-aprendizaje desde las áreas curriculares, Madrid: Síntesis
    Kabatek, J. (2000): Os falantes como lingüistas, Vigo: ed. Xerais
    Littewood, W. ( ): La enseñanza comunicativa de idiomas, Cambridge: Cambridge University Press
    Lomas, C. (comp.) (2001): El aprendizaje de la comunicación en las aulas, Barcelona: Paidós
    Machado, A.M. (2002): Lectura, escuela y creación literaria, Madrid: Anaya
    Marco López, A. (ed.) (1997): Lingua, literatura e arte: aspectos didácticos, Santiago de Compostela: USC
    Nunan, D. (1996): El diseño de tareas para la clase comunicativa, Cambridge: Cambridge University Press
    Pascual Díez, J. (2000): Evaluar la lengua en el aula: análisis de necesidades del profesorado, Oviedo: Universidad
    Pennac, D.(2008): Mal de escola, Vigo: ed. Xerais
    Puig, F. (ed.) (2008): Revista MarcoELE Evaluación, Monográfico nº7, Madrid
    Rodríguez, X. (coord) (2006 ) : A elaboración e adaptación dos materiais curriculares,
    Santiago de Compostela: Concello de Santiago
    Sanz Pinyol, G. (2009): Comunicación efectiva en el aula: técnicas de expresión oral para docentes , Barcelona: Grao
    Sepúlveda Barrios, F. (2001): Diseño de unidades didácticas de lengua y literatura en la secundaria obligatoria: un enfoque comunicativo basado en tareas, Madrid: UNED
    Silva Valdivia, B. (coord.) (1994): Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico, Santiago de Compostela: Instituto de Ciencias da Educación
    Silva Valdivia, B. (coord.) (2000): A lingua e a literatura: algúns aspectos didácticos, Santiago de Compostela: Instituto de Ciencias da Educación
    Silva Valdivia, B. (coord.) (2005): A literatura na Educación secundaria, Santiago de Compostela: Instituto de Ciencias da Educación
    Silva Valdivia, B. (dir.) (2008): Situación do ensino da Lingua e da literatura galega na educación secundaria obrigatoria, Santiago de Compostela: Consello da cultura galega
    Torres Santomé, J.(2009):O ensino en sociedades educadoras. Vertebrar a actividade escolar e extraescolar en Eduga, nº 55
    Trilla, J. (2001): El legado pedagógico del siglo XX para la escuela del siglo XXI, Barcelona: Grao
    Valverde Ogallar, P., Carrasco García, E. e Muñoz Aguirre, J. (1997): La biblioteca, un centro clave de documentación escolar, Madrid: ed. Narcea
    Vázquez, Graciela (2000): La destreza oral, Madrid: Edelsa
    Vez, J.M. (2000): Argumentos favorables a un pacto curricular en las áreas lingüísticas en Enseñances llingüístiques y competencies educatives, Academia de la Llingüa Asturiana
    VV.AA (1996): Profesor en acción 1. El proceso de aprendizaje, Madrid: Edelsa
    VV.AA (1996): Profesor en acción 2. Áreas de trabajo, Madrid: Edelsa
    VV.AA (1996): Profesor en acción 3. Destrezas, Madrid: Edelsa
    VV.AA.(1998): O labirinto virtual. Sobre as novas tecnoloxías na educación, Vigo: ed. Xerais
    VV.AA.(2005): Cómo hacer programación didáctica y unidades didácticas: muestra de unidades (castellano, catalán, gallego e inglés), Granada: Grupo Editorial Universitario
    VV.AA.(2006): Niveis de competencia en lingua galega. Descrición de habilidades e de contidos adaptados ao Marco europeo común de referencia para as linguas, Xunta de Galicia
    Xunta de Galicia (2005) : Portfolio Europeo das linguas
    Xunta de Galicia (2007): Currículo da ESO- Lingua e literatura galega, (DOG )
    Xunta de Galicia (2008): Currículo do Bacharelato- Lingua e literatura galega, (DOG )

    Competencias
    •Coñecer o corpo de coñecementos didácticos relacionados cos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
    •Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
    •Contextualizar o currículo que se vaia implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo.
    •Coñecer a historia e o desenvolvemento recente das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
    •Coñecer contextos e situacións nas que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
    •Coñecer o desenvolvemento teórico-práctico do ensino e aprendizaxe das materias correspondentes.
    •Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
    •Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
    •Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
    •Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
    •Identificar os problemas relativos ao ensino e aprendizaxe das materias da especialización e formular alternativas e solucións.
    •Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.


    Metodoloxía da ensinanza
    Dada a natureza da nosa materia, a metodoloxía que propoñemos haberá de ser necesariamente práctica. Unha sesión tipo estructurarase da seguinte maneira: unha primeira parte onde se presente a actividade proposta e os parámetros básicos que a han guiar (alumnos aos que vai dirixida, obxectivos que se pretenden conseguir, contidos que se pretenden traballar...), análise de actividades feitas en distintos soportes e con fontes diversas onde se traballen contidos similares, análise e reflexión crítica sobre os mesmos, confección de propostas propias, posta en común e avaliación final.
    Este traballo estará sempre guiado polo profesor/a, cos comentarios que poida facer para orientar o proceso e coa resolución de dúbidas que os alumnos/as lle propoñan no transcurso da mesma.
    Noutros casos, buscando a maior verosimilitude posible, proporase o traslado da actividade docente fóra da propia aula: corredores e aulas da facultade onde se imparten, biblioteca, aula de informática
    Dado que se trata dun reducido número de alumnos/as proporase o traballo ben de forma individual, ben en equipo que han defender conxuntamente as súas propostas

    Sistema de evaluación
    Dinámica de aula : (25%)
    Asistencia á aula
    Motivación
    Participación

    Probas orais: (30 %)
    Calidade oral da lingua empregada
    Calidade da exposición (organización, claridade, exemplificación, ton, linguaxe paratextual…)
    Calidade dos contidos expostos


    Probas escritas: (45%)
    Calidade da lingua escrita
    Calidade da información dada