Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3261203 - Avaliación e orientación de competencias (Módulo Optativas Xerais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA.NON
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos da materia Avaliación e Orientación de Competencias inscríbense de forma permanente nos seguintes obxectivos do Curso Máster:

    1.- Coñecer en profundidade os diversos ámbitos de proxección da Investigación pedagóxica e de inserción laboral dos posgraduados en Educación.

    2.- Coñecer as diversas actividades profesionais especializadas que desenvolven os posgraduados en Educación.

    3.- Desenvolver competencias especializadas para o traballo ante xacementos atractivos de intervención profesional en ámbitos que requiren unha especialización (avaliación e orientación de competencias).

    4.- Deseñar propostas formativas que atendan a contextos de diversidade e teñan en conta a igualdade de xénero, a equidade e o respecto aos dereitos humanos.

    5.- Mellorar/ completar as competencias transversais dos profesionais da educación para a investigación, o desenvolvemento e a innovación como bases fundamentais da mellora profesional e da calidade das funcións e servizos prestados polos especialistas da educación nos seus contextos laborais.

    6.- Analizar as achegas da investigación pedagóxica e os procesos de xeración de coñecemento científico en diversos ámbitos especializados.

    7.-Capacitar a un nivel básico para saber avaliar as competencias transversais dunha maneira tecnicamente rigorosa e cientificamente coherente.

    Contidos
    1. O concepto de Competencias: Historia, Dilemas e Modelos

    2. Orientación de Competencias en Contextos Académicos

    2.1. A orientación de competencias na Ensinanza Superior
    2.2. Funcións
    2.3. Ámbitos e momentos de actuación

    3. Orientación de Competencias en Contextos Laborais

    3.1. Diagnóstico de competencias
    3.2. Avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias
    3.3. Instrumentos a empregar: tests, inventarios de personalidade, entrevista, análise da experiencia, probas de grupo e balance de competencias.


    4. Avaliación de Competencias en Contextos Académicos

    4.1. Diagnóstico da situación da avaliación de estudantes
    4.2. O estudante como referente: as competencias discentes e a aprendizaxe autónoma
    4.3. Alternativas metodolóxicas para a avaliación dunha formación integral
    4.4. O papel dos contidos e das tarefas na avaliación

    5. Avaliación de Competencias en Contextos Laborais

    5.1. A avaliación de competencias a través dos resultados.
    5.2. A avaliación de competencias a través das prácticas profesionais.
    5.3. A avaliación de competencias segundo os recursos.
    5.4. Análise DACOM
    5.5. Realización dun balance de competencias.
    5.6. Portafolios de competencias: Realización práctica da avaliación de competencias partindo dun perfil profesional previamente construído.



    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:

    - AIOEP (2003). Competencias internacionales para los profesionales de la Orientación Educativa y Profesional. [En liña] http://www.iaevg.org
    - Alfaro, I. (2004). Diagnóstico, transiciones y Orientación Profesional. En L. Sobrado. Evaluación y Orientación de Competencias y Cualificaciones Profesionales. Barcelona: Editorial Estel.
    - Álvarez, V. e Lázaro, A. (Coords.) (2002). Calidad de las universidades y Orientación Universitaria. Málaga: Aljibe.
    - Blanco, A. (coord.) (2009). Desarrollo y evaluación de competencias en educación superior. Madrid. Narcea.
    -Bolivar, A. (2010): Competencias básicas y currículo. Madrid. Síntesis.
    -Buján, K., Rekalde, I. e Aramendie, P. (2011): La evaluación de competencias en la educación superior. Sevilla. Mad.
    -Delgado, A. (Coord.)(2006). Evaluación de las competencias en el Espacio Europeo de Educación Superior. Barcelona: J.M. Boch Editor.
    - Escudero Muñoz, J.M. ( 2009). Las competencias profesionales y la formación universitaria: posibilidades y riesgos. En Revista Interuniversitaria de Pedagogía Social, 16, 65-84.
    - García Fraile, J.A. e Saban Vera, C. (Coords.). (2008). Un nuevo modelo de formación para el S.XXI: La enseñanza basada en competencias. Barcelona: Ediciones Davinci.
    - Gimeno Sacristán (comp) (2008). Educar por competencias, ¿qué hay de nuevo?. Madrid. Morata.
    - Le Boterf, G. (2001). Ingeniería de las competencias. Barcelona: Ediciones Gestión 2000, S.A.
    - Levy-Leboyer (1997). Gestión de las competencias. Barcelona: Gestión 2000.
    - Mertens, L. (1996). Competencia laboral: sistemas, surgimiento y modelos. Montevideo: DINAE.
    - Mateo, J. y Martínez, F. (2008). Medición y evaluación educativa. Madrid: La Muralla, cap. IX.
    -Monográfico (2007) sobre Orientación y Formación en Competencias. En Educacion XXI, 10.
    -Monográfico (2009) sobre Competencias y Profesionalización. En Pedagogía Social, 16.
    - Rodríguez Moreno, Mª.L. (2006). Evaluación, balance y formación de competencias laborales transversales. Barcelona: Laertes Educación.
    - Sobrado, L. e Cortés, A. (Coords.) (2009). Orientación Profesional: Nuevos escenarios y perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva.
    -Trillo, F. (2011): La evaluación de las competencias en la Universidad: ¿Qué va antes? En Zabalza, M.A. y Rivera, A. (Coords.): Trayectoria y configuración de la didáctica universitaria: espacios, prácticas y actores. México: Domzen, pp.249-284.
    - Villa, A e Poblete, M. (Dirs.) (2007). Aprendizaje basado en competencias. Una propuesta para la evaluación de las competencias genéricas. Bilbao. Universidad de Deusto.

    Bibliografía Complementaria:

    - Alberici, A. e Serreri, P. (2005). Competencias y formación en la vida adulta. El balance de competencias. Barcelona: Laertes.
    - Alonso, L., Fernández Rodríguez, C., e Nyssen, J. ( 2009). El debate sobre las competencias. Madrid. ANECA.
    - Apodaca, P. (1997). Orientación universitaria y evaluación de calidad. Bilbao: U.P.V., Servicio Editorial, D.L.
    - Delgado, A.Mª (2006). Evaluación de las competencias en el espacio europeo de educación superior. Una experiencia desde el Derecho y la Ciencia Política. Barcelona. Bosch.
    - Gil Beltrán, J.M. (2002). El Servicio de Orientación en la Universidad. En Tendencias Pedagógicas, Nº 7, 137-154.
    - Goñi Zabalza, J. (2005). El espacio europeo de educación superior, un reto para la Universidad. Competencias, tareas y evaluación, los ejes del curriculum universitario. Barcelona. Octaedro/ ICE Universidad de Barcelona.
    - Rodríguez Espinar, S. (1989). Problemática y tendencias de la Orientación Universitaria. En AEOEP, La Reforma Educativa: Un reto para la Orientación. V Jornadas Nacionales de Orientación Educativa. Valencia: AEOEP.
    - Rychen, D. e Hers, L. (comp.) (2006). Las competencias clave para el bienestar personal, social y económico. Málaga. Aljibe.
    - Rodríguez Moreno, M.L. e Gallego, S. (1999). El proyecto profesional, herramienta de intervención en la función tutorial universitaria. Revista de Orientación y Psicopedagogía. Vol 10, n." 17 (170-192).
    - Sánchez, Mª.F. (1998). Las funciones y necesidades de orientación en la Universidad: Un estudio comparativo sobre las opiniones de universitarios y profesionales. Revista de Orientación y Psicopedagogía, 15, pp. 87-107.
    - Sánchez, Mª.F. (1999). Necesidades y servicios de orientación universitaria en la Comunidad de Madrid. Madrid: UNED:
    - Sobrado Fernández, L. (2004). Evaluación y orientación de competencias y cualificaciones profesionales. Barcelona: Editorial Estel.
    - Toscano, Mª.O. (2001). Necesidad de la Orientación en la Universidad. En Agora digital, Nº 2, 1-6.
    - Trillo, F. e Méndez, R.Mª ( 2001). Los estudiantes y la universidad: una cuestión de actitudes. En Innovación educativa, 11, 175-188.

    Competencias
    Ao longo desta materia, fomentaranse as seguintes competencias xerais e específicas do Curso Máster:

    A) Competencias Xerais:

    - Coñecer e utilizar variedade de recursos e técnicas especializadas para a construcción de coñecementos científicos sobre a Formación.
    - Organizar e xestionar a utilización e o funcionamento de recursos humanos, materiais e tecnolóxicos en contornos formativos.
    - Actuar con soltura no uso e aplicación de metodoloxías didácticas.
    - Actuar con rigor, obxectividade e cautela á hora de emitir xuízos atendendo aos valores democráticos.
    - Desenrolar unha actitude crítica na actuación profesional.


    B) Competencias Específicas:

    - Identificar aspectos específicos das problemáticas e tendencias educativas actuais.
    - Contribuír ao establecemento de políticas ou estratexias de actuación para a mellora da formación.
    - Deseñar e poñer en marcha procesos formativos de calidade que respondan ás necesidades da práctica profesional e nichos formativos emerxentes.
    - Implicarse, aconsellar, organizar e dirixir plans de formación, desde o diagnóstico de necesidades ata a concreción en accións de formación organizadas por prioridade, así como a súa avaliación e seguimento.
    - Coñecer os fundamentos e a metodoloxía de avaliación, referida a programas, contextos, procesos, productos, profesionais, institucións e/ou organizacións e sistemas educativos.
    - Axudar a outros profesionais na elaboración de programas de formación tomando como soporte os medios e redes de información e comunicación.
    - Elaborar e utilizar dispositivos de avaliación diagnóstica das características de suxeitos e colectivos en relación aos seus coñecementos, destrezas, valores, actitudes ase como dos seus comportamentos, necesidades, cualidades e outras características que permitan xustificar e fundamentar a acción educativa que de dita detección derivarase.
    - Detectar e avaliar os diferentes factores tanto persoais, interpersoais ou sociais que inciden en determinadas situacións e que son xeradores ou manteñen situacións de exclusión.

    De xeito específico, nesta materia estimularase ao desenrolo das seguintes competencias:

    - Coñecer e interpretar conceptos inherentes ás competencias.
    - Coñecer os modelos de formación basados en competencias e elaborar unha proposta completa de formación que resposte ás súas características.
    - Planificar proxectos formativos en diseño curricular por competencias.
    - Seleccionar indicadores de impacto de formación en cursos impartidos polo sistema de competencias.
    - Construir dispositivos para a avaliación de competencias de desempeño.
    - Deseñar e avaliar nos seus aspectos básicos procedementos e instrumentos aplicados á avaliación de competencias transversais.

    Metodoloxía da ensinanza
    - Método expositivo, para a presentación do marco teórico conceptual e metodolóxico específico deste campo de estudio.
    - Lectura reflexiva e crítica de diversas fontes documentais.
    - Sesións de debate na aula.
    - Aprendizaxe orientado a proxectos, para aplicar o coñecemento ao deseño de traballos de investigación conducentes á solución de problemas propios do campo de estudo.

    Os alumnos realizarán tarefas como as seguintes:

    - Desenvolvemento de traballo persoal do alumnado con apoio bibliográfico, informático, tecnolóxico,…
    - Realización de traballo en equipo dos estudantes.
    - Presentación na aula de actividades persoais e/ou grupais do alumnado.
    - Avaliación de aprendizaxes dos estudantes, persoais e en equipo.


    Sistema de evaluación
    O proceso avaliador para verificar a adquisición das competencias será a través dos seguintes recursos:

    a) Asistencia e participación nas sesións de clase.
    b) Desenvolvemento de probas para valorar as nocións, saberes, coñecementos e información sobre avaliación e orientación de competencias.
    c) Presentación e discusión de accións persoais e grupais referentes ao diagnóstico de necesidades competenciais, deseño e desenrolo de capacidades.
    d) Valoración de proxectos orientadores en base a competencias.

    Na avaliación das aprendizaxes terase en conta, fundamentalmente, a calidade do desempeño na realización das tarefas teórico-practicas que deberá realizar cada alumno como preparación previa das clases interactivas, así como o nivel de participación no conxunto das sesións lectivas correspondentes.

    O alumnado para aprobar a materia terá que ter superada cada unha das dimensións/ partes das que conste a avaliación.

    Os/as alumnos/as repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios establecidos no presente curso académico.

    A USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais: 48 horas (18 expositivas, 24 interactivas e 6 horas de titoría). Delas, o 40% impartirase a través do aula virtual.

    Documentación e estudo: 30 horas

    Lecturas recomendadas: 20 horas

    Elaboración de informe final e tarefas teórico-practicas indicadas: 52 horas


    Recomendacións para o estudo da materia
    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.

    Poñer especial interese no estudo das fontes documentais, ase como na participación nas sesións presenciais.
    Observacións
    SISTEMA DE AVALIACIÓN DOS APRENDIZAXES:

    Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.

    ASISTENCIA A CLASE:

    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
    (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
    Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.

    RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:

    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvoltos.