P3241245 - Innovación Docente e Iniciación á Investigación Educativa en Música e Artes Plásticas e Visuais (Módulo Específico Música) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
- Áreas: Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaOfrecer unha aproximación ás paradigmas emerxentes de investigación e innovación en educación artística e a súa relación proyectiva co contexto artístico contemporáneo coa intención de proporcionar unha visión xeral das particularidades que a investigación artística require.
Unha parte desta materia desenvolverase a través da rede e a outra terá carácter presencial.
-Reflexionar sobre as problemáticas contemporáneas do feito artístico e as súas implicacións na educación.
-Coñecer e debater sobre novas tendencias e enfoques contemporáneos de investigación en Educación artística.
-Recoñecer os elementos de conexión multi e interdisciplinar que inciden nestes modelos de investigación.
-Indagar as achegas que ofrece a investigación artístico - narrativa á construción de coñecemento educativo.
-Coñecer e acceder a técnicas de traballo colaborativo e fontes de documentación on-line para profundar nas novas vías e perspectivas que abren á investigación educativa.
-Elaborar propostas de investigación aplicada partindo de conceptos e prácticas contemporáneas.
Contidos1. O papel do profesor/a como axente reflexivo e crítico, capaz de incorporar a investigación e a innovación á aula para mellorar a súa práctica docente.
2. Achegas da investigación didáctica das disciplinas artísticas á mellora do ensino.
3. Perspectivas e enfoques actuais na innovación e na investigación didáctica da Educación Artística (Música e Educación Plástica e Visual). Experiencias concretas.
4. Deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación e seguimento e avaliación de unidades didácticas deseñadas e aplicadas nos institutos de prácticas.
5. Perspectivas de investigación sobre Educación Artística como lugar de intersección de diferentes disciplina
Bibliografía básica e complementariaAcha, J. (2006). Educación Artística. México: Ed. Trillas.
Alexenberg, M. (2008). Educating artists for the future. Chicago: Intellect.
Bauer, M. And Gaskell, G. (2000). Qualitative researching with text, image and sound. A practical Handbook. SAGE Publications.
Bolivar, A; Domingo J. y Fernández, M. (2001). La investigación biográfica-narrativa en educación. Madrid: La Muralla.
Bresler, L. (2007). International Handbook of Research in Arts Education. Dordrecht: Springer.
Colbert, C. y Tauton, M. (2001). “Classroom Research in the Visual Art” en Richardson, V. (2001): Handbook of Research on Teaching. Washington: American Educational Research Association, pp.520-526
Colwell, R. & Richardson, C. (Eds) (2002). The New Handbook of Research on Music Teaching and Learning. Nueva York: Oxford University Press.
Diamond, P. y Mullen, C.A. (1999). The postmodern educator. Arts-Based inquiries and teacher development. New York: Peter Lang (Counterpoints, vol. 89)
Díaz, M. (Coord.) (2006). Introducción a la investigación en Educación Musical. Madrid: Enclave Creativa Ediciones.
Díaz, M. y Giráldez, A. (coords.) (2007). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical. Barcelona: Ed. Graó.
Efland, Arthur D. (2004). Arte y cognición. La integración de las artes visuales en el curriculum. Barcelona: Octaedro.
Eisner, E. y Day, M.(2004). Handbook of research and policy in art education. Londres: NAEA National Art Education Association, LEA (Lawrence Erlbaum Associates) publishers.
Eisner, E. (1998). El ojo ilustrado, indagación cualitativa y mejora de la práctica educativa. Barcelona: Paidós Educación
Eisner, E. (2004). El arte y la creación de la mente. Barcelona: Paidós.
Finney, J. y Burnard, P. (2007). Music Education with Digital Technology. Londres: Continuum International Publishing Group.
Gaudelius, Y., Speirs, P. (2001). Contemporary issues in Art Education. Nueva York: Prentice-Hall.
Giraldez, A. (2011). Música. Investigación, innovación y buenas prácticas. Barcelona: Ed. Graó.
Graeme Chalmers, F. (2003). Arte, educación y diversidad cultural. Barcelona: Paidós.
Hausman, J. (1963). “Research on teaching in the visual arts” en N.L. Gage (Ed.): Handbook on Teaching. Chicago: Rand McNally, pp. 1101-1117
Hemsy de Gaínza, V. (1977). Fundamentos, Materiales y Técnicas de la Educación Musical. Buenos Aires: Ricordi.
Hemsy de Gainza, V. (2002). Pedagogía musical. Buenos Aires: Ed. Lumen.
La Pierre, S. & Zimmerman, E. (1997). Research methods and methodologies for art education. Reston, VA: National Art Education Association
Lines, D.K. (Ed.) (2005). Music Education for the New Millennium. Gran Bretaña: Blackwell Publishing.
Marín Viadel, R. y otros (1998). La investigación en Bellas Artes. Tres aproximaciones a un debate. Granada: Grupo editorial universitario.
Shulman, L. (1999). “Portafolios del docente: una actividad teórica” en N. Lyons, N. (Comp.) (1999). El uso del portafolios. Propuestas para un nuevo profesionalismo docente. Buenos Aires: Amorrortu, pp. 45-62.
Villar Angulo, L. (2005). Programa para la mejora de la docencia universitaria. Madrid: Ed. Pearson.
Revistas:
Eufonía. Música y Educación. Doce notas preliminares. International Journal of Music Education.
Outras fontes de información
• Biblioteca virtual de educación musical: www.bivem.net
• Documentación entregada nos distintos módulos.
• Editorias con coleccións adicadas á Educación musical:
Akal – Graó – Alianza –Morata - Cambridge University Press – Oxford University Press – Harvard University Press – J.M. Fuzeau
• International society for music education www.isme.org
• Sociedad española para la educación musical SEM-EE
CompetenciasParticipar na avaliación, investigación e a innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación.
Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia. Para estas clases é necesario a lectura previa do material de traballo. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudo de casos, a análise de proxectos e a resolución de problemas. Todas as tarefas do alumno (estudo, traballos, uso de computador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas) serán orientadas polo profesor tanto na aula como nas sesións de tutoría. Nestas atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa materia.
Metodoloxía de situacións: activa, reflexiva e colaborativa, baseada en proxectos-proceso de educación artística. Nº de proxectos aproximado: 3
Nesta materia farase uso dunha plataforma virtual.
Sistema de evaluaciónA avaliación cinguirase á comprobación do desenvolvemento efectivo das competencias. Especificamente, a cualificación de cada alumno obterase mediante avaliación continua e a realización dos diferentes proxectos.
A avaliación continua farase por medio de informes escritos, traballos entregados, participación do estudante na aula, tutorías ou outros medios.
Avaliación continua, formativa e cualitativa.
Deseño e posta en práctica de proxectos de aprendizaxe artística.
Para superar a materia será necesario a asistencia presencial ás clases (80%), a realización dos proxectos e aprobalos por separado. Unha vez superados, farase unha media global para a cualificación final. Considerarase non presentado aquel alumno que non entregase ningún dos proxectos.
Data límite de entrega de proxectos: o día e a hora fixados no calendario oficial de exames.
Tempo de estudo e traballo persoalTotal horas traballo presencial na aula 48
Total horas traballo persoal do alumno/a 102
Recomendacións para o estudo da materiaComo recomendacións para o estudo da materia contarán o grao de experimentación, o descubrimento e uso de distintas posibilidades cos materiais, a información e documentación utilizada e a riqueza de reflexións persoais. Tamén contará o que cada traballo sexa unha procura nova, para iso os proxectos teñen que reflectir o grao de implicación nese proceso creativo.
Para a recuperación da materia presentaranse de novo os ou o proxecto non superado, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación ou repetición, realizadas no transcurso das entrevistas e reflexións compartidas sobre os mesmos. Todo o material do curso, as imaxes recomendadas, e as ferramentas de comunicación están envorcadas na plataforma virtual, servindo de axuda e complemento en cada momento para a realización e seguimento do curso.