Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3241234 - Didáctica da Língua e a Literatura Castelá para a Educación Secundaria (Módulo Específico Lingua e Lit. Castelá, Ling. e Lit. Galega) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
  • Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
LOPEZ SANDEZ, MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -Capacitar ao futuro profesorado para planificar as ensinanzas e deseñar unidades didácticas na área de Lingua castelá e literatura para alumnado da ESO e o Bacharelato de características e contextos diversos.
    -Transmitir aos futuros formadores a conciencia e sensibilidade sociolingüística requirida para o ensino de lingua e literatura nun contexto multilingüe.
    -Coñecer en profundidade o currículo de lingua castelá e literatura nos distintos niveis da educación secundaria e transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
    -Manexar materiais curriculares, aprender a seleccionar os máis motivadores, eficaces e adaptados ao nivel curricular, así como a elaboralos persoalmente con criterios de motivación, eficacia e adaptación ao contexto ou necesidades específicas dun alumno/a o grupo de alumnos/as.
    -Familiarizar ao alumnado cos distintos documentos de concreción do currículo e coa elaboración de programacións, programacións de aula e unidades didácticas da materia “Lingua castelá e literatura”.
    -Preparar ao alumnado para traballar como docentes de lingua e literatura nun contexto tecnolóxico, utilizando os recursos que achegan as TIC como fonte de materiais curriculares, ferramenta de traballo e de elaboración de materiais on-line así como novo contexto que require o dominio de novas estratexias comunicativas.
    -Reflexionar sobre as consecuencias pedagóxicas e as implicacións didácticas dun marco teórico pragmático, orientado ao desenvolvemento das competencias lingüísticas, á lingua en uso nos diversos contextos sociais.
    -Coñecer a literatura xuvenil e ser capaz de seleccionar textos de lectura motivadores e adecuados para os distintos niveis da educación secundaria, para acadar o desenvolvemento dun gusto pola lectura e a adquisición desta como fonte de ocio, coñecemento e pracer.
    -Coñecer técnicas de obradoiro literario adaptadas aos distintos niveis da educación secundaria que permitan un achegamento non só pasivo aos textos literarios, senón tamén desde a creación e a creatividade.
    -Dominar as estratexias para acadar a mellora dos distintos aspectos da competencia lingüística (ortografía, puntuación, redacción, expresión oral...) para os distintos niveis da educación secundaria.
    -Coñecer as dificultades para a aprendizaxe do castelán de estudantes inmigrantes que non teñen o castelán como lingua materna e practicar a elaboración de materiais curriculares específicos.
    -Coñecer procedementos e técnicas de avaliación dos aspectos curriculares de Lingua castelá e literatura e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e de estímulo ao esforzo.
    -Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente e adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelos nos alumnos e alumnas.
    Contidos
    1.O ensino e aprendizaxe de lingua castelá e literatura na Educación Secundaria Obrigatoria e o Bacharelato.
    2.O currículo de lingua castelá e literatura na Educación Secundaria Obrigatoria e o Bacharelato. Coñecemento do DCB e elaboración de materiais de aula.
    3.Desenvolvemento da competencia oral.
    4.A lecto-escritura na educación secundaria.
    5.O lugar da gramática na ESO e o Bacharelato: enfoque comunicativo e contidos gramaticais.
    6.Lectura, literatura e educación literaria na Educación Secundaria.
    6.1. A literatura especificamente xuvenil e os criterios de selección de textos literarios para o seu uso con alumnos/as de Educación Secundaria.
    6.2. Os obradoiros literarios: actividades para potenciar a creatividade literaria. Os concursos literarios orientados á Educación Secundaria (Premios Minerva, Concurso Coca-cola para alumnos de 2º ESO, etc.) e os Clubs de Lectura das bibliotecas de instituto: análise de casos e experiencias reais.
    6.3. O plan lector nos institutos de Educación Secundaria.
    6.4. Historia literaria e outras perspectivas de estudo: aplicacións das teorías sistémicas e os Estudos Culturais na Educación Secundaria.
    6.5. Actualización das prácticas de comentario de texto nun paradigma post-formalista.
    7. A comunicación icónico-verbal: a competencia comunicativa e os novos contextos e desenvolvementos tecnolóxicos.
    8. Os medios de comunicación e a Educación Secundaria.
    Bibliografía básica e complementaria
    Álvarez Angulo, Teodoro (2010). Competencias básicas en escritura. Barcelona: Octaedro.
    Barragán, C. et al. (2005). Hablar en clase: cómo trabajar la lengua oral en el centro escolar. Barcelona: Graó.
    Calsamiglia, H. e Tusón, A. (1999). Las cosas del decir. Manual de análisis del discurso. Barcelona: Ariel.
    Colomer, T. e Camps, A. (1996) Enseñar a leer, enseñar a comprender. Madrid: Celeste/MEC.
    Consejo de Europa (1997) European Language Portfolio: Proposals for Development, Estrasburgo: Consejo de Europa.
    Echazarreta Soler, Carmen (2007). Literatura Universal a través del cine. Barcelona: Horsori editorial.
    González Fernández, A. (2004) Estrategias de comprensión lectora. Madrid : Síntesis.
    Gúrpide Ibarrola, C; N. Falcó Avellana; A. Bernad Puig (2010). Espejos de la ficción. Los talleres de escritura. Pamplona: Pamiela Editorial.
    Hernández, A. (2005). Mejorando la composición escrita: estrategias de aprendizaje. Málaga: Aljibe.
    Janer Manila, G. (1989). Pedagogía de la imaginación poética. Barcelona: Aliorna.
    Jover Gómez Ferrer, G. (2007). Un mundo por leer. Educación, adolescentes y literatura. Barcelona: Octaedro.
    Leibrandt, I. (2008). Las herramientas electrónicas en la didáctica de la literatura. Navarra: Eunsa.
    Lomas, C.; Osoro, A. e Tuson, A., (1993) Ciencias del lenguaje, competencia comunicativa y enseñanza de la lengua. Barcelona: Paidós.
    López Morales, H. (1991). “La enseñanza del español como lengua materna”. Actas del II Seminario Internacional sobre aportes de la lingüística a la enseñanza del español como lengua materna. Río Piedras: Servicio de publicaciones de la Universidad de Puerto Rico.
    Mantilla Sánchez, Lizette (2009). Animando a leer. Técnicas para incentivar la lectura. Trillas Eduforma.
    Marco, A. (1998). "Los aspectos de lo multicultural y su incidencia en el área de Lengua y Literatura", en Mendoza, A. (Coord.), Conceptos clave en Didáctica de la Lengua y la Literatura. Barcelona: Horsori, pp. 255-264.
    Palou, J.; Bosch, C. (coords.) (2005). La Lengua oral en la escuela : 10 experiencias didácticas. Barcelona: Graó.
    Pennac, D. (1993). Como una novela. Barcelona: Anagrama.
    Silva Valdivia, B. (1990). “Lingua galega e lingua española, unha interacción pedagoxicamente necesaria”, Cadernos de lingua nº. 1, 119-124.
    Silva Valdivia, B. (2008). “Gallego, castellano y lenguas extranjeras en el sistema escolar de Galicia”, Textos de didáctica de la lengua y de la literatura nº 47, 59-69.
    Tusón, A. (1993). “Aportaciones de la sociolingüística a la enseñanza de la lengua”, en C. Lomas e A. Osoro (comps.), El enfoque comunicativo de la enseñanza de la lengua. Barcelona: Paidós, pp. 55-72.
    Vázquez, G. (2000). La destreza oral. Conversar, exponer, argumentar. Madrid: Tandem-Edelsa.
    Vez Jeremías, J. M. (1988). “Comportamiento lingüístico. Lenguaje, sociedad y escuela”, en J. García Padrino y A. Medina (dirs.), Didáctica de la Lengua y la Literatura, Madrid: Anaya.
    Vez Jeremías, J. M. (dir.) (2002). Aplicaciones de las nuevas tecnologías en el aprendizaje de la lengua castellana. Madrid: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
    Zaragoza Sesmero, Vicente (1995). El Juego de la poesía. Madrid: Alhambra Longman.

    http://www.edu.xunta.es/abalar
    Competencias
    A materia contribuirá particularmente ao desenvolvemento das seguintes competencias xerais, específicas e transversais:

    (CG3) Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias lingüísticas e literarias, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
    • (CG4) Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe en “Lingua castelá e literatura” nos distintos niveis da Educación Secundaria.
    • (CG6) Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupais como individuais, adaptadas á diversidade dos/as estudantes.
    • (CG8) Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento, decisión e expresión lingüística que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
    • (CG9) Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e resolver conflitos e problemas de disciplina.
    • (CE-E6) Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
    • (CE-E7) Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
    • (CE-E8) Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
    • (CE-E9) Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
    • (CE-E10) Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
    • (CE-E11) Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras na disciplina de lingua castelá e literatura.
    • (CT-2) Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñíbeis, estabelecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
    • (CT-3) Potenciar a capacidade para o traballo en contornos cooperativos e pluridisciplinarios.


    Metodoloxía da ensinanza
    Tomando como referencia a metodoloxía do traballo por proxectos, proporase como tarefa condutora da materia a preparación dunha programación docente dun curso académico da materia de lingua castelá e literatura. Deste modo, o traballo centrarase principalmente na elaboración, por parte das alumnas e alumnos, de propostas didácticas para a aula que cubrirán os distintos niveis da Educación Secundaria. Estas programacións defenderanse oralmente e exporanse unidades didácticas tomadas delas, coas súas actividades. Estas exposicións darán pé a un debate sobre a adecuación ao nivel, a efectividade, o carácter motivador das actividades, a integración de aspectos de innovación docente e unha interacción co profesor que, desde a perspectiva dun docente en exercicio de lingua castelá e literatura na Educación Secundaria, orientará sobre estas cuestións, tratando ademais de xeito sistemático todos os aspectos da competencia lingüística e literaria, propoñendo canles de mellora. Entendemos que esta metodoloxía é eficaz, pertinente e motivadora, xa que permite achegarse a todos os contidos da materia desde unha perspectiva eminentemente práctica, de elaboración de materiais curriculares e de adecuación aos distintos niveis educativos e ademais achega aos alumnos e alumnas a unha actividade que formará parte do seu futuro docente e que os motivará particularmente por formar tamén parte dos procesos selectivos para o profesorado, precisamente pola súa íntima relación coa actividade docente.

    Sistema de evaluación
    Coherentemente coa metodoloxía proposta, a avaliación da materia centrarase na valoración do proxecto desenvolvido, isto é, a programación dun curso académico da materia de lingua castelá e literatura coas unidades didácticas e os materiais curriculares que a desenvolven. A valoración desta abranguerá a calidade do propio documento elaborado (30%), mais terá en conta de xeito preferente a defensa oral e a exposición da unidade didáctica (40%). Neste sentido, terase en conta a claridade expositiva, a calidade e interese da concepción global da programación, a eficacia e adecuación das actividades didácticas presentadas en relación ao nivel educativo para o que se propoñen, a integración de aspectos de innovación docente e a aplicabilidade da proposta á realidade das aulas en termos de tempos, espazos, recursos e contextos educativos. Serán necesarias para a superación da materia a asistencia e participación nas actividades, a realización na aula por parte de cada alumno e alumna dun mínimo dunha defensa oral da programación e a exposición dunha unidade didáctica e a participación activa en comentarios e debates xurdidos a partir das exposicións orais dos compañeiros e compañeiras (30%). A avaliación estará pois orientada á comprobación do desenvolvemento efectivo das competencias didácticas e docentes na área de lingua castelá e literatura.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial: 48 horas, que abranguen clases expositivas nas que se tratarán os distintos contidos e servirán para orientar a elaboración da programación docente en aspectos de competencia lingüística, promoción da lectura, técnicas de obradoiro literario, avaliación na área de lingua, atención á diversidade na área de lingua castelá e literatura; clases interactivas centradas en exposicións, debates, elaboración de materiais e propostas didácticas, corrección de materiais, planificación da actividade do período de prácticas, etc.
    Traballo persoal do/a alumno/a: 102 horas, que se distribuirán en estudo autónomo, lectura de materiais e elaboración de propostas didácticas, preparación de presentacións e debates, actividades en biblioteca, lecturas recomendadas, procuras bibliográficas e revisión de materiais curriculares, etc.


    Recomendacións para o estudo da materia
    As recomendacións para o estudo da materia inclúen a asistencia activa e participativa, a lectura da bibliografía recomendada, a implicación nas actividades prácticas propostas e a reflexión sobre a importancia da propia actitude lingüística, que constituirá no futuro exercicio docente o modelo de lingua para alumnos e alumnas de educación secundaria, e que como tal debe ser non só un exemplo lingüístico axeitado gramaticalmente e rico lexicamente, senón a expresión de actitudes lingüísticas de valoración dos distintos códigos. O uso lingüístico do profesorado ten un papel esencial na formación de individuos plurilingües, con flexibilidade para o uso das diversas linguas e que valoren estas non só como códigos de comunicación funcional senón como elementos clave do patrimonio cultural e da construción da propia identidade e a apertura a outras culturas e sociedades. Recoméndase ler, amosar interese pola literatura e integrala nas vidas dos estudantes, pois só un profesor ou profesora que le poderá no futuro transmitir o goce e o hábito da lectura.
    Observacións
    RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.