Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3261101 - Investigación en Avaliacións de programas e Institucións (Módulo de Investigación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
ZABALZA BERAZA, MIGUEL ANGEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta materia, que forma parte do módulo de investigación básico do máster, proponse como un espazo para facer unha revisión do estado da cuestión no que se refire á avaliación de programas e institucións.
    Somos conscientes de que os estudantes matriculados no curso, que proveñen de diversas titulacións, polo menos na súa maiorí­a, xa posúen coñecementos previos sobre estas temáticas, aínda que probablemente non todos no mesmo grao de profundidade. Trátase, xa que logo, dun curso que, simultaneamente, deberá introducir e afondar -segundo os casos- sobre os conceptos básicos da avaliación de programas e institucións así como nas condicións que deben marcar as actuacións especializadas nos devanditos ámbitos. Baixo esas premisas, a materia proponse os seguintes obxectivos:

    1.- Establecer os conceptos básicos que serven para fundamentar a avaliación de programas e institucións e revisar os principais enfoques baixo os que levan a cabo devanditos procesos.

    2.- Analizar propostas e iniciativas de avaliación xa realizadas e deconstruílas para analizar tanto a racionalidade que as sustenta, o enfoque en que se sitúan, o deseño do proceso, as evidencias seleccionadas, os instrumentos utilizados e as análises realizadas.

    3.- Deseñar unha simulación simple de proceso de avaliación de programas ou institucións que tome en consideración os aspectos mencionados.

    4.- Explicitar e reflexionar sobre os dilemas metodolóxicos e conflitos prácticos implícitos en todo proceso de avaliación.
    Contidos
    1.- A avaliación de programas e institucións: que é e que sentido ten?
    2.- Principais enfoques na concepción e deseño de procesos de avaliación de programas e institucións.
    3.- A avaliación de programas e institucións como proceso: contextualización, finalidade, dimensións a avaliar, mostraxe, instrumentos, sistemas de análise, informes.
    4.- A pragmática das avaliacións: negociación, recollida de información, triangulación, presentación de resultados.
    5.- As condicións técnicas e polí­ticas das avaliacións: lexitimidade, validez, fiabilidade, utilidade, impacto.
    6.- Os axentes e audiencias da avaliación: axencias, avaliadores, clientes, beneficiarios, afectados. A avaliación dos avaliadores.
    7.- A Metaavaliación e os sistemas de garantías de calidade.


    Bibliografía básica e complementaria
    Casanova. M. (2007). Hacia la selección de indicadores críticos en los centros docentes. Avances en Supervisión Educativa, 7.
    Colás, M.P. y Rebollo, M.A. (1993). Evaluación de programas: Una guía práctica. Sevilla: Kronos.
    Chelinsky,E. y Shadish, W.R. (1997). Evaluation for the 21st century: A handbook. Thousand Oaks: SAGE.
    De Grauwe, A. y Naidoo, J.P. (Eds.) (2004). School evaluation for quality improvement. Paris: UNESCO.
    Durán, D. (2004). La Reacción de los Profesores a las Evaluaciones Externas de los Establecimientos Escolares: La Proposición de un Modelo. Education Policy Analysis Archives, 12(9).
    Eurydice (2004). Evaluación de los centros de enseñanza obligatoria en Europa. Bruselas: Eurydice.
    Fernández-Ballesteros, R.(ed.)(1995). Evaluación de programas. Una guía práctica en ámbitos sociales, educativos y de salud. Madrid: Síntesis.
    Fitz-GIbbon, C. T. y Morris, L. L. (1987). How to Design a Program Evaluation. Newbury Park: Sage Publications.
    Gather Thurler, M. (2002). L'auto-evaluation de l'establissement scolaire comme moteur du changement. En M. Bois (dir.), Les systsmes scolaires et leurs regulations (pp. 31-49). Lyon: CRDP.
    Guba, E.G. y Lincoln, Y.S. (1989). Fourth generation evaluation. Newbury Park: Sage.
    Gómez Serra, M. (2004). Evaluación de los servicios sociales. Barcelona: Gedisa.
    House, E.R. (1994). Evaluación, crítica y poder. Madrid: Morata.
    Kushner, S. (2002). Personalizar la evaluación. Madrid: Morata.
    Martínez Madiano, C. (2007). Evaluación de programas. Modelos y procedimientos. Madrid: UNED.
    Mateo, J. (2000). La evaluación educativa, su práctica y otras metáforas. Barcelona: ICE-HORSORI.
    Niremberg, O Brawerman, J. y Ruíz, V. ( 2000): Evaluar para la transformación. Innovaciones en la evaluación de programas y proyectos sociales. Paidós. Buenos Aires.
    Pérez Juste, R. (2006): Evaluación de programas educativos. Madrid: La Muralla.
    Rossi, P. H., Lipsey, M.W. e Freeman, H.E.(2003). Evaluation: A Systematic Approach. Thousand Oaks, CA: Sage.
    Sanders, J.R.(ed.)(1998). Estándares para la evaluación de programas. Bilbao: ICE.
    Stake, R.E. (2006). Evaluación comprensiva y evaluación basada en estándares. Barcelona:Ed. Graó.
    Stufflebeam, D. (1997). Strategies for institutionalizing evaluation: Revisited. Kalamazoo, MI: Western Michigan University Evaluation Center.
    Stufflebeam, D. (2003). The CIPP Model for Evaluation: An update, a review of the model's development, a checklist to guide implementation. Presented at the 2003 Annual Conference of the Oregon Program Evaluators Network (OPEN), Portland, Oregon.

    http://www.aneaes.gov.py/
    www.oei.es
    www.riaces.net/
    http://www.aneca.es/
    http://www.paascu.org.ph
    http://www.abet.org/accredited_programs.shtml
    http://www.aahea.org/
    http://www.inqaahe.org/
    http://www.enqa.eu/
    Competencias
    Ao finalizar esta materia, o estudante será capaz de:

    4.1. Identificar, planificar e desenvolver os aspectos clave de calquera proceso de avaliación referido a programas, centros e institucións educativos.
    4.2. Deseñar e desenvolver estudos avaliativos desde distintos enfoques epistemolóxicos e metodolóxicos respectando as normas e estándares propios da avaliación.
    4.3. Elaborar, adaptar e validar instrumentos de avaliación de programas.
    4.4. Aplicar instrumentos de avaliación de programas e realizar informes de avaliación.
    4.5. Analizar investigacións sobre avaliación de estudantes, centros e profesores e elaborar un informe sobre a investigación.
    4.6. Concibir a arquitectura dun informe avaliativo adecuado ás diferentes audiencias e para valorar a calidade técnica de informes xa publicados e referidos a programas de formación e institucións educativas.

    Metodoloxía da ensinanza
    O desenvolvemento desta materia, seguindo a dinámica xeral do máster, estará dividido en sesiónns expositivas de carácter basicamente teórico e sesións interactivas nas que se debaterá e traballará¡ de forma máis práctica.
    Esta materia comparte, ademais, un espazo modular con outras dúas do máster (Investigación en formación e recursos humanos; Investigación en e-learning).

    5. Actividades formativas en horas, metodoloxías de ensino-aprendizaxe e a súa relación coas competencias que debe adquirir o/a estudante:
    - Exposicións do profesor: presentación de investigacións e estratexias de análise.
    - Análise de investigacións sobre aspectos avaliativos de centros, programas, estudantes, ou profesores e de técnicas e procedementos de investigación en avaliación.
    - Debates sobre distintas investigacións e técnicas de investigación
    - Elaboración dun informe sobre unha investigación ou proxecto de investigación
    Sistema de evaluación
    A avaliación final corresponderase coa elaboración, presentación e defensa ante un tribunal dun traballo desenvolvido co conxunto das aportacións das tres materias do módulo (Investigación en formación e recursos humanos, Investigación en e-learning,Investigación en avaliacións de programas e institucións)



    Tempo de estudo e traballo persoal
    A distribución oficial de tempos establecida para esta materia é a seguinte:

    Número de créditos ECTS: 6

    Horas expositivas: 18
    Horas interactivas: 24
    Horas de titoría: 6

    Tempo de traballo autónomo del estudante: 60