P3261102 - Investigación en Formación e recursos humanos (Módulo de Investigación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Analizar e desenvolver estudos de necesidades de formación en diversos escenarios sociais (institucións de formación de profesorado, empresa, sindicatos, axencias de formación, etc.).
- Identificar, describir e examinar organismos e institucións de formación.
- Establecer perfís de formación acordes cos requirimentos da actividade laboral de que se trate.
- Posibilitar a elaboración de criterios para a análise crítica e valoración de estudos e investigacións sobre a formación de profesionais en escenarios sociais diversos.
Contidos- Necesidades e demandas sociais de formación.
- Análise da realidade: Fases, obxecto de estudio, recollida de información, etc.
- Detección de necesidades e planos de formación.
- Análise e descrición de postos de traballo (métodos de recollida de información, descrición de postos e construción do perfil profesional).
- As necesidades de formación partindo do perfil profesional e dos requirimentos de competencias
- A investigación sobre as necesidades e planos de formación no ambito da formación do profesorado: estado da cuestión (perspectivas, temáticas e metodoloxías).
- A investigación sobre os saberes do profesorado.
Bibliografía básica e complementaria- Alberici, A. (2005). Competencias y formación en la edad adulta. Barcelona: Laertes.
- Castellanos Vega, I. (2002). Análisis de necesidades y establecimiento de objetivos. Didáctica del español como lengua extranjera. Cuadernos del tiempo libre. Colección Expolingua.
- Cochran-Smith, M.; Feiman-Nemser, S. and McIntyre, J. (Eds.) (2008). Handbook of Research on Teacher Education. Enduring Questions in Changing Contexts. Third Edition. New Yok and London: Routledge/Taylor and Francis Group and the Association of Teacher Educators.
- Gan, F. e Berbel, G. (2007). Manual de recursos humanos. 10 programas para la gestión y el desarrollo del Factor Humano en las organizaciones actuales. Barcelona: Editorial UOC.
- Gupta, K. (2000). Guía práctica para evaluar necesidades. Madrid: CERASA.
- Montero, L. (2001). La construcción del conocimiento profesional docente. Rosario (Argentina): Homo Sapiens.
- Patricio Jiménez, D. (2007). Manual de recursos humanos. Madrid: ESIC.
- Pérez Campanero, Mª P. (2000). Como detectar las necesidades de intervencion socioeducativa. (3ª ed.). Madrid: Narcea.
- Rubio, Mª J. E Varas, J. (1997). El análisis de la realidad en la intervención social. Métodos y técnicas de investigación. Madrid: Editorial CCS.
- Soto Berengel, A. (2003). El análisis de necesidades formativas en organizaciones a través del paradigma de la Ciencia Pragmática. Revista de psicología del trabajo y de las organizaciones. Vol. 19, núm.3, 277-292.
- Townsend, T. and Bates, R. (Eds.) (2007). Handbook of Teacher Education. Globalization, Standards and Professionalism in Times of Change. Dordrecht (The Netherlands): Springer.
CompetenciasSer competente para:
- Coñecer e empregar variedade de recursos e técnicas especializadas para a construción de coñecementos científicos sobre a formación.
- Desenvolver unha actitude positiva cara á investigación como ferramenta por excelencia para a comprensión e mellora da formación nas súas diversas manifestacións.
- Definir problemáticas relevantes de investigación e analizar investigacións sobre a formación.
- Deseñar, organizar e xestionar plans de formación desde o diagnóstico de necesidades e o establecemento de prioridades ata a concreción en accións de formación, o seguimento e a avaliación.
- Participar de forma colaborativa na análise e propostas de estudos e investigacións sobre a formación.
- Contribuír ao establecemento de relacións entre a investigación, as políticas, e as prácticas da formación posibilitando a transferencia das achegas procedentes á mellora das prácticas profesionais.
Metodoloxía da ensinanza - Presentación de contidos básicos
- Lectura e análise de documentos (artigos, informes de investigación, etc).
- Desenvolvemento de actividades tales como: estudio de casos, resolución de supostos, elaboración de informes e relatos, debates, etc.
- Realización das actividades que se propoñan
Sistema de evaluación- Seguimento do traballo levado a cabo polo alumnado nos diversos ámbitos: participación activa e contribucións nas clases, grupos interactivos, etc.
- Desenvolvemento das diversas actividades propostas: estudio de casos, resolución de supostos, elaboración de informes e relatos, debates, etc.
- A avaliación final corresponderase coa elaboración, presentación e defensa ante un tribunal dun traballo desenvolvido co conxunto das aportacións das tres materias do módulo (Investigación en formación e recursos humanos, Investigación en e-learning, Investigación en avaliacións de programas e institucións)
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Tempo de estudo e traballo persoal- Horas presenciais: 48 horas (18 h. expositivas, 24 h. interactivas e 6 h. titoría). Destas o 40 % impartirase a través da aula virtual
- Documentación e estudo: 40 h.
- Lecturas recomendadas: 22 h.
- Elaboración do traballo grupal: 40 h.
ObservaciónsASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.