Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3241242 - Aprendizaxe e Ensinanza da Música (Módulo Específico Música) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 12.00
  • Total: 12.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 36.00
  • Clase Interactiva Seminario: 48.00
  • Horas de Titorías: 12.00
  • Total: 96.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
  • Áreas: Didáctica da Expresión Musical
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GILLANDERS ., CAROL JEAN.NON
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN.NON
MOREIRA ARINCON, REMIGIO.NON
Portela Lopez, Cecilia Maria.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    “La Educación tiene que servir para aprender a conocer, aprender a convivir, aprender a hacer y para aprender a ser”

    Delors, J. (1996). Los cuatro pilares de la educación. La educación encierra un tesoro. Informe a la UNESCO de la Comisión internacional sobre la educación para el siglo XXI. Madrid: Santillana/UNESCO. pp. 91-103.


    Un futuro docente deberá demostrar que ten capacidades e que posúe coñecementos, polo tanto, que sabe utilizalos en prácticas pedagóxicas diversas. Deberá ser capaz de:

    - Demostrar interese, coñecementos didácticos e responsabilidade profesional nas actividades que se realicen dentro e fóra da aula, e que demostrarán as habilidades e actitudes necesarias da profesión docente.
    - Elaborar propostas didácticas axeitadas ás características psicopedagóxicas e socio culturais do alumnado, da lóxica interna da disciplina e tendo como referente o Currículo de Educación Secundaria e Bacharelato.
    - Manexar distintos recursos didácticos e aplicalos nas actividades e programacións que se desenvolvan, presentados e elaborados a través de software musical TIC.
    - Reflexionar dun xeito persoal sobre as lecturas realizadas e outras actividades que impliquen reflexión.
    - Coñecer, manexar e aplicar as técnicas, destrezas e estratexias didácticas propias da Educación Musical no ámbito da Educación Secundaria.
    - Demostrar iniciativa eresponsabilidade no desenvolvemento das distintas tarefas.
    - Traballar en equipo nos proxectos e actividades que se desenvolvan.
    - Elaborar os traballos que se especifiquen con rigor científico e didáctico, manexando fontes e recursos documentais procedentes de distintas bases de datos e línguas, coidando a coherencia interna e la organización.

    Contidos
    - Principios metodolóxicos fundamentais da educación musical e a súa aplicación na aula.
    - Didáctica da música paralos diferentes contidos curriculares.
    - Proxectos e materiais curriculares: como elaboralos, seleccionalos e aplicalos.
    - Aplicación das TIC's no ensino da música.
    - Deseño e programación curricular do ensino da música.

    Bibliografía básica e complementaria
    A.A.V.V. (2007). Competencias en educación musical. Eufonía: Didáctica de la música nº 41. Barcelona: Graó.
    Borragán, A., Barrio del, J.A., Gutiérrez, J. N. (1999). El juego vocal para prevenir problemas de voz. Málaga, Ediciones Aljibe.
    Cortázar, Mª I., Rojo, B. (2007). La voz en la docencia. Conocer y cuidar nuestra herramienta de trabajo. Colección Desarrollo personal del profesorado. Barcelona, Graó.
    Chacón, A. e Molina, E.(2005): Musicalización de textos Vol. 1. Metodología IEM. Instituto de Educación Musical. Enclave creativa. Madrid.
    Coll, C. (Coord.) (2011). Desarrollo, aprendizaje y enseñanza en la educación secundaria. Graó: Barcelona.
    Díaz, M. e Giráldez, A. (coords.) (2007). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical. Graó: Barcelona.
    Farrell, S. R. (1994). Tool for powerful student evaluation. Canada: Meredith Music Publications
    Giráldez, A. (2005). Internet y educación musical. Barcelona: Graó.
    _________ (Coord.) (2011). Didáctica de la música. Barcelona: Graó.
    _________(Coord.) (2011). Música. Complementos de formación curricular. Barcelona: Graó.
    _____(Coord.) (2011). Música. Investigación, innovación y buenas prácticas. Barcelona: Graó.
    Gillanders, C. , Candisano, J.A.  (2011). Métodos y modelos de educación musical. Música y educación: Revista trimestral de pedagogía musical, Año nº 24, Nº 87, 2011 , pp. 62-72.
    Heardgraves, D. J. (1998): Música y desarrollo psicológico. Barcelona: Graó.
    Perrenoud, P. (2004). Desarrollar la práctica reflexiva en el oficio de enseñar. Barcelona: Graó.
    Xunta de Galicia (2008). Lexislación do Bacharelato en Galicia. Santiago de Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
    Xunta de Galicia (2008). Lexislación da educación secundaria obrigatoria en Galicia. Santiago de Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
    Zaragozá, J. LL. (2009). Didáctica de la música en la educación secundaria. Competencias docentes y aprendizaje. Barcelona: Graó.

    Esta bibliografía complementarase con outra máis específica e con outros materiais en distintos formatos (audios-audiovisuais-revistas-electrónicos, etc) no momento en que se desenvolvan os distintos contidos e actividades do programa.

    Competencias
    Específicas asociadas ao módulo específico:

    (CE-E6) Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
    (CE-E7) Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
    (CE-E8) Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudiantes.
    (CE-E9) Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
    (CE-E10) Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.

    Xerais: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CG6, CG7, CG8, CG9, CG10

    As competencias pódense consultar no seguinte enlace:
    http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/propostas_master_09_10/P3241_PROFESORADO_ESO_BACHARELATO_FP_EI.pdf

    Metodoloxía da ensinanza
    Os eixos metodolóxicos principais son: fomentar a reflexión, a participación, e a creación en todas as actividades que se realicen, tanto nas clases presenciais, non presenciais, como a través da Aula virtual.

    - Exposicións coa utilización de todo tipo de materiais e recursos didácticos.

    - Participación do alumnado en coloquios e debates.

    - Lectura crítica e reflexiva de manuais, artículos, textos e outros documentos.

    - Clases activas a partir da utilización de todos os recursos didácticos necesarios no proceso de ensino-aprendizaxe. Tratarase de fomentar a participación do alumnado e o interese por acadar os obxectivos e competencias propostas.

    - Reflexión posterior sobre os contidos e obxectivos desenvolvidos.

    - Realización de traballos individuais e de grupo dentro e fóra do horario lectivo. Exposicións e reflexións.

    Aula virtual: utilizarse para a incorporación de materiais en distintos formatos, para o intercambio de reflexións, comentarios e materiais.

    Os materiais de estudo e outros documentos, atoparanse na aula virtual.

    Sistema de evaluación
    I. Convocatoria de maio:

    1. Asistencia ás clases, participación, reflexión e implicación nas tarefas e proxectos obrigatorios e opcionais (60%). Os diferentes traballos que se desenvolvan especificaranse en cada tema polo profesorado. A cualificación final desta primeira parte será a media ponderada entre o profesorado. Deberase obter unha cualificación positiva en todas as partes.

    2. Elaboración e exposición dunha unidade didáctica (40%).

    Requisitos para aprobar a materia:

    En ámbolos casos é necesario ter unha cualificación positiva en cada apartado.
    Para ser avaliado da materia, é condición inexcusable a asistencia e participación nas sesións de clase. A asistencia tanto ás sesións expositivas, interactivas como as exposicións de traballos é obrigatoria. Permítese a ausencia de ata 20 horas (máximo de 5 horas inxustificadas que serán penalizadas con 0,2 puntos cada unha da nota final).

    II. Convocatoria de xullo e/ou extraordinarias:
    - No caso de obter unha cualificación negativa, o profesorado establecerá unha proba determinada aplicada a cada alumno/a concreto/a co fin de facilitar a superación da materia.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O traballo debe ser imprescindiblemente semanal. O tempo deberá incrementarse segundo os intereses e as dificultades persoais do propio alumnado e dos contidos da materia.
    a) - Actividades dentro do horario académico: 96h
    - Sesións expositivas: 30h
    - Sesións interactivas: 66h

    b) - Actividades fóra do horario lectivo: 204
    - Estudo e traballo individual ou en grupo: 80h
    - Escritura de exercicios, conclusións e outros traballos derivados da materia: 40h
    - Programación/experimentación e outros traballos con medios técnicos (ordenador, laboratorio, recollida de datos, ...): 40h
    - Preparación de debates, presentacións orais ousimilares: 30h
    - Actividades en biblioteca, lecturas recomendadas, búsquedas bibliográficas: 14

    TOTAL (a+b) = 300h (12 créditos ECTS)

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia ás sesións de clase.
    - Compromiso e responsabilidade no estudo.
    - Resolución de dúbidas e as dificultades que xurdan dende un primeiro momento nas propias clases ou nas titorías.
    - Ser responsable e non esquecer as datas dos traballos ou actividades plantexadas polo profesorado e grupos de traballo.
    - Utilizar os recursos da propia Facultade (biblioteca, aulas) para o estudo e para a ampliación dos propios coñecementos.



    Observacións
    Debido a que é obrigatorio traballar e estar comunicado a través dunha plataforma virtual, recomiéndase dispoñer dun ordenador persoal con conexión a Internet. O profesorado da materia será o responsable de dar de alta aos usuarios na primeira semana do inicio da actividade lectiva.

    Os traballos individuais e/ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na convocatoria correspondente. Un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias salvo que se programase dun xeito coordinado.

    En relación aos traballos persoais ou de grupo terase en conta as seguintes indicacións de responsabilidade medioambiental:
    - Imprimir a dobre cara en calidade de “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
    Avisos, prazos, e outras notificacións, comunicaranse a través da aula virtual.