P3261207 - Titoría e mentoría na Formación (Módulo de Orientación e Asesoramento) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer en profundidade a función titorial e de mentoría nas accións formativas.
- Desenvolver competencias especializadas da titoría e da mentoría nos procesos formativos ante novos ámbitos de intervención profesional.
- Planificar propostas de acción titorial e mentoría nos procesos formativos adecuándose ás características específicas das persoas usuarias.
- Deseñar e avaliar técnicas e recursos de asesoramento titorial e de coaching.
Contidos- Conceptualización dos procesos de axuda na formación
- Análise das necesidades de guía e apoio nos procesos de formación
- A mentoría como proceso de desenvolvemento persoal
- O coaching como axuda ao desempeño profesional
- Desenvolvemento de competencias en mentoría e coaching
- Técnicas e recursos de asesoramento titorial e de coaching
- Deseño e avaliación de accións de titoría e mentoría en accións formativas
Bibliografía básica e complementaria- Bou, J. F. (2007). Coaching para docentes. Alicante: Editorial Club Universitario.
- Gordillo, M. V. (2008). Nuevas perspectivas en orientación. Del counseling al coaching. Madrid: Síntesis.
- Parker, G. M. (2008). 50 actividades para desarrollar equipos de trabajo autónomos. Madrid: Editorial Universitaria Ramón Areces.
- Valderrama, B. (2009). Desarrollo de competencias en mentoring y coaching. Madrid: Prentice-Hall.
Competencias- Coñecemento e uso de variedade de recursos e técnicas especializadas para a construción de coñecementos científicos sobre a formación.
- Adopción de actitudes favorables cara á participación e implicación en procesos de formación e cara á colaboración como pauta de relación profesional.
- Desenvolvemento dunha actitude crítica na actuación profesional.
- Axuda a outros profesionais na elaboración de programas de formación.
- Detección e avaliación dos diferentes factores que inciden en determinadas situacións e son xeradores ou manteñen situacións de exclusión.
Metodoloxía da ensinanza - Presentación de contidos básicos.
- Elaboración de actividades individuais na aula coa participación activa e crítica do alumnado.
- Realización dun traballo grupal do alumnado e presentación do mesmo nunha sesión de clase interactiva.
A materia disporá dun espazo propio no Campus Virtual da USC.
Sistema de evaluación- Asistencia e participación e desenvolvemento das actividades propostas nas sesións presenciais ou a través da aula virtual.
- Realización en grupo dun traballo tutelado e exposición do mesmo.
Tempo de estudo e traballo persoal- Horas presenciais: 24 horas (9 h. expositivas, 12 h. interactivas e 3 h. titoría). Destas o 40 % impartirase a través da aula virtual.
- Documentación e estudo: 20 h.
- Lecturas recomendadas: 11 h.
- Elaboración do traballo grupal: 20 h.