Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3241249 - Necesidades Educativas e Adaptación do Curriculum (Módulo Específico Orientación Educativa) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
COUCE SANTALLA, ANA ISABEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo de exameExamesTeóricosNONNON
TI-ECTS_01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
TI-ECTS_02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Comprender os principios básicos da Orientación educativa.
    - Coñecer os principais modelos de Orientación.
    - Comprender as funcións do Departamento de Orientación diferenciándoas das dos demais servizos de orientación..
    - Comprender a organización e a estrutura do Plan de Actuación do Departamento de Orientación.
    - Coñecer as principais referencias lexislativas e medidas relacionadas coa atención á diversidade.
    - Analizar criticamente os diferentes plans integrados na Orientación Académica e Profesional.

    Contidos
    BLOQUE I. Conceptualización da Orientación Educativa.
    1.1. Principios.
    1.2. Modelos
    1.3. Organización
    BLOQUE II. Ámbitos de actuación da Orientación: Atención á diversidade
    2.1. N.E.E. e Atención á Diversidad.
    2.2. Respostas educativas á diversidad.
    2.3. Plans e programas de actuación dende o Departamento de Orientación: Plan de Acción Titorial, Plan de atención á diversidade e Plan de convivencia.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía Básica:
    BISQUERRA, R. (coord.) (2002). La práctica de la orientación y la tutoría. Barcelona: CISSPRAXIS.
    Decreto 324/1996 do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG. nº 156, 9 de agosto de 1996).
    Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG. nº 79, 27 de abril de 1998).
    Decreto 229/2011, de 7 de decmbro, polo que se regula á atención á diversidade do alumnado nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación.
    GALVE, J. L. e AYALA, C. (2002). Orientación y acción tutorial. Madrid: CEPE.
    Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE).

    LLEDÓ BECERRA, A. (Coord). (2007). La orientación educativa desde la práctica. Sevilla. Fundación ECOEM.
    NEGRO, A. (2006). La orientación en los centros educativos. Organización y funcionamiento desde la práctica. Barcelona: Graó.
    Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998 (DOG. nº 147, 31 de xullo de 1998).
    RIART VENDRELL, J. (2007). Manual de turotía y orientación en la diversidad. Madrid: Thomson.
    SANTANA VEGA, L. (2007). Orientación educativa e intervención psicopedagógica. Cambian los tiempos, cambian las responsabilidades profesionales (2ª ed.). Madrid: Pirámide.
    SANTOS YAÑEZ, J. (Coord.) (2008). Funciones del Departamento de Orientación. Madrid: Ministerio de Educación, Subdirección General de Información y Publicaciones.

    Bibliografía Complementaria:
    ÁLVAREZ, J. (2001). Guía de orientación y tutoría: Educación Secundaria Obligatoria. Cuaderno del alumno. Málaga: Aljibe.
    ÁLVAREZ ROJO, V. e OUTROS (2002). Diseño y evaluación de programas. Madrid: EOS.
    FERNÁNDEZ SIERRA, J. (coord.) (1999). Acción psicopedagógica en educación secundaria: reorientando la orientación. Málaga: Aljibe.
    GALLEGO, S. e RIART, J. (coord.) (2006). La tutoría y la orientación en el siglo XXI: nuevas propuestas. Barcelona: Octaedro.
    GARCÍA, L. e MARTÍNEZ, Mª. (2003). Orientación educativa en la familia y en la escuela. Casos resueltos. Madrid: Dykinson.
    M.E.C. (1990). La orientación educativa y la intervención psicopedagógica. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia.
    M.E.C. (1992). Orientación y tutoría. Madrid: Secretaria de Estado de Educación.
    NIETO, J. M. e BOTIAS, F. (2000). Los equipos de orientación educativa y psicopedagógica. Barcelona: Ariel.
    PÉREZ, M. (2002). Orientación educativa y dificultades de aprendizaje. Madrid: Thomson.
    SAMPASCUAL, G., NAVAS, L. e CASTEJÓN, J.L. (1999). Funciones del orientador en primaria y secundaria. Madrid: Alianza Editorial.
    SANTANA VEGA, L. (coord.) (2003). Programa de orientación educativa y sociolaboral. Madrid: EOS.
    SANZ ORO, R. (2001). Orientación psicopedagógica y calidad educativa. Madrid: Pirámide.
    SOBRADO FERNÁNDEZ, L. (1993). Intervención Psicopedagógica y Orientación Educativa (3ª ed.). Barcelona: PPU.
    SOBRADO, L. e OCAMPO, C. (1997). Evaluación psicopedagógica y orientación educativa. Barcelona: Estel.
    XUNTA DE GALICIA (2000). A orientación educativa e profesional en Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.

    Competencias
    - Desenvolver as funcións da orientación académica e profesional de forma colexiada.
    - Coñecer os fundamentos teóricos e metodolóxicos que basean a intervención orientadora.
    - Coñecer e analizar os contextos e situacións nos que se desenvolve a orientación.
    - Comprender a necesidade de desenvolver unha orientación de carácter comprensivo e que atenda á diversidade existente nos contextos educativos.
    - Desenvolver e analizar criticamente a planificación da orientación utilizando indicadores de calidade.
    - Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos de orientación xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.

    Metodoloxía da ensinanza
    Tratarase de estimular a participación activa dos alumnos e alumnas por medio de actividades que posibiliten a reflexión (individual ou colectiva) e o traballo en equipo, así como a análise e aplicación dos temas tratados a través da realización de actividades e supostos prácticos sobre as tarefas a desempeñar na titoría.
    Sistema de evaluación
    A avaliación terá en conta os seguintes aspectos:
    - Asistencia e implicación nas distintas sesións da materia (10%).
    - Elaboración e entrega das actividades solicitadas pola profesora nos plazos establecidos (30% na nota final).
    - Unha proba individual escrita na que se valorarán os contidos da materia e que se realizará nas datas sinaladas no calendario oficial de exames (60% na nota final).

    O alumnado para aprobar a materia terá que ter superada cada unha das dimensións/ partes das que conste a avaliación.

    Os/as alumnos/as repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.

    Nota: Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas e entregadas en prazo as actividades solicitadas así como ter superado a proba individual.
    Os traballos dos/as estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso na materia e a avaliación do alumno/a na seguinte convocatoria.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades presenciais: 20 horas repartidas en:
    • Clases expositivas: 8 horas
    • Clases interactivas: 7 horas
    • Titorías: 5 horas

    Traballo persoal do estudante: 55 horas repartidas en:
    • Estudo e lecturas recomendadas: 25 horas
    • Traballo individual: 10
    • Traballos en grupo: 20

    Tempo estimado total: 75 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.

    • Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas
    • Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesor da materia.
    • Participación activa nas actividades prácticas e entrega das mesmas.
    • Traballo do alumno/a dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.

    Observacións
    ASISTENCIA A CLASE
    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).

    Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.


    Observacións sobre a utilización responsable de recursos e a responsabilidade medioambiental:

    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:

    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.

    DATOS DE INTERESE: Para contacto coa profesora por correo electrónico é imprescindible utilizar o enderezo electrónico de dominio rai.usc

    Horarios Titorías: expostos no despacho e na páxina web da Facultade
    Datas de exames: no calendario oficial