Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3241252 - Investigación, Avaliación e Innovación Educativa (Módulo Específico Orientación Educativa) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
COUCE SANTALLA, ANA ISABEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
TI-ECTS_01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer e valorar o rol do orientador/a impricado na investigación e avaliación educativas como mellora da innovación e da súa propia práctica.

    - Delimitar e analizar as condicións estructurais, institucionais e personais que impulsan ou inhiben o deseño de proxectos innovadores: internos (compromiso da dirección, cultura innovadora, renovación sistemática de procesos e resultados) e externos (cooperación coa comunidade, con outras institucións, con centros de investigación).

    - Coñecer as fases e factores a ter en conta á hora de deseñar e desenvolver proxectos de investigación e innovación educativa.

    - Deseñar e desenvolver proxectos de innovación educativa.

    - Deseñar e desenvolver proxectos de investigación-acción sobre necesidades educativas (convivencia, diversidade, drogadicción, igualdade de xénero, reforzo educativo, resolución de conflictos).

    Contidos
    Os núcleos de contidos serán os seguintes:

    1.Rol do orientador/a impricado na investigación e avaliación educativas como mellora da innovación e da súa propia práctica.

    2.Condicións estructurais, institucionais e personais que impulsan ou inhiben o deseño de proxectos innovadores: internos (compromiso da dirección, cultura innovadora, renovación sistemática de procesos e resultados) e externos (cooperación coa comunidade, con outras institucións, con centros de investigación).

    3.Deseño de proxectos de innovación, estudo das súas fases e factores a ter en conta.

    4.Deseño de proxectos de investigación-acción sobre necesidades educativas (convivencia, diversidade, drogadicción, igualdade de xénero, reforzo educativo, resolución de conflictos).


    Bibliografía básica e complementaria
    ALBERT GÓMEZ, M.J. (2006): La investigación Educativa. Madrid, McGraw-Hill.

    BUENDÍA EISMAN, L.; GONZÁLEZ GONZALEZ, D. y POZO LLORENTE, T. (2004): Temas fundamentales en la investigación educativa. Madrid, La Muralla.

    CIDE (2000): El sistema de investigación educativa en España. Áreas de estudios e investigación. Madrid, CIDE http://www.educación.es/cide/jsp/plantilla

    ESCUDERO ESCORZA, T. y CORREA PIÑERO, A. D. (2006): Investigación en innovación educativa: algunos ámbitos relevantes. Madrid, La Muralla.

    McMILLAN, J.H. y SCHUMACHER, S. (2005): Investigación educativa. Madrid, Pearson.

    MURGA, Mª. A. (Ed.)(2009): Escenarios de innovación e investigación educativa. Madrid, Editorial Universitas.

    VILLAR ANGULO, L. M. (2009): Creación de la excelencia en Educación Secundaria. Madrid, Pearson.


    Competencias
    Participar na avaliación, investigación e a innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación.

    Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.

    Aplicar os conocementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a entornos educativos novos ou pouco coñecidos.

    Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.

    Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.

    Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.

    Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.

    Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.

    Metodoloxía da ensinanza
    Tratarase de estimular a participación activa dos alumnos e alumnas por medio de actividades que posibiliten a reflexión (individual ou colectiva) e o traballo en equipo, así como a análise e aplicación dos temas tratados a través da realización de actividades relacionadas coa investigación, a avaliación e a innovación educativa.
    Sistema de evaluación
    Asistencia e participación nas distintas sesións da materia.
    Entrega dos traballos solicitados pola profesora, no prazo establecido(30%).
    Unha proba individual escrita na que se valoran os contidos da materia (70%).



    Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades presenciais: 48 horas repartidas en:
    •Clases expositivas: 18 horas
    •Clases interactivas: 24 horas
    •Titorías: 6 horas

    Traballo persoal do estudante: 102 horas repartidas en:
    •Estudo, lecturas recomendadas, realización de actividades, preparación de debates, conclusións, presentacións orais,actividades en biblioteca, búsquedas bibliográficas.

    Tempo estimado total: 150 horas


    Recomendacións para o estudo da materia
    •Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas.
    •Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.
    •Realización e participación activa nas actividades prácticas.
    •Traballo do alumno/a dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.

    Observacións
    ASISTENCIA A CLASE
    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
    (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
    Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.

    RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.