Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3241237 - Didáctica do Francés e outras Línguas Estranxeiras para a Educación Secundaria (Módulo Específico Linguas Estranxeiras) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
  • Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Rio Corbacho, Maria Pilar.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Francés


  • Obxectivos da materia
    - Reflexionar sobre as metodoloxías no proceso de ensinanza e aprendizaxe de linguas estranxeiras e segundas linguas.

    - Coñecer a problemática do ensino do FLE.

    - Preparar ao alumnado para a elaboración de recursos propios na realización de actividades na aula de lingua francesa.

    - Dominar o deseño de unidades didácticas de lingua francesa na aula de Educación Secundaria.

    - Coñecer os criterios e os instrumentos de avaliación.

    - Manexar os contidos transversais nas aulas de lingua francesa.

    - Saber utilizar as TIC no proceso de ensino aprendizaxe do FLE.

    Contidos
    1. O ensino e a aprendizaxe da lingua estranxeira e a segunda lingua.

    2. O FLE na Educación Secundaria.

    3. Elaboración de unidades didácticas de lingua francesa para a Educación Secundaria: obxectivos, contidos, secuenciación, temporalización, metodoloxía, recursos e actividades.

    4. Métodos para a avaliación da aprendizaxe.

    5. A transversalidade nos contidos na aula de FLE.

    6. As novas tecnoloxías na clase de francés.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica :
    CHARTRAND, S.-G. (2003) : «Sept chantiers pour travailler la grammaire en classe», Québec français, 129 : 73-77.
    CONSEJO DE EUROPE (2002): Marco común europeo de referencia para las lenguas: aprendizaje, enseñanza, evaluación. Estrasburgo: Consejo de Europa (División de Lenguas Vivas).
    CUQ, J.-P.; GRUCA, I. (2008) : Cours de didactique du français langue étrangère et seconde. Grenoble : Presses Universitaires de Grenoble.
    DEFAYS, J.-M.; DELTOUR, S. (2003) : Le français langue étrangère et seconde. Enseignement et apprentissage. Sprimont : Mardaga.
    DESMONS, F., et al. (2005) : Enseigner le FLE. Pratiques de clase. Paris : Belin.
    FALARDEAU, É.; FISHER, C.; SIMARD, Cl.; SORIN, N. [dir.] (2007) : La didactique du français. Les voies actuelles de la recherche. Québec : Les Presses de l’Université Laval.

    Bibliografía complementaria :
    CHNANE-DAVIN, F.; CUQ, J.-P. (2008) : Du discours de l'enseignant aux pratiques de l'apprenant. Paris : Clé Internacional.
    DEFAYS, J.M.; DELCOMINETTE, B.; DUMORTIER, J.L.; LOUIS, V. [Ed.] (2003): Didactique du français, langue maternelle, langue étrangère et langue seconde : vers un nouveau partage ? Cortil-Wodon: Editions Modulaires Européenes & Intercommunication.

    Competencias
    Competencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante debe adquirir:

    1. Competencias xerais (G):
    - Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe en lingua francesa nos distintos niveis da Educación Secundaria. (G4)
    - Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas adaptadas á diversidade dos/as estudantes. (G6)

    2. Competencias específicas (E) da materia:
    - Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos. (E7)
    - Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe. (E9)
    - Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo. (E10)
    - Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras na disciplina de lingua francesa. (E11)

    3. Competencias transversais (T) da materia:
    - Xestionar de xeito adecuado o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñíbeis. (T2)
    - Potenciar a capacidade para o traballo en entornos cooperativos e pluridisciplinares. (T3)

    Metodoloxía da ensinanza
    - As clases expositivas inclúen a explicación teórica (presentación dos parámetros básicos para a realización da actividade) e a práctica interactiva (análise e reflexión crítica, propostas propias, posta en común).

    - Todo o alumnado desta materia debe preparar a elaboración dunha unidade didáctica para a Educación Secundaria, que haberá de ser exposta na aula. Os temas a traballar decidiranse na aula.

    - Tódalas clases son presenciais.

    Sistema de evaluación
    A avaliación desta materia centrarase na valoración do proxecto desenvolvido, é dicir, a programación dunha unidade didáctica de lingua francesa de aplicación na Educación Secundaria.

    A valoración desta abranguerá a calidade do propio documento elaborado (30%), mais contará de xeito preferente a defensa oral e a exposición da unidade didáctica (50%). Neste sentido, terase en conta a claridade expositiva, a calidade e interese da programación, a eficacia e adecuación das actividades didácticas presentadas en relación ao nivel educativo para o que se propoñen, o uso dunha fonética produtiva e a calidade da expresión oral en lingua francesa.

    Serán necesarias para a superación da materia a asistencia e participación nas actividades, a exposición na aula por parte de cada alumno e alumna da unidade didáctica e a participación activa en comentarios e debates xurdidos a partir das exposicións orais dos compañeiros e compañeiras (20%).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases presenciais: 48 horas, repartidas en:

    - Clases expositivas nas que se tratarán os distintos contidos e servirán para orientar a elaboración da unidade didáctica que o alumnado debe expoñer na aula.

    - Clases interactivas centradas nas exposicións dos e das estudantes, debates, elaboración de materiais e propostas didácticas, corrección de materiais, planificación da actividade do período do Practicum, etc.

    - Traballo persoal do/a alumno/a: 102 horas, que se distribuirán en estudo autónomo, procura e elaboración de materiais e de propostas didácticas, debates, preparación da exposición, etc.

    Recomendacións para o estudo da materia
    O alumnado desta materia debe ter un nivel B2 para poder superala.