Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3241236 - Didáctica do Inglés para a Educación Secundaria (Módulo Específico Linguas Estranxeiras) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxía Inglesa
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Italiano


  • Obxectivos da materia
    a) Xerais
    - Introducir ao alumnado en aspectos concretos do ensino do inglés relacionados coa programación das ensinanzas, organización da clase, ensino da gramática, ensino do vocabulario e ensino da pronunciación.
    - Establecer conexións entre a teoría lingüística e a práctica pedagóxica.
    - Reflexionar sobre os factores que condicionan a aprendizaxe e o ensino de linguas.
    - Proporcionarlles ao alumnado destrezas básicas para a práctica do ensino do inglés.
    - Familiarizar ao alumnado coa bibliografía especializada de maior relevancia sobre os temas do programa.
    - Proporcionarlles ao alumnado principios básicos teóricos e técnicas prácticas para o seu propio desenvolvemento profesional como futuros profesores de inglés.

    b) Específicos
    - Proporcionarlle ao alumnado pautas e orientacións prácticas para unha boa xestión e unha organización efectiva da clase.
    - Familiarizar aos alumnos coa organización do currículo de inglés na Educación Secundaria (ESO e Bacharelato) e nas Ensinanzas especiais de idiomas (Escolas Oficiais de Idiomas).
    - Familiarizar ao alumnado cos materiais (libros de texto, ferramentas audiovisuais e multimedia, gramáticas, dicionarios, glosarios, recursos de apoio para profesorado e alumnado) utilizados habitualmente para o ensino do inglés.
    - Examinar o papel das novas tecnoloxías no ensino do inglés.
    - Familiarizar ao alumnado coas principais técnicas no ensino da gramática, vocabulario e pronunciación..

    Contidos
    Nota: Os contidos que se inclúen neste programa son orientativos. Poden sufrir certas modificacións de acordo coas necesidades dos alumnos e o desenvolvemento do curso.

    1. Unit 1. Introduction. Ice-breaking activities. General discussion. Introdución. Actividades introductorias. Posta en común.
    General revision of key concepts in English language teaching (ELT).

    2. Unit 2: English curriculum and curriculum design for English in the Spanish. Secondary Education level. Other curriculum proposals. O curriculum para inglés na ESO, Bacharelato e EOI.
    2.1. General organization and structure of the Spanish educational system.
    2.2. General Curriculum Design for ESO: main methodological principles, objectives, contents and evaluation. Curriculum Design for English.
    2.3. General Curriculum Design for Bacharelato: main methodological principles, objectives, contents and evaluation. Curriculum Design for English.
    2.4. General Curriculum Design for Schools of Languages (Escolas de Idiomas): main methodological principles, objectives, contents and evaluation. Curriculum Design for English.

    3. Unit 3: Classroom Management. Organización y xestión da clase.
    3.1. Practical tips
    3.2. The roles of the teacher
    3.3. Discipline
    3.4. Action in case of indiscipline

    4. Unit 4: The teaching of gramar. O ensino da gramática.
    4.1. Basic ideas
    4.2. General approaches
    4.3. Tips
    4.4. General techniques
    4.5. Questions on grammar presentations

    5. Unit 5: The teaching of vocabulary. O ensino do vocabulario.
    5.1. Introduction. What is a “word”?
    5. 2. What vocabulary items are important and what needs to be taught?
    5.3. Presenting and learning new vocabulary.
    5.4. Consolidating and recycling new vocabulary.
    5.5. Practical tasks: Ideas for vocabulary work in the classroom.
    5.6. Vocabulary teaching tips

    6. Unit 6. The teaching of pronunciation. O ensino da pronunciación.
    6.1. Points for discussion
    6.2. Improving learners' pronunciation. Identifying learners' main problems
    6.3. General ideas for improving learners' pronunciation
    6.4. Practical activities for improving learners' pronunciations

    7. Unit 7: ELT Teaching and learning materials. Materials production and evaluation. Os materias didácticos. Produción e avaliación.
    7.1.ELT materials for the learner.
    7.2. ELT materials for the teacher.
    7.3. New Technologies in ELT.
    7.4. ELT materials evaluation


    Bibliografía básica e complementaria
    - Estaire, Sheila e Zanón, Javier, Task-based Teaching, Heinemann, Oxford, 1994.
    - Gower, R., Phillips, Diane e Walters, S., Teaching Practice Handbook, Heinemann, Oxford, 1995.
    - Grant, Neville, Making the Most of your Textbook, Longman, Londres e Nova York, 1987.
    - Harmer, Jeremy, How to Teach English, Longman, Harlow, 1994.
    - Hill, Jimmy e Lewis, Michael, Practical Techniques for Language Teaching, 2ª ed., Language Teaching Publications, Hove, 1992.
    - Palacios, Ignacio et al. Dicionario de ensino e aprendizaxe de linguas. Santiago de Compostela: U. de Santiago, 2009.
    - Ribé, Ramón e Vidal, Núria, La Enseñanza de la Lengua Extranjera en la Educación Secundaria, Alhambra Longman, Madrid, 1995. (Capítulos 8, 10 e 11)
    Salaberri, Sagrario, Lingüística Aplicada a la enseñanza de lenguas extranjeras, Servicio de Publicaciones de la Universidad, Almería, 1999.
    - Schellekens, Philida, The Oxford ESOL Handbook, Oxford University Press, Oxford, 2007.
    - Ur, Penny, A Course in Language Teaching, Cambridge University Press, Cambridge, 1996.
    - Watkins, Peter, Learning to Teach English, Delta Publishing, Peaslake, 2005. (Capítulo 16)
    - Willis, Jane, Teaching English through English, Longman, Harlow, 1981.
    - Woodward, Tessa, Planning Lessons and Courses, University Press, Cambridge, 2001. (Existe tamén unha versión traducida ao español de 2002 na mesma editorial).

    * Cando sexa necesario, proporcionaranse outras fontes bibliográficas así como recursos electrónicos para cada unha das unidades do programa.

    Competencias
    - Desenvolvemento de destrezas pedagóxicas con especial atención ás técnicas de planificación da clase e ás estratexias de xestión e organización da aula.
    - Transformación dos currículos en programas de actividades e de traballos.
    - Adquisición de criterios de avaliación de materiais didácticos.
    - Adquisición de técnicas para a implementación de materiais didácticos.
    - Fomento dun clima de traballo que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
    - Integración da formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
    - Utilización de bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por internet.
    - Desenvolvemento de destrezas e técnicas para un ensino efectivo da gramática, vocabulario e pronunciación.
    - Xestión de forma óptima do tempo de traballo e organización dos recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
    - Potenciación da capacidade para traballar en contornas cooperativas, pluridisciplinares e plurilingües.

    Metodoloxía da ensinanza
    - Presentacións por parte do profesor.
    - Postas en común sobre un tema de debate.
    - Resolución de pequenos problemas ou supostos.
    - Traballos en parella e en grupos.
    - Obradoiros na Sala de Informática.
    - Sesións de microensino: Presentacións orais dos alumnos de maneira individual ou en pequenos grupos.

    Sistema de evaluación
    O progreso do alumnado nos distintos aspectos do curso será avaliado a través dun seguimento case diario do seu traballo. O alumnado terá que completar varias tarefas, algunhas das cales realizaranse na propia clase. En consecuencia, a asistencia é obrigatoria. Aqueles estudantes que non satisfagan este criterio terán que facer un exame final de carácter teórico-práctico.
    O alumnado, individualmente, en parellas ou en pequenos grupos, terá que presentar o seu traballo ao resto da clase. Unha vez feita esta presentación terán que entregar a versión escrita con todo o material correspondente.

    A título orientativo establécense os seguintes criterios e módulos para a avaliación do alumno:

    a) Asistencia e participación activa na clase (ata 20%)
    b) Lecturas, presentacións e outras tarefas prácticas (ata 80%)

    Aquelas alumnas que non cumpran co requisito mínimo de asistencia a clase (85%) deberán realizar unha proba final de toda a materia. Isto aplicarase igualmente para a convocatoria de xullo e para aqueles alumnos con dispensa oficial de asistencia por parte do Decanato da Facultade.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo adicado ao estudo desta materia poderá variar dunha semana a outra, aínda que se estima que o alumnado terá que estudar unha media de 8-10 horas á semana, inclúese aquí o tempo destinado a tarefas e traballos.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Esta é unha materia eminentemente práctica. En consecuencia, a asistencia e participación na clase constitúen un requisito. Espérase que o alumnado presente diversos traballos e tarefas prácticas ao longo do curso.