P3241246 - Diagnose e Avaliación en Educación (Módulo Específico Orientación Educativa) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.00
- Total: 4.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 4.00
- Total: 32.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | NON |
| Grupo /CLE_01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| Grupo /TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia-Tomar conciencia da importancia e utilidade do diagnóstico e avaliación para a mellora da educación e, en especial, para a formación do profesorado.
-Coñecer o proceso diagnóstico e avaliación en educación e as súas posibilidades de aplicación a distintas situacións educativas.
-Ser capaz de planificar un proceso básico de diagnóstico educativo nos contextos de aula e centro.
-Coñecer e empregar distintas técnicas e procedementos de recollida de información de utilidade para a avaliación e o diagnóstico educativo.
-Tomar conciencia da dimensión ética do diagnóstico e a avaliación en educación.
-Ser capaz de integrar a información en distintas fontes para propoñer unha síntese diagnóstica, así como planificar e desenrolar estratexias de devolución da información axeitadas a diversas audiencias e contextos.
-Ser capaz de identificar dificultades de aprendizaxe e deseñar programas de mellora na práctica educativa.
Contidos1. Conceptualización: Avaliación e Diagnóstico en Educación.
2. Modelos de Diagnóstico.
3. Elementos do Diagnóstico.
4. Técnicas e instrumentos de diagnóstico.
5. Elaboración de informes diagnósticos.
Bibliografía básica e complementaria-Alonso Tapia, J. (Coord.) (2002). Diagnóstico en educación. Barcelona: Universidad Oberta de Catalunya.
-Alonso Tapia. J. (1995). Orientación Educativa: teoría, evaluación e intervención. Madrid: Síntesis.
-Álvarez González, M. y Bisquerra, R. (2009). Manual de orientación y tutoría. Barcelona: Praxis.
-Álvarez González, M. y Bisquerra, R. (2012). Orientación Educativa. Modelos, áreas, estrategias y recursos. Barcelona: Wolters Kluwer Educación.
-Anaya, D. (2002). Diagnóstico en Educación. Guía de Prácticas. Madrid: Sanz y Torres.
-Anaya, D. (2002). Diagnóstico en Educación. Madrid: Sanz y Torres.
-Anaya, D. (2003). Diagnóstico en Educación. Diseño y usos de instrumentos. Madrid: Sanz y Torres.
-Donoso-Vázquez, T. y Sánchez Martí A. (2013). Orientación educativa y profesional. Estudio de casos. Barcelona: ISEP Intervención.
-Lledó Becerra, A. I. (coord.) (2007). La orientación educativa desde la práctica. Sevilla: Fundación ECOEM.
-Mateo, J (2004). La Evaluación, concepto y principios generales. La Evaluación de programas. En L. M. Sobrado (ed.), Orientación y evaluación de competencias profesionales. Barcelona, Estel.
-Outón, P. (Coord.). (2009). Catálogo de recursos psicopedagóxicos. SRP. Facultade de Ciencias da Educación. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
-Padilla Carmona, M. T. (2002). Técnicas e instrumentos para el diagnóstico y la evaluación educativa. Madrid: CCS.
-Pérez Juste R. y García Ramos, J. M (1989). Diagnóstico, evaluación y toma de decisiones. Madrid: Rialp.
-Sobrado, L. M. (2002). Diagnóstico en educación: teoría, modelos y procesos. Madrid: Biblioteca Nueva.
-Sobrado, L. M. y Cortés, A. (coords) (2009). Orientación Profesional. Nuevos escenarios y perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva.
-Sobrado, L. M. y Ocampo, C. (2000). Evaluación Psicopedagógica y Orientación Educativa. Barcelona: Estel.
-Sobrado, L. M., Fernández Rey, E. y Rodicio, Mª L. (coords) (2012). Orientación Educativa. Nuevas perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva.
-Suárez Yáñez, A. (2011). Diagnóstico pedagógico : Diagnóstico de las competencias en lenguaje verbal escrito y matemáticas en educación primaria. Madrid: La Muralla.
-Vélaz de Medrano, C. (1998). Orientación e intervención psicopedagógica. Concepto, modelos, programas y evaluación. Archidona: Aljibe.
CompetenciasCOMPETENCIAS XERAIS (CX)
-Planificar, desenrolar e avaliar o proceso de ensinanza e aprendizaxe potenciando procesos educativos que favorezan a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel de formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto de xeito individual como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
-Deseñar e desenrolar espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respeto aos dereitos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sostible.
-Participar na avaliación, investigación e na innovación dos procesos de ensinanza e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa, así como a outros profesionais da educación.
-Coñecer a normativa e organización institucional do sistema educativo e modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros de ensinanza.
-Informar e asesorar ás familias sobre o proceso de ensinanza-aprendizaxe e sobre a orientación persoal, académica e profesional dos seus fillos.
-Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
-Desenrolar hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenrolo profesional.
-Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a entornas educativas novas ou pouco coñecidas.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE):
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ASOCIADAS AO MÓDULO XENÉRICO:
-Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacionais.
-Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
-Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxe.
-Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas.
-Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro, atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
-Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
COMPETENCIAS ASOCIADAS AO MÓDULO ESPECÍFICO:
-Identificar os problemas relativos á ensinanza e o aprendizaxe das materias da especialización e propoñer alternativas e solucións.
COMPETENCIAS ASOCIADAS AO PRACTICUM:
-Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
-Xestionar de xeito óptimo o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
-Potenciar a capacidade para o traballo en entornas cooperativas e pluridisciplinarias.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía será predominantemente activa e colaborativa cun tratamento práctico dos contidos. Traballarase do seguinte xeito:
-Estudo teórico e investigación bibliográfica co fin de coñecer, comprender e analizar de xeito integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Psicopedagoxía ás mesmas.
-Resolución de casos prácticos como método que permite aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas, así como para a organización, desenrolo e xestión de programas e equipos educativos.
-Manexo de instrumentos diagnósticos e estudo e elaboración de informes, a través de traballos en pequeno grupo e/ou traballo individual.
Sistema de evaluación-A cualificación de cada alumno obterase mediante avaliación continua e a realización dunha proba final. A avaliación continua realizarase basicamente a través de traballos e prácticas entregadas, participación do estudante na aula e titorías.
-Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Tempo de estudo e traballo persoalTotal de horas presenciais: 25 horas
Total de horas de traballo persoal: 75 horas
ObservaciónsASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernados.
-Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.