Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3241247 - Trastornos no Desenvolvemento e Dificultades na Aprendizaxe (Módulo Específico Orientación Educativa) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.00
  • Total: 4.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 4.00
  • Total: 32.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
RESCHES ZLOTNIK, MARIELA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo de exameExamesTeóricosNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    • Identificar as necesidades específicas de apoio educativo asociadas aos trastornos e dificultades no desenvolvemento e a aprendizaxe, con especial referencia ás súas manifestacións durante a adolescencia.
    • Identificar posibles barreiras e facilitadores para unha educación inclusiva dentro da institución escolar
    • Coñecer os principios da intervención educativa vinculados cos trastornos e dificultades no desenvolvemento e a aprendizaxe dende un modelo inclusivo e de atención á diversidade
    • Elaborar propostas de intervención adaptadas ás características e necesidades individuais e contextuais dos adolescentes con trastornos ou dificultades no desenvolvemento e na aprendizaxe.
    • Elaborar propostas de actuación no ámbito da prevención primaria, e dirixidas á sensibilización do conxunto da comunidade educativa
    • Habituarse á metodoloxía de traballo en equipo, tanto en pequeno grupo durante as clases teóricas coma durante a realización das prácticas.

    Contidos
    Os contidos estrutúranse ao redor de tres bloques temáticos dos que o primeiro se dedica a presentar unhas consideracións xerais sobre trastornos e dificultades no desenvolvemento e na aprendizaxe; os outros dous bloques intérnanse nos diferentes trastornos e dificultades que se poden dar na etapa da adolescencia, prestando especial atención ás pautas de intervención en cada un deles.

    BLOQUE I: ASPECTOS INTRODUTORIOS.
    TEMA 1. Consideracións xerais sobre trastornos e dificultades no desenvolvemento e na aprendizaxe.
    1. Os trastornos do desenvolvemento: concepto, etioloxía e niveis de análise
    2. As dificultades no desenvolvemento e na aprendizaxe: concepto, clasificación e factores etiolóxicos
    3. Clasificacións dos trastornos no desenvolvemento e na aprendizaxe.
    3.1. Clasificación segundo o DSM IV-TR (APA, 2001).
    3.2. Clasificación evolutivo-funcional.
    3.2.1. Principais trastornos no desenvolvemento: psíquicos, físicos e sensoriais.
    3.2.2. Principais dificultades no desenvolvemento e na aprendizaxe: psicomotrices, cognitivas, do fala e a linguaxe, e socioafectivas e conductuales.

    BLOQUE II. OS TRASTORNOS NO DESENVOLVEMENTO DE ETIOLOXÍA PSÍQUICA, FÍSICA E SENSORIAL.
    TEMA 2. Os trastornos do desenvolvemento de etioloxía psíquica: a minusvalidez intelectual e os trastornos do espectro autista
    2.1. Concepto.
    2.2. Características.
    2.3. Pautas de intervención.
    TEMA 3. Os trastornos do desenvolvemento de etioloxía física: a parálise cerebral, a espiña bífida e outras dificultades motoras.
    3.1. Concepto.
    3.2. Características.
    3.3. Pautas de intervención.
    TEMA 4. Os trastornos do desenvolvemento asociados a minusvalideces sensoriais: cegueira e xordeira
    4.1. Concepto.
    4.2. Características.
    4.3. Pautas de intervención.

    BLOQUE III. AS DIFICULTADES NO DESENVOLVEMENTO E NA APRENDIZAXE.
    TEMA 5. As dificultades no desenvolvemento e na aprendizaxe de tipo cognitivo-lingüístico.
    5.1 Aprendizaxe e procesos psicolóxicos básicos
    5.2 Aprendizaxe e funcións cognitivas complexas
    5.2 Trastornos específicos da aprendizaxe: habilidades instrumentais básicas
    TEMA 6. Dificultades socioafectivas e conductuais: concepto, características e pautas de intervención
    6.1. Trastornos de ansiedade.
    6.2. Trastornos da conduta alimentaria.
    6.3. Trastornos de conduta perturbadora
    6.4. O bullying e a violencia nas aulas.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
    García Sánchez, J. N. (1999). Intervención psicopedagógica en los trastornos del desarrollo. Madrid: Pirámide.
    Martín, E. & Mauri, T. (2011). Orientación educativa. Atención a la diversidad y educación inclusiva. Barcelona: Graó.
    Miranda Casas, A. Introducción a las dificultades en el aprendizaje (2000). Promolibro: Valencia.
    Saldaña, C. (2001) Detección y prevención en el aula de los problemas del adolescente. Madrid: Pirámide


    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMETARIA
    Bolea, E. & Gallardo, A. (2011). Alumnado con dificultades de regulación del comportamiento. Vol II: Secundaria. Barcelona: Graó.
    García Sánchez, N. (2007). Dificultades del desarrollo. Evaluación e intervención. Madrid: Pirámide.
    Caballo, E.C. y Verdugo, A.M. (2005). Habilidades sociales. Programas para mejorar las relaciones sociales entre niños sordos y jóvenes con deficiencia visual y sus iguales sin discapacidad. Madrid: ONCE.
    Defior Citoler , S. (1996), Las dificultades de aprendizaje: un enfoque cognitivo, Málaga: Aljibe
    Cerezo, F. (2006). La violencia en las aulas. Madrid: Pirámide.
    Echeburúa, E. y Corral de, P. (2009). Trastornos de ansiedad en la infancia y la adolescencia. Madrid: Pirámide.
    Kazdin, A.E. y Buela-Casal, G. (2006). Conducta antisocial. Madrid: Pirámide.
    Latorre, A. y Bisetto, D. (2009). Trastornos del desarrollo motor. Madrid: Pirámide.
    Marchesi, A., Coll, C. y Palacios, J. (2007). Desarrollo psicológico y educación 3. Trastornos del desarrollo y necesidades educativas especiales. Madrid: Alianza.
    Melero, J. (2009). Conflictividad escolar y la nueva profesión docente. 10 estrategias para mejorar la convivencia en los centros educativos. Málaga: Aljibe.
    Olivares, J., Rosa, A.I. y García-López, L.J. (2004). Fobia social en la adolescencia. Madrid: Pirámide.
    Raich, R.M. (2001). Anorexia y bulimia: trastornos alimentarios. Pirámide: Madrid.

    Competencias
    Coñecer e deseñar estratexias de intervención educativa relacionadas cós trastornos do desenvolvemento e da aprendizaxe na adolescencia.
    Activar estratexias de asesoría docente para facilitar a atención á divesidade, así como a innovación, o deseño e desenvolvemento do curriculum.
    Orientar ás familias sobre o desenvolvemento e os progresos educativos dos seus fillos e fillas.
    Interpretar dun xeito crítico as achegas da literatura científica e a experiencia científica acumulada, chegando a formular hipóteses e valoracións libres de erros de concpeto ou de prxuízos xeneralizados sen respaldo científico.

    Metodoloxía da ensinanza
    Trátase de estimular a participación activa do alumnado por medio de actividades que posibiliten a reflexión, tanto dun xeito individual coma colectivo e o traballo en equipo. De cara a posterior práctica docente farase unha aproximación á realidade centrada fundamentalmente na intervención nos trastornos e nas dificultades do desenvolvemento e da aprendizaxe no contexto escolar
    Sistema de evaluación
    A avaliación terá en conta:
    - A elaboración e entrega das actividades presenciais que se indicarán na aula (recensións, síntese de discusións, análise de casos, propostas de intervención, etc.). Estas actividades serán de carácter grupal (en grupos de tres como máximo). O peso será do 40% da cualificación final.
    - Un traballo individual de afondamento e investigación nalgún dos temas do programa, que o alumno deberá presentar por escrito e nunha breve defensa oral. O seu peso será do 60% da cualificación final. Os detalles acerca dos obxectivos e a orientación que deberá dárselle ao traballo serán explicados en clase.

    Observacións

    RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.