Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3261206 - Calidade: modelos, enfoques e técnicas (Módulo de Innovación e Calidade) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Ferradas Blanco, Rodolfo Luis.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -Comprender a calidade na formación desde unha perspectiva aberta, crítica e compartida.

    -Coñecer e analizar os diferentes modelos de calidade.

    -Analizar en profundidade a aplicación de modelos de calidade a institucións educativas: EEL Project (Educación Infantil e Primaria), PISA (Educación Secundaria), EFQM, Avaliación da Calidade das Universidades.

    -Coñecer as técnicas e instrumentos de recollida de información.

    -Comprender e dominar ferramentas básicas de avaliación de procesos de calidade.

    -Deseñar e desenvolver un plan de avaliación da calidade dunha institución de formación e de implantación de medidas de mellora

    Contidos

    -Sistemas de garantía da calidade na xestión e implantación de procesos formativos: conceptos.

    -Estudo dos sistemas de calidade (ISO e EFQM, etc.) e aproveitamento da información das organizacións con prácticas excelentes: análise de informes de avaliación da calidade realizados: teorías e modelos

    -Sistemática para definir indicadores de calidade coa finalidade de implantalos e seguir a súa evolución: indicadores

    -Diagnóstico e deseño de procesos estratéxicos clave e de apoio na organización; modelo de xestión por procesos: avaliación.

    -Sistemas de avaliación da calidade; ferramentas para a mellora da mesma, e instrumentos.

    -Estrutura dos sistemas de formación e educación, institucións educativas, os seus recursos, formulacións institucionais, dinámicas e resultados: aplicacións.

    -Sistemas e criterios de acreditación da calidade en contextos formativos e educativos: aplicacións.

    Bibliografía básica e complementaria
    AENOR (2000). Normas ISO 9000: 2000. Madrid: AENOR.

    Aparicio Izquierdo, F. & González-Tirados, R.M. (1994). La calidad de la Enseñanza Superior. Madrid: ICE de la Universidad Politécnica.

    Bolívar Botía, A. (2000). Los centros educativos como organizaciones que aprenden: promesas y realidades. Madrid: La Muralla.

    Bondioli, A. (2002). La qualità negoziata. Il progetto pedagogico del nido e la sua valutazione. Bologna: Edizione Junior.

    Cajide Val, J. (2003). Calidade educativa e avaliación. Revista Galega do Ensino, 39, 57-79.

    Club Gestión de la Calidad (1999). Gestión de procesos. Madrid: Ed. Club Gestión de la Calidad.

    Criado, F. e Calvo de Mora, A. (2004). Gestión de la Calidad: fundamentos, desarrollos y aplicaciones prácticas. Sevilla: Edición Digital @3d.

    Cuatrecasas Arbós, Ll. (1999). Gestión Integral de la calidad. Barcelona: Ediciones Gestión 2000.

    Drummond, H. (2000). La calidad total. El movimiento de la calidad. Bilbao: Deusto.

    Gazïel, H.; Warnet, M. & Cantón Mayo, I. (2000). La calidad en los centros docentes del siglo XXI. Propuestas y experiencias prácticas. Madrid: La Muralla.

    Gento Palacios, S. (1996). Instituciones educativas para la calidad total. Madrid: La Muralla.

    Gento Palacios, S. (1998). Implantación de la calidad total en instituciones educativas. Madrid: UNED.

    Gutiérrez Pérez, J.; Hidalgo Díez, E. & González González, D. (Coords.) (2000). Innovación en la escuela y mejora de la calidad educativa (Tomos I e II). Granada: Grupo Editorial Universitario.

    Joao Rosa, M. & Amaral, A. (2007). A self-assessment of higher education institutions from the perspective of the EFQM excelence model. En D.F. Westergheijden; B. Sensaker & M. Joao Rosa (Eds.), Quality Assurance in Higher Education (pp. 181-207). Dordrecht, The Netherlands: Springer.

    Modelo EFQM de excelencia (2005). Madrid: Club de Excelencia en la Gestión.

    Sangüesa, M.; Mateo. R. & Ilzarbe, L. (2006). Teoría y Práctica de la Calidad. Madrid: Thomson.
    Westergheijden D.F; Sensaker, B. & Joao Rosa, M. (Eds.) (2007). Quality Assurance in Higher Education. Dordrecht, The Netherlands: Springer.

    Bibliografía complementaria

    AENOR (2000). Colección de Normas ISO de 2000: 9000, 9001 y 9004. Madrid: Asociación Española de Normalización (AENOR).

    Club Gestión de Calidad (2000). Guías de evaluación del modelo europeo de excelencia para PYMES. Madrid: Club de Gestión de Calidad.

    Cortadellas, J. (1997). Cuestionario de autoevaluación de la EFQM adaptado por la Universidad Politécnica de Cataluña para equipos directivos de universidades. Barcelona: Universidad Politécnica de Cataluña.

    Criado, F. (2000). Claves de diseño, implantación, desarrollo y mejora de un sistema de calidad total. Sevilla: Edición del autor con la financiación del Grupo de Investigación “Gestión de la Innovación, la calidad y el cambio” de la Universidad de Sevilla.

    Cruz Cardona, V. (1995). Evaluación y acreditación de programas de postgrado: Guía de autoevaluación, (2ª ed.). Madrid: Asociación Universitaria Iberoamericana de Postgrado.

    Deming, E.W. (1989). Calidad, productividad y competitividad. La salida de la crisis. Madrid: Díaz de Santos.

    European Association for Quality Assurance in Higher Education (ENQA) (2005). Standards and Guidelines for Quality Assurance in the European Higher Education Area. Helsinki: ENQA.

    European Foundation for Quality Management (EFQM) (1997). Autoevaluación: directrices para empresas. Madrid: Club Gestión de Calidad.

    Ewell P. (2007). The `Quality Game´ external review and institutional reaction over three decades in the United States. En D.F. Westergheijden; B. Sensaker, & M. Joao Rosa (Eds.), Quality Assurance in Higher Education (pp. 119-153). Dordrecht, The Netherlands: Springer.

    Feigenbaum, A.V. (1997). Changing concepts and management of quality worldwide. Quality Progress, 30 (12), 45-48.

    Foster, W. (1996). TQM for information systems management: quality practices for continuous improvement. Quality Progress, 29 (5) 164-166.

    Horovitz, J. (2000). Los siete secretos del servicio al cliente. Madrid: Prentice-Hall.

    International Network for Quality Assurance Agencies in Higher Education (INQAAHE) (2005). Guidelines of Good Practice. Dublin: INQAAHE Secretariat.

    Mangan, K.S. (2002). The fine art of fighting fakery. Admissions officers and credentials consultants increasingly have to check documents for forgery. The Chronicle of Higher Education, november 1. Washington, D.C. (US).

    Mills, D. (1999). Manual de auditoría de la calidad. Barcelona: Ediciones Gestión 2000.

    Moreno, M.D.; Peris, F.J. & González, T.F. (2000). Gestión de la Calidad y Diseño de Organizaciones: Teoría y estudio de casos. Madrid: Prentice-Hall.

    Pechar, H. (2002). Accreditation in higher education in Britain and Austria: two cultures, two time-frames: European Higher Education Society [EAIR]. Tertiary Education and Management, 8 (3), 231-242.

    Periáñez, R. (1999). Satisfacción del estudiante y calidad universitaria. Sevilla: Ediciones ICE de la Universidad de Sevilla.

    RED Iberoamericana para la Acreditación de la Calidad de la Educación Superior (RIACES)

    (2004). Glosario Internacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación (Documento). Madrid: Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación.

    Rey, M. (1999). Calidad de servicio al cliente y gestión de reclamaciones. Teoría y casos. Sevilla: Ceade Editorial.

    Rufino, J.I. (1995). Gestión de la calidad en empresas de servicios. Sevilla: Caja San Fernando.


    Schwarz, S. & Westerheijden, D.F. (Eds.) (2004). Accreditation and Evaluation in the European Higher Education Area. Dordrecht, The Netherlands: Kluwer.

    Sebkova, H. (2002). Accreditation and quality assurance in Europe: L’accréditation et l’assurance de la qualité en Europe. Higher education in Europe; Enseignement supérieur en Europe, 27 (3), 239-248. Bucharest: UNESCO European.

    Turner, D.R. (2005). Benchmarking in universities: league tables revisited. Oxford Review of Education, 31 (3), 353-371.

    Westergheijden D.F. (2007). States and Europe and quality of higher education. En D.F. Westergheijden; B. Sensaker & M. Joao Rosa (Eds.), Quality Assurance in Higher Education (pp. 73-95). Dordrecht, The Netherlands: Springer.


    Bibliografía complementaria. Enlaces a oficinas de calidade:

    European Network for Quality Assurance in Higher Education (ENQA). www.enqa.net European Consortium for Accreditation (ECA) www.ecaconsortium.net
    International Network for Quality Assurance Agencies in Higher Education (INQAAHE) www.inqaahe.nl
    Joint Quality Initiative (JQI) www.jointquality.org
    Organisation for Economic Co-operation and Development www.oecd.org/
    World Trade Organisation/Organización Mundial del Comercio (WTO/OMC) www.gatt.org
    UNESCO European Centre for Higher Education [CEPES] www.un.ro/unesco_cepes
    UNESCO-IIESALC www.iesalc.unesco.org.ve/
    UNESCO-IIEP www.unesco.org/iiep/
    UNESCO Institute of Statistics www.uis.unesco.org
    University Grants Committee (UGC) www.ugc.edu.hk
    University Mobility in Asia and the Pacific (UMAP) www.umap.or


    Competencias
    -Promover, planificar e dirixir a implantación de procesos e modelos de xestión da calidade a partir dos plans de avaliación desenvolvidos nas institucións e/ou organizacións educativas e formativas.

    -Elaborar o manual de calidade (normas, procesos, procedementos), organizar, traballo en grupo para a elaboración e aplicación de plans de mellora e de pautas para o seguimento e revisión das melloras acordadas.

    -Analizar os estándares de calidade, guías e modelos de autoavaliación.

    -Rexistrar a realización de plans de formación, segundo especificacións de modelos de xestión da calidade (ISO e EFQM, etc.).

    -Garantir a calidade a través da interrelación axeitada entre planificación, aplicación, avaliación e revisión da formación.

    Competencias específicas:

    -Aplicar a acreditación para a determinación e validación da aprendizaxe formal e non formal.
    -Realizar un proxecto de calidade acorde cun dos modelos presentados.
    -Especificar nun proxecto de calidade as normas, procesos e procedementos.
    -Ser capaz de analizar os estándares de calidade, guías e modelos de autoavaliación.
    -Ser capaz de rexistrar a realización de plans de formación, segundo especificacións de modelos de xestión da calidade (ISO e EFQM).
    -Acadar a calidade a través de unha interrelación adecuada entre planificación, aplicación, avaliación e revisión da formación.
    -Presentar e comunicar os resultados dun proceso de avaliación da calidade.
    -Usar a acreditación e ver a súa utilización e aplicación.

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía de ensino aprendizaxe orientarase a desenvolver no estudante un conxunto de coñecementos e competencias útiles para o deseño e desenvolvemento dun Proxecto sobre Calidade no ámbito educativo e dotalo de autonomía para levalo a cabo, e para a autoaprendizaxe. Combinaranse a presentación dos principais contidos polo profesor/a co traballo individual e en grupo do estudante e realizaranse actividades de busca, lectura, síntese de información, debates e análise crítica de traballos de avaliación da calidade, exercicios prácticos e elaboración dun traballo final.
    Ademáis un 40 % será de forma virtual

    As materias que comparten módulo poderán realizar talleres conxuntos para abordar os procesos de formación coas achegas dos distintos ámbitos de especialización e favorecer a interdisciplinariedade ao afrontar a resolución de casos prácticos.

    Sistema de evaluación
    Contemplaranse tres compoñentes:

    -A asistencia: para poder ser avaliado o estudante debe asistir polo menos ao 80 % da actividade presencial.

    -A participación nas actividades de aula e a realización das actividades prácticas previstas suporá un 50% da cualificación.

    -A elaboración dun traballo final da materia suporá o 50% restante da cualificación.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades presenciais: 24 horas.

    -Clases expositivas: 9 horas.
    -Clases interactivas: 12 horas.
    -Titorías: 3 horas.


    Traballo persoal do estudante: 51 horas repartidas en:
    -Estudo: 11 horas.
    -Valoración crítica de traballos de investigación: 10 horas.
    -Análise de informacións: 10 horas.
    -Lecturas recomendadas: 10 horas.
    -Preparación do traballo final da materia: 10 horas.

    Tempo estimado total:75 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    -Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas.

    -Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.

    -Realización e participación activa nas actividades prácticas.

    -Traballo do alumno/a dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.


    Observacións
    Observacións
    -Sistema de avaliación da aprendizaxe
    Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.

    -ASISTENCIA A CLASE
    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
    (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
    Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.

    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.