P3241238 - Didáctica da Cultura Clásica para a Educación Secundaria (Módulo Específico Cultura e Linguas Clásicas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Latín e Grego, Latín e Grego
- Áreas: Filoloxía Grega, Filoloxía Latina
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaReflexionar sobre o papel da cultura clásica na historia da educación e no mundo actual.
Aprender a programar desde un punto de vista curricular a materia de Cultura Clásica
Coñecer os recursos e mecanismos ao dispor para profesores e alumnos de cara ao ensino e a aprendizaxe da materia.
Contidos1. O papel da cultura clásica na educación
1.1. A pervivencia da cultura clásica no mundo actual.
1.2. Razóns para o ensino da cultura clásica no século XXI
2. A Cultura Clásica no Ensino Secundario Obrigatorio.
2.1. Lexislación vixente: a Resolución de 3 de agosto de 2007 e o Decreto 133/2007.
2.2. O Deseño Curricular Básico de Cultura Clásica: obxectivos, contidos e criterios de avaliación.
3. Metodoloxía e actividades didácticas.
3.1. A cultura grecolatina a través do tempo. Didáctica da Cultura Clásica e didáctica da Historia.
3.2. A civilización grecolatina na lingua e nos textos. Didáctica da Cultura Clásica e didáctica das linguas clásicas.
3.3. O carácter optativo da materia e o axeitamento da súa ensinanza á realidade particular de cada centro e dos seus alumnos.
4. Recursos e materiais para o ensino da Cultura Clásica.
4.1. O libro de texto.
4.2. Textos e lecturas
4.3 Cultura Clásica e tecnoloxías da información.
5. Criterios e procedementos de avaliación.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Assmann, J., Das kulturelle Gedächtnis. Schrift, Erinnerung und politische Identität in frühen Hochkulturen, München 1999.
Brague, R., Europa, la vía romana, trad. española Madrid, 1995.
Curtius, E.R., Literatura Europea y Edad Media Latina, trad. española México-Madrid, 1981-84 (reimpresión).
Eliot, T.S., La unidad de la cultura europea: notas para la definición de la cultura, trad. española, Madrid 2003
Grafton, A., Most, G., Settis, S., The classical Tradition, Cambridge MAS, 2010.
Settis, S., El futuro de lo clásico, trad. española, Madrid 2006.
Signes Codoñer,J., Antón Martínez, B., Conde Parrado, P, González Manjarrés,M.A., Izquierdo, J.A. (eds.), Antiquae Lectiones. El legado clásico desde la Antigüedad hasta la Revolución Francesa, Madrid, 2005.
Competencias- manexo da bibliografía básica de utilidade para preparación de clases de secundaria.
- coñecemento de outro tipo de recursos on line nos que se difunde a experiencia adquirida por outros profesores.
- habilidade para elaborar materiales personais aptos para o traballo dos alumnos de secundaria.
Metodoloxía da ensinanza Alternancia de clases teóricas e prácticas. Nas clases teóricas exporanse os puntos fundamentais nos que se debe insistir para que os alumnos recapaciten sobre a importancia do legado clásico na cultura actual. Nas clases prácticas proporcionarase material de todo tipo: libros, xogos, material audiovisual e de soporte informático para que os alumnos poidan elaborar unidades didácticas relacionadas cos temas teóricos.
Sistema de evaluaciónAvaliación continua. Terase en conta tanto a asistencia ás sesións expositivas e interactivas (25% da nota final), como os traballos feitos na casa baixo a supervisión da profesora (25%), como un traballo final de síntese do impartido ao longo do curso (50%).
Tempo de estudo e traballo persoalA materia ten 6 créditos ECTS, xa que logo 150 horas de traballo do estudante que se concretan en 45 horas de docencia nas aulas, das cales 15 serán de carácter expositivo e 30 de carácter interactivo. O resto das horas divídense entre as dedicadas a actividades non presenciais dirixidas pola profesora (lectura de artigos específicos, prácticas con textos na casa), 21 horas, e as horas restantes, dedicadas ao estudo autónomo por parte do alumno.