Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3261205 - Innovación e creatividade (Módulo de Innovación e Calidade) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Fernandez Rey, Elena.SI
ROSALES LOPEZ, CARLOS.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos de Innovación e Creatividade inscríbense de forma predominante nos seguintes obxectivos do Master:
    -Desenvolvemento das competencias especializadas para o traballo ante situacións atractivas de intervención profesional en ámbitos que requiren unha especialización…(investigación e innovación educativa).
    -Deseñar propostas formativas que atendan a contextos de diversidade e teñan en conta a igualdade de xénero, a equidade e o respecto polos dereitos humans
    -Mellorar/completar as competencias transversais dos profesionais da educación
    De forma específica preténdese:
    -Desenvolver a sensibilidade hacia o coñecemento, identificación e práctica de iniciativas innovadoras e creativas.
    -Desenvolver competencias relativas á incardinación da actividade innovadora e creativa en contextos formais e non formais de ensino.
    -Proxectar a intervención innovadora no desenvolvemento de valores e da comunicación verbal.
    -Desenvolver o coñecemento e práctica de técnicas de creatividade.


    Contidos
    - Concepto e modelos de innovación e creatividade. Factores condicionantes e avaliación.
    - A innovación no proceso didáctico.
    - Os temas transversais como contidos innovadores. Valores e innovación educativa.
    - A comunicación verbal como tema transversal. Como desenvolver a lectura comprensiva.
    - Modelos de intervención creativos.
    - Principais metodoloxías creativas.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

    Gather, M. (2004). Innovar en el seno de la institución escolar.
    López Calichs, E. (2007). Para lograr mayor eficiencia en el proceso de formación, Revista Institucional Universidad Tecnológica del Chocó: Investigación, Biodiversidad y Desarrollo, 26(2), 110-114.
    Prieto, M. D., López, O e Ferrándiz, C. (2003). La creatividad en el contexto escolar: estrategias para favorecerla. Madrid: Pirámide.
    Rabadán, R. e Corbalán, J. (2011). Creatividad. Teoría y práctica elemental para profesionales de la docencia, la empresa y la investigación. Córdoba: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Córdoba.
    Recio, H. (2005). Creatividad en la solución de problemas. Sevilla: Trillas/MAD.
    Rodríguez Hernández, A. F. (coord.) (2001). Creatividad y sociedad. Hacia una cultura creativa en el siglo XXI. Barcelona: Octaedro.
    Rosales, C. (2009). Valores sociales e innovación educativa. Santiago: Andavira
    Torre, S. de la e Violant, V. (2006). Comprender y evaluar la creatividad. Málaga: Aljibe.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

    Aguilar, M. J. (coord.) (2012). Creatividad, descubrimiento y futuro. I Congreso Nacional de Investigación en Grado INVESGRADO 2012. Albacete.
    Alfonso, V. (2003). Hallazgos de problemas (problem finding) como habilidad creativa fundamental y su promoción en contextos educativos. Creatividad y Sociedad, 3, 55-60.
    Corominas, E. (2001). Competencias genéricas en la formación universitaria, Revista de Educación, 325, 299-321 (http://www.doredin.mec.es/documentos/008200230385.pdf)
    Cruz, J. y Zecchi, B. (2004). La mujer en la historia de Europa. Barcelona: Crítica.
    EURYDICE (2005). La educación para la ciudadanía en el contexto escolar europeo. Disponible en: http://www.eurydice.org
    Fernández, J. (2003). Educación e igualdad de oportunidades entre sexos. Barcelona: ICE-Horsori
    Gamboa, S. C. (2005). Creatividad y entornos virtuales de aprendizaje. Bogotá: Universidad Pedagógica Nacional.
    Hargreaves, A. (2003). Replantear el cambio educativo. Buenos Aires: Amorrotu
    MEC (1996). Temas transversales y desarrollo curricular. Madrid: Servicio de Publicaciones
    Menchén, F. (2009). La creatividad y las nuevas tecnologías en las organizaciones modernas. Madrid: Díaz de Santos.
    Sphika, P. A. (2009). Reflexiones sobre la formación en periodos de crisis. Capital humano. Revista para la integración y desarrollo de los recursos humanos, 22 (230), 98-100.
    Thorne, K. (2008). Motivación y creatividad en clase. Barcelona: Graó.


    Competencias
    Ó longo da materia fomentaranse as competencias xerais e específicas do Master, concretamente:
    -Plantexar e resolver problemas extraídos da práctica.
    -Adecuarse a situacións novas ou cambiantes, reaccionar positivamente e aceptar, entender ou introducir novos puntos de vista cando a situación o precise.
    -Guiarse polo desexo de coñecer e aprender das situacións e as persoas.
    -Identificar aspectos específicos das problemáticas e tendencias educativas actuais.
    -Contribuir ó establecemento de políticas ou estratexias de actuación para a mellora da formación.
    De forma específica, nesta materia estimularase o desenvolvemento das seguintes competencias:
    -Identificar tendencias e factores innovadores e creativos no sistema educativo e nos procesos de ensino e aprendizaxe en contextos formais e informais.
    -Promover a innovación e a creatividade nos procesos de planificación, desenvolvemento e avaliación do ensino en diversos contextos.
    -Proxectar a actividade innovadora e creativa no desenvolvemento de temas transversais e de forma específica nos valores sociais e na comunicación verbal.
    -Planificar, desenvolver e avaliar propostas formativas que integren metodoloxías creativas.

    Metodoloxía da ensinanza
    -Presentación polos profesores do marco teórico conceptual relativo á innovación e a creatividade

    -Lectura e debate sobre documentos presentados en diversos formatos relativos ós temas da materia.
    -Traballo individual preparatorio das sesións interactivas e dun informe final sobre o denvolvemento das actividades.


    Sistema de evaluación
    - Desenvolverase a través da elaboración dun Dossier no que se incluirán as actividades realizadas ó longo do desenvolvemento da materia. Neste Dossier o alumno presentará concluidas as actividades propostas nas sesións interactivas e deberá realizar en torno as mesmas aportacións personais que serán obxecto de análises e valoración específica.
    - Realización dunha proba individual opcional centrada nun suposto práctico que esixirá dos alumnos a manifestación do dominio de competencias do programa


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais: 24 horas (9h. expositivas, 12h. interactivas e 3 titoría).
    Delas, o 40% impartirase a través da aula virtual
    -Documentación e estudio: 20h.
    -Lecturas recomendadas: 11h.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Poñer especial interese no estudo das fontes documentais así como na participación nas sesións presenciais

    Observacións
    RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL

    En relación aos traballos personais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
    -Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    -Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
    -Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
    -Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    -Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.