Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3261201 - Planificación de procesos formativos (Módulo Optativas Xerais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ TILVE, Ma DOLORES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Italiano
  • Inglés
  • Catalán


  • Obxectivos da materia
    OBXECTIVOS DA MATERIA
    -Coñecer e identificar os diversos enfoques e modelos de planificación de plans e accións formativas, das formulacións teóricas que subxacen a cada un deles e das vantaxes e inconvenientes que comporta o seu uso.
    -Desenvolver e aplicar as diversas operacións que require o deseño dun proceso formativo: análise da demanda, contextualización da proposta, diagnóstico de necesidades, establecemento dos obxectivos e as prioridades, selección e secuenciación das accións e metodoloxías a empregar, selección e / ou deseño dos recursos, valoración dos custos, deseño dos dispositivos para a avaliación do proceso e os resultados.
    -Analizar criticamente os diversos compoñentes de propostas formativas realizadas desde diversas instancias (locais, nacionais e internacionais) valorando a súa coherencia interna, a súa adaptación aos destinatarios e a súa viabilidade.
    -Orientar e xestionar a planificación, desenvolvemento e avaliación de programas de formación.
    -Deseñar orzamentos de accións e plans de formación

    Contidos
    CONTIDOS:
    1. Sentido da formación na actualidade: Condicionantes estruturais, persoais e institucionais da formación.
    2. A planificación de procesos formativos.
    3. As fases da planificación: fundamentación da proposta; contextualización; establecemento de competencias, obxectivos e prioridades; selección de contidos e metodoloxías formativas; estimación de recursos, valoración de custos, deseño da avaliación.
    4. A avaliación da formación


    Desenvolvemento temático dos descritores:
    1.1. Marco normativo legal e institucional.
    1.2 A evolución da formación.
    1.3. Modalidades de formación.
    2.1. Modelos e enfoques da formación
    2.2. Análise de necesidades de formación e perfís profesionais
    3.1. Planificación e os seus ámbitos
    3.2. Proxectos, plans e programas
    4.1. Concepto e modelos de avaliación
    4.2. Dimensións, instrumentos e axentes de avaliación
    4.3. Posibilidades e límites da avaliación

    Bibliografía básica e complementaria
    A) Básica
    -Álvarez Méndez, J.M. (2000). Evaluar para conocer, examinar para excluir. Madrid: Morata.
    -Bertrand, O. (2000). Evaluación y certificación de competencias y cualificaciones profesionales. OEI: Madrid.
    -Bjornavold, J. (2002). Evaluación y reconocimiento del aprendizaje no formal en Europa. Principales tendencias y retos. Formación XXI, 3, 12-21.
    -Colás, M.P. y Rebollo, M.A. (1993). La evaluación de programas. Una guía práctica. Sevilla: kronos.
    -Fernández Tilve, M.D. y Malvar Méndez, M.L. (2006). Proyecto educativo de centro, programación de aula, unidad didáctica, adaptación curricular individualizada. Tareas indispensables en la labor docente. Ejemplificaciones. Santiago de Compostela: Tórculo.
    -House, E. R. (1994). Evaluación, ética y poder. Madrid: Morata.
    -Kirsch, E. (2002). Evaluar la experiencia adquirida. Entre normas de certificación y singularidad de los itinerarios profesionales. Boletín Cinterfor, 152, 89-97.
    -Medina, A. y Villar, L.M. (1995) (Coords.). Evaluación de programas educativos, centros y profesores. Madrid: Universitas.
    -Ruiz Bueno, C. (2001). La evaluación de programas de formación de formadores en el contexto de la formación en y para la empresa. Tesis Doctoral, UAB, Barcelona.
    -Santos Guerra, M.A (1993). La evaluación: un proceso de diálogo, comprensión y mejora. Málaga: Aljibe.
    B) Complementaria
    -Decreto 133/2007, del 5 de julio, regulación de las enseñanzas de la ESO en Galicia (DOG del 13 de julio de 2007)
    -CEP (2008). Formación de formadores: (nivel avanzado). Madrid: CEP
    -CIFO-IFES (2005). Actas IV Congreso de formación para el trabajo. Barcelona: Fundación Laboral de la Construcción.
    -Consejo de Normalización y Certificación de la Competencia Laboral (1998). Análisis Ocupacional y Funcional del Trabajo, Madrid, OEI.
    -Domínguez Fernández, G. (1998). Factores organizativos que influyen en el desarrollo profesional: nuevo perfil ocupacional y nuevas necesidades formativas En M. Fernández Cruz, y C. Moral Santaella (Eds.), Formación y desarrollo de los profesores de Educación Secundaria en el marco curricular de la reforma (pp.205-603). Granada: Grupo FORCE/Grupo Editorial Universitario.
    -Fernández Sierra, J. y Santos Guerra, M.A. (1992). Evaluación cualitativa de programas de educación para la salud. Málaga: Aljibe.
    -Gairín, J. (1995). La detección de necesidades de formación. En Actas del II Congreso Internacional de Formación Ocupacional (pp. 5-38). Barcelona: Departamento de Pedagogía Aplicada de la UAB.
    -Gairín, J. (2000). La planificación de propuestas formativas. En A. Monclús (Coord.), Formación y empleo: Enseñanza y Competencias (pp. 109-164). Granada: Comares.
    -García Tenorio, J. y Sabater, R. (2004) (Coords). Fundamentos de dirección y gestión de Recursos Humanos. Madrid: Thomson.
    -Giménez, V. y Tejada, J. (2007) (Coords). Formación de formadores. Escenario institucional. Madrid: Thomson.
    -Gómez Mejía, L. y Cardy, R. (2008). Dirección de recursos humanos. Madrid: McGraw-Hill.
    -Heardgreaves, A. (2003). Enseñar en la sociedad del conocimiento: La educación en la era de la inventiva. Barcelona: Octaedro.
    -Lamata, R. (2003) (Coord). La construcción de procesos formativos en la educación no formal. Madrid: Narcea.
    -Ley orgánica 5/2002 de 19 de junio, de las Cualificaciones y la Formación Profesional (BOE del 20 de Junio de 2002).
    -Ley Orgánica de Educación 2/2006, de 3 de mayo (BOE del 4 de mayo de 2006)
    -López Camps, J. (2005). Planificar la formación con calidad. Barcelona: CissPraxis.
    -MAD (2005). El plan de formación de la empresa: Guía práctica para su elaboración y desarrollo. Madrid: MAD Comunicación.
    -Monasta, A. (1996). Necesidades formativas para el trabajo y respuestas institucionales. En J. Gairín et al. (1996), Formación para el empleo (pp. 39-53). CIFO: Barcelona.
    -Navío Gámez, A. (2005). Las competencias profesionales del formador: Una visión desde la formación continua. Barcelona: Octaedro.
    -OIT (2003). Aprender y formarse para trabajar en la sociedad del conocimiento: Las opiniones de los mandantes. Ginebra: OIT.
    -Pérez Campanero (1991). Cómo detectar las necesidades de intervención socioeducativa. Madrid: Narcea.
    -Real Decreto 1513/2006, del 7 de diciembre, establecimiento de las enseñanzas mínimas de Educación Primaria (BOE del 8 de diciembre de 2006)
    -Rial Sánchez, A. y Zabalza, M.A. (1990). Análisis de necesidades en formación profesional y acceso al empleo. Revista de Investigación Educativa, 8 (16), 265-270.
    -Sutherland, J. (2004). Key Concepts in human resource Management. Londres: MacMillan.
    -Tejada, J; Ferrández, E. et al. (1998). El perfil del formador de formación profesional y sus necesidades formativas (percibidas). Implicaciones para su formación. En J. Domingo Segovia, et al, Formación y desarrollo de los profesores de Educación Secundaria en el marco curricular de la Reforma (pp. 765-774). Granada: Grupo FORCE/Grupo Editorial Universitario,
    -Tejada. J. y Ferrández Lafuente, E. (2007). La evaluación del impacto de la formación como estrategia de mejora en las organizaciones. Revista Electrónica de Investigación Educativa, 9 (2). Recuperado el 20 de diciembre de 2007 en http: //redie.uabc.mx/vol9no2/contenido-tejada2. html
    -Tejedor, F.J. (1990). Perspectiva metodológica del diagnóstico y evaluación de necesidades en el ámbito educativo. Revista Investigación Educativa, 8 (16), 15-37.
    -Villar Angulo, L.M. (1999). Construcción y análisis de procesos de enseñanza. Barcelona: Oikos-tau.
    -Xunta de Galicia (1997). Elementos prácticos para la detección de las necesidades de formación: un enfoque transnacional. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.


    Competencias
    COMPETENCIAS E RESULTADOS DE APRENDIZAXE QUE O/A ESTUDANTE ADQUIRE:
    -Capacidade para identificar os diversos enfoques e modelos de planificación de plans e accións formativas.
    -Planificar, desenvolver e avaliar os diversos deseños dun proceso formativo: análise da demanda, contextualización da proposta, diagnóstico de necesidades, establecemento dos obxectivos e as prioridades, selección e secuenciación das accións e metodoloxías a empregar, selección e / ou deseño dos recursos, valoración dos custos, deseño dos dispositivos para a avaliación do proceso e os resultados.
    -Identificar os diversos compoñentes que interveñen en toda proposta de formación, valorando a súa coherencia interna, a súa adaptación aos destinatarios e a súa viabilidade.
    -Capacidade para analizar, sintetizar, valorar e deseñar propostas válidas para a solución de problemas do ámbito profesional do mundo de hoxe.

    Metodoloxía da ensinanza
    METODOLOXÍA DO ENSINO

    Esta materia está concibida como un proceso de aprendizaxe teórico-práctico que leve aos estudantes tanto a coñecer os fundamentos de toda planificación como analizar e valorar deseños formativos xa existentes e, sobre esa base, a deseñar proxectos formativos. Con esa lóxica está organizada a docencia: a través de clases teóricas que servirán de base e fundamentación ao proceso, de seminarios de revisión de propostas xa existentes e de sesións de avaliación dos proxectos dos propios estudantes e de traballo práctico de laboratorio deseñando a súa propia proposta de formación baseada en competencias en función dos parámetros que se lle marquen. O 40% da materia impartirase de xeito virtual.

    Actividade Comp Esp. 1 Comp.Esp. 2 Comp. Esp.3 Comp. Esp.4 Comp.Esp. 5
    Exposicións por parte do profesorado x x
    Exercicios prácticos/casos x x x
    Debates en clase sobre textos e lecturas previamente distribuídas x x x x x
    Elaboración de traballos individuais e en grupo e exposición dos mesmos por parte do alumnado x x x x x

    Sistema de evaluación
    SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
    Sendo a propia proposta da materia un modelo de traballo por competencias, a avaliación deberá estar centrada na demostración efectiva do dominio da competencia que se pretende acadar: a realización dunha proposta formativa baseada en competencias. Os alumno elaborarán a súa propia proposta que deberán defender diante do profesor e dos seus propios compañeiros (por iso sinálanse 5 horas presenciais na avaliación porque todos deberán estar presentes na defensa do proxecto dos seus compañeiros e deberán avaliar os proxectos que estes presenten).
    A cualificación obtida estará constituída pola avaliación do proxecto (60%) e a participación activa nas sesións do seminario (40%).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TEMPO DE ESTUDOS E DE TRABALLO PERSOAL QUE DEBE DEDICAR UN ESTUDANTE PARA SUPERAR A MATERIA

    Créditos ECTS: 6

    Clases expositivas: 18
    Clase interactiva laboratorio: 24
    Horas de titorías: 6
    Total: 48
    Total de horas de tiempo de estudio y de trabajo personal (lecturas recomendadas, preparación del trabajo final de la asignatura, defensa y debate del proyecto, etc.): 150





    Recomendacións para o estudo da materia
    RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDIO DA MATERIA
    Os alumno e alumnas que cursen esta materia terán que realizar unha lectura atenta e crítica dos textos suxeridos polo profesor, para así manexarse de xeito preciso nos conceptos propios da disciplina e as súas aplicacións prácticas. Tamén resulta conveniente que o alumnado participe activamente nas tarefas de aula propostas. Recoméndase a utilización da titoría para todo aquilo que ofreza dúbidas e para recibir as aclaracións, apoio e directrices que faciliten a aprendizaxe da materia, a realización de traballos que se propón, etc. O traballo constante ao longo da materia, así como o estudio persoal constitúen un piar fundamental no proceso de aprendizaxe.

    Observacións
    -A materia contará cunha aula virtual a modo de repositorio de materiais de aprendizaxe, así como para a realización dalgunha actividade didáctica.

    -Os grupos de traballo estarán constituídos entre 4 e 6 alumnos.
    -O alumno superará a materia cando a suma das dúas valoracións non sexa inferior a 5 puntos.
    -Pautas para a elaboración do traballo grupal:
    a) Consistirá no deseño dun proxecto de formación, que recollerá tanto o desenvolvemento teórico como práctico.
    b) Os alumno, por grupo, poderán elixir libremente a temática obxecto da planificación, da que deberá ter coñecemento o profesor. O proxecto en cuestión terá que recoller, polo menos, unha análise do contexto, un estudio e priorización de necesidades, obxectivos, establecemento de competencias, selección de contidos, estimación de materiais e recursos para acadar os obxectivos, estratexias de avaliación, etc.
    c) Os contidos traballados ao longo da materia, tanto desde a vertente teórica como práctica, constituirán as bases para a elaboración do proxecto de formación que, neste caso, iniciarase tan pronto comece o proceso de aprendizaxe e rematarase na etapa de peche do mesmo.

    RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    -Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    -Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernalos.
    -Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    -Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    -Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.