P3241250 - Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagóxica (Módulo Específico Orientación Educativa) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaObxectivos instructivos:
1. Proporcionando ao alumnado un marco conceptual, pretendemos que alcance a comprender e abordar a orientación e intervención psicopedagóxica desde unha perspectiva preventiva, global e institucional.
2. Ofrecendo ao alumnado un coñecemento da situación profesional dos membros dos servizos de orientación e intervención psicopedagóxica, queremos que lles permita analizar e tomar decisións consecuentes respecto das necesidades existentes na escola en relación coas demandas institucionais e as funcións que a lexislación lles asigna.
3. Poñendo a disposición do alumnado os instrumentos de orientación e intervención psicopedagóxica, aspiramos a que comprendan as posibilidades e as limitacións que teñen no proceso de transformación da realidade educativa.
Obxectivos formativos:
Cos obxectivos formativos pretendemos que o alumnado:
1. Comprenda a importancia de ter explícita unha teoría da aprendizaxe escolar coherente co modelo de orientación e intervención psicopedagóxica asumido.
2. Desenvolva unha postura reflexiva e crítica sobre as principais alternativas no ámbito da orientación e intervención psicopedagóxica.
3. Adquira enfoques, estratexias de aprendizaxe e métodos característicos do traballo intelectual.
4. Faga seus hábitos de traballo autónomo, independente e autodirixido.
5. Se apropie de hábitos de traballo grupal cooperativo.
ContidosNúcleos temáticos:
1.Modelos de intervención psicoeducativa: Dos modelos baseados no alumno-problema aos modelos contextuais.
2.Marco teórico de referencia dun modelo contextual de intervención psicoeducativa: O enfoque de sistemas para a comprensión dos problemas educativos como realidades sistémicas. O enfoque socio-construtivista sobre os procesos de ensinanza e aprendizaxe.
3.Principios de intervención psicoeducativa derivados dos enfoques sistémico e construtivista
4.Os escenarios da intervención psicoeducativa: Dos contextos sociais e interpersoais ao alumnado. Comunidade, familia e escola: intervención psicoeducativa para favorecer unha relación construtiva. O centro educativo como organización e como sistema: intervención psicoeducativa para impulsar culturas escolares colaborativas e o traballo en equipo do profesorado. As interaccións na aula: intervención psicoeducativa na organización e dinámicas de aula. O alumnado: intervención psicoeducativa no proceso de ensinanza e aprendizaxe
5.Intervención psicoeducativa pensada desde unha concepción inclusiva da educación para dar resposta á diversidade do alumnado: A educación inclusiva como educación para todos. Ámbitos de intervención psicoeducativa para promover unha educación sen exclusións. Propostas de intervención psicoeducativa para propiciar a inclusión educativa.
Bibliografía básica e complementariaLecturas obrigatorias:
1.Esteve, J.M., (2001): El sistema educativo ante la encrucijada del cambio: una mirada hacia el futuro. http://www.unrc.edu.ar/publicar/cde/2h3.html
2.Escudero, J.M. (1988): La innovación y la organización escolar. En R. Pascual (Coord.), La gestión educativa ante la innovación y el cambio. Madrid: Narcea. .
3.Ainscow, M. (2001): Apoyo a la escuela y a la formación del profesorado. En M. Ainscow, Desarrollo de escuelas inclusivas. Ideas, propuestas y experiencias para mejorar las instituciones escolares. Madrid: Narcea.
4.Pardo, J.C. e García Tobío, A. (1997): Modelos de escuela y modelos de orientación. T.E., 185, 5-8.
5.Solé, I. (1998): Los modelos de intervención. En I. Solé, Orientacion educativa e intervención psicopedagógica. Barcelona: ICE-Horsori.
6.Solé, I. (1998): Un modelo educacional-constructivista de intervención psicopedagógica. En I. Solé, Orientacion educativa e intervención psicopedagógica. Barcelona: ICE-Horsori.
Lecturas recomendadas:
1.Kikirikí (2003): Editorial. Kikirikí. Cooperación Educativa, núm. 70, 3-4.
2.MEC (1987): Calidad de la enseñanza e innovación educativa. En Proyecto para la reforma de la enseñanza. Educación infantil, primaria, secundaria y profesional. Propuesta para debate. Madrid: Centro de Publicaciones del Ministerio de Educación y Ciencia.
3.Stainback, S., Stainback, W. e Jackson, H.J. (1999): Hacia las aulas inclusivas. En S. Stainback e W. Stainback, Aulas inclusivas. Madrid: Narcea.
4.García Tobío, A. e Pardo, J.C. (1995): Informe sobre os Departamentos de Orientación. Documento interno non publicado. (Páxinas 1-3, 26-51).
5.Solé, I. (1994): Asesoramiento, orientación y supervisión. Cuadernos de Pedagogía, núm 223.
6.Rodríguez Romero, Mª (1998): El asesoramiento y la orientación: dos prácticas que convergen. En X. de salvador e Mª L. Rodicio (Coords.). Simposium sobre a orientación. ¿Cara onde camiña a orientación? A Coruña: Servicio de Publicacións da Universidade.
7.Aubert, A., Duque, E., Fisas, M. e Valls, R. (2004): Del fracaso escolar al éxito para todos y todas. Una visión desde la pedagogía crítica. En Dialogar y transformar. Pedagogía crítica del siglo XXI. Barcelona: Editorial Graó.
8.Renau, Mª D. (1998): La respuesta psicológica. Consideraciones generales. En Mª D. Renau, ¿Otra psicología en la escuela? Un enfoque institucional y comunitario. Barcelona: Paidós-Papeles de Pedagogía.
9.Renau, Mª D.(1998): Nuevas formas de intervención psicopedagógica. En Mª D. Renau, ¿Otra psicología en la escuela? Un enfoque institucional y comunitario. Barcelona: Paidós-Papeles de Pedagogía.
10.de la Oliva, D, Martin, E. e Vélaz de Medrano, C. (2005): Caracterización y valoración de los modelos de intervención psicopedagógica en centros de secundaria. En C. Monereo e J. I. Pozo (coords.): La práctica educativa del asesoramiento a examen. Barcelona: Graó.
11.Monereo, C. e Solé, I. (1996): El modelo de asesoramiento educacional-constructivo: dimensiones críticas. En C. Monereo e I. Solé (Coords.), El asesoramiento psicopedagógico: una perspectiva profesional y constructivista. Madrid: Alianza Psicología.
12.Renau, Mª D. (1998): El trabajo comunitario. En Mª D. Renau, ¿Otra psicología en la escuela? Un enfoque institucional y comunitario. Barcelona: Paidós-Papeles de Pedagogía.
13.Vélaz de Medrano, C. (2005): El asesoramiento en educación no formal: una mirada desde los orígenes de este modelo de intervención. En C. Monereo e J. I. Pozo (coords.): La práctica educativa del asesoramiento a examen. Barcelona: Graó.
14.López, Mª L. e Muñoz, P. (1994): ¿Es necesario un modelo? Cuadernos de Pedagogía, núm, 226.
15.Boada, R. e Sala, C. (1977): Ayudar o seleccionar: una opinión del psicólogo. Cuadernos de Pedagogía, núm. 27. pdf, word, open office).
16.Ainscow, M. (1994): Reconsideración de las necesidades especiales. En M. Ainscow, Necesidades especiales en el aula. Guía para la formación del profesorado. Madrid: UNESCO-Narcea.
17.Giné, C. (2005): El asesoramiento desde la perspectiva de la educación inclusiva. En C. Monereo e J. I. Pozo (coords.): La práctica educativa del asesoramiento a examen. Barcelona: Graó.
18.Stambak, M. (1975): La psicología y la escuela. Cuadernos de Pedagogía, núm. 1.
19.Renau, Mª D. (1983): Historia y actualidad de los equipos. Cuadernos de Pedagogía,
20.Rodríguez, Mª M. (1996): Una alternativa. El asesoramiento comunitario en educación. En Mª M. Rodríguez, El asesoramiento en educación. Málaga: Aljibe.
CompetenciasCompetencias xenéricas:
1. Capacidade para resolver problemas.
2. Capacidade de busca, selección, análise e tratamento de información.
3. Capacidade para o traballo en equipo.
Competencias específicas:
1. Coñecer os conceptos, modelos explicativos, enfoques teóricos e principios de intervención derivados do campo da Psicoloxía da Educación para a orientación e a intervención educativa na escola.
2. Identificar e definir os problemas que se producen nos contextos escolares e que requiren dunha intervención psicoeducativa.
3. Xerar propostas de intervención psicoeducativa capaces de dar resposta aos problemas que se produzan en cada un dos diferentes escenarios educativos.
4. Exercer un compromiso ético e de respecto das personas no transcurso das actividades profesionais.
5. Asumir unha posición autocrítica co propio traballo.
Metodoloxía da ensinanza A actividade principal que da sentido á organización e dinámica do curso é a elaboración dun informe-síntese (non superior a 10 páxinas), no que se articulen de forma comprensiva os contidos traballados sobre os núcleos citados anteriormente.
O informe-síntese ha de responder á pregunta que quedaba formulada na introducción deste programa (véxase o apartado de observacións).
A dinámica base pola que se opta é a do curso-seminario que esixe a constitución de grupos estables de entre 4-6 alumnos, aos que se lle propón o modo de traballo colaborativo para a elaboración do informe-síntese, facendo uso dos procedementos habituais de traballo intelectual: confección dun ficheiro, con fichas resume e fichas conceptuais, do que se valerán para dar forma ao esquema da síntese e para redactala.
As sesións de traballo en equipo, supervisadas polos profesores da materia, compleméntanse coas exposicións que os profesores fan dos núcleos de contido e con debates de todo o grupo, formado por todos os equipos de traballo e os propios profesores.
Sistema de evaluaciónDe acordo coa organización e dinámica do curso exposto no apartado 5, prevense seis instrumentos de avaliación:
1. Os informes-síntese.
2. Documento sobre a participación individual ó traballo de grupo.
3. Ficheiro do Equipo.
4. Libro de Actas.
5. Observación continuada da actividade desenvolta polos equipos e polos alumnos.
6. Autoavaliación e avaliación por parte do Equipo de Traballo
A cualificación final será o resultado da media ponderada da avaliación dos documentos de síntese, da comprensión mostrada en relación co documento individual do traballo aportado ó grupo, das estratexias de aprendizaxe valoradas a través da confección do ficheiro, da valoración da información contida nos Libros de Actas, das observacións realizadas polos profesores, e a avaliación (se se fixera) realizada polo Equipo de Traballo sobre cada un dos seus compoñentes.
Tempo de estudo e traballo persoal1. Clases expositivas e clases interactivas (traballo en pequenos grupos e debates en gran grupo): 15 horas
2. Lectura individual e elaboración de fichas resume e conceptuais: 25 horas
3. Reunións do grupo de traballo para a redacción do informe-síntese: 35 horas
Recomendacións para o estudo da materiaSobre a asistencia ás sesións programadas:
Polas características da programación do curso, especificadas no apartado anterior, é imprescindible a asistencia ás sesións determinadas no programa da asignatura. Para garantizar o funcionamento adecuado dos grupos, para o cal é necesario o compromiso activo de cada un dos seus membros, establécese como condición a asistencia, polo menos, ó 80% (10) das sesións programadas.
Para a participación no traballo en pequenos grupos e para os debates programados do gran grupo, é necesaria a lectura dos documentos, segundo a secuencia establecida no programa amplo desta materia.
ObservaciónsPropoñemos ao alumnado de "Modelos de Orientación na Intervención" indagar sobre o papel e as funcións que os profesionais da orientación e intervención psicopedagóxica deben desempeñar no seo das institucións educativas formais que buscan mellorar a educación, que buscan fórmulas para procurar o máximo desenvolvemento persoal e social do alumnado, nun contexto crítico, enredado cunha multiplicidade de problemas que terminan por incidir de forma grave sobre as escolas, un contexto de maior complexidade, de maiores esixencias sociais con respecto ao traballo que se desenvolve nos centros escolares e nas aulas. A diferencia entre definir adecuadamente este novo papel e estas novas funcións do profesional da orientación e intervención psicopedagóxica ou non facelo, marca os límites entre chegar a ser un membro significativo e valorado polas súas aportacións para a mellora educativa ou ser, simplemente, irrelevante.
(Unha versión ampla deste programa está dispoñible no "Sistema de Xestión de Aprendizaxe" Moodle que empregan os profesores para o traballo cotiá co alumnado: http://firgoa.usc.es/moodle).