Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3241251 - Orientación Profesional (Módulo Específico Orientación Educativa) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos da materia de Orientación Profesional concrétanse nos seguintes aspectos:

    - Coñecer e comprender os referentes teóricos da Orientación Profesional.
    - Diagnosticar as necesidades persoais e institucionais en materia de Orientación Profesional.
    - Coñecer os procesos e recursos de Orientación Profesional.
    - Deseñar programas de Orientación Profesional.
    - Coñecer e aplicar técnicas, instrumentos e recursos de Orientación Profesional.
    - Asesorar e coordinar accións de Orientación Profesional.


    Contidos
    A materia estrutúrase en torno a catro bloques temáticos:

    Bloque I. Bases conceptuais da Orientación Profesional: Definición, obxecto, características esenciais, funcións, enfoques, modelos e estratexias de intervención.

    Bloque II. Organización e funcionamento dos Servizos de Orientación no contexto educativo.

    Bloque III. Instrumentos e recursos de Orientación Profesional: itinerarios formativos e de inserción laboral, probas de avaliación e diagnóstico, técnicas de busca activa de emprego, a entrevista en Orientación Profesional,…

    Bloque IV. Deseño de programas de Orientacion Profesional.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:

    - Álvarez González, M. (1999). Orientación Profesional. Barcelona: CEDECS.
    - Álvarez Rojo, V. e outros (2002). Diseño y evaluación de programas. Madrid: EOS.
    - Bisquerra, R. (Coord.) (1998). Modelos de orientación e intervención psicopedagógica. Barcelona: Praxis.
    - Bisquerra, R. (2008). Funciones del Departamento de Orientación. Madrid: Ministerio de Educación.
    - Caballero, Mª. A. (2005). Claves de la orientación profesional: estructura, planificación, diagnóstico e intervención. Madrid: CCS.
    - Ceinos, C. (2012). La Orientación Profesional en Educación. En Sobrado, L.; Fernández Rey, E. y Rodicio, M. L. (Coords.) Orientación Educativa. Madrid: Biblioteca Nueva.
    - Donoso-Vázquez, T. e Sánchez Martí, A. (2013). Orientación Educativa y Profesional. Estudio de Casos. Barcelona: ISEP.
    - Echeverría, B. (2008). Orientación Profesional. Barcelona: UOC.
    - Negro Mocayo, A. (2006). La Orientación en los Centros Educativos. Organización y funcionamiento desde la práctica. Barcelona: Ed. Grao.
    - Padilla, M.T. (2001). Estrategias para el diagnóstico y la Orientación Profesional de personas adultas. Barcelona: Laertes.
    - Rodríguez Moreno, Mª.L. (1998). La Orientación Profesional. Barcelona: Ariel.
    - Rodríguez Moreno, Mª. L. (2005). Cómo orientar para la construcción del proyecto profesional. Bilbao: Desclée Brouwer.
    - Sebastián Ramos, A. (Coord.) ( (2003). Orientación Profesional. Un proceso a lo largo de la vida. Madrid: Dykinson.
    - Sobrado, L. e Cortés, A. (2009). Orientación Profesional: nuevos escenarios y perspectivas Madrid: Biblioteca Nueva.
    - Sobrado, L. e Ceinos, C. (2011). Tecnologías de la Información y Comunicación. Uso en Orientación Profesional y en la Formación. Madrid: Biblioteca Nueva.

    Bibliografía Complementaria:

    - Álvarez Hernández, J. (2001). Orientación Profesional. Tránsito a la vida activa. Granada: Grupo Editorial Universitario.
    - Blasco, P. (2001). Orientación e inserción profesional, competencias y entrenamiento para su práctica. Valencia: Nau Llibres
    - Echeverría, B. (2005). Competencia de acción de los profesionales de la Orientación. Madrid: ESIC.
    - Pérez, E. e outros (2005). Orientación, información y educación para la elección de la carrera. Buenos Aires: Paidós.
    - Pérez Campanero, M.P. (2000). Cómo detectar las necesidades de intervención socioeducativa. Madrid: Narcea.
    - Rodríguez Moreno, Mª.L. (2006). Evaluación, balance y formación de competencias laborales transversales. Barcelona: Laertes.
    - Sánchez García, Mª.F. (2004). Orientación Laboral para la diversidad y el cambio. Madrid: Sanz y Torres.
    - Sobrado, L. (2004). Evaluación y Orientación de Competencias y Cualificaciones Profesionales. Barcelona: Estel.


    Competencias
    a ) Competencias específicas do master ás que contribúe a materia:

    - Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
    - Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
    - Coñecer os desenrolos teórico-prácticos da ensinanza e as aprendizaxes das materias correspondentes.
    - Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
    - Analizar criticamente o desenvolvemento da docencia, das boas prácticas e da orientación empregando indicadores de calidade.

    b) Competencias Específicas da materia:

    - Comprender os fundamentos conceptuais e modelos de intervención en Orientación Profesional.
    - Identificar a organización e funcionamento dos Servizos de Orientación Profesional no contexto educativo.
    - Coñecer as técnicas, recursos e instrumentos de intervención orientadora.
    - Aplicar metodoloxías e técnicas para o deseño de programas e proxectos de orientación profesional.
    - Adquirir habilidades de comunicación, pensamento reflexivo e de mellora persoal e grupal.

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía a seguir será de carácter activo e participativo e propiciará unha aprendizaxe significativa dos contidos. Con este propósito, combinarase un método expositivo para a presentación do marco teórico e conceptual da materia con actividades prácticas individuais e en grupo: lectura reflexiva e crítica de diversas fontes documentais, discusión e debate no que atinxe aos contidos expostos, análise de itinerarios, presentación na aula de actividades persoais e/ou grupais do alumnado,...

    As actividades prácticas abarcarán o coñecemento e emprego de diferentes procedementos, estratexias e técnicas destinadas a proporcionar as competencias máis directamente vinculadas coa práctica orientadora, referidas ao deseño de programas e proxectos de orientación, así como á familiarización co emprego das diferentes metodoloxías e recursos máis habituais no marco da Orientación Profesional.

    As titorías terán un carácter fundamentalmente persoalizado ou en pequenos grupos e serán desenvoltas en horario especificamente dedicado a tal fin pola profesora da materia. Estas sesións posibilitarán o desenvolvemento teórico-práctico da materia e a orientación dos traballos que se leven a cabo. Dito horario especificarase a comezos do curso, tendo lugar no mesmo a atención persoal e on-line (a través do correo electrónico) das dúbidas e consultas formuladas polos/as estudantes.
    Sistema de evaluación
    O proceso avaliador para verificar a adquisición de competencias será de carácter continuo e abarcará os seguintes aspectos:

    - Proba individual escrita sobre os contidos da materia (70% da calificación final).

    - Elaboración e presentación de actividades prácticas de carácter individual e/ou grupal realizadas na aula (20% da calificación final).

    - Asistencia e participación activa do alumnado no desenvolvemento das sesións (10% restante).

    A calificación obtida na dimensión de asistencia e participación, así como nas actividades prácticas desenvoltas na aula mantense para a convocatoria de Xullo. Nesta convocatoria (Xullo), só se repetirá a proba escrita sobre o contido da materia.

    O alumnado para aprobar a materia terá que ter superada cada unha das dimensións/ partes que constitúen a avaliación.

    Os/as alumnos/as repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios establecidos para o presente curso académico.

    O carácter presencial desta materia, implica a asistencia asidua ás sesións de clase, salvo os supostos oficialmente considerados (exención de docencia). Neste suposto, os alumnos/as con exención de docencia realizarán as actividades prácticas desenvoltas na aula de xeito individual.

    Nota: Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas e entregadas en prazo as actividades solicitadas así como ter superado a proba individual.

    Os traballos dos/as estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso na materia e a avaliación do alumno/a na seguinte convocatoria.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial na aula: 24 horas repartidas en:

    - Clases expositivas: 8 horas
    - Clases interactivas: 12 horas
    - Titorias: 4 horas

    Traballo persoal do estudante: 51 horas repartidas en:

    - Estudo: 18 horas
    - Preparación traballos: 28 horas
    - Lecturas recomendadas: 5 horas

    Tempo estimado Total: 75 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia e participación activa nas clases expositivas e interactivas.
    - Consulta e estudo dos materiais recomendados.
    - Realización e participación activa nas clases prácticas.


    Observacións
    PROFESORA:
    Cristina Ceinos Sanz. Facultade de Ciencias da Educación. Campus Vida. Módulo A. Despacho Nº 18 (1º andar).
    Teléfono: 881813823 E-mail: cristina.ceinos@usc.es

    SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE:

    Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquer traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.

    ASISTENCIA A CLASE:

    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf). Na mesma, expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilitar "unha mellor comprensión da materia, adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa". Cabe lembrar que a USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.

    RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:

    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia deben terse en conta as seguintes indicacións:

    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade de "aforro de tinta".
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.